Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Estabelecer a importancia dos trasvases entre os ámbitos literario e cinematográfico ao longo da historia do século XX, con
especial atención aos xéneros narrativo e dramático.
-Acceder aos instrumentos básicos da análise dos textos cinematográficos e verificar as coincidencias deses instrumentos cos
da análise literaria.
-Coñecer os elementos fundamentais na escritura do guión cinematográfico dende unha perspectiva interartística a través dos
manuais máis utilizados neste campo.
-Adquirir, en xeral, conceptos e métodos que axuden a localizar a presenza intermedia! do cinematográfico na obra literaria,
tanto no que atinxe a técnicas como a contidos.
-Ampliar o campo de estudo do alumnado cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que
tan só esta disciplina ten como propios.
EXPOSITIVAS
l. Aspectos da articulación estrutural das linguaxes fílmica e literaria. Teoría da narración audiovisual e narratoloxía
comparada. As relacións históricas entre a literatura e o cinema. Modos de representación. Teoría da montaxe. Cine e
vangardas poéticas.
2. Do cine silencioso ao sonoro. O cine clásico. Modernidade, Manierismo e Posmodernidade.
3. Cine e teatro: o falso amigo. Códigos semiolóxicos compartidos.
4. Análise do guión cinematográfico. Monomito e paradigmas.
5. A adaptación cinematográfica de textos literarios. Cara a unha tipoloxía.
6. Estudo de caso. Cinema galega/a serialidade televisiva/novas cinemas
hispanoamericanos.
INTERACTIVAS
TEMA 1
De Mélies a David W. Griffith (proxección e comentario)
TEMA 2
Cidadán Kane
Bergman
TEMA 3
Neorrealismo e Nouvelle Vague
TEMA 4 e 5
Adaptation
TEMA 6
The Sopranos/The Wire
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
Abuín, Anxo. El teatro en el cine. Madrid: Cátedra, 2012.
Bluestone, George, Novels into film, Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2003.
Chatman, Seymour, Historia y discurso. La estructura narrativa en la novela y el cine, Madrid: Taurus, 1990.
Faro Forteza, Agustín, Películas de libros, Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza, 2006.
Felipe, Fernando de, e Iván Gómez, Adaptación, Barcelona : Blanquerna, 2008.
Field, Syd, El libro del guión, Madrid: Plot, 1994.
Gaudreault, André, El relato cinematográfico: cine y narratología, Barcelona: Paidós, 1995.
Gubern, Román, Historia del cine, Barcelona: Lumen. 2006.
Hutcheon, Linda, A theory of adaptation, New York: Routledge, 2006.
McKee, Robert, El guión. Sustancia, estructura, estilo y principios de la escritura de guiones, Barcelona: Alba Editorial, 2002.
Peña-Ardid, Carmen, Literatura y cine: una aproximación comparativa, Madrid: Cátedra, 1999.
Piñera Tarque, Ismael, Mundos narrativos: relato literario y relato fílmico, Kassel: Reichenberger, 2006.
Sánchez Noriega, José Luis, De la literatura al cine: teoría y análisis de la adaptación, Barcelona: Paidós, 2000.
Stam, Robert, Literature through film: realism, magic, and the art of adaptation, Malden: Blackwell, 2005.
Stam, Robert, compilador, Teorías del cine: una introducción, Barcelona: Paidós, 2005.
Stam, Robert, Burgoyne, R. y Flitterman-Lewis, s. (compiladores), Nuevos conceptos de la teoría del cine, Barcelona: Paidós,
1999.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Becerra, Carmen (ed.), Cine y teatro, Vigo: Academia del hispanismo, 2009.
Manzano Espinosa, Cristina, La adaptación como metamorfosis: transferencias entre el cine y la literatura, Madrid: Fragua,
2008.
Iglesias Simón, Pablo, De las tablas al celuloide: trasvases discursivos del teatro al cine primitivo y al cine clásico de
Hollywood, Madrid : Fundamentos, 2007.
Pérez Bowie, José Antonio (ed.), La adaptación cinematográfica de textos literarios: teoría y práctica, Salamanca: Plaza
Universitaria Ediciones, 2003.
