Domeanso sale a luna. Un estudo sobre música tradicional en Vimianzo.
Autoría
J.M.A.C.
Grao en Historia da Arte
J.M.A.C.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A música tradicional preséntase no marco actual como un dos maiores reflexos da sociedade. Grazas ás tocadoras, que permitiron que chegaran aos nosos tempos coplas e cantos, a través dunha transmisión de avoas a netas, consérvanse estas músicas, podendo contar actualmente cunha gran bagaxe cultural. Así pois, o presente traballo basease no estudo do mundo da música tradicional centrándose concretamente en Vimianzo, un dos maiores núcleos da Costa da Morte. Neste contexto, investígase sobre as costumes, os espazos onde se tocaba, a socialización que había anteriormente na Galicia rural e como xurdían estes encontros entre tocadoras, orixe do que se coñece como foliadas. Ademais, realízase un estudo sobre os instrumentos máis tocados no corazón da Terra de Soneira: dende os máis coñecidos (gaitas e pandeiretas) ata instrumentos rudimentarios (cunchas ou culleres). Deste xeito, recompílanse as coplas da zona, prestando atención a súa temática e aos datos aportados polas informantes, para afondar sobre distintos ámbitos da sociedade como os costumes, os cambios e a idiosincrasia do pobo galego.

Dirección
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Titoría)

Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)

Entre o mar e a memoria: As casas de baño e os balnearios mariños como espazos de saúde e lecer.
Autoría
M.A.R.
Grao en Historia da Arte
M.A.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 18:00
19.06.2025 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado ofrece unha análise histórica e arquitectónica do fenómeno das casas de baño e dos balnearios mariños na Coruña, acompañada polo desenvolvemento do turismo hixienista europeo entre os séculos XIX e XX. Dando comezo por un estudo bibliográfico e documental (artigos, libros, prensa, guías de viaxe, postais, planos e fotografías) exponse o nacemento do turismo de saúde en España, que acabou por converter as praias nun escenario de moda e benestar. Examínase en detalle os primeiros modelos de establecementos de baños, a súa tipoloxía e arquitectura, proxectándose exemplos nacionais (Santander e Alicante) como marco comparativo. No eido local, descríbense as principais instalacións da cidade da Coruña: La Primitiva, Casa de Baños “Flotante”, Balneario da Beneficencia Municipal, La Salud e La Perfecta. Así mesmo, abórdase o seu papel no urbanismo litoral, na promoción turística e na construción da imaxe da cidade. Finalmente, reflexiona acerca das razóns do seu parcial esquecemento, as pegadas no imaxinario colectivo e propón estratexias de conservación do seu legado patrimonial. Conclúe facendo fincapé na relevancia reforzar a conciencia colectiva para a súa conservación.

FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titoría)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)

Aumentan as posibilidades de ocorrencia de fenómenos como o ciclón extratropical Lothar co Cambio Climático?
Autoría
R.A.V.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
R.A.V.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Lothar foi un fenómeno atmosférico extremo que cruzou o Atlántico Norte e Europa en menos de 48 horas e a súa formación e desenvolvemento foron consecuencia dunha anomalía da temperatura superficial do océano e unha corrente en Chorro Polar moi virulenta e recta debido a un grande contraste de presión e temperatura do Anticiclón das Azores e una borrasca que provía de Islandia. Para estudar a súa orixe e intentar prever se aumentan as posibilidades de episodios coma este, foron analizados a situación térmica do Atlántico Norte e a cuberta de xeo do Ártico, pois son condicionantes directo e indirecto das causas de orixe de Lothar, xunto coas previsións ofrecidas polo AR6 do IPCC.

MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titoría)
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
MARTI EZPELETA, ALBERTO (Titor do alumno)

A representación da maternidade e o espazo doméstico no Impresionismo feminino: Mary Cassatt e Berthe Morisot
Autoría
N.A.C.
Grao en Historia da Arte
N.A.C.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
As pinceladas suaves de Berthe Morisot e Mary Cassatt contan historias íntimas nun mundo de normas ríxidas e espazos limitados para as mulleres. En pleno auxe do Impresionismo, ambas artistas atoparon na pintura unha forma de resistir, construír identidade e representar o cotián dende unha ollada feminina. Escenas de maternidade, interiores domésticos e xestos silenciosos cobran protagonismo nos seus lenzos, non como simples estampas da vida privada, senón como actos de expresión persoal nun entorno artístico dominado por homes. A comparación das súas obras permite descubrir afinidades, diferenzas e, sobre todo, a capacidade de ambas para transformar a súa experiencia vital en arte. A través dunha ollada que une análise formal, sensibilidade histórica e perspectiva feminista, este traballo revisa o seu legado e o seu lugar na historia da arte moderna, reconstruíndo un relato que durante moito tempo as mantivo nas marxes.

PEREZ VARELA, ANA (Titoría)
PEREZ VARELA, ANA (Titoría)
Tribunal
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
Unha mirada feminina á “xudicialización da violencia golpista”: a causa militar incoada contra Urania Mella Serrano
Autoría
P.B.R.
Grao en Historia
P.B.R.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
No presente traballo analízase a violencia golpista implementada dende o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, a través do labor dos tribunais militares, centrándonos, dende unha visión micro, nas especifidades de xénero. Primeiramente, analizarase en que consistiu a “xudicialización da violencia golpista”, profundizándose na súa principal ferramenta : os xuízos sumarísimos. Destes, examinaranse as características que os definían e, especialmente, as razóns que motivaron a súa implantación. Para continuar, revisaranse, de forma xeral, os elementos que distinguían a violencia golpista exercida contra as mulleres da exercida contra os homes. Rematado o estudo historiográfico, estudarase en detalle a causa militar de Urania Mella Serrano, o que nos permitirá observar se nesta se cumpren estes elementos sinalados pola historiografía. Tamén trataremos de analizar as lóxicas de xénero operantes nos participantes do proceso xudicial (perpetradores, testemuños e vítima), tratando de dilucidar as razóns que motivan as súas actitudes sociais.

MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Presidente/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)

Dúas lenguaxes, unha memoria: a testemuña literaria e cinematográfica do Lager.
Autoría
S.B.L.
Grao en Historia
S.B.L.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo propón unha análise comparativa entre a literatura testimonial e o cine sobre a memoria do Lager (campo de concentración nazi) desde as súas respectivas linguaxes. A través do estudo dunha selección de obras clave (os relatos de Primo Levi e Elie Wiesel, a novela gráfica Maus de Art Spiegelman, e os filmes O fillo de Saúl, A zona gris e A zona de interese) examínanse temas centrais do horror do Holocausto. En primeiro lugar, explórase a representación do corpo e da fame como estratexias de deshumanización empregadas no Lager; en segundo lugar, examínase a postura do suxeito no entorno; e, por último, analízase o reto de representar o irrepresentable, contrastando a sinxeleza estilística e simbolismo da prosa coas estratexias visuais do cine. Finalmente, o traballo salienta a complexidade moral que percorre e atravesa todas as obras, incluíndo a culpa do supervivente. Estas obras, cada unha desde a súa linguaxe e particularidades, coinciden na vontade de preservar unha memoria crítica e veraz do Holocausto que interpele ao suxeito que a recibe.

CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Titoría)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Titor do alumno)

Camaleónica: Cindy Sherman e a arte de mudar de pel
Autoría
U.B.B.
Grao en Historia da Arte
U.B.B.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2025 12:00
20.02.2025 12:00
Resumo
Este traballo monográfico nace polo interese de profundar nas novas posibilidades, interpretacións e contidos que achega o medio fotográfico á historia da arte, e ten como obxectivo principal abordar a obra da fotógrafa estadounidense Cindy Sherman. A súa longa traxectoria e extensa produción artística caracterízase polo uso de sí mesma en todo o proceso artístico (tanto a nivel físico coma intelectual), o uso de elementos de caracterización e o uso do autorretrato/retrato. Estas características permiten abordar e investigar cuestións como a problemática da imposición de etiquetas no discurso tradicional histórico-artístico ou a complexidade interpretativa da produción fotográfica. Así coma profundar en elementos como a performatividade na fotografía, a construción da identidade e a súa relación cos estereotipos e os medios de comunicación. Ademais de analizar as posibilidades que aporta o xogo coa indumentaria i elementos de caracterización na arte.

BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
Tribunal
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)

Identificación e caracterización das cabeceiras fluviais dos ríos galegos Arnoia, Barbaña, Burbia, Ladra e Selmo. Importancia hidrolóxica e ecolóxica.
Autoría
X.B.S.M.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
X.B.S.M.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Nas cabeceiras dos ríos é frecuente a presenza de varios ramais que conflúen, o que dificulta a identificación do curso principal fronte aos tributarios. Este traballo ten como obxectivo determinar cales son os ramais principais en cinco ríos galegos: Arnoia, Barbaña, Burbia, Ladra e Selmo. Para iso, emprégase unha análise multicriterio baseada en oito variables, ás cales se lles asigna unha ponderación segundo a súa relevancia hidrolóxica. A puntuación total de cada ramal, resultante da suma ponderada dos distintos parámetros, permite establecer comparativas dentro de cada cabeceira fluvial. Os datos utilizados foron obtidos mediante ferramentas de Sistemas de Información Xeográfica. Formúlanse propostas para unha xestión sostible das cabeceiras no contexto do cambio global e das presións antrópicas, co obxectivo de mellorar a supervisión e conservación dos recursos hídricos.

GARCIA GARCIA, JESUS HORACIO (Titoría)
GARCIA GARCIA, JESUS HORACIO (Titoría)
Tribunal
GARCIA GARCIA, JESUS HORACIO (Titor do alumno)

O Paraíso cristián na Idade Media Occidental
Autoría
T.C.B.L.
Grao en Historia
T.C.B.L.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é demostrar que a idea de Paraíso para o cristianismo medieval occidental non só conforma unha imaxe atractiva pola súa beleza, senón que baixo a súa perfección cumpre cunhas funcións concretas para a mentalidade medieval. Para esta sociedade o Paraíso convértese na súa máxima aspiración. A crenza neste non só implica a certeza dunha idea do Ben e de felicidade tras o Xuízo Final, senón que tamén sustenta a posibilidade dunha esperanza salvífica que lle outorga sentido ás vicisitudes e sacrificios diarios. Para levar a cabo as reflexións sobre a función do Paraíso na Idade Media Occidental antes analizaremos as súas formas de representación en obras artísticas, literarias, cartográficas ou botánicas. Tamén apreciaremos as súas características menos figurativas, como aquelas que concernen ao espazo ou ao tempo e teremos en conta a súa estética sensorial e natural.

SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)

Os Cruu: unha aproximación á burguesía mercantil na Pontevedra do século XV
Autoría
J.B.A.
Grao en Historia
J.B.A.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Como clase social emerxente, a burguesía xogou un papel fundamental na transformación social, política e económica da Europa baixomedieval. Para a vila de Pontevedra e mesmo o conxunto do territorio galego entre os séculos XIV e XV, a familia Cruu funciona como paradigma do poder municipal e o funcionamento das oligarquías. Dende unhas orixes relacionadas co mundo comercial e artesanal na primeira centuria, acabaría formando parte dun patriciado urbano moi potente xa no Catrocentos. No presente traballo, analizaremos a estratexia seguida polo grupo familiar para a acumulación dunha grande fortuna, baseada na actividade mercantil e na compravenda de inmobles, e a súa tradución nun peso político evidente no núcleo. Instalados os seus integrantes de forma periódica no desempeño dos cargos municipais, acabarían accedendo á fidalguía. Unha condición que se completa con símbolos e estratexias públicas a través dos cales manifestaron o seu estatus e modos de vida.

SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
O xadrez e a Guerra Fría: unha arma de propaganda. (1948-1990).
Autoría
A.C.G.
Grao en Historia
A.C.G.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Este traballo aborda o xadrez como unha ferramenta máis na Guerra Fría, tanto para a Unión Soviética como para os Estados Unidos demostraba unha superioridade intelectual o combate sobre o taboleiro. Ao longo do traballo exporase que papel ten o xadrez no marco contextual da propaganda e a cultura na Guerra Fría, como influíron os intereses dos dous grandes bloques nos resultados nos taboleiro. Ao final o obxectivo é analiza cal foi a importancia que tivo a Guerra Fría dentro do xadrez ou o papel que desenvolveu con relación ao conflito. Para iso comezaremos cunha introdución na que exporemos as lóxicas que seguía a propaganda cultural na Guerra Fría e o papel que tanto a CIA como o KGB cumprían neste ámbito. A continuación, engadiremos un punto do traballo dedicado a entender se o xadrez foi un xogo de masas ou estaba reducido a unha elite de intelectuais. A partir de aquí comezará un percorrido cronolóxico, comezando en 1917, cando os episodios da Revolución de Outubro cambian por completo o devir da historia do xadrez contemporáneo. Introducindo o caso de Korchnoi como disidente soviético que xogaría baixo a bandeira doutro país. Tras a Segunda Guerra Mundial, trátase o dominio soviético (1948-1972) a través de Botvinnik e despois os famosos episodios do «Match do século» (1972) coa primeira vitoria dun norteamericano no xadrez contemporáneo. Sendo o último punto o enfrontamento interno na Unión Soviética representado sobre o taboleiro entre Karpov e Kasparov (1975-1990), que conclúe cun último enfrontamento en Lyon.

FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
Tribunal
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Presidente/a)
PARAJUA CARPINTERO, NOELIA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)

O caudillismo e a institucionalización dun novo poder ca figura de Juan Manuel de Rosas como exemplo.
Autoría
P.C.I.
Grao en Historia
P.C.I.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Desde 1810, os procesos de independencia dos distintos territorios latinoamericanos que formaban parte do Imperio Español deron paso a unha situación política nova onde as estruturas de goberno e administración coloniais deixaran de ter cabida, polo que ía ser necesario crear algo novo. Neste contexto de baleiro institucional e loitas entre faccións por facerse co poder, xurdiu un fenómeno trascendental para a construción dunha nova orde na América Latina independente: o caudillismo. Este sistema caracterizábase pola presenza dos caudillos, homes fortes da política que asumían o poder nun determinado territorio onde as institucións democráticas eran aínda moi embrionarias. Neste traballo teremos por obxectivo analizar o xurdimento do caudillismo a nivel xeral na América Latina do momento, para logo exemplificar a cuestión cun único caudillo, o arxentino Juan Manuel de Rosas. Farase uso da figura de Rosas para ver como se desenvolvía un réxime deste tipo a nivel político, social, económico, cultural e relixioso e empregando unha perspectiva que se identifica ca historiografía dos últimos tempos, tratando de ver aos caudillos (a Rosas neste caso) como produtos do seu contexto e tempo que xogaron un papel clave de cara á consolidación da América latina republicana.

REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Presidente/a)
PARAJUA CARPINTERO, NOELIA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Presidente/a)
PARAJUA CARPINTERO, NOELIA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
A influencia da terra natal: vivenda e natureza en Niemeyer e Barragán
Autoría
O.C.G.
Grao en Historia da Arte
O.C.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2025 12:00
20.02.2025 12:00
Resumo
Oscar Niemeyer e Luis Barragán emergen como figuras icónicas da arquitectura contemporánea en Brasil e México, respectivamente. Ambos laureados co Premio Pritzker cimentaron as súas obras na modernidade, na natureza e no profundo amor pola súa terra natal, forxando así a esencia e a liberdade creativa dos seus traballos. A pesar de compartir estes principios fundamentais, os seus enfoques diverxen marcadamente tanto no visual como no estrutural. Dada a vasta cantidade de obras de Niemeyer en comparación coas do arquitecto mexicano, este estudo centrarase nas vivendas como tema de análise. Examinaranse desde os seus inicios e as teorías aplicadas durante os seus estudos, ata as características distintivas e preceptos que definan as súas obras máis emblemáticas. No caso de Luis Barragán, estas características converxen na Casa Luis Barragán e nas Cuadras de San Cristóbal, mentres que en Niemeyer destácanse na Casa das Canoas. Ambos arquitectos integran a natureza nas súas obras, pero fano de maneiras contrastantes. Barragán aproxímase cunha sensibilidade reverente, situando ao ser humano nunha posición humilde fronte á natureza. Niemeyer, pola contra, impónse sobre o entorno natural, destacando as súas edificacións, que buscan ocupar un espazo preeminente no paisaxe.

MOURE PAZOS, IVAN (Titoría)
MOURE PAZOS, IVAN (Titoría)
Do canon ao contracanon: tecendo novos discursos. Unha revisión do sistema da moda a atrvés da análise de catro deseñadores
Autoría
M.C.C.
Grao en Historia da Arte
M.C.C.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo ten como finalidade analizar e cuestionar o ideal estético e corporal perpetuado polo sistema da moda a través de diferentes dinámicas. A partir dunha revisión bibliográfica, examinaranse os factores socioculturais e mediáticos que contribuíron a consolidar, especialmente dende a década dos 80, unha visión delimitada e distorsionada do corpo. Este enfoque, permite tamén reflexionar sobre o concepto de beleza na sociedade actual e entender a moda como un vehículo de expresión e unha ferramenta de construción da identidade, que se ben atópase condicionada por axentes externos. Partindo disto, a través dun enfoque cualitativo, confrontarase este canon estético mediante o estudo da traxectoria e do traballo desempeñado por catro deseñadores de gran relevancia na industria da moda contemporánea, cuxa labor contribuirá a diluír os limites dos estándares de beleza. Deste modo, partindo dunha selección representativa dos seus deseños, mostrarase unha ruptura significativa co que tradicionalmente se entende por moda, propiciando a aparición de discursos alternativos que, a pesar de resultar incómodos ou desconcertantes, permiten a creación de espazos que impulsan un ambiente máis diverso e inclusivo. Por tanto, os seus deseños funcionan como elementos transgresores que promoven unha actitude crítica cara os valores tradicionais do sistema, cuestionando nocións profundamente arraigadas sobre a representación corporal. Con todo isto, invítase a repensar os prexuízos establecidos e a reconsiderar formas alternativas de comprender a beleza, non coma un estándar único e excluínte, senón como un concepto fluído e respectuoso aberto a múltiples representacións. En definitiva, a pesar de que o discurso canónico segue a ter forza dentro do sistema da moda, a continuidade de propostas subversivas como as analizadas no seguinte estudo, contribúen a preparar o camiño cara un futuro no que este ámbito estea menos condicionado pola mirada allea e máis próximo á realidade complexa e diversa da sociedade contemporánea.

MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
Da terceira á primeira persoa: a necesidade dun cambio na narrativa artística da prostitución
Autoría
L.C.M.
Grao en Historia da Arte
L.C.M.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este estudo denuncia como a historia da arte serviu para construír e manter unha visión patriarcal sobre a prostitución e os seus elementos crave. Por iso, a análise das imaxes, dende a cerámica grega ata o cinema contemporáneo parte dunha perspectiva feminista abolicionista. En consecuencia, a través de autoras sobreviventes e outras artistas ás marxes do canon, proponse unha relectura do relato visual onde se devolva a voz ás vítimas. O estudo evidencia a necesidade de revisar a iconografía que lexitima a prostitución como un espectáculo de xogos e luces, explorando o papel da mirada masculina e a violencia estrutural.

RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Vogal)

Sardiña, viño e América: o comercio e disputas nos portos de Galicia
Autoría
R.C.A.
Grao en Historia
R.C.A.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a evolución do comercio marítimo galego entre os séculos XVI e XVIII, con especial atención ao papel dos seus principais portos nos intercambios europeos e atlánticos. Galicia pasou dunha economía baseada en produtos como o viño ou a sardiña, dirixidos ao mercado europeo, a integrarse progresivamente no comercio colonial con América. A apertura do porto da Coruña en 1764 e os Decretos de Libre Comercio de 1778 marcaron un punto de inflexión que permitiu establecer roteiros co Caribe, Nova España e o Río da Prata. Tamén vemos o papel de comerciantes locais e foráneos que favoreceron a circulación de produtos coloniais e manufacturas europeas. Aínda que as limitacións estruturais persistiron, Galicia logrou inserirse no sistema comercial atlántico desde unha posición periférica da Monarquía Hispánica

Dubert García, Isidro (Titoría)
Dubert García, Isidro (Titoría)
Tribunal
REY CASTELAO, OFELIA (Presidente/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS (Vogal)

¿Un protagonista olvidado? O papel de España dentro do debate da revolución militar
Autoría
A.C.R.
Grao en Historia
A.C.R.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
O concepto de revolución militar constitúe unha cuestión controvertida no eido historiográfico, dando lugar a diversos debates dentro do ámbito académico. Estas discusións céntranse nas transformacións que experimentou o arte da guerra durante os últimos anos da Idade Media e boa parte da Idade Moderna, facendo especial fincapé nas precisións cronolóxicas e nas consecuencias derivadas destes cambios. Sobre esta base, o presente traballo ten como obxectivo realizar unha revisión historiográfica do debate en torno á denominada revolución militar. Para iso, abordaranse os traballos pioneiros de Michael Roberts, a crítica e recepción que suscitaron, así como as novas perspectivas formuladas pola historiografía máis recente. Finalmente, valorarase o impacto das reformas militares no caso español, analizando a súa inserción dentro da problemática exposta. Ofrecerase un balance do estado dos estudos sobre o ámbito peninsular, avaliando se este foi un campo de investigación infrautilizado ou mesmo menosprezado pola historiografía, ou se, pola contra, recibiu a atención académica que merece.

SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
SAAVEDRA VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Memoria dun cadáver: Iugoslavia.
Autoría
D.C.D.
Grao en Historia
D.C.D.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A cruenta guerra que nos 1990 enmudeceu Europa tivo consecuencias que aínda se perciben no espazo ex-iugoslavo. A memoria que se construíu nestes novos países sobre o conflito e mais o anterior Estado foi nun comezo de tipo nacional e de auto-vitimización, mais progresivamente veremos un camiño cara a reconciliación e xestos de vontade de realizar memoriais conxuntos. Así mesmo, atoparemos no nivel social sectores opositores a este paradigma nacionalista de esquecemento, así como se albisca unha tendenza cara unha maior tolerancia inter-étnica que daría pé ao relato compartido.
A cruenta guerra que nos 1990 enmudeceu Europa tivo consecuencias que aínda se perciben no espazo ex-iugoslavo. A memoria que se construíu nestes novos países sobre o conflito e mais o anterior Estado foi nun comezo de tipo nacional e de auto-vitimización, mais progresivamente veremos un camiño cara a reconciliación e xestos de vontade de realizar memoriais conxuntos. Así mesmo, atoparemos no nivel social sectores opositores a este paradigma nacionalista de esquecemento, así como se albisca unha tendenza cara unha maior tolerancia inter-étnica que daría pé ao relato compartido.
Dirección
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
Tribunal
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Presidente/a)
PARAJUA CARPINTERO, NOELIA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Presidente/a)
PARAJUA CARPINTERO, NOELIA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
Sepulcros do clero na Galicia medieval
Autoría
M.C.M.
Grao en Historia da Arte
M.C.M.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo analizar os conxuntos sepulcrais do clero medieval conservados en Galicia, co fin de observar a evolución da arte funeraria ao largo dos séculos medievais. Para elo, estudianse unha serie de sepulcros seleccionados, poñendo especial atención nos seus aspectos artísticos, iconográficos, históricos e sociais, entendendo cada uno de eles como resultado dunhas condicións específicas tanto persoais como contextuais. Este estudo exclúe deliberadamente os sepulcros de obispos e arzobispos, dado que, pola súa relevancia artística e por tratarse de figuras eclesiásticas de alto rango, han sido obxecto dunha extensa bibliografía previa.

CENDON FERNANDEZ, MARTA (Titoría)
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ AMEIJEIRAS, Mª DEL ROCIO (Presidente/a)
VAZQUEZ CASTRO, JULIO (Secretario/a)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Vogal)

A porcelana europea no século XVIII: manufacturas reais, coleccionismo e repertorio tipolóxico-iconográfico
Autoría
T.C.P.
Grao en Historia da Arte
T.C.P.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
No contexto global da Idade Moderna, as manufacturas de porcelana reais conseguen imitar a calidade da porcelana da China a partir do século XVIII. O coleccionismo impulsado polas elites e polas monarquías europeas, cunha destacada participación das mulleres, permitirá a difusión de novas tipoloxías e repertorios iconográficos no eido das artes decorativas. Este traballo analiza a evolución histórico-artística da produción fabril de porcelana europea no Setecentos. Como complemento ao estudo do seu desenvolvemento, elaboráronse dúas bases de datos: unha cronolóxica e xeográfica das fábricas, e outra dedicada ao rexistro de obxectos de porcelana conservados en coleccións museísticas e privadas accesibles a través da web.

LOPEZ CALDERON, CARME (Titoría)
LOPEZ CALDERON, CARME (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Vogal)
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Vogal)
Baixo a pel do canon. A pegada artística da imaxe feminina en tres casuísticas de publicidade contemporánea.
Autoría
C.C.C.
Grao en Historia da Arte
C.C.C.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
O eixo central deste estudo trátase da evolución do canon de beleza feminino e a súa proxección na representación da muller na publicidade contemporánea. Partindo do análise teórico de autoras como Laura Mulvey e John Berger analízanse cuestións crave como a mirada masculina, a cosificación do corpo feminino e os mecanismos simbólicos que condicionaron e aínda condicionan a súa representación. A partires destas consideracións abórdase o concepto do femvertising como estratexia publicitaria que pretende cuestionar as representacións tradicionais construíndo unha imaxe feminina máis diversa e realista. Contando tamén cunha enquisa aplicada ao público e o análise das súas respostas, que nos permiten entender ata que punto persisten estes estereotipos e o seu impacto na sociedade actual. Na fase final, desenvólvese un estudo de caso a través de tres campañas recentes que ilustran a influencia do canon clásico e os novos enfoques na representación feminina. O obxectivo deste traballo é poñer en evidencia de forma clara, como o canon foi moldeando a imaxe da muller, que a pesares de certos avances, aínda segue sendo un obxecto de disputa no que se manteñen as dinámicas de poder herdadas das construcións simbólicas patriarcais.

CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titoría)
Tribunal
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Titor do alumno)

A beleza prerrafaelista: as musas do pasado entre o estilo, o ideal feminino e a herdanza artística
Autoría
L.C.S.
Grao en Historia da Arte
L.C.S.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A arte da Irmandade Prerrafaelista floreceu a finais do século XIX no Reino Unido como un movemento reivindicativo fronte á rixidez que imperaba na Academia da época. Os seus principais integrantes -Dante Gabriel Rossetti, William Holman Hunt e John Everett Millais- avogaron por un retorno á inspiración do pasado medieval, afastándose dos convencionalismos vixentes. A súa proposta estética fundamentouse no culto á verdade promovendo unha forte exaltación da natureza, da beleza e da espiritualidade. A figura feminina emerxe como unha das características máis relevantes da estética prerrafaelista, representada mediante retratos de mulleres con rasgos físicos similares e cargados de sensualidade, enfermidade e morte. Este ideal cristaliza na figura da femme fatale, unha dama perigosa e estreitamente ligada ao misterio e ao mundo da morte. O legado prerrafaelista prolongouse máis aló do seu tempo, deixando unha fonda pegada en movementos posteriores como o simbolismo ou a Art Noveau. A súa estética influíu profundamente na construción dun canon de beleza que afectou e afecta a diferentes ámbitos da sociedade que nos rodea.

As mulleres galegas nos espazos de reclusión franquistas
Autoría
C.C.C.
Grao en Historia
C.C.C.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
No presente traballo abordarase a represión exercida sobre as mulleres galegas a través dos espazos de reclusión franquistas. Realizarase un repaso pola evolución e construción do sistema penitenciario franquista para logo centrarnos nas especificidades da represión exercida sobre as mulleres e amosar a súa realidade dentro dos cárceres franquistas. Especial atención dedicarase aos casos galegos, onde as mulleres condenadas tiveron que abandonar Galicia, ante a falta de prisións centrais, para cumprir a súa pena en múltiples prisións situadas por todo o territorio español. A fame, a insalubridade, as epidemias, o amontoamento e a violencia foron o día a día destas presas dentro destes recintos de reclusión que o que buscaban era reeducación moral e social destas mulleres. De importancia neste traballo son as testemuñas que deixaron algunhas das presas tras o seu paso polos cárceres contribuíndo á recuperación da memoria histórica destas mulleres que moitas veces foi esquecida e silenciada.

GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titor do alumno)

Imáxes medievais de devoción na catedral de Santiago e no seu Museo
Autoría
C.C.G.
Grao en Historia da Arte
C.C.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza o papel das imaxes devocionais medievais conservadas na catedral de Santiago e no seu Museo Catedralicio. Combinando fontes artísticas, litúrxicas e históricas, o traballo examina como estas pezas servían como obxectos sagrados. Máis aló da súa función estética, estas representacións foron concibidas como portadoras de presenza, capaces de mediar entre o divino e o humano. Estas esculturas foron elementos esenciais para estruturar a experiencia relixiosa, visual e comunitaria do culto xacobeo. A súa eficacia simbólica e ritual converteunas en imprescindibles para a práctica da liturxia, tanto individual como colectiva.
Este traballo analiza o papel das imaxes devocionais medievais conservadas na catedral de Santiago e no seu Museo Catedralicio. Combinando fontes artísticas, litúrxicas e históricas, o traballo examina como estas pezas servían como obxectos sagrados. Máis aló da súa función estética, estas representacións foron concibidas como portadoras de presenza, capaces de mediar entre o divino e o humano. Estas esculturas foron elementos esenciais para estruturar a experiencia relixiosa, visual e comunitaria do culto xacobeo. A súa eficacia simbólica e ritual converteunas en imprescindibles para a práctica da liturxia, tanto individual como colectiva.
Dirección
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Titoría)
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ AMEIJEIRAS, Mª DEL ROCIO (Presidente/a)
VAZQUEZ CASTRO, JULIO (Secretario/a)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Vogal)
SANCHEZ AMEIJEIRAS, Mª DEL ROCIO (Presidente/a)
VAZQUEZ CASTRO, JULIO (Secretario/a)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Vogal)
A guerra civil como imaxe proxectada
Autoría
U.C.E.
Grao en Historia
U.C.E.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A guerra civil española foi un acontecemento de interese a nivel internacional. Vinculada a unha ampla produción literaria de diverso tipo, entre a cal, atopamos as memorias daqueles que viviron de maneira directa os acontecementos españois que teñen lugar entre 1936 e 1939. Dando lugar a unha narración centrada en diversos aspectos, como é a dimensión internacional do conflito, as motivacións do mesmo e a afectación que a guerra ten sobre a poboación civil. Aspectos fortemente influenciados por elementos subxectivos, derivados da ideoloxía propia e da imaxe construída acerca do español en base a prexuízos e estereotipos. Os cales se encontran encadrados dentro dos elementos que constitúen a imaxe nacional que se proxecta sobre España e o pobo español, para dar forma á interpretación e concepción da guerra civil.

NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
O Movimiento Nacionalista Tacuara na Arxentina da Nova Esquerda
Autoría
H.C.M.
Grao en Historia
H.C.M.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo explora o percorrido do Movimiento Nacionalista Tacuara (MNT) dende unha perspectiva que pretende superar o enfoque máis tradicional, definido unicamente como unha agrupación de extrema dereita ou un antecedente das militancias setentistas. Téntase analizar este como unha manifestación local dun fenómeno transnacional: a emerxencia dun nacionalismo revolucionario que, no contexto dos anos 60, incorporou linguaxes, formas organizativas e estratexias tomadas tanto da extrema dereita como da nova esquerda. Apoiándose no modelo das vagas de violencia política desenvolto por David Rapoport e nas investigacións de Nicolas Lebourg, o estudo mostra como o MNT foi un espazo en tensión, atravesado por contradicións internas e reconfiguracións constantes. A través das súas escisións (a GRN, o MNA e o MNRT)obsérvase un proceso de radicalización en distintas direccións: dende o nacionalismo católico ata a esquerda revolucionaria. Máis que un grupo marxinal, Tacuara aparece aquí como un actor significativo na historia das militancias da mocidade arxentina, en diálogo con ideoloxías globais e contextos locais. Esta mirada permite complexizar a historia do movemento, e repensar os límites difusos entre esquerda e dereita na terceira vaga de violencia.

A efixie sedente en ámbito funerario na Castela do século XIII: entre a realidade e a ficción
Autoría
R.C.D.
Grao en Historia da Arte
R.C.D.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A efixie funeraria é unha das formas de conmemoración que abondan na Idade Media, pero mentres as efixies xacentes son moi habituais, aquelas orantes ou sedentes constitúen unha excepción. Neste traballo preténdese recuperar a aparencia orixinal das célebres imaxes de vestir de Fernando III, Beatriz de Suabia e Afonso X que unha vez acompañaron aos seus sepulcros na mesquita alxamiada que era a catedral de Sevilla do século XIII, así como buscar a orixe desa curiosa solución no imaxinario literario da corte afonsí. Por último, interpretarase este complexo funerario no marco das pretensións imperiais da monarquía castelá.

SANCHEZ AMEIJEIRAS, Mª DEL ROCIO (Titoría)
SANCHEZ AMEIJEIRAS, Mª DEL ROCIO (Titoría)
Tribunal
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Presidente/a)
PRADO VILAR, FRANCISCO (Secretario/a)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Vogal)
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Presidente/a)
PRADO VILAR, FRANCISCO (Secretario/a)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Vogal)
A creación do Reino de Portugal
Autoría
D.C.F.
Grao en Historia
D.C.F.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na análise do proceso histórico que levou á creación do Reino de Portugal, a través dunha revisión detallada dos acontecementos políticos, militares e eclesiásticos que se produciron entre finais do século XI e a primeira metade do século XII. A investigación examina especialmente o papel de figuras clave como D. Henrique de Borgoña, Teresa de León e Afonso Henriques, así como os conflitos co Reino de León e as tensións internas que marcaron a evolución do condado portucalense cara á súa independencia. O obxectivo principal deste estudo é comprender os factores que permitiron a consolidación dun poder autónomo en Portugal, prestando especial atención ás loitas sucesorias, ás estratexias matrimoniais e á influencia da Igrexa. A metodoloxía empregada baséase na análise crítica de fontes documentais e bibliografía historiográfica actualizada. A conclusión a que se chega é que o Reino de Portugal foi o resultado dun proceso complexo e prolongado, marcado por alianzas temporais, rivalidades familiares e disputas territoriais. A figura de Teresa, que adoptou o título de raíña antes da proclamación oficial do reino, e o papel determinante de Afonso Henriques, culminan nun proceso que reflicte tanto ambición persoal como estratexia política. Por tanto, este traballo destaca a relevancia do condado portucalense como espazo político diferenciado e contribúe a unha mellor comprensión das orixes da monarquía portuguesa.

BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Titoría)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Titoría)
Tribunal
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Titor do alumno)

O mundo funerario na Oretania Setentrional: Estudo antropolóxico e arqueométrico (cor e FTIR) de dez cremacións da Necrópole Ibérica de Alarcos III
Autoría
M.C.P.
Grao en Historia
M.C.P.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Preséntase o estudo de dez cremacións da Necrópole Ibérica de Alarcos III, descuberta en 2019 entre os concellos de Poblete e Ciudad Real, e escavada a partir de 2021. O obxectivo é afondar no coñecemento da cultura ibérica na área machega, principalmente a través da caracterización do ritual funerario levado a cabo neste territorio a finais da Idade do Ferro. O traballo comprende a escavación de parte do material in situ, o estudo antropolóxico, incluíndo a clasificación en segmentos anatómicos e estimando o sexo e idade dos individuos, e tamén a análise colorimétrica e de catro índices de espectroscopía FTIR, coa finalidade de estudar a relación entre os cambios cromáticos e na estrutura química do óso, así como inferir a temperatura. O estudo antropolóxico permitiu identificar o sexo de 4 individuos femininos e 2 masculinos, e a idade de dous deles (15-20 e 17 anos), sendo os outros adultos. As análises colorimétrica e espectroscópica mostran unha grande variabilidade, e indican que os ósos de maior luminosidade presentan unha maior temperatura de cremación con baixas cantidades de coláxeno e carbonato, así como un alto índice de cristalinidade. Isto quere dicir que se acadaron temperaturas altas, pero a calcinación foi parcial, suxerindo unha cremación menos elaborada que en séculos posteriores.

LOPEZ COSTAS, OLALLA (Titoría)
LOPEZ COSTAS, OLALLA (Titoría)
Tribunal
LLINARES GARCIA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
RABUÑAL GAYO, JOSÉ RAMÓN (Secretario/a)
PRIETO MARTINEZ, MARÍA PILAR (Vogal)

Unha aproximación á vida durante a Idade Moderna a partir de dúas osteografías. (Fresno del Río, Cantabria)
Autoría
M.C.C.G.
Grao en Historia
M.C.C.G.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo pretende achegarnos á comprensión da vida das persoas do pasado a través da análise de restos funerarios. Preséntanse os resultados do estudo antropolóxico e as alteracións paleopatolóxicas dos restos óseos e dentais de dúas tumbas de Época Moderna procedentes do xacemento de Santa María de Fresno del Río no concello de Enmedio, na actual Comunidade de Cantabria (España). Durante a Campaña Arqueolóxica de 2023, escaváronse as fosas 7 e 8, obxecto desta análise. Os resultados obtidos destacaron a presenza de espiña bífida en ámbolos dous suxeitos analizados, o que interpretamos como consecuencia dunha posible consanguinidade debido á influencia do illamento xeográfico da rexión, a dieta, as condicións ambientais e as estruturas sociopolíticas do período histórico. Do mesmo xeito, a existencia de entesopatías interpretouse como marcadores de actividade ocupacional e o achado único dun osteófito occipital no forame magno do suxeito na tumba 7 explica as graves alteracións na actividade vital. Este traballo pretende contribuír a destacar a importancia dos estudos bioarqueolóxicos como fonte de coñecemento sobre a vida no pasado que pode pasar desapercibida nas abordaxes paleoepidemiolóxicas.

CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titoría)
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titoría)
Tribunal
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titor do alumno)
CAMAROS PEREZ, EDGARD (Titor do alumno)
O partido comunista arxentino e a súa relación coa dictadura cívico militar arxentina (1976-1982)
Autoría
M.D.B.
Grao en Historia
M.D.B.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O partido comunista arxentino (PCA) considerase como un dos conxuntos políticos mais relevantes e dotado dunha amplia proxeción histórica no relativo á esquerda tradicional arxentina. É asi que, dende unha perspectiva diacrónica, resulta relevante o seu cambio de posición con respecto aos precedentes gobernos de carácter ditatorial xurdidos no contexto da Arxentina da segunda metade do século pasado, en relación co apoio dado polo partido á última ditadura cívico militar arxentina. En base a anterior premisa, no presente traballo procederase ao análise da posición favorable a última ditadura cívico militar sucedida no marco espacial proposto, centrándose o estudo nas fundamentacións teóricas así como contextuais que levan ao PCA ao apoio da instauración do goberno militar. Tamén se abordarán outros aspectos relacionados coa traxectoria do PCA ao longo da dictadura, apreciando as críticas realizadas polo partido cara a administración gubernamental, contextualizando a postura do partido en base aos antecedentes e as posicións políticas executadas polo mesmo nos anos previos a ditadura.
O partido comunista arxentino (PCA) considerase como un dos conxuntos políticos mais relevantes e dotado dunha amplia proxeción histórica no relativo á esquerda tradicional arxentina. É asi que, dende unha perspectiva diacrónica, resulta relevante o seu cambio de posición con respecto aos precedentes gobernos de carácter ditatorial xurdidos no contexto da Arxentina da segunda metade do século pasado, en relación co apoio dado polo partido á última ditadura cívico militar arxentina. En base a anterior premisa, no presente traballo procederase ao análise da posición favorable a última ditadura cívico militar sucedida no marco espacial proposto, centrándose o estudo nas fundamentacións teóricas así como contextuais que levan ao PCA ao apoio da instauración do goberno militar. Tamén se abordarán outros aspectos relacionados coa traxectoria do PCA ao longo da dictadura, apreciando as críticas realizadas polo partido cara a administración gubernamental, contextualizando a postura do partido en base aos antecedentes e as posicións políticas executadas polo mesmo nos anos previos a ditadura.
Dirección
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
REY TRISTAN, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Presidente/a)
PARAJUA CARPINTERO, NOELIA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Presidente/a)
PARAJUA CARPINTERO, NOELIA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
Do privado ao público: A experiencia persoal como forma de expresión artísticaDel privado al público: La experiencia personal como forma de expresión artística.
Autoría
C.D.R.
Grao en Historia da Arte
C.D.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo explora o papel central da experiencia persoal e a biografía na creación artística contemporánea, destacando como subxectividade, memoria ou identidade convértense en ferramentas esenciais para a expresión e a crítica social. Este divídese en dous partes: unha primeira teórica, onde se explora a evolución do enfoque biográfico da historia da arte, dende a lenda do artistas como xenio ata as políticas de identidade contemporánea; e unha segunda parte analítica, centrada na investigación de tres artistas exemplarios: Louise Bourgeois, Félix González-Torres e Carrie Mae Weems. A relación persoal co político explórase nestes casos, incluídos o trauma, a morte, o duelo, o xénero, a racialización e a vulnerabilidade como eixos centrais dun discurso que conecta o íntimo co político. Tamén se explora como se pode usar a arte autobiográfica para representar experiencias subxectivas complexas, que serven como un espazo de autocoñecemento, denuncia e resistencia. A investigación incorpora unha avaliación crítica, coa intención de centrarse nunha historia da arte máis inclusiva que reúna voces marxinadas e desafíe as tradicións culturais hexemónicas da arte.

DE LLANO NEIRA, PEDRO (Titoría)
DE LLANO NEIRA, PEDRO (Titoría)
Tribunal
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
Políticas Públicas de Integración dos Migrantes en España: unha ollada cara a Galiza mediante o caso de Mali e Venezuela
Autoría
A.D.V.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
A.D.V.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
A inmigración a Galicia está a transformar progresivamente o tecido social da sociedade gallega, xerando tensións, adaptacións e desafíos nunha rexión tradicionalmente considerada unha fonte de emigrantes. Nos últimos anos, Galicia converteuse nun destino para multitude de persoas chegadas de diferentes partes do mundo, incluíndo refuxiados, exiliados e persoas desprazadas forzosamente principalmente debido a conflitos armados e crises humanitarias. Neste contexto, as políticas rexionais e nacionais, así como o discurso político e mediático, exercen unha influencia significativa na percepción social da inmigración e no proceso de integración dos migrantes nas sociedades locais. Este traballo explora como os inmigrantes e refuxiados que chegan a Galicia, concretamente os refuxiados procedentes de Malí e a crecente comunidade venezolana, interactúan coa realidade económica e social da comunidade peninsular, marcada por unha historia de emigración. En concreto, analízase o papel das políticas públicas no proceso de adaptación das persoas inmigrantes en Galicia mediante a análise de: as políticas de acollida implementadas, os desafíos administrativos como a xestión de visados, a demanda laboral insatisfeita no rural (debido ao declive demográfico e á despoboación en determinadas zonas) e as novas tendencias migratorias das persoas retornadas/descendentes de emigrantes galegos (como é o caso da comunidade latina). Tamén se exploran as tensións entre as institucións locais e o goberno central, o que reflicte as discrepancias na transparencia e na xestión da acollida de migrantes e/ou refuxiados. Os estigmas, os problemas de vivenda e os delitos de odio abordaranse mediante a mención e a análise de noticias de actualidade e a subministración de gráficos que nos permitan comprender mellor visualmente a evolución destes fenómenos. A hipótese deste artigo é que existen unha serie de obstáculos no proceso de adaptación tanto dos refuxiados malianos como dos migrantes venezolanos en Galicia, o que pon de manifesto as diferenzas e semellanzas que existen en casos migratorios tan dispares. Finalmente, ofrécese unha reflexión sobre as contradicións do sistema (a nivel económico e social) no que nos atopamos, onde persisten desigualdades que afectan á integración das persoas migrantes na rexión europea e especificamente no noroeste da Península Ibérica.

YRIGOY CADENA, ISMAEL (Titoría)
ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS Cotitoría
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Titoría)
ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS (Titor do alumno)
YRIGOY CADENA, ISMAEL (Titor do alumno)

Distorsións iconográficas da última Raíña de Exipto
Autoría
L.D.F.
Grao en Historia da Arte
L.D.F.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2025 18:30
20.02.2025 18:30
Resumo
As distintas interpretacións, tanto modernas como antigas, que se realizaron ao longo da historia sobre a última raíña lágia, Cleopatra VII, provocaron a aparición de distintas versións dela tanto en pintura, como en literatura, ou incluso no cine, entre outros moitos ámbitos. Este traballo céntrase, precisamente, no estudo destas distintas versións, ca intención de levar a cabo unha confrontación entre elas e unha revisión crítica das mesmas, xunto cas propias fontes que chegaron a nós, ademáis de ver os distintos cambios aos que foi sometida dacordo ao contexto no que se atopaba dita interpretación.

PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Titoría)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Presidente/a)
LOPEZ CALDERON, CARME (Secretario/a)
MOURE PAZOS, IVAN (Vogal)
Unha aproximación historiográfica á escritura da Cruzada dos Nenos
Autoría
L.D.M.
Grao en Historia
L.D.M.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo busca analizar como se conformou a escritura da Cruzada dos Nenos dende a súa aparición nas crónicas medievais ata as representacións máis actuais. Con este obxectivo, encadrarase dito acontecemento na evolución da guerra santa e no devir de cruzadas coetáneas ó mesmo. Tamén se estudarán as distintas interpretacións relativas á súa orixe e composición social. Igualmente analizarase a visión que se ten desta Cruzada no ámbito non académico.
O presente traballo busca analizar como se conformou a escritura da Cruzada dos Nenos dende a súa aparición nas crónicas medievais ata as representacións máis actuais. Con este obxectivo, encadrarase dito acontecemento na evolución da guerra santa e no devir de cruzadas coetáneas ó mesmo. Tamén se estudarán as distintas interpretacións relativas á súa orixe e composición social. Igualmente analizarase a visión que se ten desta Cruzada no ámbito non académico.
Dirección
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
“A dor dunha nai nun último abrazo: a evolución iconográfica da Piedade dende a orixe do tipo ata a Idade Moderna”
Autoría
C.D.M.
Grao en Historia da Arte
C.D.M.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a evolución iconográfica da Piedade na arte occidental desde a Idade Media ata o Barroco. A través do estudo comparativo de obras crave, tanto escultóricas como pictóricas, examinarase como a representación da Virxe co corpo morto de Cristo cambiou en canto á caracterización e número dos personaxes que a integran, a súa composición, estilo e simbolismo. O estudo aborda as primeiras versións xermánicas como formas de devoción íntima, a idealización renacentista que dota á escena de equilibrio formal e serenidade espiritual, e finalmente o dramatismo barroco, que intensifica a teatralidade emocional e busca conmover ao espectador. Ademais, analizarase como se amplifica a mensaxe teolóxica e humano da obra en cada período, reflectindo as sensibilidades culturais do seu tempo. A investigación conclúe cunha reflexión sobre como este motivo perdurou e evolucionou, adaptándose a distintas linguaxes artísticas sen perder a súa poder simbólico e o seu impacto emocional.
Este traballo analiza a evolución iconográfica da Piedade na arte occidental desde a Idade Media ata o Barroco. A través do estudo comparativo de obras crave, tanto escultóricas como pictóricas, examinarase como a representación da Virxe co corpo morto de Cristo cambiou en canto á caracterización e número dos personaxes que a integran, a súa composición, estilo e simbolismo. O estudo aborda as primeiras versións xermánicas como formas de devoción íntima, a idealización renacentista que dota á escena de equilibrio formal e serenidade espiritual, e finalmente o dramatismo barroco, que intensifica a teatralidade emocional e busca conmover ao espectador. Ademais, analizarase como se amplifica a mensaxe teolóxica e humano da obra en cada período, reflectindo as sensibilidades culturais do seu tempo. A investigación conclúe cunha reflexión sobre como este motivo perdurou e evolucionou, adaptándose a distintas linguaxes artísticas sen perder a súa poder simbólico e o seu impacto emocional.
Dirección
LOPEZ CALDERON, CARME (Titoría)
LOPEZ CALDERON, CARME (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Vogal)
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Vogal)
Salomé: da Biblia á arte moderna. O nacemento dunha femme fatale
Autoría
P.D.M.
Grao en Historia da Arte
P.D.M.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
18.06.2025 12:00
18.06.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na figura de Salomé como un dos exemplos máis destacados do arquetipo da femme fatale, tanto na Historia da arte como na cultura visual do século XIX. Centrándose na historia bíblica e na súa reinterpretación tanto artística como literaria, Salomé convértese nun emblema de final de século cargado de erotismo e perigo. Esta investigación estuda a forma en que artistas destacados como Gustave Moreau ou novelistas como Óscar Wilde axudaron a construír unha muller cativadora. Esta estrutura responde as disputas sociais da época, relacionadas coa emancipación das mulleres. Así mesmo, este estudo apóiase noutras figuras relacionadas co arquetipo da femme fatale, as cales son Lilith, Pandora, Circe, Judith e Cleopatra. Co apoio nestas figuras evidénciase como este mito reflíctese en mulleres independentes e fortes ao longo dos séculos. Finalmente, termínase esta análise resumindo como a figura de Salomé reflicte as preocupacións culturais referidas á feminidade non estereotípica.

SANCHEZ GARCIA, JESUS ANGEL (Titoría)
SANCHEZ GARCIA, JESUS ANGEL (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ GARCIA, JESUS ANGEL (Titor do alumno)

O videoxogo histórico medieval en 2020-2025
Autoría
M.D.M.
Grao en Historia
M.D.M.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Os videoxogos son un producto transmedia que experimentou un desenvolvemento sen precedentes nas últimas décadas. Dende os seus inicios houbo títulos, e sagas enteiras, cun contido de carácter histórico que mézclase con elementos narrativos que aportan xogabilidade. Isto, sumado ao feito da gran, e cada vez maior, popularidade do medio, influíu na historia pública, a percepción que ten gran parte da sociedade sobre a historia e os seus acontecementos máis visitados. Istos elementos recoñecen o valor dos videoxogos coma ferramentas pra acercar a historia aos xogadores, pero enfréntase a dificultades por parte da comunidade académica coma consecuencia da brecha dixital existente entre ámbolos mundos. É un medio visto coma extraño ou pouco serio. Coma solución nace o videoxogo histórico, concepto que varía en gran medida según o experto, pero que ten coma intención aportar ao videoxogo dun trasfondo académico con tres criterios principáis: veracidade, verosimilitude e información relevante. Desde 2020 atendemos a unha importante proliferación de títulos con narrativas ou inspiracións históricas e de gran éxito, o que o fai vital analizar o seu desenvolvemento cronolóxico pra comprender o videoxogo histórico na actualidade.

SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titor do alumno)

Dúas miradas ás mulleres da Revolución francesa: Madame de Staël e Jules Michelet
Autoría
A.E.R.
Grao en Historia
A.E.R.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Os estudos sobre a participación e implicación das mulleres durante a Revolución francesa estiveron sempre relegados a un segundo plano, considerados de escasa importancia para a investigación sobre este período. Porén, hoxe en día está demostrado que as mulleres tiveron un papel fundamental, non só nos principais procesos políticos e sociais da Revolución, mais tamén sendo as principais afectadas negativamente. Neste traballo preténdese, mediante a análise das obras de Madame de Staël, escritora ilustrada da época revolucionaria, e Jules Michelet, historiador francés do século XIX, mostrar a grande relevancia e impacto que tiveron as mulleres, tanto individualmente, como en grupo, durante o inicio, desenvolvemento, e conclusión da Revolución francesa.

REY CASTELAO, OFELIA (Titoría)
REY CASTELAO, OFELIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Presidente/a)
Fernández Armesto, Mónica (Secretario/a)
SOBRADO CORREA, HORTENSIO (Vogal)

O poder urbano compostelán de inicios do século XV. Unha aproximación dende o Libro do Concello (1416-1422)
Autoría
F.F.B.
Grao en Historia
F.F.B.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
O mundo urbano baixomedieval contaría contra o século XV cun acuciado desenvolvemento económico, político e social, que daría lugar a unha grande diversidade de escalas e instancias dentro da administración das cidades. Dende esta xeneralidade, Santiago de Compostela, como núcleo señorial do arcebispado homónimo, presenta nos seus estratos de poder ó longo do Catrocentos unha considerable complexidade e conflitividade entre as capacidades do poder temporal, do concello, ou mesmo do cabido, tendo como protagonistas a figuras de moi diversa orixe. Así, o desenvolvemento destes grupos en base á súa condición social, as súas bases económicas e a súa actuación política acabarán dando lugar a unha oligarquía urbana altamente complexa e de grande interese en torno ó dominio, a soberanía e o exercizo do poder. O presente traballo toma todo o anterior coma obxecto de estudio, tratando de ofrecer unha ollada concreta a través da fonte coñecida como Libro do Concello (1417-1422), que permite coñecer de forma máis directa ós individuos presentes neste sistema, construíndo un relato polifacético entre a consolidación da nova oligarquía urbana e a supeditación desta ós grandes poderes tradicionais desta cidade, como era o estamento clerical santiagués.

SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titor do alumno)

a representación do poder a través do vestiario masculino nos retratos da corte española entre os séculos XVII e XVIII: do negro español á moda francesa
Autoría
S.F.M.
Grao en Historia da Arte
S.F.M.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
o seguinte traballo pretende demostrar como o vestido negro da corte se converteu, a partir do século XVI, no principal atributo dos monarcas da casa de austria, converténdose nun símbolo, xunto con outros elementos como a gorga, da realeza española e do seu poder sobre un gran imperio. deste xeito, os distintos reis, dende filipe iiata carlos ii, víronse representados polos máis destacados pintores e artistas do seu tempo segundo este modelo. porén, o negro español substitúese paulatinamente polo chamado vestido de estilo francés paralelamente á perda de hexemonía de españa ante a francia de luís xiven europa. así, a finais do século XVII, este traxe tamén era habitual na corte española, mesmo antes da chegada da casa de borbón no 1700, algo especialmente visible nos retratos dos últimos austríacos españois e dos principais aristócratas españois desta época.

DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
Petróglifos de armamento en dúas comarcas galegas: Deza e o Norte da Península do Barbanza
Autoría
U.F.N.
Grao en Historia
U.F.N.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Os petróglifos da comarca de Deza e do Norte da Península do Barbanza constitúense como núcleos con entidade propia dentro do grupo de arte rupestre galego pola súa densidade e variedade de motivos representados. Ditas comarcas teñen a peculiaridade de contar con gravados de armamento no seu catalogo, caso excepcionalmente inusual o de Deza, sitúada no interior da comunidade galega, alonxada do núcleo de maior diverisdade temática. O valor cronolóxico dos correlatos metálicos dos gravados e os criterios de selección de armas a representar levannos a poñer atención no desenvolvemento da primeira metalurxia do Noroeste. Os petróglifos non han de ser considerados como entes aislados, senón evaluados no seu conxunto dentro do seu entorno circundante, tal é como suxire a Arqueoloxía da Paisaxe. Neste senso os petróglifos estudados adoitan representarse en zonas cunha boa visibilidade, lugares relevantes de tránsito, así como próximos a recursos hídricos. Estos gravados reservan as suas peculiaridades en sendas zonas, en canto a estilo e tipos de armamento

FABREGAS VALCARCE, RAMON (Titoría)
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Titoría)
Tribunal
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Titor do alumno)

As relacións entre a Monarquía Hispánica e Persia durante os reinados de Felipe III e IV (1598-1640)
Autoría
I.F.T.
Grao en Historia
I.F.T.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 11:30
19.06.2025 11:30
Resumo
O obxectivo deste traballo será estudar as relacións que tiveron a Monarquía Hispánica e a Persia Safávida grazas á adición do Coroa de Portugal, tanto nos ámbitos político, comercial e cultura, centrándonos nos reinados de Felipe III e Felipe IV ata a perda do reino de Portugal (1598-1640). Para comezar con esta labor farase unha introdución bibliográfica dente os inicios destas investigacións a finais do século pasado ata a actualidad, pasando por investigadores como Luis Gil Fernández ou Rudi Matthee, para continuar posteriormente cunha introdución tratando os primeiros contactos dos reinos hispánicos con Persia, como a embaixada de Ruy de Clavijo a Tamerlán ou a alianza Habsburgo-Safávida con Carlos V. Tras estas primeiras nocións sobre o tema continuaremos co tema central do traballo partidno das distintas embaixadas enviadas polos respectivos reis ao shah Abbas; tamén veremos o papel clave de Persia como zona económica que permitía unir máis facilmente a India con Ormuz, factor clave portuguesa durante estes momentos, e por útlimo a imaxe de Persia que había no imaxinario a través de diversas obras literarias.

REY CASTELAO, OFELIA (Titor do alumno)
REY CASTELAO, OFELIA (Titor do alumno)
Os mosteiros familiares da nobreza condal na Galicia altomedieval. Parentesco, economía e estruturación do territorio
Autoría
X.F.M.
Grao en Historia
X.F.M.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A nobreza condal fundou e posuíu os chamados “mosteiros familiares” entre os séculos X e XI. Neste período podemos enmarcar o seu nacemento, apoxeo e decadencia. Malia a que levan sendo obxecto de estudo por parte da historiografía dende hai décadas, as análises máis recentes renovaron a súa interpretación. Este traballo proponse abordar o seu estudo dende unha perspectiva múltiple, en atención a diversos factores como a súa dimensión política, económica, relixiosa, simbólica ou material. Do mesmo xeito, trataremos a evolución da nobreza condal, o que nos permitirá contextualizar a propia existencia e función dos mosteiros. Para iso, abordaremos a configuración das estruturas de parentesco nobiliarias e a súa relación co sistema de herdanza, valoraremos o papel xogado polos cenobios como mecanismo de concentración do patrimonio e reflexionaremos sobre o seu rol en base ó concepto de “estruturación social do territorio”. Por último, consideraremos a súa natureza como elemento de lexitimación da posición socio-política dos seus propietarios. Tentaremos, xa que logo, proporcionar unha visión holística deste fenómeno.

ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
Tribunal
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Vogal)

Análise da capacidade de acollida ambiental da comarca do Barbanza.
Autoría
L.F.V.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
L.F.V.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo centrase en realizar unha estimación da capacidade de acollida ambiental da comarca do Barbanza, identificando canto impacto pode soportar o territorio estudado antes de que rebase un punto crítico. O principal obxectivo deste estudio, sería a identificación da capacidade que o territorio analizado ten para poder soportar actividades humanas, actividades industriais ou dinámicas humanas como sería a da expansión urbana e as actividades humanas que xeran a explotación de recursos naturais; con este obxectivo buscase promover o uso sostible do territorio e a realización dun estudo aplicable tanto para o presente coma para o futuro. A hora de desenvolver o traballo e intentar lograr o obxectivo establecido, desenvolvese un tipo de metodoloxía mixta, a cal combina o análise de varios documentos de texto coa integración de ferramentas tecnolóxicas coma os sistemas de información xeográfica (SIX) e análise de datos sobre o clima, a biodiversidade o recursos hídricos, empregando algúns indicadores chave como o consumo da auga, o uso do solo ou as emisión de carbono. A partir de este procedemento metodolóxico obtense un resultado, o cal está apoiado sobre as actividades humanas e non compromete ao sesu recursos naturais e da biodiversidade, amosando cal sería a capacidade de acollida ambiental da comarca do Barbanza, que en este caso o resultado amosa que ainda non se superou, o que permite afirmar que para esta comarca o coñecemento ecolóxico do seu territorio evita consecuencias medioambientais negativas, sendo un punto moi importante tanto para o seu desenvolvemento económico como social ou ambiental.

Unha guerra no cine: 1936 - 1939
Autoría
U.F.D.L.F.
Grao en Historia
U.F.D.L.F.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Análise da produción cinematográfica realizada durante a Guerra Civil Española (1936-1939), facendo especial énfase na utilización do cinema como propaganda. No presente traballo analizaranse os filmes do bando republicano, do bando sublevado e a meirande parte da axuda exterior que recibiron ambos no apartado cinematográfico. Ademais, dentro de cada apartado analízase a produción propia de cada bando. Por outra banda, buscase entender tamén a importancia que tiña o cine, unha arte aínda practicamente incipiente en España, como elemento alienador e como instrumento propagandístico no transcurso da guerra.
Análise da produción cinematográfica realizada durante a Guerra Civil Española (1936-1939), facendo especial énfase na utilización do cinema como propaganda. No presente traballo analizaranse os filmes do bando republicano, do bando sublevado e a meirande parte da axuda exterior que recibiron ambos no apartado cinematográfico. Ademais, dentro de cada apartado analízase a produción propia de cada bando. Por outra banda, buscase entender tamén a importancia que tiña o cine, unha arte aínda practicamente incipiente en España, como elemento alienador e como instrumento propagandístico no transcurso da guerra.
Dirección
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Titoría)
Tribunal
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Presidente/a)
PARAJUA CARPINTERO, NOELIA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Presidente/a)
PARAJUA CARPINTERO, NOELIA (Secretario/a)
PAZOS PAZOS, M. LUISA JULIA (Vogal)
Unha aproximación á situación femenina no s.XIX español a través das figuras de Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán
Autoría
C.F.L.
Grao en Historia
C.F.L.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A situación da muller no século XIX estivo fortemente condicionada polos valores da época. Así, estas quedaron relegadas ao coidado do fogar, non contaron con dereitos legais e foron marxinadas do ámbito público e educativo. A gran maioría eran analfabetas e só algunhas puideron formarse, na súa maior parte pertencentes ás clases altas, aínda que as ensinanzas eran básicas e enfocadas ao labor doméstico. Neste contexto naceron dúas pensadoras: Concepción Arenal primeiro, e Emilia Pardo Bazán nunha xeración posterior. Ambas desafiaron a desigualdade estructural e os roles da súa época ao formarse intelectualmente, introducirse en espazos tradicionalmente masculinos e denunciar a condición e o lugar da muller na sociedade. Aínda que non lograron unha ruptura co sistema patriarcal, as súas diversas achegas e accións foron fundamentais para a orixe do feminismo español que estouraría no século seguinte.

BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Titoría)
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Presidente/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Presidente/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
Heka: Os Poderes da Palabra e da Imaxe no Antigo Exipto.
Autoría
M.F.G.
Grao en Historia da Arte
M.F.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A maxia no Antigo Exipto, denominada Heka, é o poder dos poderes: unha forza creadora e divina, omnipresente, que determina a vida e o pensamento do ser humano. A súa aplicación pode modificar tanto a vida terrenal como a espiritual e, aínda que o tema poida resultar complexo para a mente racional occidental, é de vital importancia para comprender o pensamento, a cultura, a arte e a vida dos antigos habitantes do Nilo. Do amplo abano de posibilidades que ofrece a análise da maxia, resalto varios ámbitos: as divinidades ligadas á maxia, sendo exemplos claros a maga Isis e o patrón Thot, así como a veneración de figuras destacadas como Imhotep; as prácticas rituais e os textos máxicos, que, mediante a lectura e recitado da escritura xeroglífica, permitirían superar o camiño cara ao Máis Alá; e as representacións visuais, gravadas, pintadas ou talladas, centradas nos amuletos como instrumentos protectores activados a través da pronunciación de fórmulas máxicas. A crecente bibliografía existente amosa que segue a ser un tema de grande interese, cuxo estudo permite afondar na cosmovisión que, durante milenios, foi a razón de ser dunha das primeiras civilizacións e coa que outras posteriores teñen contraída máis dunha débeda.

Infraestrutura Verde Fluvial e Ordenación Territorial Sostible: Análise da Paisaxe e Propostas para a Ruta PR-G 173 do Río Umia
Autoría
J.R.F.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
J.R.F.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.06.2025 16:00
20.06.2025 16:00
Resumo
Este traballo analiza a ruta de sendeirismo PR-G 173, que percorre o corredor fluvial do río Umia e presenta un alto potencial para integrarse funcionalmente na infraestrutura verde rexional. A través dun enfoque metodolóxico baseado na análise da paisaxe, identifícanse as principais presións ecolóxicas e antrópicas que afectan ao ámbito. O diagnóstico territorial pon de manifesto fortalezas (accesibilidade, diversidade ambiental, valor paisaxístico) e debilidades (fragmentación administrativa, deterioro de infraestruturas, presenza de especies exóticas). A partir destes resultados, formúlanse propostas estruturadas en tres eixos: planificación supramunicipal, restauración ecolóxica e xestión do uso público con implicación social. O obxectivo final é reforzar a resiliencia do corredor fluvial e a súa contribución ao benestar local mediante a conservación e posta en valor da paisaxe.

LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Titoría)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Titoría)
Tribunal
Lois González, Rubén Camilo (Presidente/a)
COSTA CASAIS, MANUELA (Secretario/a)
BLANCO CHAO, RAMON (Vogal)

“La impertinencia de la edad en los viejos”: vellez e envellecemento nunha xurisdición de emigración: Baños (séculos XVIII-XIX).
Autoría
L.G.C.
Grao en Historia
L.G.C.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Ante a crecente preocupación que suscita o envellecemento demográfico nas actuais sociedades occidentais, moitas ciencias, entre elas a historia, tomaron consciencia da importancia de comprender dito proceso. Por conseguinte, o presente estudio abordará, mediante o análise do Catastro de Ensenada (1752-1753) e outros censos modernos como o de Floridablanca (1787), o estudo da poboación maior de 60 anos en catro freguesías da antiga Xurisdición de Baños: San Cristovo de Couso, Santa María de Moimenta, Santiago de Morillas e San Isidro de Montes (parroquias que actualmente pertencen ao municipio de Campo Lameiro). Con este propósito, a partir dunha mostra de 501 grupos domésticos, logrouse identificar mediante o emprego do método agregativo e o sistema de clasificación residencial do Cambridge Group for the History of Population and Social Structure aqueles núcleos baixo a dirección de individuos sexaxenarios ou de maior idade. De igual maneira, este enfoque permite coñecer tamén outras variables estatísticas tales como o tamaño, a estrutura e a composición dos seus fogares, como tamén aos mecanismos de asistencia baseados na solidariedade familiar e as estratexias de subsistencia implementadas.

FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS (Titoría)
FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ CORTIZO, CAMILO JESUS (Titor do alumno)

A infancia rexia na corte dos Trastámara: vida, crianza e morte de infantes e infantas na casa real castelá durante o século XV
Autoría
P.G.F.
Grao en Historia
P.G.F.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Baixo o precepto de perpetuar unha liñaxe rexia os reinos medievais prestan especial atención á descendencia, e a Coroa de Castela non é diferente. Dende esta premisa, o presente traballo ten por obxectivo analizar a infancia cortesá castelá no século XV partindo, para iso, de tres momentos concretos que marcan a súa existencia: o nacemento, a crianza e a morte. Acudindo a fontes diversas, tanto primarias, bibliográficas como elaboradas desde diversas disciplinas, pretende acadarse un coñecemento transversal do modo no que se desenvolve a vida dos infantes nas cortes da dinastía Trastámara, co obxectivo de coñecer e profundizar, en última instancia, o exercicio práctico e as condicións simbólicas do poder da dinastía trastamarista dende a perspectiva dos infantes.
Baixo o precepto de perpetuar unha liñaxe rexia os reinos medievais prestan especial atención á descendencia, e a Coroa de Castela non é diferente. Dende esta premisa, o presente traballo ten por obxectivo analizar a infancia cortesá castelá no século XV partindo, para iso, de tres momentos concretos que marcan a súa existencia: o nacemento, a crianza e a morte. Acudindo a fontes diversas, tanto primarias, bibliográficas como elaboradas desde diversas disciplinas, pretende acadarse un coñecemento transversal do modo no que se desenvolve a vida dos infantes nas cortes da dinastía Trastámara, co obxectivo de coñecer e profundizar, en última instancia, o exercicio práctico e as condicións simbólicas do poder da dinastía trastamarista dende a perspectiva dos infantes.
Dirección
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
As Médulas do Bierzo, Unha excelente obra da enxeñaría romana
Autoría
M.G.G.
Grao en Historia
M.G.G.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao explora a minería romana en Las Médulas de El Bierzo, cun enfoque particular nas técnicas de enxeñería utilizadas polos romanos para a explotación aurífera. Las Médulas, declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, representan un dos exemplos máis impresionantes da enxeñería hidráulica romana. A través dunha revisión exhaustiva de fontes bibliográficas e recursos web, analízase como os romanos construíron unha extensa rede de canais de auga, que alcanzou máis de 600 km de lonxitude. Estas obras permitiron a aplicación do método de ruina montium, unha técnica innovadora que transformou a paisaxe e facilitou a extracción de ouro. Os resultados deste estudo destacan a importancia histórica e técnica de Las Médulas, así como o seu impacto na xestión da auga e o desenvolvemento da minería na rexión.

SUAREZ PIÑEIRO, ANA MARIA (Titoría)
SUAREZ PIÑEIRO, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
SUAREZ PIÑEIRO, ANA MARIA (Titor do alumno)

Servizos de intelixencia baixo o poder de Franco (1936-1939)
Autoría
A.G.R.
Grao en Historia
A.G.R.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Neste estudo explicaremos como se produce a evolución dende unha situación de descoordinación e improvisación inicial nos servizos de intelixencia ata unha unificación destes baixo o mando de Franco. Para isto, analizaremos cal é a idea acerca dos servizos de intelixencia nos anos previos ao golpe e na II República. Continuaremos estudando o motivo da ausencia da intelixencia no golpe. Seguidamente, centrarémonos no funcionamento e evolución dos dous principais servizos de intelixencia durante os primeiros anos da guerra civil, SIM e SIFNE. Debido a gran importancia do seu papel na guerra e na conquista do poder, Franco centraliza estes servizos a través de Ungría creando o SIPM. O cal vai ser fundamental para gañar a guerra e obter información clave nos procesos represivos e de control social.
Neste estudo explicaremos como se produce a evolución dende unha situación de descoordinación e improvisación inicial nos servizos de intelixencia ata unha unificación destes baixo o mando de Franco. Para isto, analizaremos cal é a idea acerca dos servizos de intelixencia nos anos previos ao golpe e na II República. Continuaremos estudando o motivo da ausencia da intelixencia no golpe. Seguidamente, centrarémonos no funcionamento e evolución dos dous principais servizos de intelixencia durante os primeiros anos da guerra civil, SIM e SIFNE. Debido a gran importancia do seu papel na guerra e na conquista do poder, Franco centraliza estes servizos a través de Ungría creando o SIPM. O cal vai ser fundamental para gañar a guerra e obter información clave nos procesos represivos e de control social.
Dirección
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titor do alumno)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titor do alumno)
Nacemento, auxe e declive do reino suevo de Gallaecia (409-456)
Autoría
X.G.D.
Grao en Historia
X.G.D.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo realizar unha aproximación ao nacemento do reino suevo e o seu desenvolvemento desde o inicio ata mediados do século V d.C. Céntrase na importancia que tiveron os diferentes reis, e como en función da forma de gobernar dos monarcas o reino suevo ía cara unha dirección máis enfocada á consolidación como reino ou máis cara unha ampliación do territorio. O traballo fíxose seguindo a liña cronolóxica marcada por Hidacio na súa crónica, que é a fonte chave para a realización do mesmo. Debido ao acoutamento de espazo do traballo, este centrarase sobre todo nas cuestións da política exterior e consolidación do reino. Como se verá ao longo da exposición, o pobo suevo ten unha complexidade notoria e pasa moitas veces por situacións complicadas nas que loita pola súa supervivencia, conseguindo sobrepoñerse e continuar desenvolvéndose ata alcanzar unha notoria importancia, sobre todo tendo en conta o contexto no que ocorre. Todo este camiño de máis de cincuenta anos onde os conflitos e inestabilidade eran constantes rematará por desgastar a cohesión do reino, o que acabará levando ao pobo suevo a un segundo plano e a converterse nun reino vasalo dos visigodos, pobo que será quen de conseguir abarcar as estruturas e poder que deixou baleiro o Imperio Romano na Península Ibérica.

Memoria dun silencio culpable: Bosnia e a pasividade da Comunidade Internacional (1992-1995)
Autoría
A.G.G.
Grao en Historia
A.G.G.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a Guerra de Bosnia, acontecida entre os anos 1992 e 1995 e enmarcada dentro da coñecida como Guerra dos Balcáns ou Guerras Iugoslavas, co obxectivo de centrarse nas responsabilidades, os conceptos de limpeza étnica e xenocidio, o papel dos organismos internacionales e a construcción da memoria colectiva. O conflicto naceu a raíz das guerras que tiveron lugar en Estonia e Croacia buscando a súa independencia do Estado de Iugoslavia, que serviron a Bosnia como un modelo ao que seguir para cumprir coas súas aspiracións separatistas. Os tres anos que durou o enfrentamento estiveron marcados por unha violencia e represión contra a poboación musulmá de Bosnia, coñecidos como bosníacos, por parte parte dos exércitos serbobosnios. O traballo reflexiona acerca do grado de responsabilidade dos principais líderes políticos e militares, así como da comunidade internacional, os cascos azuis ou a sociedade. De igual xeito, aborda tambén as distintas narrativas en torno á memoria do conflicto, evidenciando a existencia de distintos puntos de vista que dificultan a reconciliación e o recoñecemento das vítimas, o que supón un desafío en materia de memoria histórica e convivencia.

O neofascismo italiano a través do Movemento Social Italiano (1948-1969)
Autoría
B.G.F.
Grao en Historia
B.G.F.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo ten coma obxectivo ofrecer unha panorámica xeral sobre o neofascismo italiano collendo como referencia ao Movemento Social Italiano por representar este ao partido mais importante dentro desta tendencia política. Farase un monográfico da súa vida política como partido durante o período 1948-1969 sobre os momentos mais importantes así como algunhas das súas principais figuras políticas e unha especial atención a aspectos ideolóxicos e electorais para ofrecer unha perspectiva o mais ampla posíbel para profundizar sobre o fenómeno neofascista e o seu impacto na política italiana
Este traballo ten coma obxectivo ofrecer unha panorámica xeral sobre o neofascismo italiano collendo como referencia ao Movemento Social Italiano por representar este ao partido mais importante dentro desta tendencia política. Farase un monográfico da súa vida política como partido durante o período 1948-1969 sobre os momentos mais importantes así como algunhas das súas principais figuras políticas e unha especial atención a aspectos ideolóxicos e electorais para ofrecer unha perspectiva o mais ampla posíbel para profundizar sobre o fenómeno neofascista e o seu impacto na política italiana
Dirección
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
As Heroidas de Ovidio: evolución historiográfica dun poema con voz de muller
Autoría
C.G.F.
Grao en Historia
C.G.F.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Neste traballo, aproximámonos ás epístolas simples das Heroidas de Ovidio, un conxunto de poemas nos que conflúen os xéneros elexíaco e epistolar. Aquí as súas protagonistas, mulleres extraídas do relato mítico, escriben aos seus amados, que as abandonaron. Faremos un repaso historiográfico dos estudos máis relevantes sobre a colección dende a obra de Howard Jacobson, a cal segue sendo o punto de partida dos investigadores. De igual xeito, farémonos eco das tendencias máis seguidas na actualidade, como son os estudos de xénero e a análise psicolóxica. Finalmente, dedicaremos un último apartado a sopesar a verosimilitude das interpretacións máis optimistas, sostendo a hipótese de que as Heroidas, pese ao que cabería agardar dun relato contado con voz de muller, non fan senón reforzar as convencións de xénero da súa época.

LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Presidente/a)
FERNANDEZ CANOSA, JOSE ANGEL (Secretario/a)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Os procesos de dó no audiovisual contemporáneo
Autoría
Y.G.G.
Grao en Historia da Arte
Y.G.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2025 17:30
20.02.2025 17:30
Resumo
O nacemento e a morte son dous feitos fundamentais na existencia de todo organismo vivo, marcando o período de tempo no que se desenvolve a súa actividade. Pese a isto, o noso coñecemento é incompleto e é cando experimentamos a perda dun ser querido cando isto se fai evidente. Para poder explicar como repercuten todas estas emocións nas prácticas artísticas, as diferentes maneiras de vivir e ser consciente da morte e de amosar a transformación do desgarro da morte do outro pero tamén da morte propia como unha emoción universal, o presente traballo investiga, mediante a metodoloxía da psiquiatra e escritora Elisabeth Kübler-Ross, o reflexo das distintas etapas do dó no audiovisual contemporáneo.

NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
Armas na iconografía gótica de Galicia. Siglos XIII-XV.
Autoría
S.G.L.
Grao en Historia da Arte
S.G.L.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2025 12:15
20.06.2025 12:15
Resumo
Neste traballo analízase a evolución que experimentan as armas e armaduras durante a Idade Media, centrándose no periodo do século XIII ao XV. Para esta análise seleccionáronse catro sepulcros galegos de diferentes cronoloxías, que refliten as transformacións no armamento defensivo e ofensivo. O obxectivo principal é coñecer este proceso evolutivo e profundizar na súa tipoloxía segundo os diversos contextos (guerra, caza e torneos) onde se empregaban as armas. Profundizar nestas funcións permite entender o uso e a evolución armamentística na Idade Media galega. Asimesmo, abórdase a mentalidade do cabaleiro, o seu código cabareresco e o concepto da guerra para asimilar a importancia conferida ás armas no imaxinario medieval.

FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titoría)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titor do alumno)

Juan Malvárez Dubert. Haluro e sal, a fotografía como soporte da memoria (Muros)
Autoría
M.G.N.
Grao en Historia da Arte
M.G.N.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo de investigación está orientado ó estudio e análise da obra dun fotógrafo histórico, Juan Malvárez Dubert, autor dun singular legado que documenta gráficamente unha etapa do pasado recente de Muros, o seu pobo natal. Esta etapa abarca un período aproximado de cincuenta anos, dende o 1920, cando abriu o seu primer estudo, ata o 1969, en que falece. A calidade técnica e o valor estético e documental das fotografías, unido á súa importancia como ferramenta para recuperar o pasado desta localidade, xustifican a elección dun tema que apenas foi tratado pola historiografía. Os contidos se estruturan nunha sucesión de apartados que parten de abordar aspectos máis xerais relacionados coa orixe da fotografía en Galicia e o contexto da época, para posteriormente tratar aquelo que concierne directamente ó traballo de Malvárez, intentando desgranar as peculiaridades e características da súa obra gráfica en relación coa dinámica cotidiana e patrimonial de Muros durante estes anos. A investigación termina coas conclusións, que incide na importancia da súa obra como peza fundamental para recuperar a memoria de Muros e dos muradáns e muradanas. O traballo se completa coa realización dun catálogo de imaxes, onde se recollen algunhas das fotografías máis significativas de Juan Malvárez.

A mentalidade guerreira celtíbera a través do rexistro arqueolóxico
Autoría
D.G.C.
Grao en Historia
D.G.C.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo ten como principal obxectivo analizar ata que punto a cultura celtibérica, baseándonos exclusivamente no rexistro arqueolóxico, foi unha sociedade guerreira. Exclúense claramente as fontes escritas clásicas grecolatinas polo seu sesgo e falta de relevancia directa nesta análise. O estudo parte de criterios cronolóxicos e xeográficos propostos por investigadores como Alberto J. Lorrio e Francisco Burillo Mozota, abarcando desde o protoceltibérico ata o celtibérico pleno (séculos XIII a III a.C.). Tampouco se abordarán as guerras con Roma, xa que o interese centrarase no papel da guerra e dos guerreiros dentro da propia estrutura social celtibérica. Tamén se analizarán evidencias como fortificacións, necrópoles, axuares funerarios, panoplias ou armamento.

RABUÑAL GAYO, JOSÉ RAMÓN (Titoría)
RABUÑAL GAYO, JOSÉ RAMÓN (Titoría)
Blockchain e o Ecosistema da Arte: Trazabilidade, Lexitimidade e Novas Configuracións de Mercado
Autoría
S.H.B.V.L.
Grao en Historia da Arte
S.H.B.V.L.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza o impacto da tecnoloxía blockchain no ecosistema da arte, con especial énfase nas súas aplicacións para a autenticidade, a procedencia e a distribución das obras. A través dunha revisión crítica da literatura, estudos de caso e un marco conceptual baseado en autores como Heinich, Whitaker e Swan, examínase como esta tecnoloxía redefine non só os mecanismos operativos do mercado da arte, senón tamén as súas estruturas de lexitimidade. O traballo identifica as principais vantaxes da blockchain -inmutabilidade, transparencia e descentralización- ao tempo que recoñece os seus límites: dependencia de datos iniciais fiables, desafíos legais e resistencia institucional. Os estudos de caso (Verisart, Artory, Arsnl, Async Art e SuperRare) amosan implementacións concretas que ilustran tanto o potencial como as friccións do modelo. Conclúese que a blockchain non substitúe o xuízo experto nin elimina os marcos tradicionais, pero reconfigúraos nunha lóxica máis distribuída e verificable. Lonxe de ser unha moda pasaxeira, a blockchain representa unha infraestrutura emerxente que esixe repensar as relacións entre arte, valor, propiedade e confianza.

RODRIGUEZ GONZALEZ, MIGUEL ANXO (Titor do alumno)

A construcción do novo estado en Lugo
Autoría
F.H.G.
Grao en Historia
F.H.G.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O cambio de réxime e a represión levada a cabo polos sublevados dende 1936 son temas de grande calado, aos que se lles debe prestar atención, pola súa grande trascendencia. Durante a ditadura, estes temas serían silenciados, polo tanto, na actualidade, tentaranse recuperar os feitos coa maior exactitude posible, sen estar mediatizados pola propaganda do réxime. Centrarémonos na cidade de Lugo, partindo de como se configura a cidade previa ao golpe militar, como se leva a cabo o cambio de poder e quen o leva adiante. Ademais, faremos unha visión de como o novo poder establécese en base á represión sistemática de todos os opositores ou disidentes, analizando tanto as vítimas mortais, como os presos, amonestados… Recurrimos a fontes bibliográficas diversas: obras monográficas, artigos especializados… Tentaremos observar a pluralidade do espacio local lucense en democracia e como afectou na cidade de Lugo o paso á ditadura.
O cambio de réxime e a represión levada a cabo polos sublevados dende 1936 son temas de grande calado, aos que se lles debe prestar atención, pola súa grande trascendencia. Durante a ditadura, estes temas serían silenciados, polo tanto, na actualidade, tentaranse recuperar os feitos coa maior exactitude posible, sen estar mediatizados pola propaganda do réxime. Centrarémonos na cidade de Lugo, partindo de como se configura a cidade previa ao golpe militar, como se leva a cabo o cambio de poder e quen o leva adiante. Ademais, faremos unha visión de como o novo poder establécese en base á represión sistemática de todos os opositores ou disidentes, analizando tanto as vítimas mortais, como os presos, amonestados… Recurrimos a fontes bibliográficas diversas: obras monográficas, artigos especializados… Tentaremos observar a pluralidade do espacio local lucense en democracia e como afectou na cidade de Lugo o paso á ditadura.
Dirección
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
GRANDIO SEOANE, EMILIO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Presidente/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
FERNANDEZ PRIETO, LOURENZO (Presidente/a)
SOTO FERNANDEZ, DAVID (Secretario/a)
BAZ VICENTE, MARIA JESUS (Vogal)
A igrexa de San Xoán de Portomarín
Autoría
J.I.C.
Grao en Historia da Arte
J.I.C.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A Igrexa de San Xoán de Portomarín é un exemplo da arquitectura románica plena en Galicia con características singulares, especialmente o seu aspecto de fortaleza. A súa ubicación orixinal atopábase na antiga vila de Portomarín, preto da ponte que permitía o paso do río Miño, no trazado do Camiño de Santiago. A súa construción está vinculada precisamente ao paso dos peregrinos, con todo o que iso supoñía como manifestación relixiosa e vía de comunicación co resto de Europa Occidental. A súa estrutura e decoración mostran as características esenciais da arte románica. Ademais, constitúen unha proba da influencia da Catedral de Santiago na construción de igrexas no trazado da ruta de peregrinación. Tamén se pode apreciar nela a personalidade diferenciada dos artesáns que a erixiron, xa que non só reflectiron unha iconografía semellante a outros templos románicos, senón que impuxeron na súa realización un selo distintivo. Por outra banda, o seu traslado debido á construción do encoro de Belesar constitúe un exemplo das vicisitudes que debe afrontar a conservación do patrimonio cultural fronte ás esixencias do progreso e o conflito de intereses que conleva.

VAZQUEZ CASTRO, JULIO (Titoría)
VAZQUEZ CASTRO, JULIO (Titoría)
Tribunal
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Presidente/a)
PRADO VILAR, FRANCISCO (Secretario/a)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Vogal)
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Presidente/a)
PRADO VILAR, FRANCISCO (Secretario/a)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Vogal)
María nai, a súa iconografía na Compostela baixomedieval
Autoría
L.I.D.L.F.
Grao en Historia da Arte
L.I.D.L.F.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A devoción á Virxe María está intrinsecamente ligada ao Camiño de Santiago, onde se lle considera unha guía e protectora dos peregrinos. María represéntase como a renovada Eva, é a nai virxinal que intercede polo fiel. Na Compostela de época baixomedieval, a presenza mariana faise patente a través da introdución da súa iconografía nos numerosos templos. Dende igrexas e capelas intra muros, destacando a catedral apostólica, como extra muros, nos conventos mendicantes. Entre as iconografías nas que María alcanza protagonismo resalta, en primeiro lugar, a Epifanía: un dos primeiros temas que se desenvolve na arte cristiá coa mensaxe do cumprimento da promesa de Deus, a salvación de todos os pobos a través do envío do seu fillo. Estas imaxes responden a arquetipos producidos por un taller ourensán, baixo reminiscencia da tradición mateana. Destaca tamén a imaxe da Anunciación como síntese da obediencia da Virxe ante a vontade divina. Por último, préstase atención ás representación de María, como Virxe da O, nun avanzado estado de xestación, un tipo iconográfico que adquiriu particular desenvolvemento na época gótica a través dos talleres conimbricenses. Por último, están as esculturas da Virxe que se identifica como a nai igrexa.
A devoción á Virxe María está intrinsecamente ligada ao Camiño de Santiago, onde se lle considera unha guía e protectora dos peregrinos. María represéntase como a renovada Eva, é a nai virxinal que intercede polo fiel. Na Compostela de época baixomedieval, a presenza mariana faise patente a través da introdución da súa iconografía nos numerosos templos. Dende igrexas e capelas intra muros, destacando a catedral apostólica, como extra muros, nos conventos mendicantes. Entre as iconografías nas que María alcanza protagonismo resalta, en primeiro lugar, a Epifanía: un dos primeiros temas que se desenvolve na arte cristiá coa mensaxe do cumprimento da promesa de Deus, a salvación de todos os pobos a través do envío do seu fillo. Estas imaxes responden a arquetipos producidos por un taller ourensán, baixo reminiscencia da tradición mateana. Destaca tamén a imaxe da Anunciación como síntese da obediencia da Virxe ante a vontade divina. Por último, préstase atención ás representación de María, como Virxe da O, nun avanzado estado de xestación, un tipo iconográfico que adquiriu particular desenvolvemento na época gótica a través dos talleres conimbricenses. Por último, están as esculturas da Virxe que se identifica como a nai igrexa.
Dirección
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ AMEIJEIRAS, Mª DEL ROCIO (Presidente/a)
VAZQUEZ CASTRO, JULIO (Secretario/a)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Vogal)
SANCHEZ AMEIJEIRAS, Mª DEL ROCIO (Presidente/a)
VAZQUEZ CASTRO, JULIO (Secretario/a)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Vogal)
Entre o caos e o control. Discurso ideolóxico e político no cinema de Nolan. (Os casos de The Dark Knight e Tenet)
Autoría
N.L.P.
Grao en Historia da Arte
N.L.P.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O cinema é un medio visual e discursivo que pode funcionar como ferramenta ideolóxica e filosófica para comprender o pensamento contemporáneo e desenvolver lecturas sociais e políticas. Nese sentido, o real pode ser representado mediante a simboloxía a través de significados complexos que nos levan a participar activamente na súa construción, articulando diálogos ideolóxicos arredor de conceptos como o poder, a xustiza e o control. Este traballo, polo tanto, propón empregar unha metodoloxía que combina a análise fílmica, a iconografía e a teoría crítica para estudar os diferentes elementos visuais e narrativos que o cineasta Christopher Nolan utiliza para construír o discurso nos seus filmes. Os dous casos de estudo nos que se vai centrar este traballo, a Triloxía The Dark Knight e mais Tenet, presentan elementos como a ambigüidade moral na representación dos personaxes, a utilización do tempo como estrutura narrativa e a creación de símbolos que dan lugar a interpretacións políticas ou críticas que van ser agora analizados e comentados polo miúdo.

VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Titoría)
Tribunal
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)
A evolución iconográfica dos demos desde a Antigüidade ata a Idade Moderna
Autoría
D.L.S.
Grao en Historia da Arte
D.L.S.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
A representación dos demos cambiou moito ao longo da historia, desde a creación do concepto por parte das civilizacións da Antigüidade pasando pola cimentación das súas características baixo o dogma do cristianismo ata chegar aos nosos días. O estudo deste proceso demostra que a imaxe do demo non é un concepto unificado senón o resultado dun proceso evolutivo no que conflúen elementos teolóxicos, culturais e folclóricos provenientes de diversos contextos.

LOPEZ CALDERON, CARME (Titor do alumno)
LOPEZ CALDERON, CARME (Titor do alumno)
Ocio e Entretemento na Antiga Roma
Autoría
A.L.R.
Grao en Historia
A.L.R.
Grao en Historia
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Durante toda a historia da humanidade, buscamos a forma de divertirnos, de entreternos sós ou en compañía nos momentos do día nos que non estamos a traballar ou durmindo. Neste traballo, exploramos os diferentes pasatempos e eventos que os romanos realizaban. Por unha banda trataranse distintos tipos de eventos que poderían ser considerados menos importantes como os banquetes ou xogos de azar e pola outra se tratarán os grandes eventos polos que Roma pasou á historia popular, sendo isto os combates de gladiadores, as carreiras de carros e as representacións teatrais entre outros

VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titoría)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titoría)
Tribunal
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Titor do alumno)

Análise da vivienda de uso esporádico en Galicia. Localización e distribución por municipios
Autoría
E.M.I.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
E.M.I.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.06.2025 16:00
20.06.2025 16:00
Resumo
A vivenda foi e aínda é un punto importante de discusión en múltiples disciplinas. Tanto a nivel global como para o caso de estudo, Galiza. Se ben esta está recoñecida na Constitución Española coma un dereito, o acceso á mesma foise reducindo na última década. Causa dun aumento na demanda e unha rixidez na oferta. Neste contexto, o aumento da vivenda do uso turístico e a vivenda de segunda residencia contribúen na rixidez da oferta. Alen disto, existen outros factores asociados a estes tipos de vivenda que poden xerar unha serie de impactos nas comunidades locais que van máis ala das variacións no prezo dos inmobles residenciais. Desta maneira, elaborase a Taxa de Vivenda de Uso Esporádico, co fin de determinar cales son aqueles lugares cunha maior presión destes tipos de vivenda. Para complementar a taxa, esta se pon en relación con diferentes variables de carácter demográfico e se determinan cales son máis significativas. Os resultados expoñen a clara concentración desta taxa nos municipios do interior, así como súa clara relación coas dinámicas de avellentamento da poboación.

FERRAS SEXTO, CARLOS (Titoría)
FERRAS SEXTO, CARLOS (Titoría)
Tribunal
Lois González, Rubén Camilo (Presidente/a)
COSTA CASAIS, MANUELA (Secretario/a)
BLANCO CHAO, RAMON (Vogal)
Lois González, Rubén Camilo (Presidente/a)
COSTA CASAIS, MANUELA (Secretario/a)
BLANCO CHAO, RAMON (Vogal)
Da defensa da vida digna á esixencia de democratización. Historia do movemento veciñal coruñés (1976-1983)
Autoría
N.M.S.
Grao en Historia
N.M.S.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Entre os distintos movementos sociais da época, o veciñal, ocupa un lugar destacado nas investigacións recentes pola súa contribución fundamental á transformación da vida local, tanto no plano político como urbano. Con todo, Galicia continúa sendo un territorio pouco explorado neste ámbito. O presente traballo busca contribuír a ese coñecemento mediante o estudo de caso dunha das súas cidades máis dinámicas e reivindicativas: A Coruña. A partir dun baleirado das notas de prensa publicadas en La Voz de Galicia levarase a cabo unha análise dos condicionantes que propiciaron o nacemento do movemento cidadán e o seu posterior desenvolvemento. Ao mesmo tempo, o apoio na documentación contribúe a albiscar a evolución das súas protestas, en dous tempos claramente diferenciados: Franquismo e Transición. Todo iso permítenos seguir a traxectoria xeral do movemento veciñal e comprender o seu papel na configuración do espazo urbano coruñés, así como na articulación do seu tecido social e político.

LANERO TABOAS, DANIEL (Titoría)
LANERO TABOAS, DANIEL (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
CABO VILLAVERDE, MIGUEL (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
REY TRISTAN, EDUARDO (Vogal)
A metamorfose do medo: a versatilidade do terror audiovisual dende as súas orixes ata American Horror Story
Autoría
A.M.R.
Grao en Historia da Arte
A.M.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo supón unha indagación sobre a evolución e a versatilidade do xénero de terror no cinema e nas series de televisión, con especial atención ás producións das plataformas de streaming; en particular, analízase a serie American Horror Story como caso de estudo na última sección. A primeira parte céntrase nas orixes do concepto de terror e na súa consolidación como xénero cinematográfico, abordándoo desde perspectivas psicolóxicas e filosóficas, así como no seu desenvolvemento dentro da industria do cine. A segunda parte examina as novas tendencias do xénero no panorama audiovisual actual, con énfase na súa adaptación e crecemento dentro do formato das series televisivas. Finalmente, a terceira parte ofrece unha análise detallada de American Horror Story, estudando as súas tempadas, subxéneros, renovacións, e outros elementos que evidencian a capacidade do terror para se reinventar e manterse vixente no medio audiovisual contemporáneo.
Este traballo supón unha indagación sobre a evolución e a versatilidade do xénero de terror no cinema e nas series de televisión, con especial atención ás producións das plataformas de streaming; en particular, analízase a serie American Horror Story como caso de estudo na última sección. A primeira parte céntrase nas orixes do concepto de terror e na súa consolidación como xénero cinematográfico, abordándoo desde perspectivas psicolóxicas e filosóficas, así como no seu desenvolvemento dentro da industria do cine. A segunda parte examina as novas tendencias do xénero no panorama audiovisual actual, con énfase na súa adaptación e crecemento dentro do formato das series televisivas. Finalmente, a terceira parte ofrece unha análise detallada de American Horror Story, estudando as súas tempadas, subxéneros, renovacións, e outros elementos que evidencian a capacidade do terror para se reinventar e manterse vixente no medio audiovisual contemporáneo.
Dirección
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
Análise sobre a situación xeopolítica da Federación Rusa
Autoría
M.S.M.B.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
M.S.M.B.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Neste TFG realizarase unha análise sobre a xeopolítica de Rusia en relación cos países occidentais e o espazo postsoviético. A Federación Rusa adoita argumentar que os países occidentais están a violar a súa seguridade mediante a expansión da súa influencia, e que permite ataques contra as comunidades rusas que residen no territorio da antiga URSS. Con esta xustificación, Rusia tende a levar a cabo diversas campañas en certos países, nas que frecuentemente se violan leis internacionais ou tratados. Con este traballo temos a hipótese de que a Federación Rusa realiza este tipo de campañas debido a que non pode competir coas outras potencias mundiais e se atopa nunha crise que podería provocar a perda do seu estatus como potencia global. Para iso, analizaranse varios apartados como o político, social, económico e militar. Para o apartado de metodoloxía, utilizáronse noticias, datos de organismos oficiais e mapas históricos para apoiar a hipótese.

SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titoría)
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titoría)
Tribunal
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL (Titor do alumno)

O corpo como conflito: presenza, exposición e desaparición na obra performativa de Vito Acconci
Autoría
L.M.G.
Grao en Historia da Arte
L.M.G.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Entre 1969 e 1974, Vito Acconci desenvolveu un conxunto de performances que converteron o seu corpo en superficie de conflito, exposición e disolución. A súa traxectoria parte da poesía conceptual e as practicas textuais, dende onde evoluciona cara unha acción performativa centrada na experiencia física, a autorrepresentación e o espazo. Considerado un dos pioneiros da arte corporal, a súa obra inscríbese nun contexto de axitación social e crítica institucional, onde o corpo adquire unha dimensión política e simbólica. Nas súas accións, Acconci incorpora medios coma a fotografía, o vídeo ou a linguaxe para activar estratexias coma a vixilancia, o narcisismo, a autoagresión ou a provocación. Estas operacións non buscan afirmar unha identidade senón desestabilizala, explorando a súa progresiva desaparición no acto performativo. Neste proceso, Acconci cuestiona a figura do suxeito masculino moderno, dialogando de forma directa ca emerxencia das prácticas e teorías feministas. A ollada do espectador vese constantemente interpelada, arrastrada a un xogo de presenzas e ausencias onde o corpo xa non é garantía de identidade, senón un lugar ambiguo de negociación simbólica, vulnerabilidade e resistencia.

Aproximación teórica e experimental ao concepto de estrés no pasado. Reformulación do concepto en osteoarqueoloxía e análise de biomarcadores en tecidos dentais.
Autoría
A.M.R.
Grao en Historia
A.M.R.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O estudo do estrés e os seus indicadores está en auxe no campo da osteoarqueoloxía. Dende a súa introdución a mediados do século pasado o concepto foi evolucionando e marcando paralelamente a forma na que a bioarqueoloxía e a paleopatoloxía entenden a enfermidade. Baixo o suposto da existencia dunha multiplicidade de estreses estudados, quérese examinar a adaptación do concepto dende a clínica, focalizándose na súa operatividade como marco teórico na disciplina arqueolóxica. A través do método histórico descártase a súa operatividade por mor do malentendido e confusión conceptual certificada respecto das nocións de estrés e estresor en relación ao rexistro arqueolóxico. Esta confirmación establece a necesidade dun novo concepto e un punto de partida para futuros traballos en relación ao tema; así como un cambio respecto da idea de enfermidade no pasado. A maiores, realízase unha proba piloto empregando o radioinmunoensaio para tratar de detectar concentracións de cortisol en tecidos de dentes arqueolóxicos con e sen hipoplasia do esmalte. Non se obteñen resultados concluíntes, o que leva a cuestionar a técnica utilizada e a necesidade de máis estudos e investigación para desenrolar o potencial do traballo con glucocorticoides no rexistro arqueolóxico. É preciso máis traballo dende unha perspectiva multidisciplinar que permita aproximarse ás implicación que tivo o estrés na histoira e na enfermidade.

FABREGAS VALCARCE, RAMON (Presidente/a)
LOPEZ COSTAS, OLALLA (Secretario/a)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Vogal)
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Presidente/a)
LOPEZ COSTAS, OLALLA (Secretario/a)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Vogal)
As artes gráficas como ferramenta de transformación: A gráfica galega do contexto da resisténcia cultural e política nos anos sesenta e setenta.
Autoría
L.M.V.
Grao en Historia da Arte
L.M.V.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
As artes grafícas foron para o movemento antifranquista e galeguista na Galiza durante o “desarrollismo” franquista (1959-1975) unha ferramenta idónea para construir e promocionar a sua resistencia, tanto no ámbito política e sindical como cultural. O gravado, o cartel e o deseño gráfico editorial foron empregados para: promocionar e aproximar ao público as suas iniciativas culturais e políticas, vehicular as suas mensaxes mais críticas, e retomar o proxecto cultural galego truncado pola guerra civil e a dictadura. Os artistas que decidiron ben realizar traballos para organizacións da resistencia ou ben manter un discurso crítico nas suas pezas gráficas, comprometéronse persoalmente coa causa ao ser capaces de asumir os riscos persoais que esta actividade artística implicaba. Moitos destes creadores tamén formaron parte activa de movementos políticos e sociais do antifranquismo e mantiveron un intenso contacto con outros intelectuais, políticos e artistas cos que compartían causa. Este compromiso político e social non se reflite só nos contidos das suas obras, se non que tamén na sua forma, a través das suas propostas artísticas que tentan actualizar a arte galega á vez que trazan conexións estilísticas con artistas da tradición galega, popular ou da arte crítica e revolucionaria.

A escritura e o escrito en San Martiño de Xuvia antes de mediados do século XIII: unha nova lectura
Autoría
M.M.S.
Grao en Historia
M.M.S.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A cultura escrita no mosteiro de San Martiño de Xuvia nunca foi sometida a unha análise integral dende as Ciencias e Técnicas Historiográficas. O presente traballo pretende repasar todo o que se ten dito sobre a cuestión e incidir sobre aquilo que, até agora, non fora investigado. A escritura e o escrito precisan dun achegamento poliédrico para entender as súas múltiples dimensións: ideolóxica, material e cultural. Atendendo a esta natureza complexa, analizaremos dende a óptica da codicoloxía, a diplomática e a paleografía tanto a escritura como os obxectos escritos nesta institución con anterioridade a mediados do século XIII. O obxectivo último é acadar unha comprensión global do corpus, inseríndoo no seu contexto histórico e rehabilitándoo non só como fonte para a Historia, senón como obxecto de estudo en si mesmo.

SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Titoría)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
A irrupción da videoarte na cultura audiovisual contemporánea: O paradigmático caso de Bill Viola
Autoría
P.M.M.
Grao en Historia da Arte
P.M.M.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O vídeo irrompe nos anos 60 do século XX, no medio dun contexto de conflitos e cambios políticos, de loita social e rexeitamento dos estritos valores da arte e da sociedade tradicionais. É grazas a isto, aos avances tecnolóxicos e ao xurdimento de novos movementos artísticos (que parten da multiplicidade de medios e dun arte de acción), que o vídeo se institucionaliza no ámbito artístico. Na súa evolución vemos cómo muda de ser unha ferramenta de rexistro. Os anos 80 contemplarán o verdadeiro estourido no que se refire á produción artística videográfica, e a partir dos 90 convértese nunha práctica artística que pasa a denominarse videocreación. Bill Viola e a súa produción dos anos 80, van constituír un dos principais referentes do videoarte, nesa exploración da imaxe onde vai máis aló do mirar a través da súa cámara, coa que capta o que o ollo humano non pode ver e permite conectar co mundo íntimo propio e o do espectador.
O vídeo irrompe nos anos 60 do século XX, no medio dun contexto de conflitos e cambios políticos, de loita social e rexeitamento dos estritos valores da arte e da sociedade tradicionais. É grazas a isto, aos avances tecnolóxicos e ao xurdimento de novos movementos artísticos (que parten da multiplicidade de medios e dun arte de acción), que o vídeo se institucionaliza no ámbito artístico. Na súa evolución vemos cómo muda de ser unha ferramenta de rexistro. Os anos 80 contemplarán o verdadeiro estourido no que se refire á produción artística videográfica, e a partir dos 90 convértese nunha práctica artística que pasa a denominarse videocreación. Bill Viola e a súa produción dos anos 80, van constituír un dos principais referentes do videoarte, nesa exploración da imaxe onde vai máis aló do mirar a través da súa cámara, coa que capta o que o ollo humano non pode ver e permite conectar co mundo íntimo propio e o do espectador.
Dirección
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
A rabia feminina: Artemisia Gentileschi
Autoría
L.N.P.
Grao en Historia da Arte
L.N.P.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Artemisia Gentileschi é indubidablemente un dos referentes da pintura barroca. A pesar de pasar varios séculos enterrada sen memoria na Historia da arte, hoxe comézaselle a outorgar o valor que a súa obra merece. Trátase dunha valoración da capacidade artística da pintora afastándose das distintas connotacións outorgadas sobre a súa historia e obra baseándose nos distintos períodos que ten como artista. A astucia, o talento e a capacidade de adaptarse ás distintas contornas permitiron a Artemisia Gentileschi facerse un pequeno oco entre as páxinas da historia, non sen antes loitar contra as pretensións do momento.

BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titor do alumno)

Agonía, morte e o máis aló. Ars Bene Moriendi de Juan Hurus (c.1488-1491)
Autoría
A.N.S.
Grao en Historia da Arte
A.N.S.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O concepto de morte na Idade Media foi un tema moi estudado. Nos séculos do baixomedievo, a enfermidade e a agonía espertaron o terror do descoñecido despois da morte. Este contexto promoveu a difusión dos Ars Moriendi, textos cristiáns, de orientación didáctica, cuxo obxectivo era axudar aos fieis no tránsito da morte. Estas obras foron ilustradas coas tentacións que deben vencer os moribundos, así como os medios para redimir o pecado e conseguir a salvación. Estes libros espalláronse por toda Europa. Entre os exemplares conservados destaca o Ars Moriendi do taller zaragozano de Juan de Hurus, que se analiza neste traballo.
O concepto de morte na Idade Media foi un tema moi estudado. Nos séculos do baixomedievo, a enfermidade e a agonía espertaron o terror do descoñecido despois da morte. Este contexto promoveu a difusión dos Ars Moriendi, textos cristiáns, de orientación didáctica, cuxo obxectivo era axudar aos fieis no tránsito da morte. Estas obras foron ilustradas coas tentacións que deben vencer os moribundos, así como os medios para redimir o pecado e conseguir a salvación. Estes libros espalláronse por toda Europa. Entre os exemplares conservados destaca o Ars Moriendi do taller zaragozano de Juan de Hurus, que se analiza neste traballo.
Dirección
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titoría)
FRAGA SAMPEDRO, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Presidente/a)
PRADO VILAR, FRANCISCO (Secretario/a)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Vogal)
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Presidente/a)
PRADO VILAR, FRANCISCO (Secretario/a)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Vogal)
Vestixios na terra: O Corro dos Mouros (Adai) entre a arqueoloxía e a edafoloxía.
Autoría
A.N.B.
Grao en Historia
A.N.B.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo pretende aumentar o coñecemento sobre o xacemento de O Corro dos Mouros (Adai, Lugo) mediante o estudo edafolóxico, co obxectivo de abordar cuestións clave de carácter xeoarqueolóxico. A través da análise detallada do solo, procuramos comprender o estado do terreo antes da construción da estrutura, así como identificar as distintas fases de uso e ocupación ao longo do tempo. O Corro dos Mouros, pertencente á tipoloxía de asentamentos denominados roda, encádrase cronoloxicamente entre o Bronce Final e a Idade do Ferro I, período escasamente representado no rexistro arqueolóxico galego. O estudo baséase nunha mostraxe sistemática do solo realizada na campaña arqueolóxica de 2023, que inclúe análises de granulometría, cor e pH. Estes datos permiten interpretar procesos de modificación do solo tanto naturais como antrópicos, ofrecendo información sobre a preparación do terreo, actividades humanas e posibles momentos de abandono. A integración da edafoloxía no estudo arqueolóxico do xacemento permite avanzar na interpretación funcional e cronolóxica do lugar, contribuíndo así a unha mellor comprensión das dinámicas sociais e ambientais da prehistoria recente no noroeste peninsular.

PRIETO MARTINEZ, MARÍA PILAR (Titoría)
PRIETO MARTINEZ, MARÍA PILAR (Titoría)
Tribunal
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Presidente/a)
LOPEZ COSTAS, OLALLA (Secretario/a)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Vogal)
FABREGAS VALCARCE, RAMON (Presidente/a)
LOPEZ COSTAS, OLALLA (Secretario/a)
CARRERO PAZOS, MIGUEL (Vogal)
As invasións normandas no Reino Medieval de Galiza
Autoría
D.O.A.
Grao en Historia
D.O.A.
Grao en Historia
Data da defensa
18.06.2025 10:00
18.06.2025 10:00
Resumo
Ao longo deste traballo búscase facer un breve repaso dalgúns dos ataques máis significativos dos viquingos na Galiza medieval (séculos IX-XIII), así como, en menor grao, das consecuencias directas dos mesmos a nivel político e social na rexión. Para isto, tendo en conta as dificultades que existen á hora de traballar sobre este tema debido tanto ás carencias documentais e arqueolóxicas sobre os mesmos como á existencia de traballos bastante difundidos que abárcano de xeito superficial, subxectiva ou inexacta, presentaremos unha revisión relativamente exhaustiva xa non só das orixes, motivacións e obxectivos dos viquingos, senón tamén do seu paso por Galiza e de algúns dos mitos que xiran ao redor das súas figuras.

ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titor do alumno)

O tardogótico no interior da catedral de Santiago de Compostela e o claustro.
Autoría
A.O.C.
Grao en Historia da Arte
A.O.C.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Este TFG analiza o período tardogótico na catedral de Santiago de Compostela, centrándose nas transformacións arquitectónicas e artísticas producidas no seu interior e no claustro. Estúdase como, dende finais da Idade Media ata principios do Renacemento, se foron engadindo e modificando espazos da catedral orixinalmente románica para responder a novas necesidades litúrxicas, estéticas e funcionais. O traballo aborda desde o proxecto frustrado dunha cabeceira gótica ata as capelas tardogóticas (como a de Mondragón ou a de Prima), o ciborio, o baldaquino de Alonso I de Fonseca, a capela do Sancti Spiritus e o importante claustro de Juan de Álava coas súas dependencias. Este estudo amosa como o gótico tardío foi un estilo de transición, marcado pola continuidade de elementos medievais e a progresiva introdución de influencias renacentistas, nun contexto de evolución funcional e simbólica da catedral.

CENDON FERNANDEZ, MARTA (Titor do alumno)

O traballo invisible: o papel das mulleres galegas na economía rural na Idade Moderna.
Autoría
E.M.O.S.
Grao en Historia
E.M.O.S.
Grao en Historia
Data da defensa
18.06.2025 11:00
18.06.2025 11:00
Resumo
Excluídas na construción dos relatos históricos, as campesiñas galegas do século XVIII foron a espiña dorsal na inmensa maioría dos fogares galegos, fundamentais para a supervivencia das familias ante a situación de necesidade que obrigaba a miles de homes e maridos a marchar dos seus fogares (deixando unha Galicia chea de mulleres soas). Elas, protagonistas silenciadas dunha historia que as ignoraba e as infravaloraba, participaron nunha economía rural na que traballaban de distintas formas. As principais actividades realizadas eran aquelas que posuían un carácter agropecuario, pois as explotacións agrícolas eran as células base de calquera economía campesiña, xunto coas tarefas marítimas (dependendo da zona). Mais estas non foron as únicas posibilidades das que dispoñían, pois contaban con opcións que ían dende o comercio de bens raíces a seren amas de cría.

LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titoría)
Tribunal
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titor do alumno)

A representación estética da violencia no cine quinqui.
Autoría
D.P.R.
Grao en Historia da Arte
D.P.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo aborda o cinema quinqui como un subxénero esencial do cine español dos anos 70 e 80, marcado pola representación da violencia como resposta á exclusión social, a marxinación e as tensións históricas da Transición. A análise céntrase nas tipoloxías da violencia segundo pensadores como Michel Foucault, Friedrich Nietzsche, Henri Lefebvre, Walter Benjamin e Georges Bataille, destacando a súa representación estética a través de planos, iluminación e montaxe. Exemplos emblemáticos da obra de Eloy de la Iglesia (Navajeros,Colegas, El Pico, El Pico II, la Estanquera de Vallecas) son examinados para ilustrar como o cine quinqui articula dinámicas sociais de exclusión, resistencia e autodestrucción. Este subxénero, influído polo neorrealismo italiano e o cinema noir, documenta a precariedade das periferias urbanas e ofrece unha crítica cultural e política á España contemporánea. O estudo analiza como a violencia actúa como unha linguaxe estética e narrativa que reflicte e cuestiona as estruturas de poder e as desigualdades sociais. Ademais, sitúase o cinema quinqui nun contexto actual, explorando o seu impacto cultural e a súa evolución en fenómenos como o neoquinqui (Criando Ratas, Las leyes de la frontera), consolidando a súa relevancia histórica e artística.

O pecado na Divina Comedia: entre a teoloxía medieval e a imaxinación dantesca
Autoría
N.P.F.
Grao en Historia da Arte
N.P.F.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 17:00
19.06.2025 17:00
Resumo
Este traballo de fin de grao explora a Divina Comedia de Dante Alighieri, destacando a súa importancia como obra literaria e a súa representación do pecado, reflexando a mentalidade medieval sobre a xustiza divina. Analízase como Dante organiza o Inferno en círculos, clasificando e castigando os pecados segundo a súa gravidade, o que amosa unha visión teolóxica influenciada pola Igrexa medieval e figuras como Agostiño de Hipona e Tomé de Aquino. O análise céntrase en exemplos clave da obra, como os castigos da luxuria, a violencia e a traizón, amosando como estes castigos simbolizan a ruptura coa orde divina. Ademais, examínanse os elementos simbólicos, como o uso do espazo e da luz para representar o reino do Inferno, e como Dante os conecta coa natureza do pecado e da virtude. O traballo tamén investiga a influencia da Divina Comedia na arte posterior, abordando representacións de artistas como Sandro Botticelli, William Blake e Gustave Doré, o que reflicte que Dante non só escribiu unha obra importante, senón que tamén deixou unha pegada duradeira na literatura e na arte, ao tratar o vínculo entre o pecado, o castigo e a xustiza divina como un tema central.

CARREÑO LÓPEZ, SARA (Titoría)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Titoría)
Tribunal
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Titor do alumno)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Titor do alumno)
Os estudos sobre a discapacidade na Idade Media.
Autoría
N.P.C.
Grao en Historia
N.P.C.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O presente traballo tratará sobre a discapacidade na Idade Media. Para iso, explicaremos os numerosos discursos interpretativos que caracterizan a diversidade funcional, así como as formas de convivencia e percepción social, complementando a perspectiva tradicional centrada unicamente na marxinalización e a estigmatización. Así mesmo, para unha mellor comprensión das explicacións presentadas, abordaremos a corrente historiográfica dos Disability Studies e a súa presenza no medievalismo, así como as súas diferentes modalidades e tipoloxías. De tal forma, centrarémonos na discapacidade intelectual, na discapacidade sensorial e na discapacidade física.
O presente traballo tratará sobre a discapacidade na Idade Media. Para iso, explicaremos os numerosos discursos interpretativos que caracterizan a diversidade funcional, así como as formas de convivencia e percepción social, complementando a perspectiva tradicional centrada unicamente na marxinalización e a estigmatización. Así mesmo, para unha mellor comprensión das explicacións presentadas, abordaremos a corrente historiográfica dos Disability Studies e a súa presenza no medievalismo, así como as súas diferentes modalidades e tipoloxías. De tal forma, centrarémonos na discapacidade intelectual, na discapacidade sensorial e na discapacidade física.
Dirección
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
A lexitimación dos Trastámara a través do cerimonial rexio
Autoría
C.Q.A.
Grao en Historia
C.Q.A.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
A lexitimación da dinastía dos Trastámara, concretamente dos seus primeiros monarcas, ven dada a través das crónicas redactadas por Pedro López de Ayala nas cales constrúe un ideario político co que busca a lexitimación desta nova monarquía tras o conflito con Pedro I e a morte deste. Dentro destes elementos que emplea o cronista para consolidar a estes monarcas atopámonos con diferentes argumentos propagandísticos, sendo un deles a aparición de cerimonias coas cales expresar este novo poder asentado na figura do rei. Do mesmo xeito, seguiremos estes actos ceremoniais desenvoltos polos primeiros Trastámara, Henrique II e Xoan I, os cales durante os seus respetivos reinados afirmaron as bases para poder consolidar esta dinastía ata finais da Idade Media.

PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
Tribunal
PELAZ FLORES, DIANA (Titor do alumno)
PELAZ FLORES, DIANA (Titor do alumno)
O poder fáctico das amantes rexias na corte baixomedieval castelá (s.XIII-XV)
Autoría
L.R.A.
Grao en Historia
L.R.A.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Máis aló do matrimonio canónico, monógamo e exógamo, defendido pola Iglesia e ferreamente consolidado a partir do postulado no IV Concilio de Letrán (1215); na sociedade medieval proliferarán as relacións extramatrimoniais como espazos para a sexualidade individual, que converterán a infidelidade na norma especialmente nas altas esferas nobres e, máis concretamente, no círculo rexio. Con todo, estas relacións temporais non se limitaron a unhas motivacións afectivas, senón que os intereses político-económicos xogaron un papel fundamental tras a concertación destas unións. Neste sentido, pretendemos analizar a figura da amante rexia como un axente activo no seu contexto sociopolítico; así como, portadora dun poder multidimensional baseado fundamentalmente na súa capacidade intercesora ante o monarca e sustentado nas súas redes de parentesco e patrimonio.
Máis aló do matrimonio canónico, monógamo e exógamo, defendido pola Iglesia e ferreamente consolidado a partir do postulado no IV Concilio de Letrán (1215); na sociedade medieval proliferarán as relacións extramatrimoniais como espazos para a sexualidade individual, que converterán a infidelidade na norma especialmente nas altas esferas nobres e, máis concretamente, no círculo rexio. Con todo, estas relacións temporais non se limitaron a unhas motivacións afectivas, senón que os intereses político-económicos xogaron un papel fundamental tras a concertación destas unións. Neste sentido, pretendemos analizar a figura da amante rexia como un axente activo no seu contexto sociopolítico; así como, portadora dun poder multidimensional baseado fundamentalmente na súa capacidade intercesora ante o monarca e sustentado nas súas redes de parentesco e patrimonio.
Dirección
PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
PELAZ FLORES, DIANA (Titoría)
Tribunal
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Vogal)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Vogal)
Sororidade e poder: o patronazgo e a conformación dunha identidade feminina en torno á cultura libraria.
Autoría
A.R.I.
Grao en Historia
A.R.I.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A partires do período baixomedieval podemos ver como as mulleres, que sempre ocuparon unha posición importante dentro das grandes familias, pasan a ter unha maior relevancia no ámbito político da man do exercicio do patronazgo. A través do comisionado de diversas accións culturais, entre as que decidimos destacar o mecenazgo librario, estas mulleres, lograron lexitimar e perpetuar tanto a súa memoria familiar como a súa propia. Podemos observar eses textos e, a través deles, identificar unha serie de características que, consideramos, conforman unha cultura feminina libraria. Grazas á iconografía dos manuscritos, as súas temáticas, e aos préstamos e circulación literaria que estas mulleres promoveron, e que conservamos no rexistro documental, podemos obter unha idea, non só da cultura feminina que as define e que axuda a perpetuar a orde social na que viviron, senón as redes de sororidade en torno aos libros que elas mesmas crearon e a súa importancia dentro da sociedade medieval.

Ut pictura poesis. A representación das Metamorfosis nas Poesie.
Autoría
S.R.M.
Grao en Historia da Arte
S.R.M.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo achégase ao modo de representación do relato literario das Metamorfosis do poeta Publio Ovidio Nasón na obra pictórica de Tiziano, especialmente na súa serie mitolóxica realizada para Felipe II entre 1553 y 1562, las Poesie. Pártese dunha pequena introducción contextual á vida e obra dos autores protagonistas deste traballo, para a continuación realizar un comentario artístico e iconográfico das pinturas da serie, establecendo un vínculos co carácter descrptivo do texto ovidiano. As Poesie constitúen un dos conxuntos pictóricos, que abordan temas mitolóxicos, máis amplo do Renacemento, creadas íntegramente por un só artista e baixo o mecenazgo dunha única persoa. A investigación destaca como Tiziano baséase en tradicións iconográficas anteriores, xa que as Metamorfosis foron un texto típicamente ilustrado, polo que o pintor xa partiu duns conceptos e características presentes en gravados, aínda que incorporando innovacións ao tema. Estas obras non só consolidan o estilo maduro do artista, senón que pola súa maestría pictórica, serviu á súa vez de inspiración para artistas posteriores, converténdose estos lenzos en grandes refrentes da historia da arte, non só á hora de representar os mesmos temas mitolóxicos.
Este traballo achégase ao modo de representación do relato literario das Metamorfosis do poeta Publio Ovidio Nasón na obra pictórica de Tiziano, especialmente na súa serie mitolóxica realizada para Felipe II entre 1553 y 1562, las Poesie. Pártese dunha pequena introducción contextual á vida e obra dos autores protagonistas deste traballo, para a continuación realizar un comentario artístico e iconográfico das pinturas da serie, establecendo un vínculos co carácter descrptivo do texto ovidiano. As Poesie constitúen un dos conxuntos pictóricos, que abordan temas mitolóxicos, máis amplo do Renacemento, creadas íntegramente por un só artista e baixo o mecenazgo dunha única persoa. A investigación destaca como Tiziano baséase en tradicións iconográficas anteriores, xa que as Metamorfosis foron un texto típicamente ilustrado, polo que o pintor xa partiu duns conceptos e características presentes en gravados, aínda que incorporando innovacións ao tema. Estas obras non só consolidan o estilo maduro do artista, senón que pola súa maestría pictórica, serviu á súa vez de inspiración para artistas posteriores, converténdose estos lenzos en grandes refrentes da historia da arte, non só á hora de representar os mesmos temas mitolóxicos.
Dirección
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
DIEZ PLATAS, MARIA DE FATIMA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
Arte e Literatura: influencias literarias nos prerrafaelitas
Autoría
L.R.T.
Grao en Historia da Arte
L.R.T.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A Irmandade Prerrafaelita fundouse en Inglaterra no ano 1848 por parte dun grupo de pintores novos críticos co ríxido academicismo inglés e coa estrita sociedade vitoriana. Grazas a conexión entre a literatura e a arte, os prerrafaelitas desenvolveron un pensamento e unha estética propios, baseados no retorno dun medievo idealizado, marcado pola natureza exuberante, o amor, a traxedia e a beleza feminina. O obxecto de estudo deste traballo selecciona entre a literatura predilecta do grupo (destacando as figuras de Shakespeare, Dante e Keats) das obras dos artistas do movemento. Os cadros prerrafaelitas serán analizados dende o texto cos inspira, establecendo así un vínculo claro entre a arte e a literatura.
A Irmandade Prerrafaelita fundouse en Inglaterra no ano 1848 por parte dun grupo de pintores novos críticos co ríxido academicismo inglés e coa estrita sociedade vitoriana. Grazas a conexión entre a literatura e a arte, os prerrafaelitas desenvolveron un pensamento e unha estética propios, baseados no retorno dun medievo idealizado, marcado pola natureza exuberante, o amor, a traxedia e a beleza feminina. O obxecto de estudo deste traballo selecciona entre a literatura predilecta do grupo (destacando as figuras de Shakespeare, Dante e Keats) das obras dos artistas do movemento. Os cadros prerrafaelitas serán analizados dende o texto cos inspira, establecendo así un vínculo claro entre a arte e a literatura.
Dirección
MOURE PAZOS, IVAN (Titoría)
MOURE PAZOS, IVAN (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Vogal)
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Vogal)
Patrimonio vivo: o Museo de Pontevedra como ponte entre pasado e futuro.
Autoría
I.R.B.
Grao en Historia da Arte
I.R.B.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 18:00
19.06.2025 18:00
Resumo
O Museo de Pontevedra é un referente na conservación e posta en valor do patrimonio cultural de Galicia, non só polas súas coleccións senón tamén pola importancia patrimonial dos seus edificios históricos e dos seus contemporáneos de nova construción. Que albergan un total de sete edificios, históricos como o Castro Monteagudo ou os restos do Convento de Santo Domingo son exemplos da conservación e rehabilitación do patrimonio arquitectónico; Mentres que os construídos ex novo, como o Castelao ou o Fernández López, representan a capacidade de integración entre modernidade e patrimonio cultural. Cada un deles foi obxecto de coidados proxectos de restauración e adecuación para cumprir as funcións do museo sen perder a súa identidade orixinal, buscando equilibrar a conservación do patrimonio arquitectónico coa accesibilidade e funcionalidade contemporáneas, todo iso baixo criterios de mínima intervención e respecto á autenticidade de cada edificio. Pero estes espazos non só conservan obxectos artísticos e históricos, senón que se converten en parte activa do discurso museolóxico, ensinando aos visitantes a evolución arquitectónica e cultural da comarca. Con estes esforzos, o Museo de Pontevedra non só conserva os seus valiosos contidos, senón tamén o contedor que os alberga.

As voces do Camiño. Guías e relatos dos peregrinos a Santiago de Compostela na Idade Media
Autoría
A.I.R.G.
Grao en Historia
A.I.R.G.
Grao en Historia
Data da defensa
18.06.2025 10:00
18.06.2025 10:00
Resumo
Desde a inventio da tumba do Apóstolo Santiago en tempos do monarca Alfonso II o interese polo camiño de Santiago foi unha constante ao longo de toda a Idade Media, chegando estas peregrinacións ata os nosos días. O obxectivo deste traballo será poñer en valor outro tipo de fontes máis alá das canónicas para coñecer dunha maneira máis directa a realidade vivida polos peregrinos nos seus viaxes. Isto se realizará mediante o uso da literatura odepórica xacobea e das diversas guías de peregrinos creadas para axudar nestas peregrinacións. Se pretende, deste xeito, indagar neste traballo nas motivacións, impresións e experiencias persoais dos peregrinos, ademais de na importancia da propia figura destes mesmos, facendo unha pequena digresión en canto ao caso concreto das peregrinacións femininas. Se tratará tamén neste traballo o impacto socioeconómico que terán estas peregrinacións.

Unha análise de World of Warcraft dende a historia da arte
Autoría
D.S.A.
Grao en Historia da Arte
D.S.A.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Dende a súa creación en 1960, os videoxogos foron dominando pouco a pouco o ámbito cultural, substituíndo o papel do cinema como o novo medio artístico. Chegados a 1990, estes comezaron a asentarse grazas ás diversas melloras técnicas e a un crecente interese polos aspectos máis realistas e intuitivos que perduran ata día de hoxe, momento de gran aperturismo e diversidade nos equipos creativos. Neste caso, ademais do aspecto xeral, a saga Warcraft, creada en 1994, será o noso obxecto de análise. De todos os xeitos, o estudo urbanísto e o paisaxístico ou o estudo arquitectónico e suntuario, que poñeremos en relación co worldbuilding e o papel cultural, serán a parte fundamental do noso traballo; baseando isto únicamente en World of Warcraft, xogo en activo desde 2004 (aínda que en certas ocasións nos apoiemos noutros recursos oficiais). Con isto, detallaremos as numerosas influencias que toman prestadas os xogos de fantasía (ou high fantasy) para elaborar o seu mundo e narrativa, aspecto fundamental que rexirá todo o demais, xunto coa xogabilidade. Finalmente, trataremos o aspecto transmedial e intermedial e concluiremos coa gran importancia que ten a nivel artístico como fin e como medio, ademais da súa capacidade de vincular ao gran público coa historia da arte.

A viaxe imaxinaria de San Amaro ao paraíso
Autoría
L.S.D.L.C.
Grao en Historia
L.S.D.L.C.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
o obxectivo deste traballo é analizar a viaxe medieval de San Amaro na súa historia manuscrita, difusión e na súa análise. Para elo, catalogaremos a San Amaro en relación aos libros de viaxes medievais, para, a continuación, situalo nos seus contextos histórico e historiográfico. A partires de aí, buscaremos a arqueoloxía do texto en relación aos seus manuscritos, edicións e fontes. A continuación analizaremos a San Amaro en comparación ca viaxe de San Brandán, co que garda algúns paralelismos. Por último, veremos como a lenda ten sobrevivido nos diferentes espazos xeográficos.
o obxectivo deste traballo é analizar a viaxe medieval de San Amaro na súa historia manuscrita, difusión e na súa análise. Para elo, catalogaremos a San Amaro en relación aos libros de viaxes medievais, para, a continuación, situalo nos seus contextos histórico e historiográfico. A partires de aí, buscaremos a arqueoloxía do texto en relación aos seus manuscritos, edicións e fontes. A continuación analizaremos a San Amaro en comparación ca viaxe de San Brandán, co que garda algúns paralelismos. Por último, veremos como a lenda ten sobrevivido nos diferentes espazos xeográficos.
Dirección
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Titoría)
Tribunal
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
BERMUDEZ BELOSO, MARIÑA (Secretario/a)
PELAZ FLORES, DIANA (Vogal)
Imaxe, corpo e dor: prácticas devocionais na Baixa Idade Media
Autoría
G.S.R.
Grao en Historia da Arte
G.S.R.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo realiza un percorrido por diversos tipos de prácticas devocionais que atoparon a súa máxima expresión durante a Baixa Idade Media, centrándose en dous casos: a interacción establecida polo devoto con elementos materiais, como imaxes e obxectos sacros, que lles servisen como elemento focalizador e mediador na súa procura individual de conexión co divino; e accións nas que o corpo do individuo foi utilizado como instrumento devocional a través de actos extremos que lles permitían experimentar dor física ou mental. Para aproximarnos a estas realidades, o traballo explora os principais movementos de renovación espiritual e devocional do período, como son as Ordes Mendicantes e o desenvolvemento da Devotio Moderna, e como estes influíron na plasmación visual de temas como a Paixón de Cristo ou a Compassio Mariae. Estúdanse tamén aspectos fundamentais da realidade relixiosa medieval, como o papel crucial dos sentidos na espiritualidade e a devoción, ou a creación de novos dispositivos materiais destinados a ofrecer ferramentas para a oración e meditación. O traballo conclúe que a devoción baixomedieval foi unha experiencia profundamente corporal e emocional, na que os límites entre o físico e o espiritual difuminábanse constantemente.
Este traballo realiza un percorrido por diversos tipos de prácticas devocionais que atoparon a súa máxima expresión durante a Baixa Idade Media, centrándose en dous casos: a interacción establecida polo devoto con elementos materiais, como imaxes e obxectos sacros, que lles servisen como elemento focalizador e mediador na súa procura individual de conexión co divino; e accións nas que o corpo do individuo foi utilizado como instrumento devocional a través de actos extremos que lles permitían experimentar dor física ou mental. Para aproximarnos a estas realidades, o traballo explora os principais movementos de renovación espiritual e devocional do período, como son as Ordes Mendicantes e o desenvolvemento da Devotio Moderna, e como estes influíron na plasmación visual de temas como a Paixón de Cristo ou a Compassio Mariae. Estúdanse tamén aspectos fundamentais da realidade relixiosa medieval, como o papel crucial dos sentidos na espiritualidade e a devoción, ou a creación de novos dispositivos materiais destinados a ofrecer ferramentas para a oración e meditación. O traballo conclúe que a devoción baixomedieval foi unha experiencia profundamente corporal e emocional, na que os límites entre o físico e o espiritual difuminábanse constantemente.
Dirección
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Titoría)
CARREÑO LÓPEZ, SARA (Titoría)
Tribunal
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Presidente/a)
PRADO VILAR, FRANCISCO (Secretario/a)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Vogal)
CENDON FERNANDEZ, MARTA (Presidente/a)
PRADO VILAR, FRANCISCO (Secretario/a)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Vogal)
A produción lítica de O Corro dos Mouros (Adai, Lugo): análise e interpretación.
Autoría
L.S.C.
Grao en Historia
L.S.C.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Recóllese unha síntese sobre o material lítico documentado na campaña de escavación do ano 2024 no xacemento O Corro dos Mouros (Adai, Lugo). Este inscríbese nos coñecidos como xacementos tipo 'roda', concepto que achega algunhas problemáticas referidas á súa funcionalidade e interpretación, mais que parece corresponderse con enclaves vinculados co mundo funerario e ritual. Mediante as novas perspectivas ao respecto, desenvólvese unha análise completa da industria lítica, destacando especialmente os útiles de moenda. Ademais, tamén se documentan outros elementos significativos, como son os discos e as rodelas, xunto con evidencias vinculadas a material construtivo. Este breve traballo insírese dentro dos estudos sobre a lítica na Prehistoria Recente en Galicia, polo que tamén se refire unha pequena síntese a modo de introdución sobre a situación máis actual das investigacións. A descrición detallada dos obxectos constitúe o núcleo central do traballo, amosando cuestións de tipo morfolóxico e funcional a través da análise de cuestións como os contextos de aparición, a materia prima, a forma ou as pegadas de uso. En definitiva, preténdese resaltar a importancia de estudar o material lítico pulimentado, perseguindo acadar unha maior comprensión do mundo funerario e cerimonial do Bronce Final e Ferro I.

