Predición de condutas negativas entre estudantes de Universidade e a súa relación con variables académicas de interese
Autoría
L.A.G.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense

Data da defensa
11.07.2025 12:30
11.07.2025 12:30
Resumo
Tradicionalmente, os estudos sobre as condutas negativas entre estudantes concentráronse na ensinanza primaria e secundaria. Neste artigo preséntanse os resultados dun estudo feito con alumnos do grao en Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela. Co fin de ter unha maior comprensión acerca das condutas negativas, analizouse a frecuencia con que 217 estudantes indicaron experimentalas. Así mesmo, analizáronse dous factores de personalidade (estabilidade emocional e extraversión) e a satisfacción e rendemento académicos, co obxectivo de establecer unha relación entre as condutas negativas e estas variables. Conclúese que, no ámbito universitario, as condutas máis experimentadas polos estudantes son as que se encontran dentro da dimensión “Desprecio e Ridiculización”. Se nos referimos aos predictores, o curso dos estudantes e a súa estabilidade emocional prevén significativamente o feito de experimentar condutas negativas. Ademais, podemos afirmar que as condutas negativas teñen influencia sobre a satisfacción académica, sendo os resultados relativos ao rendemento inconsistentes.

Dirección
SALGADO VELO, JESUS FERNANDO (Titoría)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS Cotitoría
SALGADO VELO, JESUS FERNANDO (Titoría)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS Cotitoría
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Secretario/a)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Vogal)

Avaliación Psicolóxica Forense Da Responsabilidade Criminal E Imputabilidade: Un Estudo De Caso.
Autoría
C.B.M.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
C.B.M.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
11.07.2025 09:30
11.07.2025 09:30
Resumo
Estará dividido en dúas partes; unha teórica, na cal nos centraremos no marco legal español, as distintas definicións de responsabilidade criminal e imputabilidade e aqueles trastornos que a inhabilitan e as probas forenses necesarias para levar a cabo unha avaliación neste ámbito, seguindo o Protocolo de Arce e Fariña (2007). Na segunda parte verase un enfoque metodolóxico da psicoloxía forense mediante un estudo de caso simulado no cal se abordarán de forma práctica todo los instrumentos e ferramentas precisos para facer unha peritaxe exitosa no ámbito da responsabilidade criminal, calcularanse os resultados e extraeranse as conclusións oportunas para este tipo de caso.

VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
VILARIÑO VAZQUEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Secretario/a)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Vogal)

Relación do estrés laboral co desempeño e a conciliación traballo-vida privada no sector servizos
Autoría
S.B.P.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
S.B.P.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
11.07.2025 12:30
11.07.2025 12:30
Resumo
O obxectivo principal desta investigación é explorar o nivel de estrés laboral experimentado nunha mostra de traballadores de entre 20 e 60 anos do sector terciario ou servizos, así como estudar a relación do estrés laboral co desempeño e a conciliación traballo-familia. Participaron 100 traballadores aos que se lles administrou o Cuestionario de Estrés Laboral (CEL), o Individual Work Performance Questionnaire (IWPQ) e o Survey Work-Home Interaction-Nijmegen (SWING). Os resultados amosaron que 17 dos participantes presentan estrés elevado e 30 estrés moderado; así como a relación entre o estrés laboral e o desempeño, destacando a influencia do estrés fisiolóxico e os estresores co comportamento contraproductivo, e o estrés laboral total con este e co desempeño contextual. En canto á relación entre o estrés laboral e a conciliación traballo-familia, encontrouse que tanto a ITF como a IFT negativa se relacionan directa e positivamente coas subescalas de estrés. Asimesmo, a ITF positiva produce unha disminución do estrés psicolóxico nos individuos. Tamén se atoparon diferenzas significativas no estrés laboral e no desempeño con valores máis elevados en mulleres e na conciliación traballo-familia positiva en homes. Respecto á idade, constátanse diferenzas en persoas xoves no comportamento contraproductivo. Por último, destaca a relevancia do estrés laboral e as limitacións deste estudo.

MOSCOSO RUIBAL, SILVIA (Titoría)
MOSCOSO RUIBAL, SILVIA (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Secretario/a)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Vogal)
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Secretario/a)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Vogal)
Relación entre os trazos da Tríade Escura e a agresión en adultos: unha revisión sistemática con metaanálise
Autoría
M.B.C.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
M.B.C.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
11.07.2025 09:30
11.07.2025 09:30
Resumo
A relación entre os trazos da Tríade Escura (psicopatía, narcisismo e maquiavelismo) e a agresión xerou un interese significativo na literatura actual, aínda que os achados empíricos seguen sendo algo heteroxéneos. O obxectivo principal desta revisión é analizar e sintetizar a evidencia científica dispoñible sobre a asociación entre os trazos da Tríade Escura e o comportamento agresivo na poboación adulta, así como establecer a forza preditiva de cada trazo. Con este fin, realizouse unha revisión sistemática e unha metaanálise básica seguindo o protocolo PRISMA 2020. A busca nas bases de datos PsycINFO, PubMed e Web of Science produciu un total de 18 estudos independentes cunha mostra final de 6.393 participantes. Os resultados confirman unha correlación positiva e significativa entre tres trazos e a agresión. Do mesmo xeito, observouse unha xerarquía na magnitude das asociacións, coa psicopatía mostrando a relación máis forte (p = 0,47), seguida do maquiavelismo (p = 0,35) e, finalmente, o narcisismo (p = 0,29). As conclusións reforzan a validez do constructo da Tríade Escura e consolidan a psicopatía como un elemento central na predición do comportamento agresivo. Estes achados teñen implicacións prácticas relevantes para o campo xurídico e forense, particularmente na avaliación do risco de violencia, o diagnóstico diferencial e o deseño de intervencións.

A maternidade nos centros penitenciarios en España: revisión e propostas de mellora
Autoría
I.D.D.R.D.D.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
I.D.D.R.D.D.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
11.07.2025 12:30
11.07.2025 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster analiza a maternidade nos centros penitenciarios españois desde unha perspectiva crítica, xurídica e psicosocial. A través dunha revisión bibliográfica narrativa, examínanse as condicións de vida das nais reclusas e dos seus fillos, o marco normativo aplicable e as principais carencias estruturais do sistema penitenciario. Destácanse as tensións entre a función punitiva do Estado e o interese superior do menor, así como a limitada implementación de instrumentos internacionais como as Regras de Bangkok. O estudo pon de relevo a escaseza de recursos, a falta de persoal especializado e a ausencia de políticas públicas cun enfoque de xénero e infancia. Finalmente, propóñense unha serie de medidas de mellora centradas na reforma legal, a intervención psicosocial, a formación do persoal penitenciario e a aplicación de alternativas á privación de liberdade. Conclúese que é urxente repensar a maternidade en prisión desde un enfoque garantista, centrado nos dereitos humanos e na protección da infancia.

Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Secretario/a)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Vogal)
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Secretario/a)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Vogal)
Impacto do síndrome de burnout no desempeño laboral en enfermeiros: un estudo na provincia de Badajoz
Autoría
M.D.S.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
M.D.S.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
11.07.2025 12:30
11.07.2025 12:30
Resumo
Este traballo ten como obxectivo analizar o síndrome de burnout en profesionais de enfermaría da provincia de Badajoz e a súa relación cos criterios organizacionais de interese, concretamente co desempeño laboral. A través dun deseño transversal e o uso de questionarios de autorrelato, recolléronse datos dunha mostra de 94 profesionais sobre o burnout e os seus compoñentes (agotamento emocional, cinismo e eficacia profesional) e sobre o seu desempeño individual (de tarefa, contextual, contraproductivo e innovador) entre outras variables. Os resultados evidencian niveis elevados de burnout nunha parte da mostra, especialmente nas dimensións de agotamento e cinismo. Así mesmo, observaron-se correlacións negativas entre a baixa eficacia e o desempeño contextual, o que suxire un impacto do burnout sobre a calidade do traballo. Tamén se identificaron niveis máis altos de burnout en centros sanitarios de maior tamaño.Estos achados subliñan a necesidade de implementar medidas organizativas de prevención e apoio psicolóxico dirixidas a mellorar o benestar do persoal de enfermaría.

CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Titoría)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Titoría)
Tribunal
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Secretario/a)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Vogal)
Sobral Fernández, Jorge (Presidente/a)
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Secretario/a)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Vogal)
Factores de risco psicosocial e esgotamento emocional: Meta-análise dende unha perspectiva lonxitudinal
Autoría
A.H.C.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
A.H.C.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
11.07.2025 12:30
11.07.2025 12:30
Resumo
O burnout, considerado un fenómeno ocupacional, xorde tras a exposición prolongada a factores de risco psicosocial no traballo. A súa relevancia nos últimos anos aumentou significativamente, debido a que xenera consecuencias negativas, físicas, psicolóxicas e ocupacionais, que alcanzan á poboación traballadora, ás organizacións e á sociedade no seu conxunto. Unha das limitacións actuais a hora de abordar o estudo do burnout é a ausencia de un enfoque comprehensivo e lonxitudinal. Neste contesxto, o obxectivo principal deste traballo será identificar qué factores de risco psicosocial se relacionan co esgotamento emocional, dimensión central do burnout. Para elo, levamos a cabo unha meta-análise de estudos lonxitudinais. Os resultados amosaron que existe unha relación significativa, consistente e estable, entre diferentes factores de risco psicosociais e o esgotamento emocional. Se obtiveron tamaños de efecto entre pequenos e moderados para oito dos nove factores de risco estudados, mostrando consistencia con investigacións previas. Tamén observamos que certos factores de risco psicosocial, como a autonomía ou o apoio social, teñen a capacidade de reducir o esgotamento emocional e o impacto doutros factores de risco nos traballadores e, por tanto, debese traballar para promover estos aspectos nos entornos laborais. Os nosos datos poden guiar iniciativas dirixidas á mellora da saúde mental organizacional, así como promover a adopción dun enfoque integrado da intervención no traballo e na elaboración de políticas públicas.

Efectos da composición de xénero do tribunal e o relator sobre a severidade da sentenza
Autoría
M.I.L.Q.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
M.I.L.Q.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
11.07.2025 09:30
11.07.2025 09:30
Resumo
Obxectivo: analizar se existen diferenzas nas condenas impostas en casos de homicidio segundo a composición de xénero do tribunal e o relator como consecuencia da presenza de heurísticos e rumbos cognitivos durante o proceso xudicial. Para iso, analizarase a duración das penas privativas de liberdade. Metodoloxía: seguiuse a declaración PRISMA (2020). Os termos de procura foron “homicidio” e “consumado”. A procura de información realizouse na base de datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CENDOJ). As unidades de análises foron 40. Resultados: observouse que existen diferenzas na condena imposta en función de se o relator é de xénero masculino ou feminino e o tipo de homicidio cometido. Conclusións: os relatores de xénero feminino castigan máis severamente a persoas condenadas por cometer delitos de homicidio. As penas privativas de liberdade son maiores en cando os casos de homicidio xulgados son de natureza violenta.

A modificación substancial das condicións de traballo: puntos críticos.
Autoría
M.L.F.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
M.L.F.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
A modificación substancial das condicións de traballo, regulada no artigo 41 do Estatuto dos Traballadores, constitúe un instrumento clave dentro da normativa laboral española diseñado para equilibrar as necesidades de flexibilidade organizativa das empresas coa protección dos dereitos dos traballadores. Este traballo ten como obxectivo principal analizar en profundidade esta figura xurídica, explorando as súas características esenciais e as particularidades da súa aplicación práctica, así como reflexionar sobre a súa natureza como ferramenta de flexibilidade interna e o seu impacto nas relacións laborais. Abórdase esta figura a través do estudo da lexislación vixente e do marco normativo establecido no Estatuto dos Traballadores, poñendo especial énfase nos requisitos legais para a súa implementación, as causas xustificativas que deben concurrir e o procedemento que deben seguir as empresas, xa sea no ámbito individual ou colectivo. Así mesmo, a análise compleméntase cunha revisión da xurisprudencia máis relevante, que aporta unha visión empírica sobre os conflitos derivados da aplicación destas modificacións.

MELLA MENDEZ, LOURDES (Titoría)
MELLA MENDEZ, LOURDES (Titoría)
Tribunal
NIETO MONTERO, JUAN JOSE (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
NIETO MONTERO, JUAN JOSE (Presidente/a)
TORRES GARCIA, BARBARA (Secretario/a)
GIL OTERO, LIDIA (Vogal)
Valoración xudicial dos informes periciais psicolóxicos no ámbito penal: Análise comparativa entre peritaxes de parte e peritaxes xudiciais a través de sentenzas relacionadas coa alleación mental no Tribunal Supremo.
Autoría
A.M.B.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
A.M.B.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
11.07.2025 09:30
11.07.2025 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster céntrase na análise da valoración xudicial dos informes periciais psicolóxicos no ámbito penal, co obxectivo de determinar se existe unha diferenza significativa en función da procedencia do informe, é dicir, se foi elaborado por un psicólogo do xulgado (perito xudicial) ou por un psicólogo de parte (aportado pola defensa ou acusación particular). A hipótese principal formula que os tribunais tenden a conceder maior credibilidade, aceptación e peso decisorio aos informes periciais psicolóxicos emitidos por peritos xudiciais, en comparación cos informes de parte. Para iso, realizouse unha revisión documental e unha análise cualitativa de 26 sentenzas ditadas polo Tribunal Supremo entre os anos 2015 e 2025. A busca realizouse na base de datos do CENDOJ mediante operadores booleanos específicos, aplicando criterios de inclusión centrados en sentenzas penais que incorporasen informes periciais psicolóxicos. Deseñouse un sistema de codificación estruturado que recollía variables como a procedencia do informe, formación do perito, técnicas utilizadas, ámbitos avaliados, percepción de neutralidade, aceptación xudicial, contradicións entre informes, influencia no fallo e tipo de delito. Do total de sentenzas analizadas, 17 contiñan informes elaborados por peritos xudiciais e 9 por psicólogos de parte. Os resultados evidencian unha tendencia sistemática a favor dos informes xudiciais, que son percibidos como máis técnicos, obxectivos e axustados aos marcos legais. Estes informes foron aceptados en todos os casos, cunha influencia alta na decisión xudicial, mentres que os informes de parte foron na súa maioría rexeitados ou non valorados substancialmente, e asociados a unha influencia nula na sentenza. A discusión dos resultados confirma a hipótese formulada e sitúa o estudo dentro do debate sobre a obxectividade pericial e a relevancia do perfil profesional e metodolóxico do perito. Tamén se analizan as implicacións prácticas para a Psicoloxía Xurídica, salientando a necesidade dunha formación especializada e de metodoloxías avaliativas estandarizadas para reforzar a lexitimidade dos informes psicolóxicos na sede xudicial. Entre as limitacións do estudo sinalanse o tamaño reducido da mostra, a falta de codificación independente e o enfoque exclusivamente cualitativo. Porén, proponse como liña futura ampliar o estudo a outras xurisdicións e combinar a análise cualitativa con enfoques cuantitativos. En conclusión, este traballo ofrece evidencia empírica de que a procedencia do informe psicolóxico inflúe significativamente na súa valoración xudicial e pon de manifesto a importancia de garantir estándares técnicos e éticos sólidos na práctica pericial psicolóxica para salvagardar o dereito a un proceso xusto.

Análise comparativa dalgúns dos principais instrumentos psicométricos de personalidade empregados en psicoloxía forense
Autoría
D.D.V.P.M.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
D.D.V.P.M.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
11.07.2025 09:30
11.07.2025 09:30
Resumo
A psicoloxía forense, desempeña un labor estreitamente vinculado á administración de xustiza, o que implica unha alta responsabilidade. A súa práctica require precisión metodolóxica, dada a transcendencia que teñen as decisións xudiciais nas que interveñen. No presente traballo realizarse un estudo comparativo entre os instrumentos de avaliación da personalidade máis utilizados na práctica forense. Para iso levou a cabo a revisión do Inventario Multifacético de Personalidade de Minnesota MMPI e MMPI-2. O Inventario Multiaxial de Millon MCMI-II e o Cuestionario Factorial da Personalidade 16PF-5. Os resultados mostran que todos os instrumentos cumpren cos criterios de fiabilidade e validez esixidos no contexto xudicial, con todo presentan diferenzas en canto a estrutura, finalidade e sensibilidade para detectar patróns de resposta distorsionadas. O MMPI e especialmente o MMPI-2 destaca pola cantidade de escalas de validez, sendo recomendado en avaliacións complexas como na imputabilidade, a pegada psicolóxica, entre outros. Pola súa banda, o MCMI-II ofrece unha aproximación clínica centrada nos trastornos de personalidade, en consonancia co sistema oficial do DSM, e resulta especialmente útil cando existan indicios de psicopatología. mentres que o 16PF-5 resulta eficaz para a avaliación de trazos de personalidade en poboación non clínica, especial para casos en que se prevexa unha elevada deseabilidad social. Por último dicir que todos eles pódense empregarse en adolescentes maiores e en poboación adulta.