Salón de Graos da Facultade de Humanidades
O vindeiro 5 de novembro terá lugar o coloquio con representantes da asociación cultural Petapouco e a Destempo
Como se organiza un dos eventos musicais máis emblemáticos de Galicia? O mércores 5 de novembro, os responsables da Foliada da Fonsagrada participarán no coloquio “Xestión de eventos musicais: A Foliada da Fonsagrada”, para compartir a súa experiencia e reflexionar sobre os desafíos de producir un festival deste tipo.
No evento participarán Adrián Méndez, Manuel Fernández e Marta Álvarez, presidente, vicepresidente e tesoureira da asociación cultural Petapouco e a Destempo, entidade promotora da Foliada. A conversa estará moderada polo profesor Raúl Ríos Rodríguez.
A actividade permitirá coñecer de primeira man os principais retos e oportunidades que implica a organización dun festival musical: desde a captación de financiamento e o papel dos patrocinios, até as necesidades técnicas, a programación e xestión das bandas ou a importancia das redes sociais na promoción do evento. Tamén se abordará a función dinamizadora que a cultura exerce no medio rural.
O coloquio, que combina intervencións dos convidados con espazo para a participación do público, enmárcase na materia Economía da Cultura do Grao en Xestión Cultural, mais está aberto a todo o alumnado e ao conxunto da comunidade universitaria, así como ao público interesado.
- Data: Mércores 5 de novembro, 2025
- Hora: 12:30 h
- Lugar: Sala de Graos da Facultade de Humanidades (Lugo)