Claves para o éxito na recría de vacún de leite: Estratexias de Manexo
Autoría
J.A.G.
Grao en Veterinaria
J.A.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
Este traballo analiza as estratexias de manexo na recría de gando vacún de leite, destacando a importancia dunha xestión eficiente dende as primeiras etapas de vida da tenreira ata o último terzo da súa primeira xestación. A través da experiencia adquirida no Centro de recría Recría Castro SL e dunha revisión bibliográfica, demostráronse os beneficios da externalización da recría en termos de optimización de recursos, mellora do benestar animal, desenvolvemento do potencial xenético e control sanitario. A externalización da recría en Centros especializados permite obter animais cun crecemento saudable e ben controlado, asegurando o cumprimento de obxectivos de peso e idade ao parto establecidos polo sector (600 kg de peso vivo e 24 meses de idade). Ademais, garántese un estrito control sanitario que reduce a incidencia de enfermidades e mellora, porén, a sustentabilidade das explotacións leiteiras. O estudo demostra que unha recría planificada impacta positivamente no rendemento produtivo e reprodutivo das futuras vacas leiteiras. Factores clave como unha nutrición adecuada, o agrupamento segundo idade e desenvolvemento, e a aplicación de programas sanitarios rigorosos resultan fundamentais para unha recría eficiente. No entanto, identificáronse retos asociados á externalización, como o custo do servizo e os riscos sanitarios derivados da concentración de animais procedentes de diferentes orixes, que poden ser mitigados cunha xestión axeitada. Dende unha perspectiva divulgativa, este traballo pretende ser unha ferramenta útil para gandeiros e profesionais do sector, ofrecendo unha visión clara e baseada en evidencias sobre as mellores prácticas da recría. A transferencia deste coñecemento pode contribuír á mellora da rendibilidade e sustentabilidade das explotacións leiteiras, especialmente no contexto galego, onde existen desafíos estruturais específicos. En definitiva, a especialización da recría mediante a externalización xorde como unha alternativa viable e beneficiosa para optimizar a xestión das explotacións leiteiras, garantindo a incorporación de animais ben desenvolvidos e saudables ao rabaño, o que repercutirá nunha maior eficiencia produtiva e reprodutiva a longo prazo.

Dirección
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Titoría)
Grille Barbeira, Rogelio Cotitoría
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Titoría)
Grille Barbeira, Rogelio Cotitoría
Tribunal
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Vogal)

O papel da gandería extensiva no mantemento da biodiversidade
Autoría
C.A.A.M.
Grao en Veterinaria
C.A.A.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
24.06.2025 09:30
24.06.2025 09:30
Resumo
A gandería extensiva xoga un papel fundamental na conservación da biodiversidade e na prestación de servizos ecosistémicos (SE) nas paisaxes agrícolas xa que ocupou territorios marxinais, devesas, pseudoestepas e pasteiros de montaña durante milenios, ao tempo que promove o mantemento de razas gandeiras autóctonas adaptadas ao medio. Estas razas, ao longo dos anos, xeraron paisaxes en mosaico de alto valor natural a través do pastoreo e a transhumancia. Aínda que a gandería intensiva ten unha maior eficiencia de produción por hectárea e unha menor pegada de carbono por quilogramo (kg) de produto, a súa dependencia de pensos, fertilizantes e combustibles fósiles fai que, desde unha perspectiva ambiental, a gandería extensiva sexa máis beneficiosa, xa que promove a fertilización do solo, o secuestro de carbono, reduce a biomasa leñosa e mantén os camiños pecuarios e os cortafogos, o que reduce o risco de incendios forestais. Grazas a estas rutas pecuarias, o gando transhumante transporta sementes, facilitando a súa dispersión e a conectividade xenética. En termos de políticas públicas, a última actualización da Política Agraria Común 2023-2027 destaca a importancia destes sistemas extensivos, xa que destina unha maior porcentaxe a axudas agroambientais e introduce un novo concepto con ecorréximes, que promoven a importancia do traballo dos sistemas extensivos. Aínda así seguen existindo incoherencias, como a penalización de arbustos en pastos ou o pago por número de cabezas, xa que promove a intensificación da producción. Tras realizar unha revisión bibliográfica, chegamos á conclusión de que para abordar os desafíos do cambio climático, a perda de biodiversidade e o despoboamento rural, o valor multifuncional da gandería extensiva debe recoñecerse como unha ferramenta estratéxica na transición cara a sistemas agroalimentarios máis resilientes e sostibles.

RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)

Manexo de feridas cutáneas e novas terapias de tratamento en cans e gatos
Autoría
C.A.L.
Grao en Veterinaria
C.A.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
As feridas cutáneas son lesións traumáticas producidas por un axente mecánico nas que se produce a rotura da pel. A súa elevada frecuencia na práctica veterinaria destaca a relevancia dun correcto tratamento. Un manexo inadecuado pode dar lugar a complicacións coma infeccións, dehiscencia ou cronicidade, o que prolonga o proceso de cicatrización, cunha repercusión negativa na calidade de vida do paciente e xerando gastos adicionais innecesarios. As feridas pódense clasificar en función de numerosos criterios, coma súa dirección, profundidade, forma ou mecanismo de producción. Non obstante, dende o punto de vista terapéutico, a clasificación de maior relevancia é a baseada no seu grao de contaminación. Así, en orde crecente de gravidade, as feridas cutáneas pódense clasificar en limpas, limpas-contaminadas, contaminadas ou sucias e infectadas. O enfoque sistemático do manexo de feridas apóiase no concepto TIME (acrónimo derivado do inglés, Tissue, Infection or Inflammation, Moisture, Edge), que contempla os principais aspectos a valorar para preparar o leito da ferida e así favorecer unha cicatrización óptima. De forma xeral, o manexo dunha ferida comeza coa estabilización do paciente, seguido pola preparación do leito (que inclúe o rasurado, lavado e desbridamento), a elección do momento do peche a aplicación de apósitos e vendaxes. Nos últimos anos, a medicina humana avanzou significativamente no desenvolvemento de novas estratexias terapéuticas orientadas á mellora da cicatrización. Estos avances comenzaron a introducirse progresivamente no ámbito veterinario. Entre as terapias máis prometedoras atópanse a terapia de presión negativa, a fotobiomodulación, a ozonoterapia e o plasma atmosférico frío. Estas técnicas teñen a capacidade de estimular a rexeneración celular e, en moitos casos, exercen ademáis certo efecto antimicrobiano. A pesar do potencial que presentan, a evidencia científica en medicina veterinaria para a maioría delas aínda é limitada. Polo tanto, é necesario seguir investigando para validar a súa eficacia e seguridade antes de que poidan ser implementadas de forma rutineira na práctica clínica veterinaria.

LÓPEZ BECEIRO, ANA MARÍA (Titoría)
LÓPEZ BECEIRO, ANA MARÍA (Titoría)
Tribunal
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)

Percepción dos titores sobre o benestar e o manexo dos seus hurones (Mustela putorius furo)
Autoría
Y.A.P.
Grao en Veterinaria
Y.A.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
O furón doméstico (Mustela putorius furo) é un dos tres mamíferos carnívoros domesticados polo home. Na actualidade é un dos animais de compañía máis habitual. O obxectivo deste estudo foi coñecer a percepción dos titores sobre o benestar e o manexo dos furóns como animal de compañía en España mediante o desenvolvemento e aplicación dun cuestionario en liña. Obtivéronse 293 enquisas: 50,3% sobre femias e 49,7% sobre machos, a maioría (42,2%) de entre 13 e 36 meses de idade. Gran parte dos furóns chegaron aos seus fogares con menos de catro meses. Os datos mostran que case todos os furóns estaban vacinados, desparasitados e estaban implantados no último ano. Practicamente todos os titores levaron aos seus furones a un veterinario especialista de exóticos e facíanselles recoñecementos cada ano ou cada seis meses. Case todos os furóns estaban sans: un 79,2% non presentaban problemas conductuais e un 73,5% non presentaban problemas médicos. En canto ao benestar e o manexo, os datos mostraron que, case todos os furóns viven cos seus titores dentro do fogar, a maioría en gaiolas que permanecen todo o día abertas, teñen unha habitación habilitada para eles e/ou dispoñen de toda a casa. Ademais, os hurones contaban con gran variedade de obxectos de enriquecemento ambiental (hamacas, ramplas, túneles e xoguetes, entre outros) e utensilios para as deyecciones, a alimentación e o descanso. Cando os furóns pórtanse mal, a metade (52,2%) nunca son castigados. Con todo, ao preguntar polas formas de corrixir aos animais, percíbese que, moitos titores, non conciben as correccións como castigos.

SAINZ OSES, MARIA JESUS (Titoría)
GONZALEZ MARTINEZ, ANGELA Cotitoría
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Titoría)
GONZALEZ MARTINEZ, ANGELA Cotitoría
Tribunal
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)

Tratamento farmacolóxico da epilepsia na especia canina e felina
Autoría
J.A.G.
Grao en Veterinaria
J.A.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
A epilepsia é un dos trastornos neurolóxicos máis frecuentes na clínica veterinaria de pequenos animais, especialmente en cans. Esta alteración caracterízase por unha predisposición crónica á aparicion de crises epilépticas que se producen como consecuencia dunha actividade neuronal anormal. Neste traballo realizouse unha revisión bibliográfica sobre a clasificación, a fisiopatoloxía e o tratamento farmacolóxico da epilepsia en cans e gatos. Nun primeiro apartado defínese a enfermidade e faise a clasificación recoñecida, distinguindo os dous grandes grupos de alteración epilépticas: a epilepsia idiopática, que é de orixe xenético ou descoñecido, e a epilepsia estrutural, que é unha alteración secundaria a lesións cerebrais. Posteriormente descríbense os mecanismos neuroquímicos implicados, facendo especial fincapé no papel do glutamato, o GABA e os principais canais iónicos involucrados na excitabilidade neuronal. Finalmente, no traballo revisanse os fármacos antiepilépticos máis utilizados, como o fenobarbital, o bromuro potásico, a imepitoína, o levetiracetam e a zonisamida, incluíndo os seus mecanismos de acción, pautas de dosificación, interaccións e efectos adversos. O obxectivo final é proporcionar unha guía actualizada e útil para o manexo clínico eficaz desta enfermidade en medicina veterinaria.

VALE GONZALEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
VALE GONZALEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)

Tenebrio molitor: Desenvolvemento, condicións de cría e oportunidades de comercialización
Autoría
A.A.A.
Grao en Veterinaria
A.A.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
As larvas de T. molitor son o primeiro insecto aprobado en España pola EFSA ao abeiro do Regulamento (UE) 2015/2283 sobre novos alimentos, o que lexitima a súa comercialización e consumo dentro da Unión Europea. Desde unha perspectiva ambiental, a súa produción destaca pola súa pegada de carbono significativamente reducida en comparación coa gandería convencional: require menos auga, espazo e enerxía, e xera moitas menos emisións de CO2 por quilogramo de proteína obtida, aliñándose cos obxectivos de sustentabilidade establecidos pola Comisión Europea. Para que este baixo impacto ambiental se traduza nunha rendibilidade real, esta revisión bibliográfica examinará a importancia crítica de optimizar as condicións de cría. Describiranse os parámetros que maximizan a produtividade: temperatura, humidade relativa, fotoperíodo, densidade larvaria, formulación da dieta e xestión, sinalando que pequenos axustes nestes factores poden duplicar a taxa de crecemento, mellorar a conversión alimentaria e aumentar o contido final de proteínas. Ademais de describir o seu ciclo de vida e os requisitos de xestión, coméntanse as aplicacións comerciais actuais das fariñas de T. molitor na alimentación humana e animal, así como os posibles inconvenientes: alerxenicidade, riscos microbiolóxicos e contaminantes se non se formulan dietas axeitadas, así como a súa aínda limitada aceptación cultural. Mediante procesos de mellora ben controlados, Tenebrio molitor pode converterse nunha alternativa proteica viable e sostible que contribúa á diversificación da dieta e reduza o impacto ambiental do sistema alimentario.

MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Titoría)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Avaliación do efecto da tasipimidina oral no estrés preoperatorio e o manexo anestésico en cadelas sometidas a ovariectomía.
Autoría
J.C.P.
Grao en Veterinaria
J.C.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
Obxectivo: Determinar o impacto da administración oral de 30 mcg/kg de tasipimidina sobre o estrés preoperatorio, a calidade do manexo anestésico e a estabilidade hemodinámica intraoperatoria en cadelas sometidas a ovariectomía electiva. Formulouse a hipótese de que a súa inclusión no protocolo preanestésico podería optimizar o control do estrés e reducir os requerimentos farmacolóxicos durante o procedemento cirúrxico. Materias e métodos: Realizouse un estudo clínico prospectivo, aleatorizado e dobre cego en 16 cadelas adultas, asignadas a dous grupos experimentais: Grupo Tasipimidina (n=8) e Grupo Placebo (n=8). Avaliáronse parámetros fisiolóxicos, condutuais, hematolóxicos e bioquímicos, así como variables relacionadas coa indución anestésica, a monitorización intraoperatoria e a analgesia de rescate. Empregáronse as escalas Clinic Dog Stress Scale, Visual Analogue Scale e Reactivity Evaluation Form para cuantificar o nivel de estrés condutual. A análise estatística realizouse tras verificar a normalidade e homoxeneidade das varianzas, aplicando as probas correspondentes en cada caso (p inferior a 0,05). Resultados: Non se observaron diferenzas estatisticamente significativas entre grupos nos datos basais (peso, idade e condición corporal) nin nos parámetros hematolóxicos e bioquímicos preoperatorios. As cadelas tratadas con tasipimidina amosaron maior cooperación durante a exploración física e puntuacións inferiores nas escalas de estrés, aínda que sen acadar significación estatística. Observouse unha maior facilidade no manexo clínico e menor reactividade condutual neste grupo. No plano anestésico, en contra da hipótese inicial, o Grupo Tasipimidina requeriu doses máis altas de propofol para acadar unha indución adecuada e recibiu un número medio máis elevado de bolos de fentanilo como analgesia intraoperatoria. Ademais, evidenciouse unha bradicardia máis marcada tras a administración de dexmedetomidina, superior á observada no Grupo Placebo, o que suxire un posible efecto aditivo indesexado entre ambos agonistas alfa-2 adrenérxicos. Conclusión: A tasipimidina, administrada por vía oral no período previo á ovariectomía, non demostrou utilidade clínica como modulador anestésico nas condicións avaliadas. Aínda que se observou unha mellora no comportamiento preoperatorio, asociouse a un maior consumo de fármacos e unha bradicardia acentuada en combinación con dexmedetomidina, o que limita a súa idoneidade en protocolos multimodais que inclúan agonistas alfa-2 adrenérxicos.

GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Titoría)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA Cotitoría
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Titoría)
FERNANDEZ MARTIN, SILVIA Cotitoría
Tribunal
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
O papel do microbioma no desenvolvemento do cancro: Un enfoque integral dende unha perspectiva One Health
Autoría
A.C.V.
Grao en Veterinaria
A.C.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O cancro constitúe un dos principais desafíos para a saúde global, tanto en humanos como en animais, debido á súa alta incidencia e mortalidade. Estudos recentes demostraron que os tumores na especie canina e felina representan un modelo valioso pola súa orixe espontánea, evolución clínica e resposta inmunitaria. Neste contexto, cobrou relevancia o estudo de novos factores implicado na carcinoxénese, entre eles o microbioma. O microbioma víuse envolto na regulación de diversos procesos tanto fisiolóxicos como patolóxicos, e o cancro non é unha excepción. Nas distintas especies, a disbiose (entendida como a alteración do equilibrio da microbiota) ten unha forte influencia na aparición e progresión de enfermidades, así como na resposta e toxicidade do tratamento oncolóxico. Os animais de compañía tamén presentan analoxías en composición e funcionalidade co microbioma humano, o que reforza a súa utilidade como modelos para o estudo da interación entre microbiota, cancro e inmunoterapia. Dende unha perspectiva One Health, o estudo do microbioma non só achega unha comprensión máis profunda do desenvolvemento tumoral, senón que tamén abre novas oportunidades para mellorar o diagnóstico e tratamento do cancro en medicina humana e veterinaria. Porén o presente traballo ten como obxectivo realizar unha revisión bibliográfica actualizada e comparativa sobre o papel do microbioma na carcinoxénese e na resposta ao tratamento oncolóxico, explorando o seu potencial traslacional entre especies.

LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Titoría)
LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Titoría)
Tribunal
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Envenenamento en animais con estricnina
Autoría
G.C.R.
Grao en Veterinaria
G.C.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
A estricnina é unha substancia extremadamente velenosa do tipo indol. Históricamente utilizouse como rodenticida, na xestión de pragas e na regulación da fauna non desexada. Aínda que foi ilegalizado en 1994 polo seu alto perigo para os animais, as persoas e o medio ambiente, segue sendo ilegal, afectando a especies non obxecto de aprendizaxe e producindo un impacto negativo na biodiversidade e nos ecosistemas. Este estudo analiza a toxicocinética e os procesos de acción da estricnina, facendo fincapé nos seus impactos clínicos en animais, procedementos diagnósticos e protocolos de tratamento para a súa xestión. Así mesmo, analízanse os factores epidemiolóxicos e os marcos legais relacionados; facendo fincapé na importancia dunha normativa máis rigorosa e da formación sobre o seu impacto no medio ambiente para reducir os seus efectos.

HERNANDEZ BERMUDEZ, JOAQUIN RICARDO (Titoría)
HERNANDEZ BERMUDEZ, JOAQUIN RICARDO (Titoría)
Tribunal
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
Carne cultivada: vantaxes e desvantaxes
Autoría
A.C.D.
Grao en Veterinaria
A.C.D.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
O crecemento previsto da poboación mundial, que podería alcanzar os 10.000 millóns de persoas en 2050, exerce unha presión considerable sobre os sistemas actuais de produción de alimentos, especialmente no referente ao subministración de proteínas de orixe animal. Neste contexto, a carne cultivada preséntase como unha alternativa innovadora á carne convencional, cun potencial destacado para mitigar os impactos negativos da gandaría intensiva, como as emisións de gases de efecto invernadoiro, a degradación ambiental, os problemas de saúde pública asociados ao consumo de carne procesada e as preocupacións éticas en relación co benestar animal. A carne cultivada obtense mediante o cultivo in vitro de células animais, utilizando técnicas propias da biotecnoloxía e da enxeñaría de tecidos, e o seu desenvolvemento acelerouse nos últimos anos grazas aos avances científicos e ao crecente interese da industria alimentaria. Este traballo ten como obxectivo principal realizar unha análise crítica e multidisciplinar das vantaxes e desventaxes da carne cultivada, a partir dunha revisión exhaustiva da literatura científica recente. Para iso, consultáronse bases de datos especializadas e fontes institucionais de prestixio, empregando unha estratexia sistemática de busca centrada en estudos relevantes publicados entre 2015 e 2025. Abórdase a cuestión desde diversas perspectivas: técnica, ambiental, económica, lexislativa, social e ética, co fin de ofrecer unha visión global desta tecnoloxía emerxente. Os resultados da revisión poñen de manifesto múltiples beneficios potenciais da carne cultivada, como a redución do uso de recursos naturais, a mellora da seguridade alimentaria e a eliminación do sacrificio animal. Non obstante, tamén se identifican retos importantes, como os elevados custos de produción, a complexidade do proceso biotecnolóxico, as barreiras reguladoras en evolución e a limitada aceptación por parte dos consumidores, condicionada por factores culturais e sensoriais. En conclusión, aínda que a carne cultivada non representa unha solución inmediata nin universal, pode desempeñar un papel complementario dentro de sistemas alimentarios máis sostibles, resilientes e eticamente responsables, especialmente se conta co apoio de políticas públicas axeitadas e investimentos en investigación e desenvolvemento.

Presenza de endoparasitos dixestivos en gando porcino de Galicia
Autoría
M.C.C.S.
Grao en Veterinaria
M.C.C.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
Galicia é unha das rexións españolas con maior produción de carne de porcino. As parasitoses gastrointestinais representan un problema para o gando, tanto de manexo intensivo como extensivo, posto que ocasionan notables mermas produtivas. Con todo, os datos dispoñibles sobre a presenza de diferentes parasitos dixestivos en granxas porcinas españolas é limitado, especialmente en Galicia. Por esta razón, realizóuse un estudo para identificar os parasitos gastrointestinais que afectan ao gando porcino galego, determinar o seu impacto zoonósico e analizar a posible influencia das distintas variables sobre as porcentaxes de infección. Para iso, entre xuño de 2024 ata maio de 2025 tomáronse 125 mostras de heces de 38 granxas de porcino da nosa Comunidade Autónoma, que se analizaron mediante a técnica coprolóxica de flotación en solución de sacarosa. Cada mostra acompañouse dunha enquisa para coñecer diversos factores de manexo, bioseguridade e control parasitario. Os resultados obtidos demostraron que os parasitos gastrointestinais son moi prevalentes (60%) no gando porcino galego, estando ampliamente distribuidos nas granxas (89.5%). Identificáronse 10 parasitos, sendo os mais prevalentes Balantidium coli e coccidios, con prevalencias do 29-36%; dentro dos coccidios, Cystoisospora suis foi lixeramente máis frecuente que Eimeria spp., aínda que en ambos casos a tasa de infección foi aproximadamente do 10%. Finalmente, outros parasitos como Giardia duodenalis, Trichuris spp., Strongyloides spp., espirúridos e Macracanthorhynchus hirudinaceus presentaron as prevalencias mais baixas, que en ningún caso superaron o 5%. Destaca a presenza de especies zoonósicas, como A. suum, G. duodenalis e B. coli. As infeccións simples foron lixeramente mais frecuentes que as infeccións mixtas, destacando dentro das co-infeccións, as triples e as dobles, aínda que nunha mostra identificáronse ata 5 parasitos diferentes. A prevalencia de C. suis e Trichuris spp. diminuiu significativamente coa idade, o que pode deberse a que permiten o desenvolvemento dunha forte inmunidade que protexe frente a futuras reinfeccións. A explotación en extensivo, a ausencia dun protocolo reglado de limpieza e desinfección, a posibilidade de contacto con xabaríns e unha menor antigüidade no sector relaciónanse coa maioría dos porcentaxes de infección por dos parasitos porcinos. Necesitanse novos estudos, empleando un maior número de mostras, para obter resultados mais robustos que permitan coñecer o impacto das diferentes infeccións parasitarias sobre a saúde do gando porcino galego e o seu potencial zoonósico.

DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Titoría)
GARCIA DIOS, DAVID Cotitoría
DÍAZ FERNÁNDEZ, PABLO (Titoría)
GARCIA DIOS, DAVID Cotitoría
Tribunal
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
Caracterización molecular de cepas de parvovirus felino en Galicia
Autoría
S.D.R.
Grao en Veterinaria
S.D.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
A panleucopenia felina é unha enfermidade viral altamente contaxiosa causada polo parvovirus felino (FPV), que afecta a gatos de todo o mundo. O seu impacto é especialmente relevante nas poboacións felinas, sobre todo en gatos novos sen vacinar, alcanzando taxas de mortalidade de ata o 90%. Debido á súa estabilidade no ambiente e á súa resistencia aos desinfectantes comúns, a prevención mediante a vacinación constitúe a principal estratexia de control. Porén, existe certa preocupación sobre se as vacinas dispoñibles seguen sendo eficaces fronte ás cepas circulantes na actualidade. Este estudo tivo como obxectivo caracterizar molecularmente as cepas de FPV que circulan en gatos de Galicia, comparándoas coas cepas presentes nas vacinas comerciais dispoñibles en España. Así mesmo, realizouse unha análise filoxenética para avaliar a semellanza xenética entre as cepas detectadas neste estudo, as cepas vacunais e outras previamente reportadas. Para iso, analizáronse 28 mostras de feces de gatos con sintomatoloxía compatible con panleucopenia. Realizouse a extracción de ADN e a amplificación do xene VP2 mediante PCR, seguido da secuenciación e análise filoxenética. Das mostras analizadas, 24 resultaron positivas, das cales dezasete foron secuenciadas con éxito. Atopouse que dezaseis mostras eran compatibles con FPV, mentres que unha correspondía a CPV-2b, un parvovirus de orixe canina, o que confirma a posibilidade de transmisión cruzada entre especies. Outro dos achados máis relevantes foi a detección de FPV en gatos vacinados. Ademais, a análise filoxenética suxire unha posible diverxencia xenética entre as cepas circulantes e as vacinas actuais, o que podería afectar potencialmente a súa eficacia. Doutra banda, a identificación de CPV-2b nun gato confirma a presenza desta variante en gatos da nosa comunidade, con posibles implicacións epidemiolóxicas. Estes resultados destacan a importancia da vixilancia molecular e do seguimento da evolución das cepas de campo co obxectivo de optimizar as estratexias de prevención e control da enfermidade.

Prieto Lago, Alberto (Titoría)
Prieto Lago, Alberto (Titoría)
Tribunal
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
Determinación dos metabolitos do cortisol fecal como biomarcador do estrés pola calor en vacún leiteiro en Galicia.
Autoría
L.D.G.
Grao en Veterinaria
L.D.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O mundo enfróntase actualmente a unha emerxencia climática. Dende a era preindustrial, a temperatura do planeta aumentou aproximadamente 1.05C. Este incremento está a ter efectos visibles en rexións do norte de España, como Galicia, onde o ano 2023 foi cualificado como extremadamente cálido. Esta situación provocou múltiples impactos negativos na gandería de vacún leiteiro, As vacas son especialmente vulnerables ao estrés causado polas altas temperaturas, derivando en importantes perdas económicas nun sector que constitúe un dos piares fundamentais da economía galega. O presente estudo realizouse en 4 explotacións de vacún leiteiro situadas no concello de Castro de Rei, en Lugo. O principal propósito deste estudo foi demostrar a eficacia da medición dos metabolitos do cortisol fecal como un biomarcador de o estrés térmico en vacún leiteiro en Galicia. Primeiramente, calculáronse os Índices de Temperatura e Humidade (THI) coas medicións de temperatura e humidade relativa en 4 meses de inverno (xaneiro, febreiro, marzo e abril), e 4 meses de verán (xuño, xullo, agosto e setembro), do 2023, co fin de coñecer se as vacas están sometidas a estrés pola calor. Así mesmo, tomáronse mostras fecais de maneira non invasiva en 4 etapas diferentes do período de transición, 1 mes antes do parto, 1 semana antes do parto, 1 semana post parto e 1 mes post parto, co fin de analizar como o estrés pola calor, derivado do aumento da temperatura e a humidade relativa, pode intensificar o estrés fisiolóxico característico desta etapa crítica na vida das vacas de produción. Ademais, analízase cómo o manexo e deseño das instalacións pode xerar estrés adicional nos animais. Os datos analizáronse mediante un ANOVA de medidas repetidas de deseño mixto (SPSS v28). Este estudo permitiu evidenciar os cambios que se producen no eixo endócrino das vacas no período de transición, máis acusados no período preparto, coa medición dos metabolitos do cortisol fecal, asociados ás condicións de manexo. Así mesmo, demostrouse que os animais están sometidos a estrés pola calor nos meses de verán, o que produce unha resposta adicional a o estrés nesta etapa fisiolóxica vulnerable.

CASTILLO RODRÍGUEZ, CRISTINA (Titoría)
CASTILLO RODRÍGUEZ, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Shunts portosistémicos no can: descrición da vascularización portal normal no adulto e no embrión/feto
Autoría
R.E.S.
Grao en Veterinaria
R.E.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
A aparición de shunts portosistémicos en cans constitúe un desafío clínico común na práctica veterinaria, polo que o seu diagnóstico e manexo é fundamental para o benestar dos pacientes. Este traballo de revisión bibliográfica enfócase nos diferentes tipos de shunts portosistémicos na especie canina, abarcando desde as súas bases embriolóxicas ata as técnicas terapéuticas. Para poder entender en que consisten os shunts portosistémicos preséntase unha análise detallada da vascularización hepática, incluíndo o seu desenvolvemento embrionario e as modificacións que poden ocorrer durante este proceso. Ademais, descríbense as alteracións vasculares máis frecuentemente implicadas na formación dos shunts, explorando a súa anatomía e clasificación segundo a súa localización e natureza. Neste traballo tamén se describen as técnicas diagnósticas dispoñibles para a identificación de shunts portosistémicos, destacando as ferramentas de diagnóstico por imaxe avanzadas e explóranse as opcións terapéuticas que se utilizan na práctica clínica diaria, tanto cirúrxicas como médicas, destacando a súa influencia no manexo e prognóstico dos pacientes.

ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA (Titoría)
FERNANDEZ TROCONIZ REVUELTA, PATRICIA Cotitoría
ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA (Titoría)
FERNANDEZ TROCONIZ REVUELTA, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
Lactacións estendidas para mellora do benestar en gando vacún leiteiro
Autoría
A.M.E.F.
Grao en Veterinaria
A.M.E.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
As vacas leiteiras foron altamente selecionadas para a produción de leite, o que as leva a poder manter as súas producións durante máis tempo. As altas producións asocianse a unha merma na saúde e benestar do animal, así como tamén á perda de fertilidade. Para facer fronte aos problemas asociados as altas producións, xurde a posibilidade de aplicar sistemas de manexo que prolonguen as lactacións co obxectivo de mellorar a saúde e o benestar dos animais, a través do alongamento dos seus ciclos produtivos. As lactación prolongadas permiten reducir o número dos períodos de transición na vida produtiva da vaca, na medida en que estos representan a etapa de maior risco para a saúde do animal. A estensión dos ciclos produtivos sen afectar drasticamente á rendibilidade do animal baséase en traballar con vacas cunha alta persistencia da lactación. A persistencia é a capacidade de seguir producindo leite a niveis altos tras o pico de lactación, estando influenciada polo nivel xenético dos animais, polo número de muxidos, así como pola fase da lactación, a xestación e a alimentación. As lactacións prolongadas facilitan chegar ao secado cunhas producións compatibles cun menor risco de mamite á vez que se mellora o seu benestar. Por outra banda, redúcese o risco de padecer enfermidades metabólicas asociadas ao parto e a diminución paralela do uso de medicamentos, reducindo os custos de produción e o risco de xerar resistencias microbianas. A fertilidade vese favorecida co retraso da primeira inseminación, co fin de permitir o animal recuperarse do balance enerxético negativo. Ademáis, ao diminuir as necesidades de recría por unha menor taxa de reposición e o aumento da lonxevidade dos animais, contribúese a reducir a intensidad de emisións de gases de efecto invernadoiro da gandería. Ao reducir o número de ciclos produtivos por vaca obtéñense consecuentemente, menos crías, o que pode afectar á rendibilidade económica da granxa dada a situación actual do mercado de xatos para cebo. O gran reto para establecer este sistema de manexo é manexar a nutrición de vacas en cola de lactación e precisando agrupar as vacas en lotes, debendo dispoñer das instalacións necesarias a tal efecto. Por outra banda, é necesario incrementar o número de muxidos e traballar con vacas de alto valor xenético para produción de leite e persistencia da lactación.

LOPEZ NOVO, CYNTHIA Cotitoría
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Titoría)
LOPEZ NOVO, CYNTHIA Cotitoría
Tribunal
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)

Período de transición no gando vacún de leite.
Autoría
M.E.S.
Grao en Veterinaria
M.E.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Este traballo de fin de grao consiste nunha revisión bibliográfica centrada no período de transición en vacas leiteiras de alta produción. Trátase dunha fase crítica do ciclo produtivo, durante a cal o animal experimenta unha serie de adaptacións fisiolóxicas, hormonais, metabólicas, nutricionais, produtivas e conductuais, que responden ás elevadas esixencias asociadas ao inicio da lactación. Estas adaptacións agrúpanse dentro do concepto de homeorrese. Analízanse os principais cambios que teñen lugar no periparto, entre os que destacan as modificacións na demanda enerxética, que conducen a un período de balance enerxético negativo acompañado de profundos axustes metabólicos e hormonais. Abórdase tamén os cambios comportamentais característicos desta etapa, con especial atención á marcada diminución na inxesta de materia seca antes do parto. Este fenómeno estúdase en detalle, así como os mecanismos que o regulan, e explórase o papel clave que desempeña a condición corporal na reducción do consumo. Preséntanse diversas estratexias destinadas a evitar o exceso de condición corporal e a maximizar a inxesta durante esta fase. Así mesmo, revisa críticamente o modelo tradicional de período seco, valorando alternativas innovadoras como o seu acurtamento ou mesmo a súa omisión. O traballo profundiza tamén no metabolismo do calcio, cuxa demanda se incrementa de forma drástica ao comezo da lactación. Analízase a natureza deste desequilibrio e descríbense estratexias preventivas para evitar trastornos metabólicos como a hipocalcemia. Por último, abórdase a inmunosupresión característica do periparto, un factor que incrementa a susceptibilidade a infeccións e enfermidades. Ofrécese unha revisión das principais patoloxías asociadas a este momento especialmente vulnerable do ciclo produtivo.

MIRANDA CASTAÑON, MARTA INES (Titoría)
MIRANDA CASTAÑON, MARTA INES (Titoría)
Tribunal
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Xestacións xemelares en gando vacún leiteiro.
Autoría
M.L.E.E.
Grao en Veterinaria
M.L.E.E.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
As xestacións xemelares en vacas leiteiras representan unha problemática sanitaria, reprodutiva e económica nos sistemas de produción intensiva. Estas poden orixinarse por dobre ovulación (dicigótica) ou, en menor medida, pola división dun embrión temperán (monocigótica). Entre os factores predispoñentes atópanse variantes xenéticas específicas, a idade da femia, o número de partos, a estación do ano, o nivel produtivo e a aplicación de protocolos hormonais, os cales, de maneira conxunta, incrementan a probabilidade de desenvolver xestacións múltiples. Dende o punto de vista reprodutivo e sanitario, as xestacións xemelares asócianse cun risco elevado de aborto, parto prematuro, distocias e retención de placenta, así como cunha redución da fertilidade posterior e da lonxevidade produtiva. Ademais, as femias nadas de xestacións mixtas presentan con frecuencia freemartinismo, o cal afecta a súa capacidade reprodutiva futura. Para a detección temperá recoméndase a ecografía transrectal durante o primeiro trimestre, complementada con medicións hormonais (glicoproteínas asociadas á xestación e proxesterona) e coa avaliación de corpos lúteos, dado que estes métodos permiten identificar simultaneamente a presenza de dúas vesículas embrionarias e avaliar a función luteal. As estratexias de prevención e manexo inclúen a selección xenética negativa para alelos asociados á xemelaridade, a optimización de protocolos hormonais (como o uso de dispositivos intravaxinais de proxesterona con Ovsynch) e, en situacións de alto risco, a redución embrionaria manual temperá, drenaxe folicular ecoguiado ou a transferencia dun único embrión. Estas prácticas buscan minimizar as complicacións metabólicas, reprodutivas e económicas derivadas da xemelaridade. Finalmente, proponse como liña futura o desenvolvemento de programas reprodutivos integrados que combinen selección xenómica, diagnóstico ecográfico avanzado e manexo nutricional individualizado, co obxectivo de reducir a incidencia de xestacións múltiples, protexer a saúde dos animais e mellorar a rendibilidade das explotacións leiteiras.

