Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
O desenvolvemento e a expansión da arte románica en Europa está intimamente ligada ás vías de peregrinación que atravesaban o territorio e que actuaron como verdadeiros eixes integradores da sociedade medieval e como camiños para a difusión de artistas e modelos figurativos e arquitectónicos.
Deste xeito, vías de peregrinación como o Camiño de Santiago enchéronse de santuarios con importantes reliquias que eran á súa vez obxecto de veneración polos peregrinos. Estes edificios son os grandes expoñentes da arte dos séculos XI e XII en Europa no só pola súa arquitectura senón tamén polos seus portais esculpidos, os seus claustros e a os obxectos suntuarios que atesouraban.
Obxectivos:
• Coñecer as claves da arquitectura e da escultura románicas.
• Entender os procesos de intercambio artístico entre os focos creadores da arte románica europea.
• Descubrir a produción artística ligada ás vías de peregrinación europeas tanto na arquitectura como nas artes figurativas.
- Románico e romance
- Artes figurativas e artes literarias
- A escultura románica: focos creadores, categorías descritivas. A policromía da escultura monumental.
- A escultura hispano tolosana e a recuperación da Antigüidade.
- A portada monumental no Camiño de Santiago: Conques, Toulouse, Moissac, Pamplona, León e Jaca.
- Santiago, La Europa del Peregrinaje, P. Caucci, Von Saucken (ed.), Barcelona, 1993.
- Santiago, Camino de Europa. Culto y cultura de la peregrinación a Compostela, S. Moralejo Álvarez (ed.), Santiago de Compostela, 1993.
- Durliat, M., Sculpture romane de la route de Saint-Jacques. De Conques à Compostelle, Mont-de-Marsan, 1991.
.
A metodoloxía a seguir neste curso será de tipo expositiva, mediante unha explicación teórica dos contidos reflectidos no apartado anterior.
A parte práctica consistirá en comentarios de obras artísticas na aula por parte do alumnado.
A avaliación será continua. Os resultados da aprendizaxe avaliaranse diariamente durante as sesións prácticas na aula e con unha proba práctica final escrita na data especificada.
.
.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
Victoriano R. Nodar Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- victorianoramon.nodar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h