Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento sobre a evolución da arte dos xardíns ao longo do tempo así como as tendencias actuais.
OBXECTIVOS:
• Coñecer a evolución da arte dos xardíns ao longo da historia
• Coñecer os principais estilos históricos e as súas manifestacións
• Coñecer a herdanza da arte dos xardíns
Programa de Teoría
Tema 1.- Oríxenes da xardinaría
Tema 2.- Xardíns da antiguedade
Tema 3.-A xardinaría romana
Tema 4.- O xardín islámico
Tema 5.- A xardinaría na Idade Media
Tema 6.- O xardín renacentista
Tema 7.- O xardín barroco
Tema 8.- A revolución paisaxista
Tema 9.- O xardín oriental
Tema 10.- A xardinaría no S.XX
Tema 11.- Tendencias actuáis
Programa de Prácticas
Seminarios: proxección de imaxes de xardíns correspondentes aos diferentes estilos históricos estudiados. Análise das características estílísticas en cada caso.
Práctica de campo: visita dunha zona verde, ben parques e xardíns contemporáneos ou históricos.
Bazin, Germain. 1990. PARADEISOS. Historia del jardín. Plaza & Janes.
Enge, T. O.; Schöer, C. F. 1992. Arquitectura de jardines en Europa. Benedikt Taschen. Colonia. Germany.
Fariello, F. 2004. La arquitectura de jardines en Europa. Ed. Reverté. Barcelona.
Ogrin, D. 1993. The world heritage of gardens. Ed. Thames & Hudson. London
Páez De La Cadena, F. 1982. Historia de los Estilos en Jardinería. Ed. Istmo. Madrid.
Complementaria
Fontes, A. 1986. “jardines 1”. Arquitectura y construcción. Secuencias 1. Madrid.
Fontes, A. 1987. “jardines 2”. Arquitectura y construcción. Secuencias 2. Madrid.
Fontes, A. 1989. “jardines 3”. Arquitectura y construcción. Secuencias 4 . Madrid.
Fontes, A. 1991. “jardines 4”. Arquitectura y construcción. Secuencias 7. Madrid.
Fontes, A. 1995. “Jardines 5”. Arquitectura y construcción. Secuencias 9. Madrid.
Von Buttlar, A. 1993. Jardines del clasicismo y el romanticismo. Ed. Nerea. Madrid.
Outra bibliografía complementaria, asi como recursos web, especificarase a través do campus virtual nos bloques temáticos correspondentes.
A materia se imparte no primeiro semestre. A parte teórica comprende as clases expositivas participativas, nas que se explican os contidos básicos. A materia se complementa a través do campus virtual.
As prácticas realizadas durante o curso son de carácter obrigatorio e axudarán ao alumno a unha mellor comprensión da parte teórica. Os traballos prácticos que os alumnos deberán realizar durante o curso facilitarán e reforzarán a aprendizaxe dos contidos da materia. Realizarase unha visita a un parque da cidade para analizar 'in situ' o estilo e influencias.
Toda a información necesaria sobre a materia, así como o material empregado na docencia teórica e práctica, enlaces web, foro para debates, exercicios para a aprendizaxe da materia, estarán dispoñibles para os alumnos no campus virtual da USC. Tamén se habilitará espazo nel para a entrega dos traballos que se lle encarguen ao alumno.
Os alumnos examinaranse da parte teórica mediante unha proba obxectiva escrita que será necesario aprobar para superar a materia. Terase en conta a asistencia e participación nas clases. A avaliación dos coñecementos impartidos nas clases prácticas (seminarios e prácticas de campo) realizarase mediante a confección de traballos prácticos ou informes.
Os pesos de cada parte na evaluación da materia serán:
Asistencia e participación na clase (10%)
Respostas a cuestionarios (50%)
Elaboración de traballos e informes de prácticas (40%)
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ASISTENCIA A CLASE
Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Maria Isabel Iglesias Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- mariaisabel.iglesias.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h