Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
A materia propón o estudo das manifestacións arquitectónicas en Italia entre os séculos XV ao XVIII que corresponden cos períodos artísticos do Renacemento, o Manierismo e o Barroco. O seu desenvolvemento comprenderá a análise do proceso de produción, función e recepción da obra de arquitectura durante estas centurias, a través dos creadores e obras máis significativas, tendo en conta a perspectiva histórica, social, ideolóxica e iconográfica que permiten a súa contextualización, co apoio das fontes literarias e documentais. O percorrido xeográfico comprende enclaves claves da arte deste período como Florencia, Roma, Milán, Turín ou Venecia.
OBXECTIVOS:
• Recoñecer e reflexionar sobre as principais propostas arquitectónicas do renacemento e o barroco.
• Distinguir os elementos distintivos da arquitectura renacentista e barroca.
• Saber identificar o estilo persoal dos arquitectos e as súas solucións ós problemas da arquitectura moderna.
• Interpretar a obra de arquitectura desde unha perspectiva metodolóxica múltiple.
• Entender a arquitectura moderna en relación coa súa función e coa idiosincrasia social e relixiosa que a xera.
• Coñecer os exemplos máis senlleiros da arquitectura moderna en Italia
CONTIDOS
TEMA 1: A ARTE DO RENACIMENTO ITALIANO
Arte E humanismo
A consideración social do artista
O retorno a medida humana
A visión unitaria
O marco cronolóxico
TEMA 2: A ARQUITECTURA DO RENACIMENTO
Filippo Brunelleschi (1377-1446) e a cúpula de Santa María dei Fiori.
A arquitectura relixiosa: o plan lonxitudinal. Florencia, Roma e Venecia. As propostas de F. Brunelleschi, L. B. Alberti, J. Vignola. e A. Palladio.
A arquitectura relixiosa: O plan central. Florencia, Milán, Roma. As propostas de F. Brunelleschi, L. B. Alberti, G. da Sangallo, D. Bramante e Miguel Ángel. A construción de San Pedro do Vaticano.
A arquitectura relixiosa: As fachadas dos templos. As primeiras experiencias: L. B. Alberti en Rimini, Florencia e Mantua. A proposta romana: Giacomo della Porta e o Gesú. Palladio e a fachada veneciana.
A arquitectura civil: O palacio urbano. Michelozzo, Alberti e o palacio florentino. L. B. Alberti en Roma. Bramante e o tipo de palacio clasicista do s. XVI. Miguel Ángel e a praza do Campidoglio de Roma. Andrea Palladio e la villa veneciana.
TEMA 3: A ESTÉTICA BARROCA E A ARQUITECTURA
O Barroco: arte de persuasión.
O Barroco arte do poder
O marco cronolóxico
Dinamismo compositivo e movemento aplicado a arquitectura
Proxección arquitectónica policéntrica
Preferencia pola liña curva
Preferencia polas plantas elípticas e mixtilíneas
Busca do infinito
Riqueza ornamental e integración das artes
Uso da luz en función dos efectos pretendidos
Novo uso dos ordes arquitectónicos
TEMA 4: A ARQUITECTURA BARROCA
A arquitectura relixiosa: O plan lonxitudinal. Giacomo della Porta e as grandes igrexas postridentinas. C. Maderno e a fachada de San Pedro do Vaticano.
O plan central: G. L. Bernini, F. Borromini e as súas propostas romanas.
Os templos de plantas combinadas: Venecia e Roma.
O urbanismo barroco: a reurbanización de Roma: o tridente sixtino e a praza de San Pedro.
O Palacio y la villa barroca: de Roma a Turín.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BENEVOLO, Leonardo, Historia de la Arquitectura del Renacimiento: la arquitectura clásica (del siglo XV al siglo XVIII), 3ª ed., Gustavo Gili, 1988
WITTKOWER, Rudolf, Arte y Arquitectura en Italia. 1600-1750, 5ª ed., Cátedra, 1988
WITTKOWER, Rudolf, Los fundamentos de la arquitectura en la edad del Humanismo, 1ª ed., Alianza, 1995.
WÖLFFLIN, Heinrich, Renacimiento y Barroco, 2ª ed., Paidós, 1991.
PANOFSKY, Erwin, Renacimiento y Renacimientos en el arte occidental, 3ª ed., Alianza, 1981.
.
A metodoloxía a seguir neste curso será de tipo expositiva, mediante unha explicación teórica dos contidos reflectidos no apartado anterior.
A parte práctica consistirá en comentarios de obras artísticas na aula por parte do alumnado tanto de xeito oral como por escrito
A avaliación será continua. Os resultados da aprendizaxe avaliaranse diariamente durante as sesións prácticas na aula, con unha proba práctica escrita e, finalmente, con unha proba final teórica escrita.
.
.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Victoriano R. Nodar Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- victorianoramon.nodar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h