Romera Castillo, José (ed.), Del teatro al cine y la televisión en la segunda mitad del siglo XX, Madrid: Visor, 2002.
Vilariño Picos, Teresa, y Patricia Fra (eds.), Literatura y cine. Boletín Galega de Literatura, 27, 1, 2002.
Villanueva, Daría, Imágenes de la ciudad: poesía y cine, de Whitman a Larca, Valladolid: Universidad de Valladolid, Servicio
de Publicaciones, 2008. 2ª edición, 2009.
-Incorporar o estudo das relacións entre cinema e literatura ao ámbito da Literatura Comparada e da Teoría da Literatura.
-Recoñecer o interese do estudio interdisciplinar, isto é, o estudo de fenómenos que se sitúan a medio camiño entre dúas ou
máis disciplinas.
-Aquilatar a importancia da análise textual concreta dos textos literarios e cinematográficos.
-Poñer en relación conceptos e métodos que teñen abordado o literario dende o cinematográfico, e á inversa.
- Asimilar unha noción ampliada do concepto de "texto" e das análises correlativas.
-Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito literario e cinematográfico a partir do
manexo dunha terminoloxía teórica sólida e ben asimilada.
Combinaranse as sesións expositivas (30 horas) coa proxección e comentario de textos literarios e cinematográficos nas
sesións prácticas (24 horas). O resto do curso dedicarase á clarificación máis personalizada de dúbidas ou á aprofundización
nalgún dos conceptos empregados (6 horas).
T ITORÍAS
As titarías constitúen un reforzo personalizado das sesións expositivas e interactivas. Servirán para profundizar nas cuestións
que presenten dificuldades ou para ampliar sectores que sexan do específico interese do alumnado. Nese labor titorial o
profesor/a terá a ocasión de comprobar en que medida progresa cada alumno/a na aprendizaxe, polo que as horas de titaría
acaban proxectando unha dimensión didáctica de axuste de posíbeis disfuncións tanto no plano individual como no colectivo.
A materia posúe un sistema de avaliación único -avaliación continua formativa-. A avaliación continua consistirá na proposta
periódica de actividades a través das cales o alumno mostrará a súa competencia na materia: participación nas discusións,
exercicios erais/escritos, individuais/colectivo; exposicións.
A asistencia ás clases é obrigatoria. A ausencia non xustificada nun 20% da materia conlevará a imposibilidade de superar
esta materia en calquera das dúas oportunidades.
Valoración da participación en clase (25%), elaboración de tres traballos e exposicións (75%).
Serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade na expresión oral e escrita, así
como a coherencia lóxica do discurso e a capacidade de síntese.
Os criterios expostos manterán validez nas calificacións da primeira e segunda oportunidade. Excepcionalmente, estimaranse
circunstancias individuais que condicionen o seguimento estrito das tarefas programadas no día a día. Os alumnos con
dispensa académica terán dereito a un exame escrito na data e hora marcadas pala Facultade. Os alumnos con coincidencia
horaria acordarán ca profesor un sistema de avaliaxión axustado ás súas circunstancias.
Tempo de estudo e traballo persoal
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 30 HORAS
Realización de trabal los de diverso tipo: 30
Lecturas: 25
Preparación de exames: 15
Total de horas de actividade non presencial : 100
Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e
crítica dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas ca profesor/a e coas fontes de aprendizaxe. En
particular aconséllase ao alumnado o aproveitamento das horas de titaría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.
Para obter un pleno rendemento na materia, é recomendábel unha posta ao día dos coñecementos básicos relacionados coa
cultura audiovisual, e un repaso dos conceptos adquiridos en anos anteriores no ámbito da Teoría da Literatura.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de quedito servizo determine como se poden atenderás necesidades en cuestión no marco desta materia.
O profesorado resérvase o uso de entrevistas orais individuais en caso de dúbidas e/ou necesidade de comentario dalgún extremo dos exercicios, orais e escritos, de avaliación, que poderán ter a súa incidencia na cualificación.
Angel Eugenio Abuin Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811770
- Correo electrónico
- anxo.abuin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C08 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C08 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Castelán | D03 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Castelán | D03 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D08 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D08 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D08 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D09 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D09 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D09 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D09 |
19.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D08 |
19.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D08 |
19.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D08 |
19.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |