Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Este curso monográfico centrarase no estudo da Literatura Latina tardoantiga e medieval. Son obxectivos dela:
Coñecemento dos períodos literarios posteriores aos explicados nas materias de Literatura Latina 1 e 2.
Estudo de autores e textos da tarda Antigüidade e de diversos períodos da Idade Media.
Profundización nos elementos constitutivos das culturas das devanditas épocas, con especial atención á dialéctica entre paganismo e cristianismo.
Obtención dunha visión panorámica do legado de Roma en diferentes provincias do antigo Imperio.
Comprensión do desenvolvemento de diferentes xéneros literarios e da súa concorrencia crecente coa plasmación escrita das linguas vernáculas.
1. Literatura da Gallaecia tardoantiga: contexto, autores, obras.
2. O pensamento tardoantigo: entre o mundo "clásico" e o primeiro medievo:Macrobio; Boecio.
3. A Hispania visigótica: Isidoro de Sevilla, Euxenio de Toledo.
4. A Europa de Carlomagno.
5. Os poetas do Loira e a chamada Aetas Ovidiana.
Corpora textuais:
Corpus Corporum: https://www.mlat.uzh.ch
Biblioteca Digitale di testi latini tardoantichi: https://digiliblt.uniupo.it Biblioteca Augustana: https://www.hs-augsburg.de/~harsch/augustana.html
Manuais de literatura latina medieval:
Histoire de la littérature latine du moyen âge / par Franz Brunhölzl ; traduit de l'allemand par Henri Rochais ; compléments bibliografiques ... par Jean-Paul Bouhot, [Turnhout] : Brepols, D.L. 1990-1996.
La letteratura latina medievale : una storia per generi / Edoardo D'Angelo, Roma : Viella, 2009.
Letteratura latina medievale (secoli VI-XV) : un manuale / a cura di Claudio Leonardi ... [et al.] Firenze : SISMEL, cop. 2002.
Letteratura latina tardoantica e altomedievale / di G. Polara ; con bibliografia di A. De Prisco Roma : Jouvence, cop. 1987.
The Oxford handbook of medieval Latin literature / edited by Ralph J. Hexter and David Townsend Oxford ; New York : Oxford University Press, cop. 2012.
Bibliografía complementaria (a profesora irá indicando bibliografía segundo se vaian explicando os temas mediante a Aula Virtual):
Brown, Peter, El mundo en la antigüedad tardía : de Marco Aurelio a Mahoma / Peter Brown. Prefacio de José Enrique Ruiz- Doménec; traducción de Juan Antonio Piñero, Segunda edición, ampliada, Barcelona : Taurus, 2021.
Cameron, Alan, The last pagans of Rome / Alan CameronOxford [etc.] : Oxford University Press, 2013.
Dodds, Eric Robertson, Paganos y cristianos en una época de angustia : algunos aspectos de la experiencia religiosa desde Marco Aurelio a Constantino, (trad. españols), Madrid : Cristiandad, 1975.
Dronke, Peter, Imagination in the late pagan and early Christian world : the first nine centuries A.D., Firenze : SISMEL edizioni del Galluzzo, 2003.
Late antiquity : a guide to the postclassical world / G.W. Bowersock, Peter Brown, Oleg Grabar, editors, Cambridge, Massachusetts : The Belknap Press of Harvard University Press, 1999.
Coñecemento dos principais xéneros literarios e dos principais escritores da Literatura latina entre os séculos IV e XIII d.C.
Desenvolvemento do sentido crítico e estético.
Desenvolvemento da capacidade de lectura e comprensión dunha obra tardoantiga e medieval.
Desenvolvemento da capacidade comparativa e crítica.
Desenvolvemento dun sentido historicista e relativista.
As profesoras introducirán nos temas respectivos atendendo aos aspectos contextuais e tamén concretos dos diversos autores e obras que se quere explicar. En sesións de carácter máis práctico, atenderemos á análise dos textos concretos seleccionados polas profesoras.
Os estudantes prepararán previamente os temas que se van expoñer na clase, xa sexan aspectos de carácter teórico, xa o comentario filolóxido dos textos dos autores que se verán na clase.
A materia avaliarase consonte ao sistema de avaliación continua máis unha proba final. Daquela, a asistencia activa ás aulas, é dicir, a participación mediante cuestións, comentarios e mesmo preparación, baixo indicación das profesoras, dalgún tema ou subtema, contará o 60% da nota. O 40% restante acadarase mediante unha proba oral na que os estudantes darán conta de cuestións relativas ao temario da materia. Ámbalas dúas partes son obrigatorias e se precisa ter acadado unha nota mínima en cada unha delas de 5 sobre 10 para superalas.
Os estudantes con exención oficial de docencia concorrerán ao exame fixado na convocatoria oficial, que contará o 100% da cualificación e consistirá en dar resposta a cuestións derivadas do temario (contidos) da materia. Estes estudantes deberán contactar coa profesora a principio de curso. Os estudantes que teñan coincidencia horaria entre materias deberán tamén contactar coa profesora a principio de curso. Tamén deberán comunicar o antes posible eventuais coincidencias nos exames.
Do mesmo xeito, na segunda oportunidade o exame final suporá o 100% da nota.
O tempo de estudo e traballo persoal depende en boa medida da capacidade de cada alumno. Recoméndase polo menos unha media de 3 horas de estudo e traballo semanais, aínda que este tempo deberá incrementarse para a realización do exame final.
Véxanse os apartados de “Metodoloxía” do ensino e “Tempo de estudo e traballo persoal”.
Helena Rosa De Carlos Villamarin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811878
- Correo electrónico
- helena.decarlos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Lua Blanca Garea Garrido
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- luablanca.garea.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D03 |