Próteses Oculares
Autoría
M.A.L.
Grao en Óptica e Optometría
M.A.L.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2025 16:00
09.07.2025 16:00
Resumo
A rehabilitación ocular experimentou un notable desenvolvemento desde a antigüidade, comezando cos primeiros ollos de terracota atopados en Xericó, fabricados de obsidiana, cuarzo, metais e esmaltes en momias e estatuas. Pasando por materiais como parches de coiro, porcelana e vidro, ata chegar ás próteses actuais realizadas de polimetilmetacrilato (PMMA) e materiais porosos de hidroxiapatita e polietileno. As intervencións cirúrxicas na área da rehabilitación ocular están indicadas para diversos casos, sendo os traumatismos os máis comúns, seguidos de enfermidades terminais, tumores e malformacións conxénitas. Dependendo da situación clínica do paciente, pódense realizar procedementos como a evisceración, a enucleación ou, en casos graves que impliquen tumores invasivos ou infeccións, a exenteración orbitária. Despois da cirurxía, procédese a adaptar próteses externas, que poden incluír lentes de contacto estéticas, cascarillas esclerais e próteses de dobre cascarilla, así como conformadores temporais. A fabricación destas próteses realízase utilizando materiais como silicona, PMMA, poliuretanos ou porcelana, e pode levarse a cabo mediante diferentes métodos: empíricamente en cera, mediante técnicas de impresión da cavidade ou a través de escaneado 3D e software CAD/CAM para acadar unha máxima precisión anatómica. O mantemento diario das próteses oculares consiste en enxoados con soro e xabón neutro, unha desinfección con clorhexidina e alcohol, así como un correcto almacenamento en solución salina ou xabonosa. Para previr e tratar problemas como secrecións mucoides, inflamación e blefarite, adoitan empregarse bágoas artificiais, técnicas de pulido, remodelación, cultivos e antibioterapia, reservando os antiinflamatorios ou a cirurxía reconstructiva para os casos máis graves. Desde o punto de vista psicosocial, a colocación dunha prótese ocular contribúe a restaurar a simetría facial, reducir a ansiedade, a vergoña e a depresión, así como a facilitar a reintegración do paciente no seu entorno social.

Dirección
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titor do alumno)

Avances no tratamento da Presbicia
Autoría
A.C.R.
Grao en Óptica e Optometría
A.C.R.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
07.07.2025 14:40
07.07.2025 14:40
Resumo
A presbicia é un erro refractivo que se caracteriza pola perda fisiolóxica de elasticidade do cristalino. Esta afección afecta principalmente a persoas de mediana idade e adultos maiores, maniféstase como unha dificultade ou impedimento de visión en actividades en distancias curtas. Ademais de visión borrosa en visión proximal tamén pode provocar cefalea ou fatiga visual. Esta pode afectar significativamente á calidade de vida das persoas que a manifestan e pode chegar a ter repercusións psicolóxicas. A presbicia pode dividirse en distintos tipos segundo diversos criterios de clasificación. A organización destes pode realizarse en función a distintos criterios, como o grao de avance da diminución do proceso acomodativo ou na sintomatoloxía que esta provoca. Esta afección pode correxirse mediante diferentes métodos os cales divídense principalmente en dous grupos. Os primeiros pretenden correxir a visión mediante prescrición de lentes oftálmicas ou lentes de contacto. As primeiras deste grupo poden ser específicamente para visión próxima, monofocais, como os lentes de lectura ou os ocupacionais ou ben bifocais, trifocais e multifocais ou progresivos que poden empregarse para ver nítidamente a diferentes distancias. No caso das lentes de contacto poden ser específicas para a presbicia das cales existen numerosos modelos e técnicas de adaptación. O segundo grupo consiste en estratexias que pretenden restaurar á acomodación mediantes a modificación de determinadas estructuras do sistema ocular. Pode tratarse mediante diversos métodos de ciruxía refractiva, os cales poden ir dende procedementos relacionados coa córnea, como as incrustacións corneais ou ciruxías con láser; ciruxías do cristalion, coma a inserción de lentes intraoculres; ata terapias innovadoras como as bandas de expansión corneal. Finalmente neste grupo preséntanse as terapias farmacolóxicas baseadas en colirios, como os que conteñen doses de pilocarpina. Moitas destas últimas estratexias aínda atópanse en fase de investigación e non están aprobadas para o uso común na poboación. No presente traballo abordarase o concepto de presbicia e trataremos a súa fisioloxía e semioloxía así como os diferentes métodos existentes de tratamento: ópticos, cirúrxicos e farmacolóxicos. Seguidamente exporanse os avances máis recentes nesta área. Finalmente analizaranse as opcións máis efectivas, realizarase unha comparación entre elas a modo de discusión e presentarase unha conclusión xeral.

Punín Dorrio, Eva (Titoría)
Punín Dorrio, Eva (Titoría)
Tribunal
Punín Dorrio, Eva (Titor do alumno)
Punín Dorrio, Eva (Titor do alumno)
Traballo Fin de Grao: Probas diagnósticas para ollo seco
Autoría
L.C.A.
Grao en Óptica e Optometría
L.C.A.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2025 10:30
08.07.2025 10:30
Resumo
Este traballo céntrase en coñecer a enfermidade do ollo seco (EOS) e as diferentes probas existentes para a súa detección e clasificación. A EOS é unha patoloxía multifactorial da superficie ocular caracterizada por unha perda da homeostase da película lacrimal, e presenta dúas formas principais: ollo seco evaporativo e ollo seco por deficiencia acuosa. Dada a complexidade da enfermidade, non existe un “estándar de ouro” no seu diagnóstico. Este baséase na combinación de múltiples probas, tanto obxectivas como subxectivas. Segundo o Informe TFOS DEWS II, o diagnóstico da EOS divídese en varias fases: a primeira sería realizar un “cribado” dos síntomas do paciente mediante cuestionarios oficiais como o OSDI ou o DEQ-5. No caso de obter resultados positivos, o seguinte paso consiste nun exame ocular exhaustivo dos principais marcadores da homeostase, que comprende: analizar a osmolaridade e secreción lacrimal, a estabilidade da película lacrimal e a observación de signos de tinción corneal. Un resultado positivo nos cuestionarios subxectivos e, polo menos, un resultado positivo nalgunha das probas mencionadas anteriormente, revela a presenza de EOS. Entre as probas diagnósticas destaca a medición da osmolaridade lacrimal mediante dispositivos como o TearLab, que ofrece unha avaliación obxectiva e rápida, aínda que influenciada por certos factores externos. Para analizar a estabilidade da película lacrimal empréganse probas máis invasivas que requiren o uso de fluoresceína, así como técnicas non invasivas como o NIBUT e métodos máis modernos como a meibografía ou a interferometría. Para medir o volume lacrimal utilízanse probas como a de Schirmer e a medición da altura do menisco lacrimal. Finalmente, nas probas de tinción corneal, o uso de colorantes revela a presenza de alteracións epiteliais. A combinación destas probas permite unha avaliación completa e precisa do tipo e severidade do ollo seco. Entre todas as probas descritas inclúense métodos máis tradicionais e novos métodos non invasivos que facilitan o exame clínico. Así mesmo, inclúese un apartado que explora o uso da intelixencia artificial no diagnóstico da EOS, destacando o seu potencial para automatizar os procedementos e mellorar a precisión na análise de imaxes, clasificación de patróns e detección de alteracións neurosensoriais. Porén, tamén se recoñecen os desafíos éticos e metodolóxicos aos que se enfronta esta tecnoloxía, e que deben ser abordados para que a súa implementación clínica sexa máis segura e eficaz.

GARCIA RESUA, CARLOS (Titoría)
GARCIA RESUA, CARLOS (Titoría)
Tribunal
GARCIA RESUA, CARLOS (Titor do alumno)
GARCIA RESUA, CARLOS (Titor do alumno)
Resistencia a antibióticos dos principais patóxenos bacterianos causantes de patoloxías oculares.
Autoría
M.C.C.
Grao en Óptica e Optometría
M.C.C.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
06.02.2025 12:30
06.02.2025 12:30
Resumo
As infeccións bacterianas oculares representan un reto importante en oftalmoloxía debido ao aumento da resistencia aos antibióticos. Este traballo analiza os principais patóxenos bacterianos asociados a patoloxías oculares, entre eles Staphylococcus aureus, Pseudomonas aeruginosa e Streptococcus pneumoniae, e explora mecanismos de resistencia como a modificación do lugar de acción, a produción de encimas inactivadoras e as bombas de efluxo. Así mesmo, destacan as tendencias actuais de resistencia bacteriana, identificando áreas críticas e diferenzas entre os ámbitos hospitalario e comunitario. A revisión conclúe con propostas para un uso racional dos antibióticos en oftalmoloxía, como a regulación estrita da súa prescrición, a educación de profesionais e pacientes e o seguimento epidemiolóxico. Ademais, señálase a importancia de desenvolver terapias combinadas e explorar novas alternativas antimicrobianas, como bacteriófagos e péptidos antimicrobianos. Estas medidas son fundamentais para garantir tratamentos eficaces e controlar a propagación da resistencia bacteriana no ámbito oftalmolóxico.

MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Titoría)
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
MAGARIÑOS FERRO, BEATRIZ (Titor do alumno)

Revisión das manifestacións oculares da COVID-19
Autoría
L.C.F.
Grao en Óptica e Optometría
L.C.F.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2025 16:40
09.07.2025 16:40
Resumo
A enfermidade por coronavirus 2019 (COVID-19) é unha enfermidade infecciosa causada polo coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda grave (SARS-CoV-2). Esta enfermidade foi identificada por primeira vez en decembro de 2019 en Wuhan, a capital da provincia de Hubei en China, e propagouse a nivel mundial, sendo declarada unha Emerxencia Sanitaria Pública Internacional pola OMS (Organización Mundial da Saúde) o día 30/1/2020, e recoñecida oficialmente como a pandemia de coronavirus o día 11/3/2020. Dita enfermidade maniféstase normalmente con síntomas como febre e dificultade respiratoria, pero tamén pode afectar a outros órganos do corpo humano. Actualmente, existen evidencias da existencia de manifestacións e complicacións oculares asociadas á enfermidade. No ámbito da óptica e da optometría, é de vital importancia entender como estas manifestacións oculares poden influír na correcta función visual e na óptima calidade de vida dos pacientes, así como a importancia dun diagnóstico precoz e unha derivación axeitada ao oftalmólogo para recibir o tratamento oportuno e así favorecer a súa recuperación e prognóstico. Este traballo ten como obxectivo revisar a literatura científica existente sobre as manifestacións oculares da COVID-19, considerando tanto as asociadas directamente ao virus e/ou á súa vacina, como aquelas derivadas das consecuencias do confinamento (sendo un exemplo o síndrome de ollo seco, relacionado co aumento do uso de pantallas dixitais), enfocando a súa relevancia na práctica optométrica. Analizaranse os síntomas oculares máis habituais e o seu mecanismo fisiopatolóxico, a partir de publicacións científicas que suxiren que o ollo podería actuar como vía de entrada e propagación do SARS-CoV-2. Tamén se recollerá información sobre as implicacións para a avaliación e o manexo optométrico dos pacientes afectados, incluíndo os protocolos sanitarios de actuación en establecementos optométricos ante unha emerxencia sanitaria como a pandemia por COVID-19 e a importancia dunha correcta educación do paciente respecto á súa saúde visual.

GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO Cotitoría
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO Cotitoría
Tribunal
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titor do alumno)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Titor do alumno)

Parámetros biomecánicos corneales en enfermidades sistémicas autoinmunes.
Autoría
L.C.C.
Grao en Óptica e Optometría
L.C.C.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
07.07.2025 17:15
07.07.2025 17:15
Resumo
Nesta revisión bibliográfica analízanse como as patoloxías sistémicas autoinmunes, como o lupus eritematosos sistémico (LLES), a artrite reumatoide (AR) e a síndrome de Sjögren (SS), poden chegar a modificar as propiedades biomecánicas corneales. Estas alteracións inclúen cambios na rixidez, o espesor e a resistencia corneal, que se reflicten mediante medicións da histéresis corneal (CH) e o factor de resistencia corneal (CRF). Estas alteracións, especialmente en fases activas ou con inflamación crónica, tenden a diminuír a rixidez da córnea, facéndoa máis flexible e afectando as medicións de presión intraocular, o que pode comprometer a súa saúde ocular. A incorporación na práctica clínica de tecnoloxías in vivo, como o Ocular Response Analyzer (ORA) e o Corvis ST, permite detectar estes cambios de forma cuantitativa, o que pode mellorar a detección temperá, monitorización e tratamento das complicacións oculares relacionadas con estas enfermidades sistémicas autoinmunes. Con todo, o estudo dos parámetros biomecánicos corneales no ámbito das enfermidades autoinmunes sistémicas aínda está en desenvolvemento, e resáltase a necesidade de levar a cabo máis investigacións para comprender mellor a relación que existe entre ambos os conceptos, co fin de ofrecer unha atención máis personalizada e efectiva.

LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titoría)
REGUEIRO LORENZO, UXIA Cotitoría
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titoría)
REGUEIRO LORENZO, UXIA Cotitoría
Tribunal
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
REGUEIRO LORENZO, UXIA (Titor do alumno)

Disfuncións oculomotoras. Avaliación e tratamento.
Autoría
L.F.B.
Grao en Óptica e Optometría
L.F.B.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2025 09:30
08.07.2025 09:30
Resumo
Emprégase o termo disfunción oculomotora en aquela condición na que existe un problema nalgunha das tres áreas da función oculomotora: movementos sacádicos, seguementos e fixacións. Estas consisten en anomalías funcionais que carecen de orixe patolóxica e son producidas por leves variacións da visión binocular. Poden cursar con diversos síntomas, a maioría relacionados coa lectura ou con actividades que impliquen precisión e estabilidade ocular, como son a fatiga ocular, perda de palabra ou liña ao leer ou necesidade de leer en voz alta, o que pode afectar significativamente ao rendemento visual e incluso chegar a provocar problemas de atención. Para o seu diagnóstico e avaliación empréganse diversas probas clínicas que analizan a precisión e habilidade dos movementos oculares, permitindo detectar anomalías nos sacádicos, seguementos e fixacións. Test estandarizados como o DEM ou o NSUCO son realmente útiles para identificar estas anomalías oculomotoras, facilitanto a avaliación obxectiva, permitindo así establecer un diagnóstico preciso. O tratamento destas disfuncións baséase fundamentalmente na terapia visual, que consiste nun conxunto de exercicios personalizados que teñen como obxectivo mellorar a habilidade, eficacia e precisión dos movementos. A terapia visual permite elaborar un entrenamento personalizado e enfocado en cada paciente, mellorando a calidade dos movementos e disminuindo a sintomatoloxía asociada. Actualmente cóntase cunha gran cantidade de información sobre a oculomotricidade pero, a conexión que existe entre os descubrimentos experimentais coa aplicación clínica continúa sendo limitada, dificultando así a implementación dunha práctica clínica baseada en evidencias oculomotoras. Neste traballo de fin de grao realizarase unha búsqueda bibliográfica onde se analizará a información actual da que se dispón neste ámbito, para coñecer a importancia dunha correcta motilidade ocular e o impacto que as disfuncións teñen na vida diaria. Ademáis, analizaranse os diversos signos e síntomas cos que cursan, así como os métodos de avaliación máis empregados para a súa detección. Tamén se abordarán as opcións dispoñibles de tratamento, baseándose en estudos recentes para coñecer a sua eficacia.