Becerra González, Juan José (Titoría)
YAÑEZ RAMIL, UXIA Cotitoría
Becerra González, Juan José (Titoría)
YAÑEZ RAMIL, UXIA Cotitoría
Tribunal
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
Abordaxe do hemanxiosarcoma canino e felino mediante técnicas de diagnóstico por imaxe.
Autoría
S.E.S.
Grao en Veterinaria
S.E.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
O hemanxiosarcoma (HSA) caracterízase por ser un tumor maligno de orixe vascular, moi agresivo, que afecta principalmente ós cans e, en menor medida, ós gatos. O seu diagnóstico supón un reto clínico debido ós síntomas inespecíficos e á progresión silenciosa ata estadíos avanzados. Nos últimos anos, as técnicas de diagnóstico por imaxe adquiriron relevancia ó contribuír a unha detección máis precoz e, na medida do posible, a un mellor prognóstico. Este traballo é unha revisión bibliográfica sobre o papel das técnicas de imaxe na identificación e avaliación do HSA en pequenos animais. Analízase o uso de técnicas como a ecografía, a radiografía, a tomografía computarizada (TC) e a resonancia magnética (RM), avaliando as súas vantaxes, limitacións e achados característicos nas diferentes localizacións do tumor (esplénico, cardíaco, hepático, entre outros). A análise suxire que a combinación de diferentes técnicas de imaxe mellora significativamente a planificación terapéutica. Non obstante, o uso exclusivo destas ferramentas só permite unha orientación cara ó diagnóstico diferencial, sen chegar a ser concluínte. Por este motivo, a histopatoloxía segue a ser indispensable como método confirmatorio, debido ás limitacións que presentan as técnicas de imaxe, como a incapacidade para diferenciar as lesións benignas das malignas.

BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Titoría)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL (Titoría)
Tribunal
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
Novas técnicas no tratamento da displasia de cóbado
Autoría
A.F.V.
Grao en Veterinaria
A.F.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A displasia de cóbado é unha enfermidade ortopédica hereditaria, polixénica e multifactorial que afecta principalmente a cans novos de razas grandes e xigantes. Caracterízase por unha combinación de lesións articulares como a enfermidade do proceso coronoides medial, osteocondrite disencante, proceso ancóneo non unido, incongruencia articular e a enfermidade do compartimento medial. Na actualidade, non existe un tratamento curativo que deteña por completo a progresión da osteoatrite asociada á displasia de cóbado. Por iso, as intervención terapéuticas oriéntanse principalmente a ralentizar dita progresión, aliviar a dor e mellorar a calidade de vida do paciente. A elección do tratamento máis axeitado debe realizarse de forma individualizada, considerando factores como a etioloxía específica e as lesión displásicas presentes, a idade do animal e o grao de afectación articular e osteoartrite, entre outros. Non só iso, moitas das técnicas descritas carecen de estudos comparativos entre sí ou estudos que avalen a súa eficacia a longo prazo, o que complica a elección do tratamento.

MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
Tribunal
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
Insectos como ingredientes alimentarios
Autoría
J.F.C.
Grao en Veterinaria
J.F.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
No contexto dos desafíos actuais relacionados coa sustentabilidade, o cambio climático e o crecemento poboacional, a procura de fontes alternativas de proteína converteuse nunha prioridade global. Neste marco, o uso de insectos como ingredientes alimentarios representa unha alternativa viable, eficiente e ecoloxicamente sostible. Este traballo revisa de forma integral o uso de insectos comestibles tanto na alimentación humana como animal, con especial énfase no rol do veterinario neste novo escenario alimentario. A revisión bibliográfica, desenvolvida baixo o enfoque PRISMA, recolle evidencias recentes sobre a nutrición, produción, seguridade alimentaria, percepción do consumidor e marco legal dos insectos comestibles. Identifícanse máis de 2.000 especies de insectos consumidas tradicionalmente en Asia, África e América Latina, destacando especies aprobadas pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), como Tenebrio molitor, Acheta domesticus e Locusta migratoria. Desde o punto de vista veterinario, analízanse os principais aspectos técnicos e sanitarios da produción industrial de insectos: control de bioseguridade, calidade do substrato, benestar animal e rastrexabilidade. Abórdase tamén o potencial dos insectos como ingredientes en pensos para acuicultura, avicultura e porcino, conforme ao Regulamento (UE) 2017/893. Neste contexto, o veterinario cumpre un papel esencial na supervisión hixiénico-sanitaria, validación de protocolos de benestar, e desenvolvemento de sistemas de autocontrol como o APPCC. O traballo tamén examina os riscos sanitarios asociados ao consumo de insectos, incluíndo posibles contaminacións biolóxicas, químicas e alergénicas, e destaca a necesidade dunha vixilancia veterinaria para garantir a inocuidade alimentaria. Analízase ademais a percepción do consumidor occidental, influída por factores culturais, sensoriais e emocionais, e proponse ao veterinario como axente crave na educación alimentaria e promoción do consumo sostible. Finalmente, preséntase o marco normativo vixente na Unión Europea respecto a os “novos alimentos” e a súa aplicación aos insectos comestibles, destacando as oportunidades de participación do veterinario na regulación, control e educación pública. En conclusión, os insectos ofrecen unha alternativa prometedora como fonte proteica, con beneficios nutricionais, ambientais e económicos. A súa integración segura e ética na cadea alimentaria require a implicación directa do veterinario como garante da saúde pública, o benestar animal e a sustentabilidade dos sistemas alimentarios.

Abordaxe Diagnóstico e Terapéutico de Tumores Nasais en Cans e Gatos.
Autoría
L.F.E.
Grao en Veterinaria
L.F.E.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Os tumores nasais en animais de compañía representan un reto clínico considerable debido á súa natureza localmente invasiva e ás dificultades diagnósticas e terapéuticas que expoñen. Malia que a súa frecuencia é relativamente baixa, a súa localización anatómica e o seu comportamento agresivo fan imprescindible un enfoque multidisciplinar. Dende o punto de vista diagnóstico, as probas de imaxe resultan esenciais. A tomografía computarizada (TC) consolídase como a ferramenta de elección para avaliar a extensión do tumor, identificar invasións óseas (como a lámina cribosa ou o óso frontal) e planificar tratamentos como a radioterapia, aínda que existe unha emerxencia da Resonancia Magnética (RM), deixando á Radiografía en desuso. A biopsia nasal é fundamental para confirmar o diagnóstico e determinar o tipo histolóxico, o que orienta tanto o prognóstico como a selección de terapias dirixidas. A sintomatoloxía clínica (como a epistaxis, a estertoración nasal ou a deformidade facial) adoita ser inespecífica, pero debe interpretarse como un signo de alerta. En canto ao tratamento, a radioterapia de megavoltaje é actualmente a modalidade máis eficaz, xa que permite controlar a enfermidade a nivel local e aumentar significativamente a supervivencia. Os protocolos baséanse na fracción de dose, mostrado mellores resultados. A cirurxía presenta limitacións importantes debido á dificultade para obter marxes cirúrxicas adecuadas, aínda que pode empregarse como medida paliativa ou descompresiva en casos seleccionados. Doutra banda, a quimioterapia, como os protocolos baseados nos inhibidores de tirosina quinasa (TKI), como toceranib ou masitinib postúlanse como terapias adyuvantes emerxentes. Os factores prognósticos como a destrución da lámina cribosa, a idade avanzada, ou a presenza de metástase seguen sendo obxecto de estudo, e a súa relevancia pode variar segundo a institución ou o protocolo terapéutico. A pesar dos avances, persisten limitacións como a escaseza de estudos con alto número de casos, a heteroxeneidade tumoral e a falta de consenso nos tratamentos.

SUAREZ REY, MARIA LUISA (Titoría)
Santamarina Pernas, Germán Cotitoría
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Titoría)
Santamarina Pernas, Germán Cotitoría
Tribunal
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
Perfil micromineral en gatos obesos: implicacións para a saúde metabólica.
Autoría
M.F.L.
Grao en Veterinaria
M.F.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
A obesidade é unha patoloxía crónica de alta prevalencia en animais de compañía, considerada actualmente unha das principais manifestacións de malnutrición na clínica de pequenos animais. Asóciase con diversas alteracións metabólicas e enfermidades secundarias, como a diabete mellitus (DM) ou a enfermidade hepática. Aínda que os minerais desempeñan un papel esencial en múltiples procesos fisiolóxicos, a súa implicación na obesidade felina foi escasamente investigada. O presente traballo ten como obxectivo caracterizar e comparar o perfil mineral de gatos obesos fronte a individuos no rango de peso, coa fin de identificar posibles desequilibrios e a súa relación cos parámetros bioquímicos. Trátase dun estudo clínico retrospectivo baseado nun grupo de 73 gatos seleccionados en distintos centros veterinarios de Galicia, divididos en dous grupos: gatos control (C, n=29) e gatos obesos (O, n=44). A todos os animais realizóuselles unha exploración física xeral, avaliación do peso, condición corporal, así como extracción de sangue para análises hematolóxicas de rutina e determinación do perfil mineral mediante espectrometría de masa con plasma axustado inductivamente (ICP-MS). Observáronse diferenzas estatisticamente significativas entre ambos grupos en variables como a idade (p menor que ,011), condición corporal (p = ,001), peso (p = ,001), sexo (p menor que ,001), hábitat (p menor que ,001), contorna (p menor que ,001) e estado reprodutivo (p menor que ,001). En canto aos parámetros bioquímicos e hematolóxicos, os gatos obesos presentaron valores significativamente máis elevados de GLU (p = ,020), CHOL (p menor que ,010), TRIG (p = ,034), CREA (p = ,007) ALB ( p = ,049), eritrocitos (p = ,003), hematocrito (p menor que ,001) e hemoglobina (p menor que ,001), mentres que os niveis de neutrófilos (p = ,025), leucocitos (p = ,017) e monocitos (p = ,003) foron superiores no grupo C. Respecto ao perfil mineral, os gatos obesos mostraron concentracións significativamente máis elevadas de Co (p = ,036), Cr (p menor que ,001), Fe (p = ,009), Hg (p = ,027), Ni (p menor que ,001), Pb (p = ,012) e Se (p menor que ,001). En conclusión, o perfil mineral en gatos obesos presenta alteracións en comparación con gatos no rango de peso En concreto, os gatos obesos presentaron maiores concentracións de Co, Cr, Fe, Hg, Ni, Pb e Se. Ademais, o perfil analítico foi diferente en gatos obesos respecto a gatos en rango de peso observándose mediante técnicas multivariantes asociacións significativas entre certos minerais e parámetros clínicos. Estes achados suxiren que o perfil mineral podería ser útil para avaliar a obesidade felina e desenvolver estratexias preventivas ou terapéuticas baseadas en oligoelementos.

ORJALES GALDO, INMACULADA (Titoría)
BLANCO FERNANDEZ, JESSICA Cotitoría
ORJALES GALDO, INMACULADA (Titoría)
BLANCO FERNANDEZ, JESSICA Cotitoría
Tribunal
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
Seguridade Alimentaria: abrochos de orixe alimentaria e resistencia aos antimicrobianos
Autoría
M.M.G.A.
Grao en Veterinaria
M.M.G.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
A seguridade alimentaria está frecuentemente comprometida debido a microorganismos que poden infiltrarse en calquera etapa da cadea alimentaria, transmitindo infeccións cando chegan ao consumidor. Os brotes alimentarios máis comúns son causados por Campylobacter spp., Salmonella spp., Yersinia enterocolitica, Listeria monocytogenes e Escherichia coli, que se asocian a reservorios e alimentos específicos que facilitan a súa transmisión. A sintomatoloxía que producen varía segundo o estado inmunitario do individuo, pois mentres a maioría presenta signos gastrointestinais moderados, os pacientes inmunocomprometidos enfróntanse a maiores complicacións. Co obxectivo de coñecer o impacto destas zoonoses alimentarias na poboación, a EFSA, en colaboración co ECDC, publica un informe anual con datos epidemiolóxicos actualizados. En 2022, tanto en Europa como a nivel nacional, confirmouse que Campylobacter spp. foi a zoonose con máis casos notificados. Porén, Salmonella spp. liderou en número de brotes alimentarios e hospitalizacións. Pola súa banda, Listeria monocytogenes foi menos frecuente, pero é o patóxeno alimentario con maior mortalidade en Europa, aínda que esta tendencia non se verificou a nivel nacional. Para tratar estas enfermidades recórrese a tratamentos antibióticos, aínda que o uso inadecuado dos mesmos favorece o incremento das resistencias aos antimicrobianos (RAM) nos microorganismos, comprometendo o tratamento destas infeccións. As bacterias multirresistentes e os seus xenes de resistencia poden diseminarse entre humanos, animais e o ambiente. Así mesmo, poden propagarse a través dos alimentos, dificultando aínda máis o seu manexo. Algúns exemplos disto inclúen a resistencia de Campylobacter coli ao ciprofloxacino, a capacidade de Salmonella spp. para desenvolver multirresistencias e as resistencias alarmantes de E. coli aos betalactámicos de espectro estendido e aos carbapenémicos. A RAM representa unha ameaza global para a saúde pública, e o seu impacto en distintos sectores esixe un enfoque integral Unha Saúde. Para mitigala, necesítanse plans de acción baseados en varias liñas estratéxicas de vixilancia, control, investigación, investimento, formación e comunicación que permitan frear a súa propagación e reducir o seu impacto.

MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MENENDEZ, VANESA Cotitoría
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MENENDEZ, VANESA Cotitoría
Tribunal
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
Endometrite no ganado vacún leiteiro
Autoría
C.G.C.
Grao en Veterinaria
C.G.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
En España, e en especial en Galicia, o gando vacún leiteiro supón unha grande achega económica ao sector, e o seu rendemento depende en gran medida da eficiencia reprodutiva. Con todo, a fertilidade e fecundidade poderían verse reducidas coa aparición de enfermidades que afecten ao tracto reprodutor, entre as que destaca a endometrite. A endometrite defínese como a inflamación da capa endometrial do útero, a partir dos 21 días posparto, acompañada de secreción vaxinal de carácter purulento en ausencia doutros signos sistémicos. Non se debe descartar a enfermidade ao non visualizar devandita secreción, xa que a endometrite pode presentarse de forma clínica ou subclínica. O período posparto supón un dos momentos máis críticos para o animal, xa que o ambiente uterino neste momento constitúe un medio ideal para a colonización de microorganismos. Isto, xunto cun desequilibrio na resposta inmunitaria, dá lugar ao sobrecrecemento de comensais da flora uterina, como Escherichia coli e Truepella pyogenes. Ademais, a aparición de factores como o balance enerxético negativo, a achega nutricional inadecuada, distocias ou partos xemelares tamén favorecen a súa aparición. Como consecuencia, a eficiencia reprodutiva dos animais afectados vese reducida: retárdase o reinicio da actividade ovárica cíclica, aumenta o número de servizos necesarios para a concepción, alóngase o intervalo parto-xestación e obtéñense unhas taxas de preñez máis baixas. Para minimizar o impacto desta patoloxía, resulta indispensable a súa detección temperá. No caso da endometrite clínica, a visualización da secreción vaxinal de carácter purulento xunto con métodos como a palpación rectal lévannos a un diagnóstico máis inmediato. Por outra banda, no caso da endometrite subclínica, necesítanse técnicas máis laboriosas, como a citoloxía endometrial, se queremos chegar a coñecer a porcentaxe de vacas afectadas. Unha vez diagnosticada, existen varias opcións terapéuticas, sendo as principais os antibióticos, para resolver a infección, e os tratamentos hormonais, para estimular a función reprodutiva. Debido á crecente ameaza das resistencias a antibióticos, existen diversas liñas de investigación para o desenvolvemento de novas alternativas, como a ozonoterapia, fitoterapia, inmunomoduladores ou probióticos, que aínda se atopan en fase experimental. Por todo iso, resulta fundamental centrarse na prevención, implementando prácticas de manexo adecuadas. Entre estas atópanse unha achega nutricional axeitada no período de transición e o mantemento dunha correcta hixiene e prácticas durante o parto, que fomenten unha boa función inmunitaria e minimicen a contaminación do tracto reprodutor.

García Herradón, Pedro José (Titoría)
YAÑEZ RAMIL, UXIA Cotitoría
García Herradón, Pedro José (Titoría)
YAÑEZ RAMIL, UXIA Cotitoría
Tribunal
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
Percepción e situación da leishmaniose canina en Galicia
Autoría
C.G.G.
Grao en Veterinaria
C.G.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
A leishmaniose canina é unha zoonose de distribución mundial producida por protozoos do xénero Leishmania, transmitida vectorialmente pola picadura de insectos do xénero Phlebotomus. Na península Ibérica a leishmaniose canina está causada por Leishmania infantum, endémica nas rexións mediterráneas. Galicia foi considerada por moito tempo unha zona de baixo risco, mais nos últimos anos detectouse un aumento do número de casos autóctonos, suxerindo que a presión da infección é maior a esperada. Neste traballo levouse a cabo unha enquisa dirixida a veterinarios clínicos de pequenos animais, con 30 preguntas de resposta múltiple relacionadas coa epidemioloxía, signos clínicos, tratamento e medidas de prevención da leishmaniose canina. Os datos recopilados foron analizados e puntuados. Os resultados obtidos polos veterinarios comparáronse, empleando un test de correlación, co risco de leishmaniose establecido en función do número de animales diagnosticados ou en seguimento de cada centro e en función do nivel de risco estimado para cada una das zonas, según resultados publicados previamente. Realizouse tamén unha regresión multivariable para saber se existía unha relación entre as puntuacións obtidas e o nivel de risco, empleando os tres indicadores anteriores (número de casos por ano, número de casos en seguimento e nivel de risco estimado). Os resultados indicaron que existía un alto nivel de correlación entre o risco estimado mediante o número de casos diagnosticados por ano e o número de casos en seguimiento, pero que a correlación entre estas dúas variables e o nivel de risco estimado era negativo. Así mesmo, a regresión revelou a existencia de relacións directas positivas entre o número de casos diagnosticados e en seguimento e as puntuacións totais. O análise das respostas incluidas na enquisa suxeriu que a situación epidemiolóxica da leishmaniose en Galicia é moi heteroxénea e evidenciou a necesidade dunha formación continuada para os profesionais da saúde na que se inclúan conceptos relacionados coa epidemioloxía, patoxenia, diagnóstico e tratamento da leishmaniose canina.

LOPEZ SANDEZ, CEFERINO MANUEL (Titoría)
REMESAR ALONSO, SUSANA Cotitoría
LOPEZ SANDEZ, CEFERINO MANUEL (Titoría)
REMESAR ALONSO, SUSANA Cotitoría
Tribunal
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
Manexo de feridas en animais domésticos: abordaxe clínica e cirúrxica
Autoría
N.G.R.
Grao en Veterinaria
N.G.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
O manexo de feridas é un acto clínico diario na medicina dos animais domésticos e require un tratamento multidisciplinar e exhaustivo. Por iso, é importante coñecer os fundamentos anatómicos da pel e as súas liñas de tensión antes de realizar o abordaxe dunha ferida, algo imprescindible para evitar a isquemia e a necrose do tecido. Ademais, comprender o proceso fisiolóxico da cicatrización da pel e os distintos tipos de feridas que poden padecer os pacientes é fundamental para aplicar un tratamento individual e personalizado, xa que non existe un tratamento estándar para a curación das feridas. O abordaxe clínico céntrase na aproximación inicial a un paciente ferido, que pode realizarse como unha terapia única ou complementaria á cirurxía. Son especialmente importantes a limpeza e desinfección da ferida, así como a aplicación de fármacos analxésicos para evitar a dor do paciente e antibióticos para prever a contaminación local. Unha vez estabilizado o paciente e limpas as feridas, valórase a posibilidade de tratalas cirúrxicamente. Un exemplo serían os defectos con tecido necrótico e non viable nos que non se produciu a curación tras o manexo inicial. Por iso, neste traballo expóñense os tipos de desbridamento do leito da ferida para eliminar o tecido necrótico e evitar o crecemento e multiplicación das bacterias. Nos casos nos que a pel adxacente é insuficiente para o peche do defecto, recórrese a colgallos e enxertos, que poden acompañarse de métodos de drenaxe para evitar o espazo morto ou de vendaxes, para facilitar a absorción do exsudado e da humidade da ferida.

Miño Fariña, Natalia (Titoría)
ESPINO LOPEZ, LUCIANO Cotitoría
Miño Fariña, Natalia (Titoría)
ESPINO LOPEZ, LUCIANO Cotitoría
Tribunal
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
Estudo epidemiolóxico da enfermidade hemorráxica epizoótica e o seu impacto clínico e produtivo en gando bovino de Galicia
Autoría
M.B.H.G.
Grao en Veterinaria
M.B.H.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
24.06.2025 09:30
24.06.2025 09:30
Resumo
A enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) é unha enfermidade emerxente en Europa dende a súa introdución en 2022 en Italia, España e Portugal. Dentro do territorio español a súa aparición en Galicia foi posterior, no ano 2023. A EHE foi considerada tradicionalmente unha enfermidade con pouca patoxenicidade en gando vacún, pero nas últimas décadas isto púxose en dúbida co incremento en frecuencia e severidade dos brotes, especialmente na cunca mediterránea. Ademáis, moitas das asuncións sobre o seu impacto clínico están extrapoladas de territorios nos que a infección é endémica. Tendo en conta a emerxencia da EHE en Galicia e a falta de información epidemiolóxica sobre este proceso, os obxectivos do presente estudo foron describir a incidencia de signos clínicos, mortalidade e letalidade da EHE e a súa relación coa aptitude produtiva e manexo das explotacións en granxas de vacún de Galicia; describir os signos clínicos achados; avaliar a relación entre a exposición ao virus e a produción leiteira e estudar a variación interanual na incidencia clínica. Con este fin realizouse unha enquisa epidemiolóxica sobre os signos clínicos, recompilando datos de granxas e animais, e recollendo os datos da produción de leite de robots de muxido. Obtivéronse resultados de 75 granxas e 148 animais, estimándose unha incidencia media de signos clínicos de 11,2 %, unha mortalidade de 2,9 % e unha letalidade de 21,7 % aínda que con resultados heteroxéneos entre explotacións. A estabulación permanente foi un factor de proteción fronte á incidencia (OR = 0,2), mortalidade (OR = 0,019) e letalidade (OR = 0,068) en comparación co pasto continuo. As granxas e animais de aptitude leiteira presentaron unha letalidade, duración e severidade dos signos superiores aos de aptitude cárnica (p-valor menor que 0,05). Os signos clínicos máis notificados foron os asociados á cavidade oral: disfaxia, úlceras, hipersalivación e erosións, aparecendo en máis do 50,0 % de granxas e animais. En cambio, os signos de edema de lingua, disnea, diarrea hemorráxica e hemorraxias cutáneas asociáronse significativamente cunha maior letalidade. Os resultados confirmaron un impacto notable na produción leiteira cunha redución estimada de 4,9 kg/día nos animais seropositivos. Finalmente, ao analizar a variación interanual, constatouse unha redución significativa do 70,0 % na incidencia clínica en concellos con circulación en campañas previas, o que suxire o posible establecemento dunha inmunidade de rabaño que protexa dos aspectos máis graves da infección. Estes resultados confirman a importancia clínica da EHE, que pode ter cursos graves en certas explotación e causar perdas importantes na produción leiteira, contribuíndo a unha mellor comprensión do comportamiento epidemiolóxico da EHE en zonas previamente libres da enfermidade.

DIAZ CAO, JOSÉ MANUEL (Titoría)
DIAZ CAO, JOSÉ MANUEL (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
Actualización na cardiomiopatía hipertrófica felina
Autoría
P.H.P.
Grao en Veterinaria
P.H.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
A cardiomiopatía hipertrófica (CMH) é unha das enfermidades cardíacas máis frecuentes nos gatos. Caracterízase por un engrosamento concéntrico do ventrículo esquerdo que, aínda que adoita manifestarse de forma subclínica, pode evolucionar e provocar insuficiencia cardíaca ou tromboembolismo arterial. Na maior parte dos casos, a causa é descoñecida. Con todo, identificáronse varias mutacións nos xenes MYBPC3 e MYH7 relacionadas con esta enfermidade. Os signos clínicos máis habituais inclúen insuficiencia respiratoria, con disnea e taquipnea, parálise das extremidades posteriores e sopro cardíaco detectado na auscultación. Aínda que a ecografía é a proba esencial para o diagnóstico, a exploración física, as radiografías e a medición de biomarcadores cardíacos como o NT-proBNP e o cTn I poden fornecer información valiosa e axudar a sospeitar da súa presenza. O tratamento da CMH nos gatos inclúe diversas opcións farmacolóxicas que buscan aliviar os síntomas e previr complicacións. A elección do tratamento depende do estadio no que se atope o animal e dos síntomas que presente. Utilízanse antiarrítmicos, como a ivabradina e o atenolol, para reducir a frecuencia cardíaca e mellorar a función diastólica; a espironolactona para diminuír a presión arterial e a carga cardíaca; e inhibidores da encima convertidora de angiotensina (IECA), como o enalapril e o benazepril, para reducir a poscarga e mellorar a función ventricular. Ademais, a partir do estadio B2, resulta fundamental previr o tromboembolismo arterial en gatos con aurículas esquerdas dilatadas, xa que a formación de trombos está asociada cunha elevada mortalidade. Para iso, recoméndase o uso de anticoagulantes como o clopidogrel e o rivaroxaban. Nos casos de insuficiencia cardíaca conxestiva, correspondentes aos estadios C e D, empréganse diuréticos como a furosemida ou a torasemida para reducir o edema pulmonar. Porén, aínda existen incertezas sobre a eficacia de determinados fármacos, como o pimobendán, que demostrou beneficios nalgúns estudos pero que pode ser prexudicial en casos de obstrución do tracto de saída do ventrículo esquerdo ou inducir arritmias. Outros medicamentos, como a dixoxina, a aspirina, o verapamilo e o diltiazem, deixaron de empregarse debido aos seus efectos adversos, toxicidade ou porque foron substituídos por opcións máis eficaces. Recentemente, estanse a investigar novos tratamentos, como a rapamicina e o aficamten, que supoñen un enfoque innovador e ofrecen novas posibilidades terapéuticas, xa que actúan sobre a causa da enfermidade, preveñen e revirten a hipertrofia cardíaca.

Santamarina Pernas, Germán (Titoría)
Santamarina Pernas, Germán (Titoría)
Tribunal
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
Análise do impacto dos brotes clásicos de PRRS e Rosalia en granxas de porcos reprodutores
Autoría
J.M.H.P.
Grao en Veterinaria
J.M.H.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A Síndrome Reprodutiva e Respiratoria Porcino (PRRS) segue sendo a enfermidade de maior impacto económico na produción porcina mundial. Nos últimos anos, a aparición de cepas moi virulentas, como a variante Rosalia incrementou as perdas por aborto, a mortalidade perinatal e as baixas en transición. Neste traballo analízase, mediante datos produtivos de granxas comerciais, o efecto dun brote de PRRSV de baixa virulencia en contraste con distintos brotes producidos pola cepa Rosalia. Adicionalmente, realízase unha análise das perdas directas mediante a cuantificación debidas a leitóns non comercializados. Os resultados confirman que Rosalia aumenta considerablemente as perdas produtivas, destacando un aumento significativo de abortos, así como un aumento de leitóns nados mortos, maior mortalidade nas nais e menor número de leitóns destetados. Ademais, a fase de recuperación das granxas prolóngase máis aló das 30 semanas, o que se traduce en cuantiosas perdas económicas para as granxas afectadas por esta cepa.

CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Titoría)
Do Carmo Silva, Lygia Grazielle Cotitoría
CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Titoría)
Do Carmo Silva, Lygia Grazielle Cotitoría
Tribunal
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Presidente/a)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Secretario/a)
LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE (Vogal)
Enfoque cirúrxico da displasia de cadeira en cans
Autoría
I.I.B.
Grao en Veterinaria
I.I.B.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
24.06.2025 09:30
24.06.2025 09:30
Resumo
A displasia de cadeira é o trastorno ortopédico máis común na especie canina, aínda que se describiu noutras especies, como nos gatos, sendo moito menos frecuente que se manifeste. Consiste nunha incongruencia da articulación coxofemoral entre a cabeza femoral e o acetábulo e que desemboca en osteoartrose. Nas fases iniciais pode ser asintomática, pero na maioría dos casos resulta nunha condición moi dolorosa para aqueles que a padecen. Trátase dun trastorno polixénico, multifactorial e herdable; no que tamén interveñen factores ambientais para que a displasia se manifeste, sendo as razas máis prevalentes as grandes e as xigantes. A pesar dos numerosos avances nos últimos anos desta enfermidade, a causa exacta e os factores iniciadores permanecen descoñecidos, e só se coñece una pequena parte da xenética implicada. Existe un tratamento médico ben establecido para aqueles pacientes con signos clínicos e dor atribuibles á displasia, sen embargo, o avance da enfermidade cara a osteoartrose é inevitable. Por esta razón propóñense distintos tratamentos cirúrxicos, establecendo diversas opcións e una comparativa en base ós mellores candidatos a cada intervención, principais indicacións, vantaxes e inconvenientes de cada unha delas.

LOPEZ GARCIA, MARIANO (Titoría)
LOPEZ GARCIA, MARIANO (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
Resistencias aos antibióticos en Escherichia coli de galiñas Pita Pinta Asturiana en Asturias: prevalencia de beta-lactamasas de espectro estendido (BLEE) e análise de patróns fenotípicos.
Autoría
L.J.V.
Grao en Veterinaria
L.J.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
24.06.2025 09:30
24.06.2025 09:30
Resumo
A producion avicola tradicional representa un modelo alternativo aos sistemas intensivos. No Principado de Asturias, a raza autoctona de galinas Pita Pinta constitue un claro exemplo deste tipo de producion, baseada en sistemas extensivos de autoconsumo e orientada a producions locais. As resistencias aos antibioticos na avicultura son un risco para a saude publica polo seu potencial de transmision a humanos e ao medio. Poren, descoñecese o impacto que estes sistemas poidan ter na diseminacion de resistencias aos antimicrobianos. Este traballo ten como obxectivo avaliar o papel da producion tradicional na diseminacion de resistencias antimicrobianas, concretamente en cepas de Escherichia coli illadas de galinas Pita Pinta. Para iso, tomaronse mostras de 279 aves pertencentes a 16 explotacions rexistradas no libro xenetico da ACPPA e analizouse a presenza de cepas de E. coli produtoras de BLEE, o seu perfil de resistencia a 24 antibioticos e a sua posible asociacion con factores que favorezan a sua diseminacion. Os resultados amosan unha baixa presenza de cepas produtoras de BLEE (2,33 %). Non obstante, detectouse unha ampla difusion de resistencias a outras familias de antibioticos, especialmente aminoglicosidos e colistina (superior ao 65 %). Identificaronse catro patrons de multirresistencia e asociacions entre familias de antibioticos. Detectouse unha clara agrupacion de resistencias a aminoglicosidos e polimixinas (cluster 2) e certa co-resistencia xunto con antibioticos beta-lactamicos (cluster 4); penicilinas e quinolonas (cluster 1); penicilinas, tetraciclinas e sulfonamidas (cluster 3). Analizouse a relacion entre o numero de resistencias e a presenza de factores de manexo e ambientais. Non se atoparon asociacions significativas entre as resistencias detectadas e os factores avaliados, o que suxire unha distribucion homoxenea entre granxas e un posible risco de diseminacion. En conclusion, ainda que a producion tradicional con Pita Pinta presenta unha baixa prevalencia de resistencias criticas, como as BLEE, non esta exenta de albergar bacterias multirresistentes. Ademais, os perfis e combinacions de resistencias identificados deben considerarse coidadosamente ao seleccionar as medidas terapeuticas a aplicar nesta raza. Estes achados subliñan a necesidade de reforzar as boas practicas de manexo, vixilancia e control en sistemas alternativos que, ainda que menos intensivos, poden actuar como reservorios de resistencia aos antimicrobianos.

Control e manexo da dor no cabalo
Autoría
A.L.A.
Grao en Veterinaria
A.L.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
24.06.2025 09:30
24.06.2025 09:30
Resumo
A dor é unha sensación que existe para protexer ao individuo dun dano, pero cando esta se volve patolóxica, debe ser controlada mediante analxesia para evitar os procesos de sensibilización que causan o desenvolvemento de hiperalxesia/alodinia. A problemática do manexo da dor no cabalo radica na dificultade de recoñecer a súa presenza, para iso desenvolvéronse multitude de escalas de avaliación da dor baseadas nos xestos faciais ou no comportamento destos animais. A analxesia preventiva polimodal en cabalos está baseada no uso combinado de AINEs, agonistas alfa-2, opioides, ketamina, lidocaína e técnicas locorrexionais. As infusións continuas supoñen unha vantaxe engadida ao permitir un control máis estreito e continuo da dor. O uso de ketamina (anestésico disociativo) comunmente empregada para a inducción, a doses subanestésicas e a lidocaína (anestésico local) en infusión como analxésicos está actualmente en estudo. Neste traballo recompiláronse os fármacos (por grupos de familia), as doses, segundo a vía de administración e autores nunhas táboas comparativa, xa que destaca a gran disparidade nas doses descritas por diferentes fontes, á vez que se desenvolverá un breve comentario sobre os analxésicos autorizados para equinos en España. Desenvolverase unha breve discusión das técnicas non farmacolóxicas analxésicas máis populares ou frecuentes. As diferenzas fisiolóxicas dos poldros e cabalos xeriátricos fan que o seu manexo analxésico e anestésico requira unha monitorización máis estricta, por tanto preséntase un epígrafe referido a estes dous rangos de idade.

VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Titoría)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
A Síndrome de Disfunción Cognitiva Canina (SDCC)
Autoría
L.L.C.
Grao en Veterinaria
L.L.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
24.06.2025 09:30
24.06.2025 09:30
Resumo
A Síndrome de Disfunción Cognitiva Canina (SDCC) é unha enfermidade neurodexenerativa relacionada coa idade na que se alteran os procesos cerebrais que permiten ao can xeriátrico interactuar co seu contorno e, en consecuencia, o seu comportamento. Aínda que as estimacións da súa prevalencia chegaron ao 73,5% da poboación xeral, considérase infradiagnosticada e pouco coñecida entre os coidadores. Por outra banda, debido a súa alta semellanza coa enfermidade de Alzheimer, os cans con SDCC son un bo modelo para avanzar na loita contra ela. A falta dunha proba de ouro estandarizada para identificar o SDCC complica a confirmación dos achados dos estudos, o que fai que sexa necesaria a comparación dos resultados. Desenvólvese información sobre epidemioloxía; os mecanismos que explican o envellecemento patolóxico no cerebro e o posible papel do péptido beta-amiloide e da proteína tau; a sintomatoloxía; as probas que se están a desenvolver para a detección máis alá do diagnóstico por exclusión, xa sexa obxectiva ou subxectiva; e o tratamento, centrado en aliviar os signos clínicos porque non existe cura. Unha combinación de enriquecemento ambiental, fármacos e nutracéuticos, ou dietas especializadas pode controlar o CCSD. A prevención e o diagnóstico precoz son fundamentais para frear a progresión da doenza e garantir a mellor calidade de vida posible tanto para o paciente como para a súa familia.

VARELA LOPEZ, OSCAR (Titoría)
Varela López, Benxamín Cotitoría
VARELA LOPEZ, OSCAR (Titoría)
Varela López, Benxamín Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
Fallo na transferencia de inmunidade pasiva no poldro (Equus ferus caballus)
Autoría
I.M.A.
Grao en Veterinaria
I.M.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O fallo na transferencia de inmunidade pasiva (FTIP) é unha alteración inmunolóxica que afecta ao poldro neonato cando non se produce unha absorción axeitada de inmunoglobulinas (Ig) do calostro materno. A placenta da egua non permite o paso de Ig in utero, polo que esta afección deixa ao poldro exposto a un maior risco de infeccións, incrementando a morbilidade e mortalidade durante as primeiras semanas de vida. O calostro é o primeiro leite secretado pola ubre da nai e presenta unhas características na súa composición química e física que o fan imprescindible na transferencia de inmunidade pasiva. A absorción intestinal dos compoñentes inmunes do calostro está activa durante as primeiras 15 a 16 horas de vida, momento a partir do cal os enterocitos perden a súa capacidade de absorber Ig, chegando a ser nula ás 24 horas de vida. Existen múltiples causas que poden desencadear o desenvolvemento do FTIP, entre as cales destacan a incapacidade do poldro para inxerir o calostro e a produción materna de calostro de baixa calidade. O diagnóstico desta patoloxía baséase na determinación das concentracións séricas de IgG. Se o valor de IgG sérica do poldro está por debaixo dos 400 mg/dL, considérase un FTIP total; mentres que se os valores oscilan entre 400 e 800 mg/dL, considérase un FTIP parcial. A intervención no FTIP pasa, entre outros factores, pola análise da calidade do calostro, que permitirá tomar decisións nas primeiras horas de vida do animal. Poderase actuar suplementando con outros calostros de mellor calidade e, no caso de diagnosticar un FTIP no poldro tras a medición das Ig séricas, será preciso realizar unha transfusión de plasma. As novas tendencias no estudo do FTIP céntranse no desenvolvemento de novos métodos diagnósticos, así como na modulación da calidade do calostro producido mediante modificacións na ración, suplementos alimenticios e protocolos de vacinación nas egua nai.

VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA Cotitoría
SAINZ OSES, MARIA JESUS (Titoría)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA Cotitoría
Tribunal
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Vogal)
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Vogal)
Seroprevalencia de Leishmania infantum en équidos de Galicia
Autoría
L.M.G.
Grao en Veterinaria
L.M.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
A leishmaniose é unha enfermidade zoonósica causada por protozoos do xénero Leishmania, transmitida principalmente por flebótomos. Aínda que o seu estudo se centrou tradicionalmente en humanos e cans, cada vez cobra maior relevancia a implicación doutras especies animais, como os équidos, no seu ciclo epidemiolóxico. En Galicia, comunidade autónoma do noroeste de España, a enfermidade comezou a emerxer nos últimos anos debido a factores climáticos e ecolóxicos que favorecen a expansión do vector. Porén, o papel do cabalo como posible hospedador de Leishmania infantum foi escasamente investigado nesta rexión. O presente traballo ten como obxectivo avaliar a seroprevalencia de L. infantum en cabalos de Galicia mediante a análise de mostras sanguíneas empregando a técnica ELISA. Este enfoque experimental permitirá ampliar o coñecemento sobre a presenza do parasito en hospedadores non caninos e valorar a relevancia epidemiolóxica dos équidos en zonas de endemicidade baixa ou moderada. Os resultados obtidos confirman a exposición a L. infantum en équidos das zonas climáticas Csa e Csb en Galicia, sendo esta a primeira descrición en cabalos nesta rexión. Estes achados poderán contribuír a mellorar as estratexias de vixilancia e prevención da leishmaniose en contextos de expansión xeográfica do vector.

Secuestro corneal felino
Autoría
C.M.V.
Grao en Veterinaria
C.M.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
O secuestro corneal felino (SCF), tamén chamado necrose corneal, degeneración focal da córnea ou momificación parcial da córnea, é unha das enfermidades oculares máis comúns na especie felina. Afecta nunha menor medida a outras especies como o cabalo ou o can. A lesión desenvólvese na córnea coa perda da súa transparencia e a formación dunha placa pigmentada sobre a superficie ocular. A etioloxía non se coñece con exactitude e formuláronse diversas hipóteses ao respecto, entre as que destacan un compoñente xenético, lesións traumáticas crónicas sobre a córnea e infeccións por herpesvirus felino-1 (FHV-1). Os signos clínicos máis comúns son o dor ocular acompañado de blefarospasmo, fotofobia e epífora. O diagnóstico consiste na visualización directa da lesión mediante unha exploración ocular completa. O obxectivo do tratamento é a recuperación da transparencia corneal e a supresión do dor, empregando diversas técnicas e fármacos.

Ecografía pulmonar como ferramenta diagnóstica en gando de leite
Autoría
M.M.R.
Grao en Veterinaria
M.M.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
24.06.2025 09:30
24.06.2025 09:30
Resumo
A pneumonía na recría de becerros compromete o crecemento, atrasa a idade ao primeiro parto e reduce a produtividade futura, xerando perdas económicas significativas. O presente traballo ten como obxectivo avaliar a utilidade da ecografía torácica como ferramenta diagnóstica para a detección temperá do síndrome respiratorio en becerras. Así mesmo, abórdase a súa implementación como método de cribado en estudos epidemiolóxicos e proponse a súa integración sistemática en programas de control de enfermidades respiratorias en bovinos. Para iso, realizouse unha revisión exhaustiva da literatura científica, complementada coa obtención de imaxes e datos procedentes da aplicación práctica da técnica ecográfica. O enfoque principal céntrase na aplicabilidade da ecografía pulmonar en explotacións de gando leiteiro, destacando o seu valor diagnóstico avalado por evidencia científica previa. Diversos estudos demostran que esta ferramenta permite a identificación de cadros subclínicos, o seguimento da evolución da enfermidade e a avaliación da eficacia terapéutica, favorecendo unha xestión máis precisa da saúde respiratoria na recría. En consecuencia, conclúese que a ecografía pulmonar constitúe un método complementario de gran valor para o prognóstico do síndrome respiratorio, ao ofrecer elevada sensibilidade e especificidade diagnóstica, adecuada adaptabilidade ás condicións de campo e un coñecemento claro das súas limitacións técnicas e operativas.
A pneumonía na recría de becerros compromete o crecemento, atrasa a idade ao primeiro parto e reduce a produtividade futura, xerando perdas económicas significativas. O presente traballo ten como obxectivo avaliar a utilidade da ecografía torácica como ferramenta diagnóstica para a detección temperá do síndrome respiratorio en becerras. Así mesmo, abórdase a súa implementación como método de cribado en estudos epidemiolóxicos e proponse a súa integración sistemática en programas de control de enfermidades respiratorias en bovinos. Para iso, realizouse unha revisión exhaustiva da literatura científica, complementada coa obtención de imaxes e datos procedentes da aplicación práctica da técnica ecográfica. O enfoque principal céntrase na aplicabilidade da ecografía pulmonar en explotacións de gando leiteiro, destacando o seu valor diagnóstico avalado por evidencia científica previa. Diversos estudos demostran que esta ferramenta permite a identificación de cadros subclínicos, o seguimento da evolución da enfermidade e a avaliación da eficacia terapéutica, favorecendo unha xestión máis precisa da saúde respiratoria na recría. En consecuencia, conclúese que a ecografía pulmonar constitúe un método complementario de gran valor para o prognóstico do síndrome respiratorio, ao ofrecer elevada sensibilidade e especificidade diagnóstica, adecuada adaptabilidade ás condicións de campo e un coñecemento claro das súas limitacións técnicas e operativas.
Dirección
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Titoría)
Grille Barbeira, Rogelio Cotitoría
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Titoría)
Grille Barbeira, Rogelio Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
Revisión bibliográfica das principais malformacións conxénitas que afectan ao esqueleto axial nos ruminantes
Autoría
I.I.M.P.
Grao en Veterinaria
I.I.M.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
No presente traballo preséntase unha revisión bibliográfica sobre as principais malformacións conxénitas que afectan ó esqueleto axial dos ruminantes, con especial énfase naquelas que comprometen a rexión poscranial. O desenvolvemento embrionario dos ruminantes divídese en tres fases: a fase de segmentación, que comeza coa formación do cigoto e culmina na etapa de blastocisto; a fase de gastrulación, durante a cal se forman as tres capas xerminativas (mesoderma, endoderma e ectoderma); e a fase de organoxénese, na que se desenvolven os órganos e sistemas corporais, incluído o esqueleto axial, que se orixina a partir do mesoderma. As alteracións neste proceso, xa sexan por causas xenéticas, infecciosas, ambientais ou nutricionais, poden dar lugar a diversas malformacións. Entre as máis comúns descritas na literatura científica atópanse aquelas relacionadas con trastornos no desenvolvemento da cartilaxe, como a condrodisplasia, condrodistrofia ou acondroplasia, todas elas causantes de ananismo; e as malformacións asociadas á cantidade ou función dos osteoclastos, como a osteopetrosis, entre outras. Moitas destas afeccións son incompatibles coa vida e xeran importantes perdas económicas no sector gandeiro. Actualmente, as análises xenéticas constitúen unha das principais ferramentas diagnósticas empregadas, e resultan fundamentais para implementar estratexias orientadas a reducir a incidencia destas malformacións no futuro.

DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Titoría)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Titoría)
Tribunal
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Vogal)
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Vogal)
Estudo das resistencias a antimicrobianos en Escherichia Coli de gatos ferais da cidade de Lugo
Autoría
A.M.G.
Grao en Veterinaria
A.M.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A resistencia aos antimicrobianos (RAM) é un problema crecente para a saúde pública que debe abordarse desde unha perspectiva One Health que integre a sanidade humana, animal e ambiental. Dentro deste contexto, os gatos ferais ou de colonia poderían constituír unha alternativa para a monitorización ambiental das RAM da zona xeográfica na que habitan, podendo ser empregados como animais sentinela para a vixilancia destas resistencias. Desta forma, os obxectivos que se expuxeron neste estudo foron analizar fenotípicamente o perfil de resistencias a antimicrobianos en cepas de Escherichia coli illados de gatos da cidade de Lugo, estudando as súas implicacións na saúde pública e veterinaria, así como a utilidade destes animais como indicadores do impacto do uso de antimicrobianos. Para iso empregáronse 27 illados de E. coli obtidos de gatos ferais procedentes de diferentes colonias da cidade de Lugo, analizando para cada un, un total de 24 antibióticos mediante o método de Kirby-Bauer. Os resultados obtidos mostran que os illados de E. coli presentaron un importante nivel RAM, cun 51% de cepas multirresistentes e un 19% de cepas cumpridamente resistentes. Ademais, un 7,5% dos illados foron compatibles con cepas produtoras de betalactamasas de espectro estendido. As resistencias máis frecuentes observáronse fronte ás penicilinas (betalactámicos) e fronte á maioría dos aminoglucósidos analizados, o cal se relaciona posiblemente coa presenza de encimas modificadoras; con todo, esta observación debería ser corroborada mediante a realización de estudos moleculares. Tamén resulta rechamante a elevada porcentaxe de cepas resistentes á colistina; con todo, neste caso este achado podería estar relacionado coas limitacións da técnica empregada, polo que se debería confirmar mediante técnicas alternativas. Doutra banda, as porcentaxes de susceptibilidade obtidos fronte a cefalosporinas e quinolonas foron elevados, suxerindo que este tipo de resistencia non está especialmente distribuída no medio ambiente, sendo un dato moi importante xa que ambos os grupos de antibióticos son de especial interese para a medicina humana. Tamén se rexistrou unha elevada sensibilidade a tetraciclinas e os inhibidores do ácido fólico, a pesar de ser fármacos de primeira liña moi empregados na medicina veterinaria. En resumo, os resultados deste traballo apoian a idea de que os gatos de colonia poden ser empregados como sentinelas ou marcadores de resistencias a antimicrobianos en contornas urbanas dado o seu estilo de vida sinantrópico, sendo por tanto unha ferramenta útil para a vixilancia das RAM a nivel ambiental.

García Herradón, Pedro José (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)

Avaliación do efecto de dous suplementos nutricionais no tratamento da Síndrome de Disfunción Cognitiva canina.
Autoría
L.M.G.
Grao en Veterinaria
L.M.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
24.06.2025 09:30
24.06.2025 09:30
Resumo
A síndrome de disfunción cognitiva canina (SDC) é unha enfermidade infradiagnosticada que, en cambio, aumenta en prevalencia a medida que os pacientes envellecen. Ademais, desempeña un papel especial na investigación da enfermidade de Alzheimer (EA) en humanos porque os cans son o principal modelo de estudo pola gran semellanza entre ambas enfermidades. Ao tratarse dunha enfermidade dexenerativa, a SDC non ten cura, pero o que se intenta cos distintos tratamentos é mellorar a calidade de vida dos pacientes e dos seus titores. Este tratamento non só ten un enfoque farmacolóxico, senón que os aspectos dietéticos e conductuais xogan un papel crucial nel. Este Traballo de Fin de Grao céntrase no efecto de dous suplementos nutricionais (Cognidine e Oxispeed) como tratamento para a SDC canina, comparando os resultados de dous cuestionarios (CADES (canine dementia scale) e TDS (total dysfuntion score)) antes de recibir os suplementos nutricionais, un mes despois de comezar a consumilos e tres meses despois do inicio do tratamento. Os resultados deste estudo parecen satisfactorios, mostrando diferenzas estatisticamente significativas entre os resultados iniciais das probas e os resultados despois dun mes de tratamento. Non obstante, necesítase continuar co proxecto de investigación para reforzar aínda máis estas afirmacións.
A síndrome de disfunción cognitiva canina (SDC) é unha enfermidade infradiagnosticada que, en cambio, aumenta en prevalencia a medida que os pacientes envellecen. Ademais, desempeña un papel especial na investigación da enfermidade de Alzheimer (EA) en humanos porque os cans son o principal modelo de estudo pola gran semellanza entre ambas enfermidades. Ao tratarse dunha enfermidade dexenerativa, a SDC non ten cura, pero o que se intenta cos distintos tratamentos é mellorar a calidade de vida dos pacientes e dos seus titores. Este tratamento non só ten un enfoque farmacolóxico, senón que os aspectos dietéticos e conductuais xogan un papel crucial nel. Este Traballo de Fin de Grao céntrase no efecto de dous suplementos nutricionais (Cognidine e Oxispeed) como tratamento para a SDC canina, comparando os resultados de dous cuestionarios (CADES (canine dementia scale) e TDS (total dysfuntion score)) antes de recibir os suplementos nutricionais, un mes despois de comezar a consumilos e tres meses despois do inicio do tratamento. Os resultados deste estudo parecen satisfactorios, mostrando diferenzas estatisticamente significativas entre os resultados iniciais das probas e os resultados despois dun mes de tratamento. Non obstante, necesítase continuar co proxecto de investigación para reforzar aínda máis estas afirmacións.
Dirección
LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Titoría)
GONZALEZ MARTINEZ, ANGELA Cotitoría
LÓPEZ ALONSO, MARÍA MARTA (Titoría)
GONZALEZ MARTINEZ, ANGELA Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
Efectos dos Microplásticos e Nanoplásticos na Reprodución
Autoría
A.M.C.
Grao en Veterinaria
A.M.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
24.06.2025 09:30
24.06.2025 09:30
Resumo
A elevada cantidade de residuos xerados nos ámbitos urbanos e rurais e a alta presenza de microplásticos e nanoplásticos nos ecosistemas convertéronos nunha seria ameaza para o medio ambiente e para a saúde humana e animal. Estas partículas son capaces de penetrar nos distintos organismos que forman a cadea trófica, acumulándose e causando danos en diversos sistemas. Nesta revisión bibliográfica profundízase nos seus efectos tóxicos sobre a reprodución en distintos niveis: alteracións na gametoxénese, cambios no panel hormonal e redución da fertilidade e da viabilidade embrionaria. Ademais, analízanse estudos sobre o impacto reprodutivo dos seus dous aditivos principais, o Bisfenol A e os ftalatos, que, actuando como disruptores endócrinos, teñen unha influencia negativa na eficacia reprodutiva. Outros temas tratados neste traballo son o posible efecto destes contaminantes nas técnicas de reprodución in vitro en distintas especies e os efectos transxeracionais que pode implicar a súa exposición. Finalmente, expóñense algunhas normativas actuais para o control dos microplásticos, a pesar da necesidade de novas regulacións e estudos ao respecto.

Efecto de micotoxinas reguladas e emerxentes sobre a liña celular de cancro de pulmón NCI-H226
Autoría
C.M.F.
Grao en Veterinaria
C.M.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
As micotoxinas son metabolitos secundarios producidos por fungos, en especial polos pertencentes aos xéneros Aspergillus, Penicillium e Fusarium. A contaminación de cereais e produtos agrícolas, en particular daqueles destinados á alimentación animal, poden producir micotoxicosis, comprometendo tanto a saúde como a produtividade animal. Estas micotoxinas pódense dividir en dous grupos: emerxentes ou non reguladas, como a gliotoxina (Glio) e reguladas como o deoxinivalenol (DON). Neste traballo avalíase o efecto destas dúas micotoxinas sobre a liña celular de cancro de pulmón NCI-H226. Obsérvase unha redución considerable da viabilidade ao tratar as células con concentracións de 5 micromolar e 10 micromolarde Glio, cunha supervivencia do 58% e 31% respectivamente e obtendo unha concentración inhibitoria 50 (IC50) de 7.2 micromolar. Porén, o DON é unha micotoxina moito menos potente, cunhas porcentaxes de supervivencia do 83% con 5 micromolar e do 66% con 10 micromolar. Hai que destacar que en presencia de concentracións máis baixas das micotoxinas (0.1 micromolar, 0.5 micromolar, 1 micromolar) hai un incremento no sinal con respecto ás células sen tratar, indicando que estas micotoxinas promoven a proliferación de células tumorais. Co fin de comprobar se a combinación destas toxinas ten un efecto sinérxico, aditivo ou antagónico, tratáronse as células con ambos compostos en proporción 1:1 e obsérvase que o efecto do DON queda completamente enmascarado pola Glio. Por último, determinouse o tipo de morte que inducen as dúas micotoxinas mediante citometría de fluxo, predominando a apoptose temperá con DON e Glio individualmente e apoptose tardía cando se combinan ambas.

ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Titoría)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA Cotitoría
ALFONSO RANCAÑO, MARIA AMPARO (Titoría)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA Cotitoría
Tribunal
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
Detección de anticorpos frente a Oestrus spp. e Cephenemyia spp. en cabra montés (Capra pyrenaica) e muflóns (Ovis aries musimon) de Castela e León
Autoría
S.M.L.
Grao en Veterinaria
S.M.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Oestrus spp. e Cephenemyia spp. (Díptera: Oestridae) son dous xéneros de moscas causantes de miases nasofarínxeas, cuxas fases larvarias invaden as fosas nasais, os seos frontais e/ou as cavidades farínxeas dun hóspede vertebrado. Oestrus ovis é un ectoparásito de distribución mundial que afecta, principalmente, a pequenos ruminantes como ovinos e caprinos, así como a outros ungulados silvestres. Cephenemyia stimulator é bastante específico de hóspede, polo que rara vez se atopa en hóspedes diferentes ós cérvidos. O obxectivo da presente investigación foi determinar a seroprevalencia de Oestrus spp. e Cephenemyia spp. en cabras monteses (Capra pyrenaica) e muflóns (Ovis aries musimon) de Castela e León. Ademáis, analizarase a influenza de distintos factores de risco, como a idade, o sexo, a especie e a zona de procedencia dos animais, nestas seroprevalencias. Para acadar estes obxectivos, tomáronse mostras de 100 muflóns e 72 cabras monteses procedentes de varias reservas de caza da Comunidade Autónoma de Castela e León (España), entre os anos 2011 e 2015. Posteriormente, leváronse a cabo dous protocolos de ELISA (Enzyme-Linked Immunosorbent Assay) indirecto “in house” para a detección de anticorpos frente a ambas miases. A análise dos factores de risco sobre a seroprevalencia levouse a cabo mediante unha regresión lineal empregando o software R. A seroprevalencia de infestación por Oestrus spp. foi do 44,3% (77/174), fronte ao 16,1% (28/174) detectado para Cephenemyia spp. Un 10,3% (18/174) dos animais presentaron anticorpos fronte a ambos parásitos. Do total dos muflóns, o 77% foron positivos a Oestrus spp. (77/100) e o 21% a Cephenemyia spp. (21/100), sendo este último parásito o único detectado en cabras monteses (9,5%; 7/74). Os resultados obtidos para Cephenemyia spp. resultan sorprendentes, debido á súa consideración como un parásito específico dos cérvidos. Non se observaron diferenzas significativas na seroprevalencia destas miases en función da idade e o sexo dos animais. Con todo, a seroprevalencia de ambas miases foi maior en muflóns mostreados durante o segundo período de mostraxe, o que podería deberse a un aumento da incidencia das mesmas. As miases nasofarínxeas son enfermedades que se atopan en aumento en España, sendo capaces de afectar a diferentes especies que comparten un mesmo nicho ecolóxico, o que facilita a súa distribución e dificulta o seu control, causando graves repercusións nos animais que parasitan.

REMESAR ALONSO, SUSANA (Titoría)
GARCIA DIOS, DAVID Cotitoría
REMESAR ALONSO, SUSANA (Titoría)
GARCIA DIOS, DAVID Cotitoría
Tribunal
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Vogal)
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Vogal)
Caracterización dos cambios histolóxicos producidos por Aelurostrongylus abstrusus nos pulmóns dos gatos
Autoría
J.N.N.
Grao en Veterinaria
J.N.N.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
Aelurostrongylus abstrusus é un nematodo broncopulmonar que infecta gatos domésticos e salvaxes, causando alteracións histopatolóxicas significativas no tecido pulmonar. A pesar da súa alta prevalencia, o seu posible papel no desenvolvemento de hipertensión arterial pulmonar (HAP) e fibrose non foi suficientemente estudado. Este traballo analiza as lesións pulmonares causadas por A. abstrusus, caracterizando a presenza de tecido mesenquimatoso anómalo nos septos interalveolares e avaliando o seu posible papel patoxénico na HAP. Ademais, explórase a relación entre a parásitose e as complicacións anestésicas en gatos infectados. Analizáronse 46 mostras pulmonares obtidas de necropsias realizadas entre 2021 e 2024, empregando tincións histolóxicas, inmunohistoquímica para actina de músculo liso, análise morfométrico, PCR e secuenciación para confirmar a presenza do parásito. Os pulmóns parasitados presentaron pneumonía intersticial, granulomas e un marcado infiltrado eosinofílico, ademais dun engrosamento significativo das arteriolas pulmonares (p menor a 0.001) e neoformación de tecido muscular liso nos septos interalveolares. A PCR confirmou a infección por A. abstrusus. Nalgúns casos, gatos aparentemente sans faleceron durante procedementos anestésicos menores, o que suxire unha posible relación entre a parásitose e a disfunción respiratoria. Os achados suxiren que A. abstrusus pode inducir alteracións vasculares severas nos pulmóns, contribuíndo ao desenvolvemento de HAP. Isto destaca a necesidade de mellorar as técnicas de diagnóstico e afondar no estudo do impacto a longo prazo deste parásito na saúde respiratoria felina.

LOPEZ PEÑA, MONICA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
LOPEZ PEÑA, MONICA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
Tribunal
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
FOUZ DOPACIO, RAMIRO ANTONIO (Presidente/a)
VILA PASTOR, MONICA (Secretario/a)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA (Vogal)
Caracterización morfopatolóxica e inmunohistoquímica de adxuvantes vacinais no rodaballo (Scophthalmus maximus)
Autoría
B.O.G.
Grao en Veterinaria
B.O.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
As vacinas son ferramentas esenciais para a prevención de enfermidades infecciosas, xa que actúan sobre o sistema inmunitario adaptativo e xeran memoria inmunolóxica fronte a patóxenos específicos. Na acuicultura, o seu uso é clave, existindo múltiples vacinas. Todas elas inclúen un compoñente fundamental: o adxuvante, que desempeña un papel esencial como inmunoestimulador; con todo, existe o risco de reaccións secundarias. Co presente traballo, estudouse a resposta inmunitaria temperá no rodaballo (Scophthalmus maximus) tras a administración intraperitoneal de dúas vacinas experimentais diferenciadas polo tipo de adxuvante, unha con base xel (Xel) e outra con base aceite (763). Establecéronse tres tempos de mostraxe (días 4, 7 e 14 post-vacinación), realizándose a necropsia e a toma de mostras dos órganos abdominais (bazo, páncreas, fígado e sistema dixestivo) e ril para a súa análise histopatolóxica. Aplicáronse técnicas de tinción histolóxica (Hematoxilina-Eosina) e inmunohistoquímica, empregando marcadores específicos de resposta humoral adaptativa temperá (inmunoglobulina M, IgM), de proliferación celular (antíxeno nuclear de células proliferantes, PCNA) e de apoptose celular (caspase-3 activa, C3A). Macroscópicamente, en ambos grupos observouse material blanquecino e firme sobre os órganos abdominais. Histoloxicamente, ambos adxuvantes induciron unha peritonite granulomatosa difusa grave, caracterizada por un infiltrado inflamatorio de macrófagos e células epitelioides ao redor de depósitos dunha substancia amorfa eosinofílica (adxuvante en base xel) ou de pingas ópticamente baleiras (adxuvante en base aceite). A reacción inflamatoria foi máis intensa e precoz co adxuvante en base aceite, mentres que o adxuvante en base xel mostrou unha progresión gradual, acadando gravidade semellante ao día 14. A inmunohistoquímica revelou abundante positividade para IgM e PCNA na periferia dos granulomas en ambos grupos, aínda que con diferenzas temporais. O adxuvante en base xel mostrou ademais unha alta expresión de C3A+ nas células próximas ao centro das lesións, asociada á necrose tisular, o que suxire maior actividade apoptótica. En contraste, o adxuvante en base aceite presentou baixa positividade para C3A. Os resultados evidencian que o tipo de adxuvante inflúe directamente na intensidade e evolución da resposta inmunitaria. Ademais, destácase a importancia de combinar o exame macroscópico, histolóxico e inmunohistoquímico para unha caracterización completa das reaccións vacinais, xa que manifestacións aparentemente semellantes a nivel macroscópico poden diferir significativamente a nivel tisular e inmunolóxico.

Quiroga Berdeal, María Isabel (Titoría)
Souto Guitián, Xoel Cotitoría
Quiroga Berdeal, María Isabel (Titoría)
Souto Guitián, Xoel Cotitoría
Tribunal
García Herradón, Pedro José (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
García Herradón, Pedro José (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
Identificación da especie e sexo en dous zifios mediante estudos anatómicos, radiolóxicos e xenéticos
Autoría
K.P.Z.
Grao en Veterinaria
K.P.Z.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
Os cifios son cetaceos odontocetos dos que se dispon de moi pouca informacion, xa que habitan augas profundas e presentan un comportamento esquivo, por iso, gran parte do que se sabe proven do estudo dos cadaveres que aparecen na costa. Ademais, a identificacion da especie en cifios varados supon con frecuencia un desafio debido o solapamento de caracteres morfologicos, e o unico criterio diagnostico en machos adultos e o punto de erupcion do unico par de dentes mandibulares. O obxectivo deste traballo foi confirmar a especie e o sexo de dous exemplares inicialmente, pero non de xeito definitivo, identificados como cifios de Sowerby Mesoplodon bidens. Para iso realizáronse estudos anatomicos diseccion e biometrias, tomografia computarizada TC e analises xenetico moleculares PCR e secuenciacion. Os resultados dos estudos de TC da cabeza mostraron que os dous exemplares exhibian en osos e tecidos brandos caracteristicas morfologicas compatibles con M. bidens. Na diseccion dos tecidos brandos observaronse dous sucos paralelos no chan da cavidade espiracular, achado que permitiu identificar aos dous individuos como cifios de Sowerby, xa que e a unica especie de cifio que presenta esta peculiaridade morfologica no sistema de sacos nasais. O estudo molecular consistiu na amplificacion e secuenciacion da rexion de control do ADN mitocondrial en todos os exemplares, as secuencias obtidas compararonse coas bases de datos nBLAST NCBI e DNA Surveillance, confirmandoos sen ambiguidade como M. bidens. En paralelo, a amplificacion dos introns Zfx e Zfy dos cromosomas sexuais revelou un cariotipo XY, identificando ambos exemplares como machos. Estes achados demostran que, ainda que se poden empregar diversas metodoloxias para a identificacion da especie en cifios varados, a xenetica molecular e a ferramenta mais fiable, polo que se recomenda a sua inclusion nos protocolos da Rede de Varamientos de Galicia para garantir a asignacion correcta da especie en casos dubidosos.

BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL Cotitoría
ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA (Titoría)
BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL Cotitoría
Tribunal
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
Valorización sostible dos subprodutos da pesca: obtención de coláxeno e o seu uso na industria alimentaria.
Autoría
M.D.C.P.M.
Grao en Veterinaria
M.D.C.P.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
A valorización dos subprodutos pesqueiros adquiriu relevancia na industria alimentaria como unha estratexia sostible para reducir o desperdicio e aproveitar os recursos mariños de maneira eficiente. O coláxeno mariño, derivado principalmente de peles, escamas e ósos de peixe, demostrou posuír propiedades tecnolóxicas e funcionais que o fan atractivo para a súa aplicación en diversos sectores industriais, incluíndo a alimentación, a cosmética e a biomedicina. Este traballo revisa os métodos de extracción de coláxeno, resaltando técnicas tradicionais como a extracción en medio ácido e a hidrólise encimática, así como métodos emerxentes como a extracción asistida por ultrasóns e o uso de fluídos supercríticos. Analizáronse os factores que inflúen no rendemento e na calidade do coláxeno obtido, destacando a influencia da especie de orixe e as condicións de procesado. Ademais, abordáronse as aplicacións do coláxeno mariño na industria alimentaria, onde se emprega como aditivo funcional pola súa capacidade xelificante, emulsionante e estabilizante. A pesar dos seus múltiples beneficios, identificáronse desafíos relacionados coa estandarización de procesos, a viabilidade económica e a aceptación por parte do consumidor. Finalmente, presentáronse perspectivas futuras orientadas á optimización de técnicas de extracción sostibles e ao desenvolvemento de novos produtos con coláxeno mariño que respondan ás crecentes demandas do mercado global.

Caracterización morfofuncional do órgano vestíbulo coclear durante o desenvolvemento embrionario en coellos
Autoría
D.P.M.
Grao en Veterinaria
D.P.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
O sistema vestibulo-coclear consta de estruturas sensoriais avanzadas como son os labirintos membranoso e óseo localizados no interior do oído interno, e as aferencias neuronais sensoriais que forman o nervio vestibulo-coclear (Nervio Craneal VIII). Este sistema é crítico para dúas funcións principais: o sistema auditivo captura e procesa vibracións sonoras, mentres que o sistema vestibular mantén o equilibrio e a orientación espacial. Desde unha perspectiva evolutiva, a capacidade de detectar e discriminar estímulos acústicos e vestibulares foi clave na supervivencia dos vertebrados, permitíndolles anticipar e reaccionar eficazmente aos cambios ambientais e comunicarse con conspecíficos. O sistema auditivo está particularmente implicado en detectar sons relacionados coa alimentación, a comunicación intraespecífica e a percepción de predadores. Mentres tanto, o sistema vestibular apoia a postura, o equilibrio e a coordinación durante o movemento e outras actividades físicas. Este estudo centrouse no desenvolvemento prenatal do sistema auditivo en coellos, examinando o grao de diferenciación dentro das estruturas e núcleos auditivos responsables da integración sensorial nunha etapa embrionaria de 20 días. Para iso realizouse un estudo histolóxico seriado nos tres planos anatómicos, utilizando cabezas completas de fetos de 20 días de xestación. As mostras foron incluídas en parafina e tinguidas con tincións de hematoxilina-eosina e Nissl. Así mesmo, realizáronse marcaxes inmunohistoquímicos e con lectinas que achegaron información morfo-funcional. De acordo cos resultados obtidos, este período marca unha maduración significativa do sistema vestibulo-coclear, como demostra a presenza de estruturas sensoriais e centros de integración ben diferenciados, xunto con patróns neuroquímicos que suxiren funcionalidade operativa. Estas observacións son cruciais xa que destacan a preparación funcional temperá do sistema auditivo, que é esencial tras o nacemento, para o procesamento auditivo posterior e o mantemento do equilibrio.

SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Titoría)
VAZQUEZ TORRES, MATEO Cotitoría
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Titoría)
VAZQUEZ TORRES, MATEO Cotitoría
Tribunal
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Vogal)
PEÑA MARTÍNEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Secretario/a)
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Vogal)
Protocolos anestésicos en animais exóticos
Autoría
I.P.M.
Grao en Veterinaria
I.P.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Este traballo constitúe unha revisión bibliográfica sobre a anestesia en especies animais exóticas, incluíndo aves, réptiles, peixes e pequenos mamíferos. A anestesia nestas especies presenta retos específicos debido ás súas particulares características anatómicas e fisiolóxicas, o que esixe un coñecemento especializado e a aplicación de protocolos individualizados. Analízanse os aspectos clave de cada fase do proceso anestésico, así como as principais complicacións asociadas. Profúndase nas peculiaridades anatómicas e fisiolóxicas que condicionan a elección dos fármacos, as vías de administración e a implementación de técnicas anestésicas seguras e eficaces. Ademais, considéranse os accesos vasculares máis axeitados, as estratexias para previr a hipotermia e as diferenzas entre especies en canto ao metabolismo e aos sistemas respiratorio e cardiovascular. Estes coñecementos contribúen a mellorar os resultados anestésicos e a reducir as taxas de morbilidade e mortalidade nestes pacientes.

VARELA LOPEZ, OSCAR Cotitoría
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Titoría)
VARELA LOPEZ, OSCAR Cotitoría
Tribunal
García Herradón, Pedro José (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
García Herradón, Pedro José (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
Estudo da seroprevalencia da gasterofilose en cabalos de Galicia
Autoría
R.P.R.
Grao en Veterinaria
R.P.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Existen diferentes tipos de parasitismos entre os que atopamos as miasis, que poden afectar a moitas especies. No noso caso, a gasterofilose está producida por moscas do xénero Gasterophilus, que afecta aos équidos, tanto domésticos coma silvestres, e de forma menos común ás persoas, causando cadros de oftalmomiasis. Esta miasis é obrigatoria, necesita desenvolver o seu ciclo endóxeno no interior dalgún hospedador vivo para extraer nutrientes e poder desenvolverse. Así, a mosca adulta voa arredor do hospedador ata se fixar nun punto no que deposita os ovos. Aos poucos días, os ovos xa conteñen as L1 que, despois de seren inxeridas, permanecen na cavidade oral ata que eclosionan. Despois de migraren pola boca, mudan a L2 e desprazanse ata o estómago ou ben son arrastradas polos alimentos ata a súa localización final, onde mudan a L3 ata estaren completamente desenvolvidas e despréndense da mucosa saíndo coas feces ao exterior e penetrando no chan. Tras 2,3 días convértense en puparios producíndose unha complexa metamorfose que dará lugar a unha nova mosca adulta. A localización dos ovos no exterior do cabalo así como a localización final da larva dependerá da especie de Gasterophilus. Existen nove especies: G. haemorrhoidalis, G. intestinalis, G. pecorum, G. flavipes, G. inermis, G. nigricornis, G. ternicintus e G. nasalis. Hai diferentes técnicas inmunolóxicas orientadas á detección de anticorpos, sendo a máis utilizada o ELISA. Como o antíxeno máis inmunóxeno é o do extracto cru de L2, desenvolveuse unha técnica inmunoenzimática con antíxenos de excreción/secreción de L2 de Gasterophilus haemorrhoidalis. A devandita técnica permítenos detectar anticorpos fronte ao parasito, polo que podemos saber se o animal estivo exposto previamente a Gasterophilus spp. En base a esa técnica ELISA desenvolveuse este traballo co obxectivo de coñecer a seroprevalencia da gasterofilose equina en Galicia e a súa correlación cos diferentes factores intrínsecos (idade, xénero e raza) e extrínsecos (manexo, provincia e estación do ano). Cos resultados obtidos apreciamos que máis da metade (52%) dos animais analizados estiveran expostos ao parasito, datos que coinciden con outros estudos anteriores. En función dos factores intrínsecos observouse que os cabalos máis expostos eran os maiores de 10 anos (67%), as femias (10%) e os individuos de razas cruzadas (12%). Ao ter en conta os factores extrínsecos observouse que os cabalos máis expostos eran aqueles que vivían en prado e establo (11%), na provincia de Ourense e, coincidindo con outros estudos, que os meses de maior exposición eran os de inverno e os de menor exposición os de verán. Isto é indicativo de que desde comezos do inverno ata finais do verán ten lugar unha redución do estímulo antigénico, o que denota a presenza de larvas 3 ou incluso a ausencia de estadios larvarios, e de verán a inverno volve incrementarse pola existencia dun novo estímulo antigénico, sinalando a inxestión de ovos que conteñen larvas 1 no seu interior.

ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Titoría)
ABREU RAMOS, INES ISABEL Cotitoría
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Titoría)
ABREU RAMOS, INES ISABEL Cotitoría
Tribunal
García Herradón, Pedro José (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
García Herradón, Pedro José (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
Monitorización epidemiolóxica da Enfermedade Hemorráxica Epizoótica en granxas de gando vacún de leite de Galicia.
Autoría
M.D.R.D.P.L.
Grao en Veterinaria
M.D.R.D.P.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) é unha enfermidade viral emerxente de notificación obrigatoria, transmitida por insectos do xénero Culicoides, que afecta fundamentalmente a ruminantes salvaxes e domésticos, e recentemente introducida en Europa, tendo lugar o primeiro brote notificado en España no ano 2022. Este estudo realízase en Galicia, comunidade autónoma líder en produción leiteira en España, onde a enfermidade pode supoñer graves consecuencias. O obxectivo deste traballo é coñecer mellor a duración da viremia en vacún leiteiro, clave para avaliar o seu papel como posible reservorio entre tempadas de inactividade do vector. Seleccionáronse 16 vacas con infección polo serotipo 8 da EHE, confirmadas polos Servizos Veterinarios Oficiais, distribuídas en 9 granxas da provincia de Lugo. Tomáronse mostras de sangue de forma periódica dende outubro de 2024 a abril de 2025 para detectar a presenza do virus, con extracción de ARN vírico e posterior análise mediante qPCR de EHE. Observouse unha duración media da viremia de 158 días, cun máximo de 225 días en algúns casos, o cal contrasta con estudos previos onde se documentaban períodos significativamente mais curtos (21 a 59 días). Este resultado suxire que os animais poderían permanecer infectados durante o inverno e actuar como reservorios do virus ata a seguinte tempada de culicoides. O seguimento dos valores Cq mostraron que a maioría dos animais incluídos no estudo alcanzaron o pico de viremia entre os 60 e 70 días post-infección. Ademais, non se detectaron signos clínicos durante o seguimento, o que suxire que, de non detectar signos clínicos nos primeiros días, esta enfermidade pode pasar desapercibida mentres os animais son infectivos. Este traballo evidencia que a viremia de EHE pode ser moito mais prolongada do estimado ata agora en gando vacún de leite, o cal ten importantes implicacións para a epidemioloxía, vixilancia e control sanitario desta enfermidade emerxente.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, GONZALO (Titoría)
López Lorenzo, Gonzalo Cotitoría
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, GONZALO (Titoría)
López Lorenzo, Gonzalo Cotitoría
Tribunal
García Herradón, Pedro José (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
García Herradón, Pedro José (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
Enfermidade Hemorráxica Epizoótica no gando vacún: un estudio retrospectivo
Autoría
S.R.G.
Grao en Veterinaria
S.R.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
A Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) é unha enfermidade vírica emerxente causada por un Orbivirus do xénero Reoviridae. A súa transmisión é vectorial, a través de insectos do xénero Culicoides. Afecta principalmente aos cérvidos, nos cales se investigou máis a fondo e realizáronse numerosos estudos debido á súa alta patoxenicidade e ao cadro clínico grave que presentan estes animais. Pola outra banda, nos últimos anos, especialmente en España, houbo brotes significativos no gando vacún, provocando grandes problemas sanitarios e graves perdas económicas. Este traballo céntrase nun estudo retrospectivo sobre a evolución da enfermidades ao longo dos anos. A nivel xeral, destacan aspectos como a distribución xeográfica tanto en España como a nivel mundial, os serotipos predominantes en cada rexión, a patoxenia da enfermidade, os signos clínicos e lesións para a súa correcta identificación, os métodos de diagnóstico e as principais estratexias de vixilancia e control, así como o marco normativo vixente. A información analizada abranguerá dende os primeiros brotes nos Estados Unidos ata a actualidade. O obxectivo principal deste traballo é ofrecer unha visión global e actualizada da enfermidade mediante a busca bibliográfica da maior información posible para destacar a súa importancia no sector gandeiro e axudar á súa prevención e detección temperá, centrando a atención especialmente na especie bovina.

Indicadores do benestar en peixes de acuario. Estudo piloto no Aquarium Finisterrae.
Autoría
A.R.M.
Grao en Veterinaria
A.R.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
Nos últimos anos, o Benestar Animal (BA) adquiriu unha gran relevancia, especialmente en espazos como os acuarios públicos, onde se busca garantir unha boa calidade de vida para os animais mantidos en cautividade. Porén, a avaliación do BA nos peixes resulta complexa, xa que cada tanque alberga especies moi diferentes e con necesidades específicas. En resposta a esta problemática, e grazas a unha colaboración directa entre o Aquarium Finisterrae da Coruña (AF) e a Universidade de Santiago de Compostela, este Traballo de Fin de Grao (TFG) desenvolveu un prototipo de ferramenta práctica: un “Cuestionario de percepción do BA baseado en indicadores clave”. O obxectivo principal deste cuestionario é recoller a percepción do persoal do AF sobre distintos aspectos relacionados co BA, permitindo detectar, dende un enfoque cualitativo aspectos que poden mellorar ou favorecer o BA. Como parte deste estudo piloto, o cuestionario foi aplicado en dous tanques con características distintas do AF. O deseño deste cuestionario xorde da análise dos principais parámetros relacionados con indicadores ambientais, comportamentais, de saúde e alimentarios que, segundo a bibliografía estudada, inflúen no BA dos peixes en acuarios públicos. As respostas obtidas permitiron identificar, a través da observación directa do persoal con experiencia, algúns factores que poderían estar influíndo no BA e que convén ter en conta á hora de futuras intervencións. Este traballo non pretende ofrecer unha avaliación exhaustiva sobre o BA nos peixes de acuario, senón servir como punto de partida para o desenvolvemento dunha futura ferramenta de avaliación sistemática, estandarizada e replicable noutros acuarios, contribuíndo así á divulgación e mellora continua do BA en peixes mantidos en cautividade.

Vázquez Rodríguez, Sonia (Titoría)
Castro García, Noelia de Cotitoría
Vázquez Rodríguez, Sonia (Titoría)
Castro García, Noelia de Cotitoría
Tribunal
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
Obstrución Ureteral Felina: Diagnóstico, Manexo e Prevención
Autoría
I.R.R.
Grao en Veterinaria
I.R.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Esta revisión bibliográfica é un análise exhaustivo sobre a obstrución ureteral (OU) en gatos, unha patoloxía cada vez máis prevalente e complexa na medicina veterinaria. A OU prodú cese por un bloqueo parcial ou completo dos uréteres, e as súas principais causas son os urolitos, especialmente de oxalato cálcico, aínda que outras etioloxías como estenoses, neoplasias, espas mos ureterais e factores iatroxénicos ou infecciosos poden estar implicados. O diagnóstico baséase en técnicas de imaxe como a ecografía abdominal ou a pielografía anterógrada, sendo esta última a proba de elección pola súa alta sensibilidade, aínda que tamén están en estudo outras ferramentas diagnósticas como a medición de biomarcadores. O tratamento inclúe abordaxes médicos e cirúrxicos. Entre os tratamentos cirúrxicos, o dispositivo bypass ureteral subcutáneo (SUB) é o máis eficaz, aínda que non está exento de com plicacións como infeccións, obstrucións e migracións. Outras alternativas son os stents ureterais e a ureterotomía, aínda que presentan maior risco de complicacións. No referente á prevención destácase a importancia de identificar factores de risco, como a dieta seca, e recomendar a utilización de dietas húmidas, realizar recoñecementos periódicos e un monitoreo ecográfico de gatos predispostos.

Alteracións Hemodinámicas en Cans Sometidos a Ligadura do Conduto Arterioso Persistente: Impacto do Protocolo Anestésico
Autoría
L.R.C.D.F.
Grao en Veterinaria
L.R.C.D.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
OBXECTIVO: O conduto arterioso persistente (CAP) é unha das cardiopatías conxénitas máis frecuentes na especie canina. A súa persistencia sen tratamento conleva, en última instancia, a unha insuficiencia cardíaca. A corrección cirúrxica permite reverter este proceso e garantir un prognóstico favorable. O obxectivo deste estudo é describir e analizar a evolución hemodinámica intraoperatoria, a presenza do signo de Nicoladoni-Branham (NB) e as complicacións asociadas a corrección cirúrxica do CAP en cairos, así como comparar os efectos de dous protocolos anestésicos: acepromacina (ACP) e dexmedetomidina (DEX). MÉTODO: Estudo retrospectivo e prospectivo de 35 pacientes caninos sometidos a ligadura cirúrxica do CAP no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina (HVURC) entre xaneiro de 2015 e marzo de 2025. Rexistráronse variables hemodinámicas (frecuencia cardíaca (FC), presión arterial sistólica (PAS), diastólica (PAD) e media (PAM)) antes e despois da oclusión, e documentáronse as complicacións inmediatas e tardías. Comparáronse os efectos hemodinámicos da premedicación con ACP fronte a DEX. RESULTADOS: Durante a oclusión do CAP observouse unha redución significativa da FC e un aumento da PAD e PAM, o que confirma a presenza do signo de NB nunha proporción comparable a estudos previos. Non se requiriu tratamento con anticolinérgicos. A DEX mostrou unha tendencia a unha maior estabilidade hemodinámica en comparación coa ACP. A complicación inmediata máis frecuente foi a bradicardia reflicte e a máis grave a hemorraxia severa, mentres que a longo prazo detectáronse insuficiencia mitral, refluxo residual e un caso de tromboembolismo aórtico tardío. A taxa de supervivencia postoperatoria temperá foi do 94,3%. CONCLUSIÓN: A ligadura cirúrxica do CAP confirmouse como unha técnica efectiva, aínda que non exenta de riscos. O signo de NB foi frecuente pero clinicamente manexable. A DEX demostrou vantaxes potenciais en termos de estabilidade cardiovascular, suxerindo a súa posible inclusión en protocolos anestésicos futuros. As complicacións tardías observadas abren novas liñas de investigación sobre a evolución a longo prazo tras a corrección do CAP.

Disfunción Sacroilíaca en Cabalos: Etioloxía, Diagnóstico y Opcións Terapéuticas
Autoría
V.J.R.B.
Grao en Veterinaria
V.J.R.B.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
A articulación sacroilíaca desempeña un papel fundamental na biomecánica do cabalo ao transmitir as forzas xeradas polos membros posteriores cara ao resto do corpo. A disfunción sacroilíaca representa un desafío diagnóstico e terapéutico frecuente en medicina deportiva equina, debido á inespecificidade dos seus signos clínicos, a súa complexa anatomía e a súa localización profunda. Este traballo presenta unha revisión bibliográfica actualizada (2015 a 2025) sobre a etioloxía, o diagnóstico e as opcións terapéuticas da disfunción sacroilíaca en cabalos. A revisión describe a anatomía funcional da articulación sacroilíaca, os principais signos clínicos asociados á dor sacroilíaca como alteracións na marcha, botes, perda de impulsión e cambios de comportamento, así como as probas diagnósticas empregadas. Analízanse técnicas de imaxe como ecografía, gammagrafía e tomografía computarizada, e destácase a utilidade da anestesia diagnóstica para confirmar a presenza de dor, a pesar das súas limitacións e riscos. En canto ao tratamento, revísanse abordaxes conservadoras (repouso, rehabilitación, fisioterapia) e terapias invasivas como infiltracións de esteroides ou plasma rico en plaquetas, adaptadas segundo o tipo e cronicidade da lesión. O prognóstico é variable e depende da etioloxía e a resposta ao tratamento, aínda que se resalta a importancia do fortalecemento muscular e a recuperación progresiva. Este traballo subliña a necesidade dun enfoque clínico multidisciplinar e de novas investigacións para mellorar o diagnóstico e tratamento desta patoloxía complexa pero frecuente en cabalos deportivos.

FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Titoría)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Titoría)
Tribunal
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
Mastocitoma canino: aspectos clínicos e histopatolóxicos de interese
Autoría
M.R.U.
Grao en Veterinaria
M.R.U.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
O mastocitoma canino (MCT) é o tumor maligno de pel máis común e considérase un dos tumores máis comúns nos cans en xeral. Nos últimos anos identificouse un aumento da incidencia desta neoplasia, atribuíble a un maior coidado das nosas mascotas. O MCT é un tumor cun comportamento e aspecto biolóxico moi diversos, localizado principalmente no tecido cutáneo (mastocitoma cutáneo ou cMCT) e no tecido subcutáneo (mastocitoma subcutáneo ou scMCT), pero tamén se pode atopar principalmente en órganos como o bazo e o fígado, xa sexa solitario ou como metástase cutánea, ou, máis raramente, causando mastocitose sistémica. En xeral, son lesións nodulares e solitarias, pero poden presentarse en forma de múltiples lesións, de diferentes tamaños e que poden ser limitadas a unha zona especifica do corpo (tronco, cabeza, extremidades anteriores ou posteriores) ou aparecer en diferentes rexións en forma de lesións “satélite”. O diagnóstico do mastocitoma canino é relativamente sinxelo: aínda que a hematoloxía ou a bioquímica non presentan variacións concluíntes, que non proporcionan información útil para o veterinario nin para o patólogo, a citoloxía, mediante a técnica de punción e aspiración con agulla fina (PAAF), proporciona un diagnóstico definitivo, rápido, sinxelo e barato. Porén, a citoloxía non nos permite clasificar nin adxudicar un estadio ao mastocitoma. A estadiaxe do tumor realízase mediante técnicas de histopatoloxía baseadas nunha biopsia. Para a súa clasificación contamos con dous sistemas dominantes no mundo da patoloxía veterinaria que teñen en conta as características histopatolóxicas, biolóxicas e morfolóxicas dos mastocitomas e os clasifican: o sistema Patnaik (1984), que divide os mastocitomas en grao I, II ou III, e o sistema Kiupel (2011), que diferencia os mastocitomas en grao alto ou baixo. Ambos sistemas son de máxima importancia, xa que cada grao ou tipo de mastocitoma ten un prognóstico e tratamentos diferentes en función da súa clasificación histopatolóxica. Por último, e como se mencionou anteriormente, dependendo do grao do mastocitoma ante o que nos atopemos, os tratamentos varían, un tratamento local (cirurxía, radioterapia ou electroquimioterapia) pode ser suficiente nos tumores de grao inferior, pero haberá casos en que sexa necesario tratamento sistémico (quimioterapia ou inhibidores da tirosina quinase) ou terapia de apoio (antihistamínicos). Todos estes factores variables fan do mastocitoma canino unha neoplasia que se segue estudando na actualidade coa esperanza de crear unha clasificación universal e única no mundo da veterinaria.

Adaptación da gandeiría de pequenos rumiantes ao cambio climático e mitigación das súas emisións
Autoría
N.F.R.V.
Grao en Veterinaria
N.F.R.V.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
Esta revisión aborda a adaptación da gandería de pequenos rumiantes ao cambio climático e a mitigación das súas emisións, avaliando tanto a contribución desta actividade ás emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) como os impactos do cambio climático na produción e saúde destes animais. No que respecta ás emisións, o metano (CH4) emerxe como o principal GEI emitido, polo que a súa mitigación é clave para reducir o impacto ambiental asociado á gandería de pequenos rumiantes. Para iso, proponse estratexias como a intensificación da producción e as estratexias alimentarias, incluíndo o manexo de pastos e dietas específicas. Os efectos do cambio climático manifiestanse tanto de forma directa, afectando a fisioloxía animal, como indirecta, influíndo na dispoñibilidade do alimento e da auga. O estrés térmico (ET) emerxe como un factor crítico, incidindo negativamente na produción láctea e cárnica, así como na reprodución. Para reducir estes efectos, requírese a implementación de estratexias de adaptación que inclúen a gandería de precisión, a selección xenética de razas resilientes e un manexo nutricional adecuado. En neste sentido, as razas autóctonas, adaptadas ás condicións locais, representan unha alternativa prometedora para a adaptación, aínda que é crucial atopar un equilibrio entre a súa produtividade e a súa resiliencia ao calor. Por último, é preciso destacar a necesidade dun enfoque multifacético que combine as estratexias de mitigación de emisións coas de adaptación aos impactos do cambio climático para asegurar a sustentabilidade da ganadería de pequenos rumiantes. A implementación de estratexias que melloren a eficiencia produtiva, reduzan as emisións de GEI e aumenten a resiliencia dos animais ao estrés térmico e outros desafíos ambientais é esencial para garantizar a viabilidade a longo prazo deste sector.

LOPEZ NOVO, CYNTHIA (Titoría)
Alibés Biosca, Joan Cotitoría
LOPEZ NOVO, CYNTHIA (Titoría)
Alibés Biosca, Joan Cotitoría
Tribunal
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
Infeccións por hemoplasmas en gando vacún da provincia de A Coruña
Autoría
S.S.F.
Grao en Veterinaria
S.S.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
A hemoplasmose bovina é unha enfermidade causada por micoplasmas hemotrópicos coñecidos como hemoplasmas, que se transmiten principalmente por vectores hematófagos. No gando bovino identificáronse dúas especies principais: Mycoplasma wenyonii e Candidatus Mycoplasma haemobos. Aínda que a maioría dos animais afectados son asintomáticos, as infeccións asócianse con alteracións inmunolóxicas que aumentan a susceptibilidade a outras patoloxías. Por iso, a enfermidade ten un impacto negativo no rendemento produtivo do gando vacún, traducíndose en importantes perdas económicas. Dado que se demostrou que ningún dos protocolos antibióticos dispoñibles é eficaz, as estratexias de control baséanse en medidas de manexo. Debido á escaseza de datos no noso país, actualmente descoñécese o impacto real destas bacterias na cabana de gando vacún española. Por iso, o presente traballo ten como obxectivo determinar a prevalencia de hemoplasmas no gando vacún da provincia de A Coruña, identificar as especies presentes, así como avaliar a influencia de varios factores sobre a prevalencia. Para iso, recolléronse 330 mostras de sangue de gando vacún en 9 concellos da provincia, que se agruparon en 66 pooles de cinco animais cada un. A presenza de hemoplasmas detectouse mediante unha PCR que amplifica un fragmento do xene que codifica para a subunidade ribosómica 16S, e a identificación específica realizouse mediante a análise das secuencias. Calculouse o porcentaxe de pooles positivos, e a prevalencia individual estimouse mediante o índice mínimo de infección (MIR), que considera que só unha mostra de cada pool positivo é realmente positiva. Os nosos resultados revelaron que os hemoplasmas son moi prevalentes no gando vacún da Coruña, pois o 81,8 % dos pooles foron positivos, sendo o MIR do 16,4 %. Atopáronse mostras positivas en todas as explotacións, o que demostra a gran dispersión xeográfica destes patóxenos. As elevadas prevalencias intra-rabaño suxiren que unha vez que o axente patóxeno entra nunha explotación, tende a diseminarse rapidamente entre todos os animais. Mycoplasma wenyonii, con seis variantes xenéticas diferentes, predominou (61,1 %) sobre Candidatus Mycoplasma haemobos (38,9 %), cuxa variabilidade xenética foi menor. Aínda que non se atoparon diferenzas significativas nos factores estudados, os resultados suxiren unha exposición moi rápida tras o nacemento, con porcentaxes de infección superiores en animais que saen ao pasto e naqueles pertencentes a explotacións onde se reutilizan agullas. En conclusión, os datos obtidos neste estudo confirman a circulación endémica de hemoplasmas no gando vacún de A Coruña eindican a necesidade de estudos epidemiolóxicos máis amplos para comprender mellor o seu impacto na sanidade animal.

Enfermidades nos peixes ornamentais
Autoría
L.S.M.
Grao en Veterinaria
L.S.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
Na actualidade, é cada vez máis frecuente a afección pola cría de peixes ornamentais baixo condicións controladas de temperatura, pH, alimentación... Os continuos avances tecnolóxicos nos sistemas de cultivo permitiron aumentar o número de especies criadas en cautividade con éxito, sobre todo aquelas máis delicadas e menos resistentes que requiren condicións máis esixentes. Con todo, a cría en cautividade dun maior número de especies provoca un incremento na aparición de enfermidades, algunhas delas pouco coñecidas ou non descritas ata o momento e para as que existen tratamentos limitados. Neste traballo plantéxase unha recopilación das enfermidades máis relevantes que afectan aos peixes ornamentais, con especial atención á súa epidemioloxía, signos clínicos, lesións e posibles tratamentos.

Losada García, Ana Paula Cotitoría
Vázquez Rodríguez, Sonia (Titoría)
Losada García, Ana Paula Cotitoría
Tribunal
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
CIFUENTES MARTINEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
ROJO MONTEJO, SILVIA (Secretario/a)
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Vogal)
Síndrome de descompresión: mecanismo fisiopatolóxico e a súa manifestación en tartarugas mariñas
Autoría
E.S.P.
Grao en Veterinaria
E.S.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
A síndrome de descompresión é unha patoloxía descrita principalmente en medicina humana. Non obstante, demostrouse que tamén pode afectar a especies mariñas como as tartarugas, a pesar de posuír adaptacións anatómicas e fisiolóxicas para o medio acuático. Esta síndrome caracterízase pola formación de burbullas, principalmente de nitróxeno, en distintos órganos e sistemas do individuo, as mesmas xeran lesións de diversa gravidade dependendo da súa localización e tamaño. A súa orixe atópase no ascenso tras unha inmersión, especialmente se este se produce de forma rápida os tecidos sobresaturados non logran equilibrar a súa presión de nitróxeno coa contorna e, polo tanto, formánse as burbullas. Nas tartarugas mariñas, a síndrome adoita ter a súa orixe no ascenso rápido asociado á captura accidental na pesca de arrastre xa que ao ser sometidas a esta situación de estrés xérase un fallo na recirculación sanguínea en apnea que conleva á formación de burbullas. O cadro clínico que se observa nos animais afectados non só inclúe unha variedade de signos clínicos senón tamén cambios no comportamento, alteracións a nivel laboratorial e en diversas probas de imaxe. Cabe destacar que o diagnóstico por imaxe é un recurso valioso para valorar esta patoloxía en individuos vivos; porén, en casos de actuación tardía (animais mortos) a realización de necropsias e histopatoloxía son claves para o diagnóstico. Por último, débese destacar que actualmente existe un tratamento: a osixenoterapia hiperbárica, pero a súa aplicación vese limitada pola infraestructura dos centros de recuperación. Este feito realza a importancia de establecer un protocolo de actuación a bordo dos barcos, xa que desta forma minimizaríase a mortalidade asociada á pesca de arrastre e, polo tanto, da síndrome de descompresión.

DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA Cotitoría
Vázquez Rodríguez, Sonia (Titoría)
DE AZEVEDO GOMES, ANA MANUELA Cotitoría
Tribunal
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
Niveis de microminerais asociados á obesidade canina e o seu impacto na saúde
Autoría
M.S.M.
Grao en Veterinaria
M.S.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
A obesidade canina representa unha das principais preocupacións en medicina veterinaria, non só pola súa elevada prevalencia, senón tamén polas súas implicacións metabólicas, endócrinas e sistémicas. O exceso de tecido adiposo actúa non só como un reservorio enerxético, senón tamén como un órgano endócrino activo, capaz de alterar a homeostase mediante a secreción de adipocinas proinflamatorias e a indución de estrés oxidativo. Neste contexto, os oligoelementos, minerais esenciais en pequenas cantidades para o funcionamento metabólico e celular, poderían desempeñar un papel clave na fisiopatoloxía da obesidade, aínda que o seu estudo en medicina veterinaria segue a ser limitado. Este traballo analiza o perfil plasmático de diversos microminerais esenciais (cobalto, cromo, cobre, ferro, manganeso, molibdeno, níquel, selenio e zinc) e metais potencialmente tóxicos (arsénico, cadmio, mercurio e chumbo) en cans con sobrepeso ou obesidade, comparándoos con individuos cunha condición corporal ideal. Realizouse un estudo de casos e controis nunha poboación de 47 cans adultos (29 obesos e 18 controis), clasificados segundo a súa puntuación na escala Body Condition Score. A determinación dos elementos realizouse mediante espectrometría de masas con plasma acoplado indutivamente, unha técnica analítica de alta sensibilidade. Tamén se avaliou a asociación entre as concentracións minerais e parámetros bioquímicos e indicadores metabólicos, co obxectivo de identificar desequilibrios relacionados co exceso de tecido adiposo. Os resultados amosaron que os cans obesos presentaban concentracións significativamente menores de cobalto, níquel, chumbo e mercurio respecto aos controis, o que suxire alteracións na biodispoñibilidade ou distribución tisular destes elementos. Estes achados correlaciónanse con mecanismos descritos en medicina humana, como a redistribución lipídica dos metais ou a influencia do estado inflamatorio sobre a dispoñibilidade mineral. Aínda que existen poucas referencias en cans, os valores obtidos foron comparados con rangos publicados e evidencias recentes. Este estudo reforza a hipótese de que a obesidade altera o metabolismo dos oligoelementos, o que podería favorecer un entorno proinflamatorio e prooxidativo, apoiando o seu uso potencial como biomarcadores no manexo clínico e nutricional do paciente obeso.

PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Titoría)
PEREIRA LESTAYO, VICTOR (Titoría)
Tribunal
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
Fauna silvestre como sentinela na perspectiva dunha saúde única (One Health)
Autoría
S.V.O.
Grao en Veterinaria
S.V.O.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
A fauna silvestre constitúe un piar esencial no enfoque de Unha Soa Saúde (One Health), ao actuar como reservorio e fonte potencial de diseminación de axentes patóxenos, ben sexa a través da súa excreción ao medio ambiente ou mediante a súa transmisión a animais domésticos e persoas. Neste contexto, o xabaril (Sus scrofa) é unha especie de interese crecente, tanto pola súa proximidade ecolóxica ao ser humano como pola súa notable expansión poboacional nos últimos anos, o que incrementa o risco de transmisión de enfermidades emerxentes. De feito, está incluído no Plan Nacional de Vixilancia Sanitaria en Fauna Silvestre do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) como especie clave na monitorización de patóxenos zoonósicos. Este estudo céntrase en avaliar o papel do xabaril como centinela fronte á pandemia silenciosa da resistencia aos antimicrobianos (RAM). Para iso, analizáronse mostras fecais de 33 xabarís abatidos no marco dos programas oficiais de control en Asturias, co obxectivo de detectar cepas multirresistentes de Escherichia coli e Klebsiella pneumoniae, consideradas prioritarias pola Organización Mundial da Saúde (OMS) na loita contra a RAM. As mostras sementáronse en 4 medios de cultivo selectivos e diferenciais (MacConkey lactosa, SCAI, ESBL e CARBA) e as colonias obtidas foron sometidas a probas de identificación molecular e fenotípica, así como a estudos de sensibilidade antimicrobiana. Como resultado, illáronse 36 cepas de E. coli procedentes de 33 animais, 3 delas produtoras de BLEE tipo CTX-M-1 (9% de animais portadores), e 4 cepas de K. pneumoniae, todas confirmadas por PCR. Ademais, identificáronse 3 bacterias de interese sanitario: Aeromonas hydrophila, Aeromonas salmonicida e Cronobacter malonaticus. No caso de E. coli, avaliouse o seu potencial de virulencia mediante a detección de marcadores ExPEC e UPEC, clasificándose 3 cepas como ExPEC (9% de animais portadores) e 2 como UPEC (6% de animais portadores). En canto á resistencia antibiótica, a prevalencia máis alta en E. coli foi fronte a amoxicilina-ácido clavulánico (16,7%), seguida de ampicilina e doxiciclina (11,1%), e cefuroxima, cefotaxima e fosfomicina (8,3%). Todas as cepas de K. pneumoniae foron resistentes a fosfomicina, e unha mostrou resistencia adicional a nitrofurantoína. Segundo o criterio de Magiorakos, 3 cepas de E. coli (8,3%) foron clasificadas como multirresistentes (MDR). Estes resultados reforzan a importancia do xabaril como reservorio de bacterias multirresistentes e potencialmente patóxenas para o ser humano. Por iso, proponse a súa inclusión nos sistemas de vixilancia da RAM como especie centinela, no marco do enfoque One Health.

Comparación entre un ELISA competitivo e un ELISA indirecto para o diagnóstico de Lawsonia intracellularis en porcino de cebo
Autoría
J.V.S.
Grao en Veterinaria
J.V.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
23.06.2025 09:30
23.06.2025 09:30
Resumo
A enteropatía proliferativa porcina é unha das enfermidades dixestivas que afectan ao gando porcino máis prevalentes no mundo. Esta enfermidade está causada por Lawsonia intracellularis, unha bacteria intracelular obrigatoria cuxa transmisión se ve favorecida por unha hixiene deficiente, así como pola presenza de fómites contaminados e vectores como os roedores. Aínda que pode provocar cadros clínicos graves, a forma máis frecuente é subclínica, o que, unido á eliminación intermitente da bacteria nas feces, dificulta o seu diagnóstico. A importancia desta enfermidade para o sector porcino reside sobre todo nas graves perdas económicas que supón, derivadas principalmente da diminución do rendemento produtivo do animal así como do aumento do custo asociado ao control. Debido á eliminación intermitente do patóxeno nas feces dos animais infectados e ao feito de que normalmente cursa de forma subclínica, o diagnóstico mediante métodos serolóxicos de tipo indirecto cobra especial relevancia. Por este motivo, os obxectivos do presente traballo foron, por unha banda, comparar dous formatos comerciais de ELISA para a detección de anticorpos, un de tipo competición fronte a outro de tipo indirecto tradicional, para a clasificación sanitaria dos animais en relación coa infección por Lawsonia intracellularis, e por outra banda, discutir a utilidade de ambos métodos para a monitorización serolóxica desta infección en animais de ceba. Para iso utilizáronse 180 mostras de soro de animais de tres cebadeiros diferentes, os cales foran enchidos desde unha mesma orixe. Cada cebadeiro foi visitado tres veces, recolléndose mostras de 20 animais ás 14, 16 e 18 semanas de vida. Posteriormente, as mostras foron analizadas con cada kit comercial de ELISA e os resultados foron analizados estatisticamente mediante a proba de McNemar e o índice Kappa de Cohen. Os resultados obtidos mostran unha discordancia significativa entre ambos kits (p valor inferior a 0,0001 na proba de McNemar), cun índice Kappa de 0,077 e un acordo observado do 45 %, o que se corresponde cunha concordancia moi pobre. Debido a isto, faise necesario contrastar as probas ELISA estudadas cunha técnica de referencia que permita valorar obxectivamente cal destas técnicas presenta unha maior validez diagnóstica para a clasificación sanitaria dos animais con respecto a esta infección. En relación coa monitorización serolóxica de cada cebadeiro, os resultados suxiren que posiblemente o ELISA de competición poida ser máis útil para este obxectivo en comparación co ELISA indirecto, aínda que hai que ter en conta, por unha banda, a falta de acordo observada entre ambos kits e, por outra, o feito de que tamén sería necesario corroborar esta hipótese mediante a realización dunha mostraxe representativa que aumente a precisión dos resultados.

Desenvolvemento de Mucor circinelloides en presenza de aceite de cociña usado (ACU): análise da actividade parasiticida.
Autoría
E.V.C.
Grao en Veterinaria
E.V.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
17.02.2025 09:30
17.02.2025 09:30
Resumo
Neste traballo expóñese a análise de Mucor circinelloides, un fungo cun gran potencial biotecnolóxico, e o seu comportamento baixo condicións experimentais habituais para esta especie. Os obxectivos centráronse na avaliación da súa capacidade de esporulación a distintas concentracións de aceite de cociña usado (ACU) como substrato, resultando que ao 2% o fungo atopa un ambiente moi favorable para o seu desenvolvemento. Pola súa banda, valorouse o desenvolvemento de M. circinelloides baixo diferentes concentracións de substrato, co obxectivo de analizar a capacidade de adaptación do fungo a un entorno non convencional. Descartáronse concentracións superiores ao 5% porque o desenvolvemento foi inferior. O ensaio tamén incluíu a avaliación do potencial ovicida do fungo fronte aos ovos dos nematodos gastrointestinais Toxascaris leonina e Trichuris spp., de gran importancia en medicina humana e veterinaria. A través destes estudos, demostrouse que M. circinelloides se desenvolve de forma totalmente normal en presenza de ACU a concentracións menores ou iguais ao 5% e a súa actividade antagonista non se ve afectada.

SÁNCHEZ-ANDRADE FERNÁNDEZ, RITA (Titoría)