Reforma Católica e confesionalización. Aplicación práctica e repercusión na sociedade española dos séculos XVI e XVII
Autoría
A.S.I.
Grao en Historia
A.S.I.
Grao en Historia
Data da defensa
18.06.2025 11:00
18.06.2025 11:00
Resumo
A Reforma Católica foi un proceso complexo, estando a súa aplicación marcada por tensións, negociacións e resistencias. Neste traballo aproximarémonos ás súas repercusións na sociedade española dos séculos XVI e XVII a través do marco teórico da confesionalización, analizando ata que punto esta resultou efectiva. Para iso, considéranse os obxectivos e intereses dos principais actores que promoveron a súa implementación, así como o xeito no que esta se articulou a través dunha serie de mecanismos, entre os que destacan as visitas pastorais e a acción inquisitorial. O núcleo da análise sitúase no impacto da Contrarreforma na relixiosidade popular e na moral. Isto é estudado a través dun elemento paradigmático en cada ámbito: as confrarías e a sexualidade.
A Reforma Católica foi un proceso complexo, estando a súa aplicación marcada por tensións, negociacións e resistencias. Neste traballo aproximarémonos ás súas repercusións na sociedade española dos séculos XVI e XVII a través do marco teórico da confesionalización, analizando ata que punto esta resultou efectiva. Para iso, considéranse os obxectivos e intereses dos principais actores que promoveron a súa implementación, así como o xeito no que esta se articulou a través dunha serie de mecanismos, entre os que destacan as visitas pastorais e a acción inquisitorial. O núcleo da análise sitúase no impacto da Contrarreforma na relixiosidade popular e na moral. Isto é estudado a través dun elemento paradigmático en cada ámbito: as confrarías e a sexualidade.
Dirección
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titoría)
Tribunal
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titor do alumno)
LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER (Titor do alumno)
Entre a sabedoría e a decrepitude: concepción e papel da vellez na Plena e Baixa Idade Media
Autoría
P.T.M.
Grao en Historia
P.T.M.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
O estudo da vellez suscitou escaso interese na historiografía ata finais do século pasado pola súa apreciación como un fenómeno eminentemente contemporáneo, entendendo que os anciáns eran pouco numerosos nas sociedades premodernas e non desempeñaban unha función relevante. Fronte a isto, o noso obxectivo consiste en tratar de refutar esta idea mediante a análise da consideración e o papel social destes individuos durante a Plena e Baixa Idade Media (séculos XI ao XV). Para iso faremos unha aproximación cun enfoque cuantitativo e demográfico a cuestións como a lonxevidade ou a posibilidade de alcanzar unha idade avanzada neste período; así como tamén abordaremos o modelo teórico de vellez imperante nesta etapa (incidindo na visión dos intelectuais a través dos arquetipos de “etapas da vida”, as transformacións no final do Medievo e as particularidades do caso feminino). Así mesmo, centrarémonos nos roles destes anciáns, rastreando a súa presenza nas diferentes ordes sociais e examinando como as dúas principais facetas que se lles atribuían (experiencia e vulnerabilidade) se traduciron en prácticas concretas: recoñecemento da súa autoridade cultural en diferentes ámbitos e protección institucional, respectivamente.
O estudo da vellez suscitou escaso interese na historiografía ata finais do século pasado pola súa apreciación como un fenómeno eminentemente contemporáneo, entendendo que os anciáns eran pouco numerosos nas sociedades premodernas e non desempeñaban unha función relevante. Fronte a isto, o noso obxectivo consiste en tratar de refutar esta idea mediante a análise da consideración e o papel social destes individuos durante a Plena e Baixa Idade Media (séculos XI ao XV). Para iso faremos unha aproximación cun enfoque cuantitativo e demográfico a cuestións como a lonxevidade ou a posibilidade de alcanzar unha idade avanzada neste período; así como tamén abordaremos o modelo teórico de vellez imperante nesta etapa (incidindo na visión dos intelectuais a través dos arquetipos de “etapas da vida”, as transformacións no final do Medievo e as particularidades do caso feminino). Así mesmo, centrarémonos nos roles destes anciáns, rastreando a súa presenza nas diferentes ordes sociais e examinando como as dúas principais facetas que se lles atribuían (experiencia e vulnerabilidade) se traduciron en prácticas concretas: recoñecemento da súa autoridade cultural en diferentes ámbitos e protección institucional, respectivamente.
Dirección
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
ANDRADE CERNADAS, JOSE MIGUEL (Titoría)
Tribunal
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Vogal)
SUAREZ GONZALEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
SANCHEZ SANCHEZ, XOSE MANOEL (Secretario/a)
SANMARTÍN BARROS, ISRAEL (Vogal)
A Roma barroca a través das pinturas de Giovanni Panini
Autoría
M.T.B.
Grao en Historia da Arte
M.T.B.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a obra do pintor Giovanni Paolo Panini como fonte visual para comprender a Roma barroca do século XVIII. A través do estudo das vedute, examínase como o artista combina a precisión arquitectónica cunha posta en escena teatral e simbólica. Afóndase no contexto urbano, artístico e relixioso da época, abordando temas como o poder papal, a monumentalidade, a perspectiva e o coleccionismo do Grand Tour. Mediante un enfoque iconográfico e formal, interprétase a cidade como un gran teatro barroco, no que o cotián e o litúrxico converxen nunha visión idealizada. En conxunto, preséntase o artista non só como cronista topográfico, senón tamén como arquitecto visual dunha Roma sacralizada, monumental e escenográfica.

TAIN GUZMAN, MIGUEL (Titoría)
TAIN GUZMAN, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Vogal)
LOPEZ SILVESTRE, FEDERICO ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ VARELA, ANA (Secretario/a)
PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO (Vogal)
Descensus ad inferos
Autoría
N.T.U.
Grao en Historia da Arte
N.T.U.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo Fin de Grao foi realizar unha análise exhaustivo da iconografía da escena de Cristo descendendo aos infernos, explorando os seus diferentes tipos e variantes ao longo da historia da arte. Levouse a cabo un rastrexo de fontes textuais e visuais, observando como se interpretan e modifican as imaxes en función do seu contexto histórico, artístico e cultural. Neste proceso, analizouse a fidelidade das representacións respecto ás fontes literarias que lle serviron de base. Deste modo, ao examinar as diferentes variables iconográficas e a súa relación cas fontes, aclarouse como estas variantes influiron na evolución do imaxinario relixioso e como os artistas reinterpretaron o concepto a partir dos contextos históricos e doctrinais nas que se insertan. Con todo iso, este traballo invita a unha comprensión máis profunda do tema de Cristo baixando aos infernos e a súa vinculación cos cambios teolóxicos, sociais e culturais no transcurso do tempo.

Consideracións sobre Xoana de Arco: vida, papel como guerreira e influencia póstuma na cultura.
Autoría
S.U.G.
Grao en Historia
S.U.G.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
O seguinte traballo versa sobre Xoana de Arco, tratando a súa figura dende unha aproximación á historiografía de xénero e cristiá, así como dende un punto de vista histórico aportando datos e estudos sobre feitos que determinan a súa vida: o seu nacemento e xuventude, a implicación clave que supuxo nun momento concreto e complicado da Guerra dos Cen Anos, o xuízo posterior seguido da súa morte e o tratamento póstumo desta personaxe (dende un punto de vista nacional, eclesiástico en relación a súa beatificación e, incluso, antisemita). Isto pódese relacionar de maneira directa coa súa influencia na cultura cinematográfica e literaria. Ademais, faise unha compilación do seu percorrido e actuacións das diferentes batallas nas que participou a través do Sistema de Información Xeográfica (QGIS).

O Tractado de la adivinança de Fray Lope de Barrientos: O discurso antisupersticioso na corte de Juan II
Autoría
M.V.C.
Grao en Historia
M.V.C.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
A finais da Idade Media castelá Fray Lope de Barrientos escribiría o Tractado de la adivinança para orientar a Juan II á hora de impartir xustiza no seu reino. A través desta obra o dominico axudaría ao monarca a discernir as prácticas lícitas das supersticiosas, tratando de deslexitimar toda unha serie de crenzas integradas no ideario popular seguindo os principios cristiáns ortodoxos. No presente traballo realizaremos un análise do tratado de Barrientos como posible manifestación da literatura antisupersticiosa dentro da corte de Juan II. Para elo recorreremos as orixes do discurso reprobador de supersticións na Península ata chegar ao contexto no que frade Lope desenvolvería a súa obra, centrándonos no papel desta figura na corte. Igualmente nos deteremos na análise do contido do propio Tractado de la adivinança para rematar presentando a herdanza deste no discurso antisupersticioso español que se consolidaría plenamente na Idade Moderna.

Análise comparativa de sistemas tranviarios europeos e españois para analizar a súa posible implementación en Santiago de Compostela
Autoría
X.V.P.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
X.V.P.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.06.2025 16:00
20.06.2025 16:00
Resumo
A mobilidade urbana sustentable é unha das principais preocupacións das cidades europeas. Co crecemento constante da poboación urbana, a calidade do aire non deixa de empeorar neses espazos, combinado en moitas ocasións con sistemas de transporte público ineficientes, incómodos ou pouco prácticos, que non incentivan o suficiente o seu emprego nin son capaces de absorber toda a demanda existente. Esta situación xera problemas adicionais como a conxestión do tráfico e a escaseza de aparcamento. Son moitas as cidades que ante estes problemas optaron pola implementación dun medio de transporte sustentable como é o tranvía moderno, ou algunha das súas variantes como o metro lixeiro. A cidade de Santiago de Compostela conta na actualidade cun sistema de transporte urbano que se describe como ineficiente e, en moitas ocasións, pouco práctico. Por iso, este traballo analiza a implementación e os beneficios destes modos de transporte en diversas cidades do occidente europeo, con especial énfase no caso francés, país pioneiro na recuperación do tranvía. O obxectivo é avaliar se a introdución dun sistema deste tipo podería resultar beneficiosa para Santiago de Compostela.

PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Titoría)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
Lois González, Rubén Camilo (Presidente/a)
COSTA CASAIS, MANUELA (Secretario/a)
BLANCO CHAO, RAMON (Vogal)
Lois González, Rubén Camilo (Presidente/a)
COSTA CASAIS, MANUELA (Secretario/a)
BLANCO CHAO, RAMON (Vogal)
A Exposición Rexional Galega de 1909: obxectos medievais da Sección Arqueolóxica
Autoría
A.V.M.
Grao en Historia da Arte
A.V.M.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A Exposición Rexional de 1909 constitúe un fito cultural de primeira orde na historia contemporánea de Galicia. Celebrada en Santiago de Compostela, coincidindo coa celebración do Ano Santo de 1909, a súa finalidade era demostrar o grao de adiantamento da industria, do comercio e das artes de Galicia enteira, en comuñón coa idea de progreso que se acha sempre subxacente. No seguinte traballo proponse realizar unha revisión da Sección Arqueolóxica dentro da Exposición Rexional Galega. O Comité Executivo da Sección Arqueolóxica conformárono intelectuais, políticos, artistas e personaxes, tanto autóctonos como estranxeiros, que con entusiasmo e altruísmo comezaron a construír unha historia galega a través da arqueoloxía. O discurso arqueolóxico fomentou á vez un discurso de afirmación histórica e de construción e lexitimación da identidade nacional. Diferentes comisionados viaxaron polas catro provincias galegas, Asturias, Bierzo, Sanabria, Zamora e o Norte de Portugal, albergando o territorio da Gallaecia Vetus co fin de inventariar monumentos e seleccionar pezas de interese histórico, artístico ou arqueolóxico para exhibilas no certame compostelán. No seguinte traballo analizaremos e describiremos as pezas medievais expostas e o percorrido destas ata chegar á actualidade.
A Exposición Rexional de 1909 constitúe un fito cultural de primeira orde na historia contemporánea de Galicia. Celebrada en Santiago de Compostela, coincidindo coa celebración do Ano Santo de 1909, a súa finalidade era demostrar o grao de adiantamento da industria, do comercio e das artes de Galicia enteira, en comuñón coa idea de progreso que se acha sempre subxacente. No seguinte traballo proponse realizar unha revisión da Sección Arqueolóxica dentro da Exposición Rexional Galega. O Comité Executivo da Sección Arqueolóxica conformárono intelectuais, políticos, artistas e personaxes, tanto autóctonos como estranxeiros, que con entusiasmo e altruísmo comezaron a construír unha historia galega a través da arqueoloxía. O discurso arqueolóxico fomentou á vez un discurso de afirmación histórica e de construción e lexitimación da identidade nacional. Diferentes comisionados viaxaron polas catro provincias galegas, Asturias, Bierzo, Sanabria, Zamora e o Norte de Portugal, albergando o territorio da Gallaecia Vetus co fin de inventariar monumentos e seleccionar pezas de interese histórico, artístico ou arqueolóxico para exhibilas no certame compostelán. No seguinte traballo analizaremos e describiremos as pezas medievais expostas e o percorrido destas ata chegar á actualidade.
Dirección
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
BARRAL RIVADULLA, Mª DOLORES (Titoría)
Tribunal
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Presidente/a)
CORTÉS LÓPEZ, MIRIAM ELENA (Secretario/a)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Vogal)
A teoloxía política de Eusebio de Cesarea: cara a unha cristianización do poder
Autoría
V.A.V.M.
Grao en Historia
V.A.V.M.
Grao en Historia
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
Eusebio de Cesarea é o autor da primeira teoloxía política do Imperio Cristián, que se inaugura coa conversión de Constantino I o Grande. A análise das dúas obras capitais nas que a formula, De Laudibus Constantini e Vita Constantini, demostra que a súa achega substancial reside na cristianización sistemática de principios e conceptos procedentes da filosofía pagá, reelaborados pola tradición xudeocristiá e reinterpretados por el desde unha perspectiva subordinacionista do monoteísmo trinitario. Deste xeito, o desenvolvemento da súa teoloxía política articúlase en torno a dous eixos fundamentais: 1) Constantino como mímese de Cristo, orientado á sacralización do emperador a partir da elección divina directa e da súa plasmación no bo goberno como César e Papa, principios que se pretenden estender á súa dinastía fronte á condena da tetrarquía; 2) O Imperio Romano como eikón do Reino dos Ceos, a través do cal se identifican Igrexa e Imperio como figuración do Corpo Místico de Cristo, aínda que sen implicar a realización efectiva do Reino do Pai. A partir deste desenvolvemento, defendemos que a arquitectura político-teolóxica confeccionada por Eusebio non se fundamenta nunha maquinación interesada de móbil e finalidade políticas, senón nunha interpretación da realidade do seu tempo desde o seu convencemento teolóxico.

LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Titoría)
LOPEZ BARJA DE QUIROGA, PEDRO MANUEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA QUINTELA, MARCO VIRGILIO (Presidente/a)
SUAREZ PIÑEIRO, ANA MARIA (Secretario/a)
VILLANUEVA ACUÑA, MANUEL (Vogal)

Cando o deporte fai patria: nación, propaganda e hexemonía cultural na España franquista.
Autoría
R.V.C.
Grao en Historia
R.V.C.
Grao en Historia
Data da defensa
20.06.2025 12:00
20.06.2025 12:00
Resumo
Este traballo de fin de grao pretende analizar o deporte no franquismo non só como un mero espectáculo, senón como unha ferramenta de nacionalización e propaganda política. Para iso, partimos de conceptos teóricos como o nacionalismo banal de Michel Billings e a súa difusión a través de ferramentas mediáticas como a prensa, a radio, o NO-DO e, máis tarde, a televisión. Baixo este control, tanto os deportes de equipo como os individuais proxectáronse nunha narrativa de furia e fatalismo que serviu para exaltar os valores da nación e favorecer a identificación con ela. Unha instrumentalización do deporte que tamén se manifestou nas distintas organizacións políticas do franquismo cunha clara finalidade ideolóxica e formativa. En definitiva, a análise revela todo un conglomerado de mecanismos que confirman o uso do deporte por parte da ditadura como recurso nacionalizador e lexitimador.

LANERO TABOAS, DANIEL (Titor do alumno)
LANERO TABOAS, DANIEL (Titor do alumno)
O Significado do Sacrificio de Isaac na Arquitectura Románica
Autoría
C.V.C.
Grao en Historia da Arte
C.V.C.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
20.06.2025 12:00
20.06.2025 12:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao móstrase unha análise detallada da iconografía do sacrificio de Isaac dentro da arquitectura románica. Pártese dun estudo da propia pasaxe de Xénese 22, que describe o sacrificio de Isaac cometido polo seu pai Abraham. Neste caso a intención é comprender a transcendencia desta narración dentro da cultura cristiá, apoiándose tamén en diferentes textos de autores patrísticos que abordaron o tema e que reforzan a súa relevancia como prefiguración do sacrificio de Cristo. Por outra banda, analizáronse diferentes espazos dentro das igrexas románicas, especialmente os espazos máis accesibles para os fieis, ou os que resultaron máis relevantes para o desenvolvemento do traballo. Finalmente, estudáronse diversas obras nas que aparece o sacrificio de Isaac, centrándose na iconografía, o contexto e a localización das ditas representacións. Isto permitiu indagar nos diferentes significados que se poden adquirir dependendo do emprazamento en determinados espazos e das mensaxes que se pretendían transmitir ao espectador. Deste xeito, o traballo reflicte o valor simbólico do sacrificio de Isaac dentro do románico, así como o seu papel dentro dos discursos visuais medievais.

CHAO CASTRO, DAVID (Titoría)
CHAO CASTRO, DAVID (Titoría)
Tribunal
CHAO CASTRO, DAVID (Titor do alumno)
CHAO CASTRO, DAVID (Titor do alumno)
True Crime: A dexeneración dun xénero
Autoría
M.V.P.
Grao en Historia da Arte
M.V.P.
Grao en Historia da Arte
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
-O crime foi algo que sempre atraeu o morbo das sociedades dende que o mundo era un mundo. A aparición do xénero denominado True Crime na televisión e nas grandes plataformas contribuíu a regular o xénero, aterrorizando e marabillando a sociedade. Nos últimos anos pódese falar dunha dexeneración progresiva do xénero, con exemplos tan polémicos como os de Daniel Sancho. Neste traballo abordarase a evolución do crime ata o xa coñecido xénero do True Crime, o actual proceso de banalización e confrontarase nun breve debate exemplos de bos produtos con outros de dubidosa reputación.
-O crime foi algo que sempre atraeu o morbo das sociedades dende que o mundo era un mundo. A aparición do xénero denominado True Crime na televisión e nas grandes plataformas contribuíu a regular o xénero, aterrorizando e marabillando a sociedade. Nos últimos anos pódese falar dunha dexeneración progresiva do xénero, con exemplos tan polémicos como os de Daniel Sancho. Neste traballo abordarase a evolución do crime ata o xa coñecido xénero do True Crime, o actual proceso de banalización e confrontarase nun breve debate exemplos de bos produtos con outros de dubidosa reputación.
Dirección
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
NOGUEIRA OTERO, XOSE (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA (Presidente/a)
RODRIGUEZ PORTO, ROSA MARIA (Secretario/a)
VILLARMEA ALVAREZ, XOSE IVAN (Vogal)
A influencia multidimensional da inmigración chinesa en España: Perspectivas económicas, culturais e sociais
Autoría
Z.W.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Z.W.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.02.2025 10:00
20.02.2025 10:00
Resumo
Esta investigación examina a influencia multidimensional da inmigración chinesa en España, con especial énfase en Galicia e particularmente en Santiago de Compostela. A través dunha metodoloxía mixta que combina análise cuantitativa e cualitativa, incluíndo 13 entrevistas semiestruturadas realizadas a inmigrantes chineses en Santiago de Compostela, Madrid e Padrón, o estudo analiza as dinámicas económicas, culturais e sociais desta comunidade. A investigación revela como a comunidade chinesa evolucionou desde os seus primeiros asentamentos, desenvolvendo unha significativa presenza empresarial principalmente en sectores como o comercio retallista e a restauración. Examínase o papel fundamental das asociacións voluntarias chinesas na mediación cultural e a preservación da identidade, así como os desafíos e oportunidades no proceso de integración social. O estudo destaca a importancia das redes transnacionais e a formación de identidades biculturais, especialmente nas novas xeracións, contribuíndo así a unha comprensión máis profunda das dinámicas migratorias contemporáneas en España.

DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON Cotitoría
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Titoría)
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON Cotitoría
Tribunal
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Titor do alumno)
LOPEZ RODRIGUEZ, RAMON (Titor do alumno)

Dinámicas Xeodemográficas e urbanas de A Coruña
Autoría
Y.W.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Y.W.
Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio (2ªed)
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar a dinámica xeodemográfica de A Coruña durante o século XXI, con especial mención nos periodos pospandémicos, e a súa relación co dinamismo urbano. Para esta investigación empleáse técnicas cuantitativas (Censo, Padrón, IGN) e cualitativas (enquisas). O obxectivo é evidenciar o progresivo envellecemento que sufre a poboación e cómo os procesos migratorios, especialmente da poboación estranxeira, xogan un papel fundamental para equilibrar esta situación, compensando o declive demográfico e permitindo un crecemento sustentado polo saldo migratorio positivo. Analízase se o crecemento real da poboación vai ligada a unha maior demanda do crecemento urbanístico e os desafíos que supoñe en relación á cohesión social e acceso á vivenda. Este estudo subliña a importancia dos análises demográficos na actualidade ante unha sociedade moderna asentada sobre a base dunha poboación envellecida e dependente da inmigración, e cómo o crecemento urbano aférrase ante a demanda demográfica, contribuéndo a comprensión dunha dinámica xeodemográfica e urbana caracteristica dun mundo de novas transformacións.

DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Titoría)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE Cotitoría
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Titoría)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE Cotitoría
Tribunal
DURAN VILLA, FRANCISCO RAMON (Titor do alumno)
PIÑEIRA MANTIÑAN, MARIA JOSE (Titor do alumno)