Ferreiro Figueiras, Dolores Purificación (Titoría)
Ferreiro Figueiras, Dolores Purificación (Titoría)
Tribunal
Ferreiro Figueiras, Dolores Purificación (Titor do alumno)

Habilidades visoperceptivas e visoespaciais
Autoría
L.F.G.
Grao en Óptica e Optometría
L.F.G.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2025 10:00
08.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo aborda o estudo das habilidades visuoperceptivas e visuoespaciales, fundamentais para a interpretación e organización da información visual na contorna. A percepción visual trátase da recepción e do procesamento de estímulos visuais, outorgándolles significado a partir dunha experiencia previa. Estas capacidades están relacionadas coa aprendizaxe, xa que interveñen en procesos como a lectura, a escritura, a orientación espacial e a coordinación motora. Ao longo do traballo analízanse os principais compoñentes do sistema visual relacionados coa percepción e divídense en tres subsistemas: a análise visual, o sistema visoespacial e o sistema visomotor. Detállanse tamén as habilidades específicas que integran a percepción visual: a discriminación visual, a constancia de forma, o peche visual, a memoria visual ou a figura-fondo. Así mesmo, exponse a relación entre as habilidades visoperceptivas e outras funcións visuais, como os movemientos oculares (sacádicos e de seguimiento), a visión binocular e a súa implicación na lectoescritura. As alteracións en calquera destas áreas poden provocar dificultades significativas na aprendizaxe, xa que comprometen a eficacia visual e o procesamento correcto da información. O traballo inclúe unha revisión das principais probas estandarizadas empregadas na avaliación clínica destas habilidades, como o TVPS-4, o DTVP-3, o Beery VMI ou o test de lateralidade de Piaget. Estas ferramentas permiten identificar de forma precisa que subhabilidades poden estar alteradas e facilitan a planificación de intervencións específicas en casos de dificultades perceptuales. Tamén se expón o papel do adestramento perceptivo visual como método terapéutico para potenciar estas habilidades, con especial atención á súa aplicación en poboación infantil con disfuncións visuais como a ambliopía. Inclúense evidencias científicas actuais que apoian o uso da aprendizaxe perceptiva, mesmo mediante tecnoloxías como a realidade virtual, como medio para estimular a plasticidade cerebral e mellorar funcións perceptivas. Por último, analízanse as principais alteracións visuais que poden comprometer o desenvolvemento e funcionamiento das habilidades visoperceptivas, sendo a ambliopía e o estrabismo dúas das máis relevantes. A identificación e tratamento precoz destas condicións é fundamental para evitar alteracións persistentes no procesamento visual.

Manexo do exceso de converxencia
Autoría
A.G.A.
Grao en Óptica e Optometría
A.G.A.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2025 10:00
08.07.2025 10:00
Resumo
A visión binocular proporciona unha percepción visual tridimensional e precisa ao integrar as imaxes de cada ollo. Cando esta non se executa correctamente, xorden disfuncións binoculares, as cales poden clasificarse en estrábicas -con desviación manifesta- e non estrábicas -con desviación latente-, sendo estas últimas as máis comúns e, acotío, infradiagnosticadas. As disfuncións binoculares non estrábicas permiten manter a binocularidade, pero xeneran sintomatoloxía que interfere coas actividades cotidiás, o que compromete a calidade de vida e o rendemento académico ou laboral. Durante esta revisión bibliográfica abórdanse os diferentes métodos de tratamento para o exceso de converxencia. Esta anomalía caracterízase por unha sobreactivación do sistema de verxencia. O seu signo principal é a reducción das verxencias fusionais negativas, o que provoca sintomatoloxía durante actividades continuadas en visión próxima, como fatiga ocular ou diplopía. A pesar da súa prevalencia -estimada entre un 6% e un 12%-, esta disfunción é pouco estudada en comparación con outras alteracións. Tras analizar as diferentes alternativas terapéuticas para o seu manexo, en primeiro lugar considérase a corrección do erro refractivo presente, especialmente en casos de hipermetropía. En ausencia de defectos refractivos ou cando persisten os síntomas, recúrrese á prescrición de adicións positivas que reducen a demanda acomodativa, e deste xeito, a converxencia excesiva. Isto resulta eficaz na maioría de casos, pero o paciente depende así da corrección para as súas tarefas de cerca. O uso de prismas descártase na maioría dos casos, salvo ocasións puntuais. Ademáis, é importante destacar o papel da ergonomía visual como intervención complementaria. Esta axuda a reducir a sintomatoloxía mediante bos hábitos posturais, iluminación adecuada e pausas visuais, entre outros, mellorando así a adherencia e o éxito do tratamento. A terapia visual é esencial cando a corrección óptica non é abondo, ou se quere prescrindir dela. Mediante a realización de exercicios de adestramento para as verxencias fusionais, mellóranse os valores das probas clínicas e os síntomas do paciente. Aínda que a diverxencia sexa máis difícil de rehabilitar, diversos estudos respaldan a súa eficacia. Ademáis, destácase o uso das novas tecnoloxías como axuda a incrementar a motivación do paciente, permitindo unha terapia máis atractiva e personalizada. Este traballo consta de 9347 palabras.

Causas do aumento da miopía
Autoría
M.G.H.
Grao en Óptica e Optometría
M.G.H.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
10.07.2025 10:00
10.07.2025 10:00
Resumo
A miopía é un problema visual cada vez máis prevalente a nivel mundial, caracterizado por unha visión borrosa dos obxectos afastados debido a que a imaxe se forma diante da retina. O seu incremento sostido xerou unha crecente preocupación sanitaria, non só pola perda de visión, senón polas posibles complicacións asociadas, como o desprendemento de retina, a dexeneración macular miópica ou o glaucoma, que poden comprometer seriamente a calidade de vida das persoas afectadas. Este traballo analiza as principais causas do aumento da miopía, abordando tanto factores xenéticos como ambientais. Comprobouse que a predisposición hereditaria inflúe notablemente, especialmente cando ambos proxenitores son miopes. Ademais, estudos xenómicos identificaron numerosos xenes relacionados coa regulación visual. Os factores ambientais tamén xogan un papel clave no desenvolvemento e progresión da miopía. O aumento das actividades en visión próxima, como a lectura ou o uso de dispositivos dixitais, xunto coa redución do tempo dedicado a actividades ao aire libre, relacionouse directamente co incremento da miopía, particularmente en idades temperás. Ensaios clínicos recentes demostraron o efecto protector do tempo ao aire libre fronte á progresión miópica, especialmente en nenos. Ante este problema, desenvolvéronse estratexias de control eficaces, como o uso de lentes de contacto especiais, lentes oftálmicas deseñadas para o control miópico, tratamentos con atropina en baixas concentracións e pautas de hixiene visual. A detección temperá e a intervención personalizada son ferramentas clave para frear a evolución do defecto refractivo e minimizar o risco de complicacións futuras. O presente TFG, cunha extensión de 9.966 palabras, abordará de xeito detallado estes aspectos, ofrecendo unha revisión actualizada sobre a epidemioloxía, os factores etiolóxicos e as estratexias de prevención e control da miopía, co obxectivo de contribuír ao coñecemento e manexo clínico desta condición en auxe.

DUBRA FERNANDEZ, ALEXANDER (Titoría)
DUBRA FERNANDEZ, ALEXANDER (Titoría)
Tribunal
DUBRA FERNANDEZ, ALEXANDER (Titor do alumno)

As lentes de contacto como ferramenta en baixa visión
Autoría
A.G.P.
Grao en Óptica e Optometría
A.G.P.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2025 15:00
09.07.2025 15:00
Resumo
A baixa visión é unha condición visual que provoca unha discapacidade significativa, sen chegar a ser cegueira total. A diminución da capacidade visual pode estar orixinada por múltiples enfermidades, tanto conxénitas como adquiridas. Afecta a unha porcentaxe elevada da poboación e caracterízase por unha limitación grave da función visual que non pode corrixirse por completo mediante lentes oftálmicas, lentes de contacto, fármacos ou cirurxía. A rehabilitación visual desempeña un papel fundamental na mellora da visión e, por tanto, na calidade de vida. O papel do óptico-optometrista é esencial no proceso de rehabilitación visual, intervindo desde a avaliación funcional da visión ata a prescrición das axudas visuais. A través destas axudas e os programas de adestramento, os profesionais pertencentes ao equipo multidisciplinar buscan optimizar a visión residual do paciente, favorecendo así a súa autonomía nas activades diarias. Este traballo ten como obxectivo principal describir as principais causas e enfermidades que derivan en baixa visión, así como analizar e detallar o uso das lentes de contacto como unha ferramenta útil e innovadora, que podería complementar e mesmo substituír os métodos tradicionais. As lentes de contacto preséntanse como unha axuda óptica que podería achegar múltiples beneficios adicionais en comparación ás técnicas convencionais. Entre eles, mellorar a calidade óptica, proporcionar un maior campo de visión e unha solución estética máis discreta. No presente traballo descríbense os diferentes sistemas de lentes de contacto dispoñibles para pacientes con baixa visión, así como as vantaxes, desvantaxes e funcións destes dispositivos. En concreto, destácanse as lentes de contacto tintadas e con filtros de absorción selectiva (indicadas para aliviar o cegamento e a fotofobia) e as lentes de contacto telescópicas (indicadas para os defectos de agudeza e campo visual). A pesar das vantaxes que poden proporcionar, a evidencia científica actual sobre o seu uso segue sendo escasa. Por iso, é necesario profundar na investigación neste campo, co fin de introducir e establecer esta axuda óptica como unha axuda efectiva, e non unha simple alternativa secundaria.

López López, Maite Cotitoría
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Titoría)
López López, Maite Cotitoría
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Secretario/a)
CALO SANTIAGO, ROSA (Vogal)

Anomalías binoculares non estrábicas no gabinete optométrico
Autoría
Y.G.R.
Grao en Óptica e Optometría
Y.G.R.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2025 14:00
11.07.2025 14:00
Resumo
As anomalías da visión binocular son un tipo de disfuncións visuais comúns na práctica optométrica, e poden afectar negativamente á calidade visual das persoas, afectando en consecuencia á súa calidade de vida. Polo tanto, o presente traballo pretende analizar o seu impacto, así como os métodos de diagnóstico e tratamento empregados polos gabinetes optométricos na poboación clínica, onde se busca mellorar a función visual do paciente. Esta revisión bibliográfica recolle os síntomas e signos asociados a estas disfuncións, xunto con algúns cuestionarios utilizados para avaliar a sintomatoloxía. A maioría deles céntranse na insuficiencia de converxencia, xa que é unha das máis comúns e estudadas. Tamén se subliña que o diagnóstico pode ser difícil, xa que moitos síntomas son inespecíficos e poden aparecer en diferentes anomalías. Do mesmo xeito, intentouse identificar a posible etioloxía destas disfuncións, relacionándoas con factores de risco como as altas esixencias visuais en tarefas de preto ou o uso prolongado de dispositivos con pantallas, entre outros. Aínda que a prevalencia varía entre estudos, en xeral existe un consenso en que as anomalías binoculares e acomodativas son altamente frecuentes, tanto en persoas novas como en adultos. Algunhas investigacións tamén apuntan á súa alta coexistencia con erros refractivos. Destácase a importancia de realizar unha exploración visual completa e adaptada a cada paciente, seguindo un protocolo de probas diagnósticas que facilite a práctica clínica. Neste traballo recóllense as principais probas diagnósticas para a avaliación da visión binocular, acomodación e motilidade ocular, xunto cos seus valores de referencia. Finalmente, avalíanse os diferentes tratamentos para as anomalías da visión binocular, dende a corrección refractiva ata o uso de adicción de lentes, prismas ou, en casos moi específicos, a cirurxía. Afonda especialmente na terapia visual, destacando as súas fases, recomendacións en función do tipo de terapia e as estratexias en función do obxectivo. Tamén se describen brevemente algunhas das probas tradicionais máis empregadas, así como algunhas propostas innovadoras baseadas no uso da realidade virtual. Este traballo consta de 9919 palabras.

CALO SANTIAGO, ROSA (Titoría)
CALO SANTIAGO, ROSA (Titoría)
Tribunal
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
Adestramentos visuais para a mellora do rendemento deportivo no baloncesto
Autoría
E.G.D.
Grao en Óptica e Optometría
E.G.D.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2025 11:00
08.07.2025 11:00
Resumo
Numerosas investigacións sinalaron diferenzas relevantes entre xogadores expertos e amateurs, amosando que os primeiros presentan patróns visuais máis eficientes, con menos fixacións oculares pero máis prolongadas e dirixidas de maneira estratéxica. Este tipo de procesamento visual, máis optimizado, está relacionado coa automatización de patróns perceptivo-motores e co fenómeno do Quiet Eye, unha fixación ocular estable xusto antes dunha acción decisiva, máis presente en xogadores experimentados. O adestramento visual, tanto con métodos tradicionais coma con tecnoloxías emerxentes, consolidouse como unha ferramenta eficaz para mellorar o rendemento. Exercicios clásicos de coordinación visomotriz, fixación ou visión periférica complétanse agora con ferramentas como a realidade virtual, a realidade aumentada ou o eye-tracking, que permiten deseñar escenarios inmersivos e esixentes desde o punto de vista cognitivo. Estas tecnoloxías non só permiten medir o comportamento visual con precisión, senón tamén personalizar os adestramentos segundo as necesidades de cada xogador. Aínda que este tipo de adestramento se estrutura en fases progresivas dende a activación oculomotora ata a transferencia a contextos reais de xogo, seguen existindo retos como a falta de estandarización metodolóxica, a escasa transferencia se non se contextualiza axeitadamente e as diferenzas individuais. En conxunto, comprender e adestrar o comportamento visual no baloncesto ofrece unha vantaxe competitiva relevante se se integra cos aspectos técnicos, tácticos e psicolóxicos do xogo, favorecendo un enfoque integral do rendemento deportivo.

Traballo Fin de Grao: Métodos actuais para o control da miopía.
Autoría
L.G.R.
Grao en Óptica e Optometría
L.G.R.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2025 13:00
11.07.2025 13:00
Resumo
Debido ao preocupante aumento xeral da miopía entre a poboación, está a facerse un grande esforzo para controlala e así evitar o risco de futuras complicacións que poden ocorrer en individuos miopes. Estas inclúen maculopatías miópicas e desprendementos de retina, así como enfermidades como o glaucoma, que pode chegar a causar unha cegueira irreversible. Neste Traballo de Fin de Grao, realizouse unha busca bibliográfica de estudos que inclúan as causas do aumento da miopía, os métodos para o seu control que se empregaban previamente (lentes de contacto brandas monofocais, lentes de contacto ríxidas e infracorrección con lentes oftálmicas) e os que se empregan na actualidade, explicando as súas bases e esbozando a súa eficacia. Os métodos de control da miopía que reducen o esforzo acomodativo, como as lentes oftálmicas bifocais, non tiveron un rendemento deficiente en termos de control da miopía; non obstante, as lentes oftálmicas progresivas non resultaron ser tan eficaces. Ademais, os métodos que xeran desenfoque miope demostraron ser unha ferramenta moi útil para lograr unha progresión máis lenta da miopía. A ortoqueratoloxía e as lentes oftálmicas e de contacto actuais, cada unha deseñada de xeito diferente, baséanse neste principio e demostrouse que conseguen moi bos resultados. A atropina tamén ten moi bos resultados, e incluso mellores en combinación con ortoqueratoloxía, aínda que debe usarse en doses baixas debido aos seus efectos adversos e efectos rebote. Tamén é importante pasar menos tempo facendo traballo de preto e máis tempo ao aire libre.

Aplicación da tomografía computarizada e da ecografía en oftalmoloxía.
Autoría
P.G.N.
Grao en Óptica e Optometría
P.G.N.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
08.07.2025 11:00
08.07.2025 11:00
Resumo
A tomografía computarizada e a ecografía son dous métodos de obtención de imaxes de tecidos e órganos do corpo humano. O fundamento físico no que se basea cada unha destas probas permite, en concreto, a visualización de tecidos, estruturas, etc. a nivel ocular. Polo tanto, no ámbito oftalmolóxico, son empregadas como probas complementarias xa que facilitan a adquisición dunha imaxe especial e diferente á doutras probas oculares da anatomía do ollo e outras estruturas. As imaxes obtidas axudan aos profesionais sanitarios á determinación dun diagnóstico e/ou tratamento.

YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Titoría)
YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Titoría)
Tribunal
YEBRA-PIMENTEL VILAR, EVA (Titor do alumno)

Esclerose múltiple e as súas repercusións visuais
Autoría
S.G.V.
Grao en Óptica e Optometría
S.G.V.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2025 15:00
09.07.2025 15:00
Resumo
A esclerose múltiple é unha enfermidade neurodexenerativa derivada da perda progresiva de mielina das neuronas do sistema nervioso central. Este traballo explica a natureza da patoloxía, así como, a súa principal sintomatoloxía, diagnóstico e tratamento. Realizouse unha revisión bibliográfica como fundamento do estudo para determinar as principais repercusións visuais e o manexo optométrico máis adecuado. Destacando a importancia da participación do óptico-optometrista na detección e atención terapéutica da enfermidade.

PEREZ BALADRON, ADRIAN (Titoría)
PEREZ BALADRON, ADRIAN (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Secretario/a)
CALO SANTIAGO, ROSA (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Secretario/a)
CALO SANTIAGO, ROSA (Vogal)
A visión binocular en deportes de pelota
Autoría
A.G.C.
Grao en Óptica e Optometría
A.G.C.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2025 14:00
11.07.2025 14:00
Resumo
Pódese definir a visión binocular como a capacidade de uso de ambos ollos de forma coordinada para percibir unha única imaxe en tres dimensións. Esta é unha capacidade esencial no ámbito deportivo, xa que facilita o cálculo de distancias, traxectorias e velocidades. O bo funcionamento da visión binocular pode verse alterado por disfuncións motoras, anatómicas ou sensoriais, entre outras. Isto compromete directamente o rendemento visual en actividades que requiren unha alta precisión visomotora, como sucede nos deportes de pelota. Para optimizar o rendemento visual na práctica deportiva recoméndase a realización dun exame optométrico completo, xunto cun programa de adestramento visual estructurado, atanguindo dende as funcións sensoriais máis básicas ata a integración total no entorno deportivo. A influencia do rendemento visual maniféstase de forma clara en disciplinas coma o tenis, o fútbol e o baloncesto que, malia as súas diferenzas dinámicas, comparten unha alta esixencia visual. No tenis, deporte individual de alta velocidade, os xogadores expertos destacan por procesar mellor a información visual, o que lles proporciona unha vantaxe en situacións rápidas e cambiantes. O mesmo ocorre no fútbol, onde un bo funcionamento binocular facilita accións coma os pases, os tiros ou a defensa. O baloncesto tamén esixe unha visión binocular sólida para manter a precisión entre pases e lanzamentos. En conxunto a evidencia dispoñible resalta que a visión binocular non só é esencial para a percepción visual, senón que afecta ao rendemento motor e á toma de decisións en tempo real. Malia as diferenzas entre deportes individuais e colectivos, todos dependen dun sistema visual coordinado que permita responder con precisión, velocidade e eficacia no xogo. O seu adestramento e avaliación deberían considerarse parte integral da preparación dos atletas, especialmente nos deportes nos que existe interacción co balón. Neste traballo realizouse unha revisión da literatura existente coa fin de coñecer o papel da visión binocular nos deportes de pelota.

PENA VERDEAL, HUGO (Titoría)
NOYA PADIN, VERONICA Cotitoría
PENA VERDEAL, HUGO (Titoría)
NOYA PADIN, VERONICA Cotitoría
Tribunal
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
Novas Perspectivas na Terapia da Secura Ocular mediante Substitutos Lagrimais
Autoría
M.L.L.
Grao en Óptica e Optometría
M.L.L.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2025 11:00
09.07.2025 11:00
Resumo
O tratamento convencional da enfermidade do ollo seco (EOS) centrouse historicamente no uso de bágoas artificiais, sen ter en conta as distintas formas clínicas que presenta esta patoloxía. Dada a limitada eficacia deste enfoque e a marcada variabilidade nos casos clínicos, o presente traballo examina formulacións terapéuticas máis recentes que non só ofrecen alivio sintomático, senón que tamén teñen como obxectivo restaurar o equilibrio da película lagrimal e controlar a inflamación persistente. Exponse unha nova tipoloxía para os substitutos lagrimales, que os clasifica en tres grupos: humectantes, aqueles de acción múltiple e moduladores da superficie ocular. Este último grupo representa a innovación máis destacada, xa que actúa directamente sobre as células epiteliales. Entre os compoñentes máis novos atópanse o ácido hialurónico (HA), o hidroxipropil-guar (HPG) e o T-LysYal, sendo este último especialmente prometedor polo seu efecto rexenerador e antiinflamatorio superior. O traballo incorpora ademais un meta-análise de nove investigacións que analizan a efectividade de distintos tratamentos tópicos no tempo de ruptura da película lagrimal (TBUT). Os resultados mostran unha mellora significativa (diferenza media estandarizada de 0,6541; p menor 0,0001), sen evidencia de heteroxeneidade, o que apoia a súa efectividade de forma consistente. Tamén se abordan novas alternativas terapéuticas como os produtos derivados do sangue (como o soro autólogo e o plasma rico en plaquetas), factores de crecemento específicos como o Rh-NGF, e terapias celulares con exosomas de células nai. A isto súmanse enfoques biotecnolóxicos innovadores como a terapia génica e o transplante de epitelio cultivado. Así mesmo, explóranse sistemas modernos de liberación prolongada, como os nano-liposomas e as lentes de contacto terapéuticas. O estudo conclúe identificando obstáculos importantes para a aplicación clínica destas terapias, entre eles os requisitos regulatorios, os custos elevados e a dispoñibilidade limitada. Finalmente, proponse que futuras investigacións aborden estas barreiras mediante ensaios clínicos máis sólidos, estudos de seguridade a longo prazo e estratexias terapéuticas adaptadas a poboacións específicas, como a poboación nova.

Giráldez Fernández, María Jesús (Titoría)
SANCHEZ SELLERO, CESAR ANDRES Cotitoría

Giráldez Fernández, María Jesús (Titor do alumno)
SANCHEZ SELLERO, CESAR ANDRES (Titor do alumno)

Control da miopía
Autoría
I.M.R.
Grao en Óptica e Optometría
I.M.R.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2025 15:00
09.07.2025 15:00
Resumo
A miopía consiste nun erro refractivo que impide ver con claridade os obxectos situados a distancia, provocado pola focalización diante da retina dos raios de luz que entran no ollo. Nas últimas décadas, a miopía aumentou de maneira drástica, derivando nun problema de saúde a nivel mundial que afecta notablemente á calidade tanto de vida como visual e que pode producir complicacións visuais graves se non se presenta un seguimento da súa evolución, como é o caso dos desprendementos de retina ou do glaucoma, entre outras. O incremento desta ametropía pode ser debido a varios factores de risco, como a etnia, a idade, unha escasa exposición ao aire libre ou un exceso de traballos realizados en distancias próximas, como ler e escribir ou o uso de pantallas dixitais, tan presente nos estilos de vida actuais. As proxeccións determinan que esta ametropía será padecida pola metade da poboación mundial nuns 25 anos, polo que resulta de interese a procura de métodos que limiten a súa prevalencia e eviten o desenvolvemento de complicacións graves. Diversas son as técnicas xa estudadas nos últimos anos que amosan resultados beneficiosos para frear a progresión da miopía. Empréganse, por exemplo, lentes de contacto especializadas, tanto hidrofílicas como ríxidas permeables aos gases, incluídas as lentes con deseño de profundidade de foco estendida ou as lentes de ortoqueratoloxía, entre outras. Tamén destaca na redución deste incremento a terapia luminosa con luz vermella de baixo nivel, mediante a cal o ollo é exposto a unha luz emitida por un dispositivo durante un período de tempo determinado. Ademais das terapias ópticas, realízanse estudos baseados en terapias farmacolóxicas, como a atropina, mais con este tratamento poden presentarse efectos rebote. Para limitar a presenza destes efectos adversos ou rebote, así como para atopar eficacias máis positivas, leváronse a cabo estudos recentes nos que se plantexa a combinación de varias monoterapias, os cales amosan bos resultados. A pesar dos avances nas investigacións, é preciso a realización de estudos que teñan en conta varios factores, como diferentes etnias ou diferentes grupos de idade, para obter conclusións máis destacadas a nivel xeral sobre a efectividade das técnicas de tratamento.

GARCIA MONTERO, SILVIA (Titoría)
GARCIA MONTERO, SILVIA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Secretario/a)
CALO SANTIAGO, ROSA (Vogal)
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, SUGEY DE JESUS (Secretario/a)
CALO SANTIAGO, ROSA (Vogal)
Avance na adaptación de lentes esclerais ata o free-form guiado
Autoría
D.M.V.
Grao en Óptica e Optometría
D.M.V.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
07.07.2025 17:30
07.07.2025 17:30
Resumo
No campo da optometría, a adaptación de lentes de contacto esclerais xoga un papel fundamental, por unha banda debido á súa capacidade para crear un reservorio lacrimal que neutraliza as irregularidades da córnea, e, por outra banda, polo seu apoio escleral, o cal reduce o estrés mecánico sobre a área corneal, mellorando a calidade visual e a comodidade. Entre as súas principais indicacións inclúense o queratocono, os astigmatismos irregulares, o ollo seco e as post-cirurxías corneais, ademais doutras moitas condicións. O diámetro das lentes esclerais é un factor clave que afecta ao seu axuste, comodidade e á osixenación do ollo. En función do diámetro podemos clasificalas do seguinte xeito: semi-esclerais, mini-esclerais e esclerais grandes. Actualmente, a elección do tamaño das lentes esclerais mostra unha predilección por diámetros máis pequenos no canto de grandes. Neste sentido, a importancia dos deseños personalizados radica na complexidade anatómica da esclera. Numerosas investigacións amosan que a esclera non é totalmente esférica, con diferenzas de altura sagital e ángulos córneo-esclerais que afectan á adaptación. Por iso, un deseño xenérico pode provocar un mal axuste, incomodidade e riscos para a saúde ocular. Pola súa banda, os deseños por cuadrantes e free-form en lentes de contacto esclerais representan o avance máis innovador na súa adaptación. Mentres que os deseños por cuadrantes permiten modificar de forma independente as zonas central, medio-periférica, limbar e escleral, os deseños free-form permiten un axuste sen límites, altamente preciso e personalizado. Estes últimos baséanse en topografías córneo-esclerais obtidas mediante impresión con siliconas ou escaneo de imaxes. Deste xeito, a implementación de software informático proporciona mapas 3D para visualizar e comparar a altura sagital da córnea e da esclera. Combinándoos con sistemas específicos, os deseños free-form fan posible evitar o contacto con pingéculas e a corrección visual tanto de pacientes présbitas como das aberracións de alto orde.

López López, Maite (Titor do alumno)

Diagnóstico da disfunción das glándulas de Meibomio.
Autoría
N.N.A.
Grao en Óptica e Optometría
N.N.A.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
12.02.2025 11:00
12.02.2025 11:00
Resumo
A disfunción das glándulas de Meibomio (DGM) é unha das principais causas de ollo seco evaporativo, afectando a unha proporción significativa da poboación mundial e comprometendo tanto a calidade visual como a calidade de vida. Este traballo recompila de maneira completa as manifestacións clínicas, as ferramentas diagnósticas avanzadas e as estratexias terapéuticas dispoñibles para combater a DGM. Desenvolvendo unha análise de técnicas como a meibografía, láser IPL (luz intensa pulsada), interferometría ademais de cuestionarios validados como o OSDI e o seu beneficio na práctica clínica. Os resultados obtidos destacan a necesidade de diagnósticos máis accesibles e personalizados, xunto con estratexias preventivas baseadas na educación do paciente. Este enfoque integral é clave para optimizar os resultados clínicos e mellorar a calidade de vida dos afectados.

Impacto do estrabismo no desarrollo visual
Autoría
J.O.G.
Grao en Óptica e Optometría
J.O.G.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
10.07.2025 12:50
10.07.2025 12:50
Resumo
O estrabismo é unha alteración visual frecuente na infancia que afecta á aliñación dos eixes oculares, comprometendo a función binocular e o desenvolvemento visual normal. En primeiro lugar, vanse revisar as bases fisiolóxicas do desenvolvemento da visión binocular, destacando a importancia da plasticidade cerebral e dunha estimulación visual axeitada durante os primeiros anos de vida. Tamén se describirán as distintas formas de estrabismo, a súa clasificación clínica, os efectos visuais que produce e os mecanismos de adaptación sensorial que o cerebro desenvolve ante a disociación das imaxes retinianas, como a supresión ou a correspondencia retiniana anómala. O traballo vai profundar especialmente en dúas consecuencias frecuentes do estrabismo non tratado: a perda de estereopse e a ambliopía. A falta de percepción de profundidade afectará significativamente ás habilidades visomotoras, mentres que a ambliopía será un déficit visual que pode persistir ata a idade adulta se non se intervén de forma temperá. Por outra banda, analizaranse as repercusións psicolóxicas do estrabismo, incluíndo o estigma social, a baixa autoestima, as dificultades na aprendizaxe e a diminución da calidade de vida en adultos con desviacións non corrixidas. Tamén se abordará (en menor medida) o enfoque clínico do estrabismo. Compararanse os principais métodos diagnósticos, como poden ser as probas optométricas básicas, as medicións de estereopse e as técnicas instrumentais. En canto ao tratamento, comentaranse as opcións ópticas, cirúrxicas e terapéuticas.

ARINES PIFERRER, JUSTO (Titoría)
ARINES PIFERRER, JUSTO (Titoría)
Tribunal
ARINES PIFERRER, JUSTO (Titor do alumno)

Estado actual da Optometría en diferentes países. A Optometría en Europa: Formación académica e competencias.
Autoría
L.P.A.
Grao en Óptica e Optometría
L.P.A.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2025 12:30
09.07.2025 12:30
Resumo
Este traballo analiza a situación da Optometría en catro países europeos: España, Francia, Reino Unido e Portugal. O obxectivo principal é mostrar como varían a formación académica, o recoñecemento profesional, a regulación da profesión e as competencias adquiridas no exercicio da Optometría en cada un destes países. Abórdase o papel que xogan tanto a formación como a lexislación vixente na configuración do perfil profesional do optometrista, así como na posibilidade de exercer a profesión nun contexto internacional. Ademais, o traballo inclúe un apartado específico no que se examinan as diferenzas clave entre os modelos educativos, as competencias profesionais e os procedementos de homologación a través de fontes oficiais. Esta análise enriquécese con información obtida mediante contacto directo con organismos reguladores como o General Optical Council (GOC) do Reino Unido e a Direção-Geral do Ensino Superior (DGES) en Portugal. Estas achegas permiten contextualizar con maior precisión as oportunidades e os obstáculos reais que enfrentan os titulados en Optometría ao tentar exercer noutros países europeos. En canto á regulación profesional, obsérvase unha notable disparidade. No Reino Unido, a Optometría está fortemente regulada, cunha formación universitaria estricta e un proceso rigoroso para obter a habilitación profesional. En contraste, Portugal presenta un modelo completamente liberalizado no que a profesión non está oficialmente regulada, o que xera un baleiro normativo que repercute na calidade do servizo e na mobilidade profesional. Francia, pola súa parte, mantén un enfoque técnico na formación, con opcións limitadas de especialización. España destaca por unha formación universitaria sólida, cun enfoque sanitario que foi evolucionando cara a un perfil máis clínico nos últimos anos. A pesar da existencia de iniciativas europeas como a Directiva 2005/36/CE, orientadas a facilitar o recoñecemento mutuo das cualificacións profesionais, persisten grandes diferenzas entre países. Estas disparidades xeran importantes barreiras á mobilidade laboral dos optometristas, especialmente para quen desexa exercer en países con sistemas máis pechados ou con requisitos moi específicos. Neste sentido, o traballo conclúe sinalando a necesidade de avanzar cara a unha maior harmonización normativa e académica no ámbito europeo, co fin de garantir non só a mobilidade dos profesionais, senón tamén unha atención optométrica de calidade e equitativa en todo o territorio da Unión Europea.

GARCIA DOMINGUEZ, GONZALO (Titoría)
GARCIA DOMINGUEZ, GONZALO (Titoría)
Tribunal
GARCIA DOMINGUEZ, GONZALO (Titor do alumno)

Efecto rebote nos tratamentos para o control da miopía
Autoría
A.G.R.P.
Grao en Óptica e Optometría
A.G.R.P.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2025 15:00
09.07.2025 15:00
Resumo
A miopía é un defecto refractivo no que os raios paralelos ao eixe óptico se enfocan diante da retina cando a acomodación ocular está relaxada. Esta condición causa visión borrosa de obxectos distantes. A prevalencia da miopía a nivel mundial en 2010 era do 28,3 % e estímase que para 2050 afectará ao 49,8 % da poboación. A miopía é un factor de risco para o desenvolvemento de diversas complicacións oculares, como a dexeneración macular miópica, os estafilomas posteriores, as cataratas, o glaucoma e o desprendemento posterior de vítreo e retina. Estas alteracións danse con máis frecuencia en persoas maiores e son máis comúns a medida que aumenta a magnitude da miopía. Ademais, demostrouse que o aumento da lonxitude axial é o principal factor de risco para estas afeccións. Polo tanto, a comunidade científica mostrou un interese crecente no desenvolvemento de métodos que poidan frear ou deter a progresión deste erro refractivo. As principais intervencións inclúen tratamentos ópticos (lentes de contacto brandas, ortoqueratoloxía e lentes oftálmicas), así como tratamentos farmacolóxicos (atropina) e terapias de luz (terapia con luz vermella de baixa intensidade). Varios estudos demostraron que a maioría destas intervencións son eficaces para frear a progresión da miopía durante o período de aplicación. Non obstante, a pregunta segue sendo se esta desaceleración continúa unha vez que se interrompe o tratamento, se a miopía continúa progresando ao mesmo ritmo que antes de comezar o tratamento ou se se acelera aínda máis. Destas preguntas xorde o concepto do efecto rebote. Isto defínese como un aumento máis rápido da lonxitude axial e da miopía despois de interromper o tratamento para o control da miopía, en comparación cun grupo similar sen intervención. Por todas estas razóns, este artigo revisou os artigos máis recentes que avalían o efecto rebote en diversos tratamentos para o control da miopía, co fin de determinar se este fenómeno existe e analizar a súa magnitude.

Historia da Ortoqueratoloxía. Inicios, desenvolvemento e estado actual.
Autoría
L.R.G.
Grao en Óptica e Optometría
L.R.G.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2025 14:00
11.07.2025 14:00
Resumo
A ortoqueratoloxía ou terapia refractiva corneal é unha técnica de corrección visual que se caracteriza por inducir un moldeado corneal de carácter transitorio. Deste xeito, permite acadar a corrección de ametropías visuais como: a miopía, o astigmatismo ou a hipermetropía, mediante a adaptación de lentes de contacto ríxidas permeables ao gas durante o período nocturno, obtendo, en consecuencia, unha boa calidade visual durante o día sen necesidade de levar ningún tipo de axuda óptica. A orixe desta práctica remóntase á aplicación de pequenos sacos de area sobre as pálpebras na medicina ancestral do Oriente Asiático, como opción de tratamento para miopes magnos. Posteriormente, o estudo de patoloxías corneais, como o queratocono, contemplou a opción de adaptar lentes de contacto totalmente planas coa finalidade de mellorar a agudeza visual dos pacientes. De este modo, arredor da década dos anos 60, xorde o deseño pioneiro nesta área baixo a autoría de George Jessen. A partir deste momento, dáse a coñecer globalmente o termo “Ortoqueratoloxía” a través dun congreso celebrado pola Sociedade Internacional de Lentes de Contacto en Chicago. Seguidamente, esta proposta inicial será rectificada por May-Grant, paralelamente á divulgación da Paradoxa de Tabb. Estas achegas iniciais foron clave para a evolución da técnica sinalada, mais non será ata a aparición das lentes de contacto de xeometría inversa cando falaremos da revolución propia da Orto-K moderna. Pois estas permitían a obtención duns resultados clínicos máis favorables nun menor espazo de tempo e cun risco mínimo de sufrir complicacións. Esta nova era verase potenciada pola mellora nas técnicas de fabricación de materiais e de estudo da superficie corneal, entre as cales destacará “o Hage” grazas á aparición da topografía corneal. En consecuencia, todos estes avances ocasionaron que múltiples investigadores realizasen estudos controlados, garantindo a efectividade e seguridade desta práctica. Sendo, finalmente, aprobada pola FDA no ano 2002, en período nocturno e sen límites de idade. A partir deste momento, foron xurdindo numerosos deseños con diferentes achegas beneficiosas, ata culminar na Orto-K actual, a cal resulta unha técnica de elección en multitude de casos clínicos fronte a outras técnicas de finalidade semellante, como pode ser o LASIK. Por último, cómpre destacar a implicación optométrica desta subespecialidade contactolóxica mediante o control da progresión da miopía en nenos.

Análise das retinografías para a detección de retinopatía diabética na práctica optométrica.
Autoría
M.R.R.
Grao en Óptica e Optometría
M.R.R.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2025 16:20
09.07.2025 16:20
Resumo
A retinopatía diabética é unha das complicacións máis comúns da diabetes e unha das principais causas de cegueira prevenible en todo o mundo. Está causada por danos nos pequenos vasos da retina debido á hiperglicemia, o que desencadea unha serie de cambios retinianos, como microaneurismas, exudados e, en estadios avanzados, neovascularización. Existen dous tipos principais de retinopatía diabética: a non proliferativa, cun mellor pronóstico e diferentes graos de gravidade; e a proliferativa, cun maior risco de perda de visión. Do mesmo xeito, o edema macular diabético é unha das principais causas de deficiencia visual neste tipo de pacientes. O seu desenvolvemento está relacionado con diversos factores como a hiperglicemia, a hipertensión e a duración da diabetes, entre outros. Polo tanto, a detección precoz e o control metabólico rigoroso, especialmente nas fases iniciais, son esenciais para frear a súa progresión e minimizar o impacto na calidade de vida do paciente diabético. O diagnóstico desta patoloxía retiniana facilítase mediante o uso dunha fotografía retiniana, un instrumento que captura fotografías do fondo de ollo e, mediante a detección clínica de signos, diagnostica unha posible enfermidade. Este instrumento, especialmente a súa versión non midriática, é rápido, sinxelo e non invasivo, o que o converte nunha excelente ferramenta de detección. Debido ao crecemento exponencial dos casos de diabetes e á escaseza mundial de oftalmólogos, estamos a comezar a ver a integración de profesionais non oftalmólogos, como os optometristas, nos programas de cribado. Estes profesionais sanitarios, coa formación axeitada, demostraron a capacidade de identificar a retinopatía diabética cunha alta fiabilidade, comparable á dos oftalmólogos especializados en imaxes retinianas. Isto axuda a aliviar a conxestión no sistema sanitario e a mellorar o acceso ao diagnóstico en zonas rurais ou desatendidas. O modelo ideal de atención para pacientes diabéticos é aquel baseado na colaboración interprofesional, onde o persoal, como médicos de atención primaria, optometristas e enfermeiras, traballa conxuntamente para detectar e monitorizar os diabéticos. Non obstante, o número limitado de persoal de formación e a inclusión da intelixencia artificial están a piques de cambiar o futuro da detección ao ofrecer unha análise automatizada de imaxes da retina con alta sensibilidade e especificidade, facendo así que o diagnóstico sexa máis rápido, máis accesible e menos custoso.

BANDE RODRIGUEZ, MANUEL FRANCISCO Cotitoría
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titoría)
BANDE RODRIGUEZ, MANUEL FRANCISCO Cotitoría
Tribunal
ABALO LOJO, JOSE MANUEL (Titor do alumno)
BANDE RODRIGUEZ, MANUEL FRANCISCO (Titor do alumno)

Optimización do resto visual en persoas con maculopatías.
Autoría
L.R.V.
Grao en Óptica e Optometría
L.R.V.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2025 14:00
11.07.2025 14:00
Resumo
As maculopatías son enfermidades oculares que afectan á retina na mácula, onde se atopa a fóvea. Estas enfermidades provocan unha perda da visión central, o que impide a moitas persoas realizar actividades cotiás, como recoñecer rostros ou ler, pero a maioría das veces preserva a visión periférica. No tratamento destas enfermidades, ademais de incluír solucións médico-cirúrxicas, como as inxeccións anti-VEGF, a rehabilitación visual é de vital importancia para que estes pacientes aproveiten a visión restante que conservan. Este estudo investiga principalmente a etioloxía das diversas maculopatías existentes e a avaliación da rehabilitación visual en persoas que padecen estas enfermidades, incluíndo as axudas ópticas e non ópticas que se poden proporcionar. Realizouse unha revisión bibliográfica para avaliar diversas enfermidades maculares existentes, como a dexeneración macular relacionada coa idade, a retinopatía diabética e a enfermidade de Stadtgart. Tamén se incluíu información sobre unha exploración ocular completa que se debe realizar, como a sensibilidade ao contraste ou a visión de cores, e os posibles resultados destas probas. Finalmente, o traballo completouse coa rehabilitación visual para persoas con maculopatías que presentan escotomas centrais, que lles impiden levar un estilo de vida independente. O foco centrouse en adaptar estes pacientes ao uso da visión excéntrica e obter un novo punto de fixación, optimizando así a súa visión restante. A rehabilitación visual, ademais de mellorar a visión dos pacientes, mellora a súa calidade de vida. Este traballo, polo tanto, destaca a importancia dunha avaliación optométrica xunto cunha rehabilitación visual personalizada para estes pacientes, combinando a tecnoloxía actual con estratexias para optimizar a visión restante de cada paciente.

Polarizadores e a súa aplicación en clínica optométrica
Autoría
P.R.R.
Grao en Óptica e Optometría
P.R.R.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
09.07.2025 12:00
09.07.2025 12:00
Resumo
Os polarizadores son elementos ópticos capaces de modificar a dirección de vibración da luz, permitindo o paso de só certas orientacións do campo eléctrico. Esta propiedade aproveitouse en múltiples campos, incluída a optometría, onde o seu uso permitiu avances significativos tanto na avaliación da visión binocular como na mellora de diversas técnicas clínicas. Este traballo de fin de grao é unha revisión bibliográfica que explora en profundidade o funcionamento físico dos polarizadores, os distintos tipos existentes (como os polarizadores lineais e circulares), e a súa aplicación específica dentro do ámbito optométrico. Analízase como a luz polarizada pode empregarse para estudar a visión binocular, facilitando a avaliación de fenómenos como a fusión, a supresión e a estereopsis. Así mesmo, examínanse técnicas que utilizan filtros polarizados en probas clínicas como os vectogramas ou certos tests de estereopsis, que requiren a disociación visual parcial ou total de ambos os ollos. O traballo tamén profunda na relación entre o uso de filtros polarizados e a fisioloxía da cortiza visual, especialmente no relativo ás columnas de dominancia ocular, que explican como o cerebro procesa a información proveniente de ambos os ollos e como responde á estimulación monocular ou binocular. Ademais, explóranse aplicacións emerxentes, como o uso de pantallas polarizadas en dispositivos dixitais e ferramentas de rehabilitación visual. Tamén se discuten as limitacións dos filtros polarizados, tanto en canto ao seu uso en condicións clínicas como aos factores que poden influír na súa eficacia (como a aliñación, a calidade do material polarizador ou a cooperación do paciente). En definitiva, este traballo pretende proporcionar unha visión clara, actualizada e estruturada do papel que xogan os polarizadores na optometría moderna, tanto desde un punto de vista teórico como aplicado.

As lágrimas artificiais e a súa implicación no confort ocular durante o porte de lentes de contacto
Autoría
L.T.S.
Grao en Óptica e Optometría
L.T.S.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
11.07.2025 14:00
11.07.2025 14:00
Resumo
O disconfort ocular é una das principais causas do abandono do uso de lentes de contacto. Entre as estratexias dispoñibles para mellorar a comodidade, o uso de lágrimas artificiais destaca pola súa eficacia, dispoñibilidade e bo perfil de seguridade. Grazas á variedade de formulación existentes, estas solucións estabilizan a película lacrimal e protexen a superficie ocular, reducindo as molestias durante o porte das lentes. Non obstante, a súa eficacia pode verde condicionada por factores individuais, como o tipo de lente utilizada, a fisioloxía ocular do usuario ou as condicións ambientais. Segundo a Tear Film and Ocular Surface Society (TFOS), o disconfort ocular prodúcese cando a compatibilidade entre a lente e a superficie ocular se ve comprometida, reducindo o tempo de porte ou provocando o abandono total. Os síntomas poden manifestarse con ou sen signos clínicos. Ademais, a inserción da lente de contacto altera a estrutura fisiolóxica normal da lágrima, podendo contribuír ás molestias. Para unha avaliación axeitada do disconfort, é fundamental contar con ferramentas específicas, como cuestionarios de sintomatoloxía validados e probas clínicas. O Contact Lens Discomfort Report (CLDR) propón una serie de medidas orientadas a previr ou aliviar este disconfort, como: modificacións no deseño ou no material da lente, axustes na frecuencia de substitución, elección de solucións de mantemento axeitadas, medidas de hixiene ocular, suplementos nutricionais, e, especialmente, o uso de lágrimas artificiais. Estas propostas de actuación poden mellorar a lubricación, reducir a fricción entre a lente e as pálpebras, diminuír a osmolaridade lacrimal e contribuír ao equilibrio da película lacrimal. En particular, observouse que as formulacións sen conservantes, hipotónicas e con ácido hialurónico, favorecen o confort e axudan a reducir signos clínicos como a tintura corneal ou conxuntival. Por outro lado, comprobouse que, en termos xerais, as lágrimas artificiais mostran unha maior eficacia en usuarios de lentes de contacto de substitución diaria, o que suxire que a frecuencia ca que se descartan as lentes poden influír na súa efectividade. Por último, a evidencia experimental reforza o uso de formulacións sen conservantes en usuarios con maior sensibilidade ocular, xa que non solo alivian os síntomas, senón que tamén preveñen o dano epitelial e favorecen a rexeneración dos tecidos oculares.

García Queiruga, Jacobo (Titoría)
García Queiruga, Jacobo (Titoría)
Tribunal
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Presidente/a)
Punín Dorrio, Eva (Secretario/a)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Vogal)
Beneficios da terapia visual.
Autoría
B.V.S.
Grao en Óptica e Optometría
B.V.S.
Grao en Óptica e Optometría
Data da defensa
10.07.2025 12:30
10.07.2025 12:30
Resumo
Neste traballo vaise abordar o estudo da terapia visual desde unha perspectiva teórica e clínica, explorando os seus fundamentos, aplicacións, limitacións e a evidencia científica dispoñible. Comezarase cunha introdución á terapia visual e á visión binocular, explicando como se desenvolve desde os primeiros meses de vida e cal é a súa importancia para a percepción tridimensional e a coordinación oculomotora. A terapia visual enténdese como un conxunto de técnicas non cirúrxicas nin farmacolóxicas destinadas a mellorar o funcionamento do sistema visual, especialmente en casos nos que as lentes ou a cirurxía non son suficientes. Ao longo do traballo, analizarase en que consiste a terapia visual, que tipos de disfuncións trata, e cales son os materiais e procedementos empregados durante a súa aplicación clínica. Describiranse instrumentos como o cordón de Brock, os flippers, os anáglifos vermello-verde ou a pelota de Marsden, entre outros, explicando a súa utilidade no adestramento da acomodación, a converxencia e outras habilidades visuais. Tamén se detallará como debe planificarse e desenvolverse un programa de terapia visual, tendo en conta factores individuais do paciente como a idade, o nivel cognitivo ou a capacidade atencional. Ademais, profundarase nas principais disfuncións visuais que poden ser tratadas mediante terapia visual: ambliopía, estrabismo, disfuncións acomodativas, oculomotoras e binoculares non estrábicas. Para cada unha delas revisarase o enfoque terapéutico máis axeitado, así como os resultados observados en estudos recentes. Finalmente, este traballo ofrecerá unha visión global da terapia visual baseada na evidencia científica máis recente, co obxectivo de delimitar claramente as súas indicacións clínicas, o seu potencial terapéutico e os retos que aínda debe afrontar para acadar unha maior aceptación dentro do ámbito sanitario.