Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Pór de relevo o interese dos estudos sintácticos para facer explícitos os mecanismos estruturais da comunicación verbal
2. Reforzar a comprensión e aplicación dos conceptos fundamentais da análise sintáctica funcional.
3. Coñecer os tipos de cláusula e combinacións de cláusulas en español.
4. Familiarizarse cos principais fenómenos de variación sintáctica do español.
5. Establecer relacións significativas entre as propiedades sintácticas, as características léxico-semánticas e o uso pragmático-discursivo das unidades sintácticas complexas.
6. Desenvolver a capacidade de lectura crítica dos textos de sintaxe tradicional, estrutural e funcional.
7. Estimular a formulación de argumentacións coherentes e a contrastación empírica na análise dos fenómenos sintácticos.
8. Desenvolver a capacidade intelectual a través do debate e a discusión na resolución dos exercicios prácticos.
TEMA 1. Tipos de cláusulas
1.1. Segundo a súa estrutura
1.2. Segundo a modalidade enunciativa
TEMA 2. As cláusulas completivas
2.1 Criterios de identificación. Equiparación funcional con frases e pronomes
2.2 Tipos de completivas. Interrogativas e exclamativas indirectas. Declarativas de infinitivo e de verbo finito. Completivas de indicativo e subxuntivo
TEMA 3. As cláusulas relativas
3.1. Relativas especificativas e explicativas
3.2. Relativas libres e semilibres
3.3 Construcións con adverbios relativos
TEMA 4. As estructuras supraclausais
4.1 Estruturas coordinadas. Copulativas e disxuntivas. A estrutura adversativa
4.2 Comparativas e consecutivas
4.3 Condicionais e concesivas
4.4 Causais e finais
BÁSICA
RAE-ASALE. 2010. Nueva gramática de la lengua española. Manual, Madrid, Espasa. Capítulos 42 a 47, págs. 793-922.
Rojo, Guillermo, Belén López Meirama, María José Rodríguez Espiñeira y Victoria Vázquez Rozas. 2025. Introducción a la sintaxis del español. Oxon, Routledge. Capítulos 12, 14, 15 y 16.
COMPLEMENTARIA
Alarcos Llorach, Emilio. 1994. Gramática de la lengua española. Madrid: Espasa-Calpe.
Bosque, Ignacio y Violeta Demonte (dirs.). 1999. Gramática descriptiva de la lengua española, Madrid: Espasa-Calpe.
Di Tullio, Ángela. 2014. Manual de gramática española, Buenos Aires: Waldhuter Editores.
Gutiérrez-Rexach, Javier (ed.). 2016. Enciclopedia lingüística hispánica, vol. II. Londres y Nueva York: Routledge.
Hualde, José Ignacio, Antxon Olarrea, Anna María Escobar y Catherine E. Travis. 2012. Introducción a la lingüística hispánica. Cambridge: CUP, 2ª ed.
RAE-ASALE. 2009. Nueva gramática de la lengua española. Madrid: Espasa. 2 vols. Acceso a la aplicación de consulta: http://aplica.rae.es/grweb/cgi-bin/buscar.cgi
RAE-ASALE. 2019. Glosario de términos gramaticales. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. https://www.rae.es/gtg/
Rojo, Guillermo, Victoria Vázquez Rozas y Rena Torres Cacoullos (eds.). 2023. Sintaxis del español / The Routledge Handbook of Spanish Syntax. Londres y Nueva York: Routledge.
Sánchez López, Cristina. 2020. Las modalidades oracionales. Madrid: Síntesis.
1. Básicas do GLLE
CB1. Capacidade para conectar os coñecementos previos con outros máis avanzados no ámbito da lingüística hispánica.
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
2. Xerais do GLLE
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises específicas para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG2. Habilidade para aplicar os coñecementos e métodos adquiridos na identificación e resolución de problemas, tanto no ámbito dos estudos lingüísticos como no ámbito profesional.
CG3. Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos.
CG4. Capacidade para aplicar o razoamento inductivo e deductivo, combinando a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise para extraer ideas xerais a partir da observación e descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións da lingua española a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso.
CG8. Habilidade para manexar ferramentas informáticas e redes cooperativas que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
3. Específicas do GLLE
CE4. Identificación e comprensión dos elementos que definen e articulan os estudos lingüísticos como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5. Capacidade para recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE9. Desenvolvemento dun coñecemento máis profundo da lingua española grazas ao estudo reflexivo da gramática e dos usos discursivos dos falantes.
CE10. Comprensión da complexidade dos feitos lingüísticos.
CE11. Capacidade para aplicar os coñecementos da gramática española tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE17. Habilidade para empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos no estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
4. Específicas da materia
1. Capacidade para aplicar os principios do enfoque sintáctico funcional á análise de novos datos lingüísticos.
2. Capacidade para valorar criticamente diferentes propostas de análise.
3. Capacidade para elaborar respostas concisas, coherentes e ben argumentado aos problemas e exercicios propostos.
4. Coñecemento e manexo das principais fontes de datos sintácticos e recursos bibliográficos para o estudo da sintaxe española.
5. Competencia comunicativa no rexistro académico, tanto oral coma escrito, cunha utilización precisa dos conceptos e a terminoloxía sintáctica especializada.
O curso ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica e dispón dunha aula virtual con materiais e recursos necesarios para o desenvolvemento dos temas e a realización das prácticas.
Semanalmente hai dúas horas de clase dedicadas á presentación e explicación dos contidos do programa, e unha hora de clase práctica para aplicar os conceptos estudados a través de exercicios, cuestións e comentarios. Nos dous tipos de sesións se fomenta a participación activa dos estudantes, que deben ler previamente a bibliografía obrigatoria e realizar as tarefas prácticas encomendadas con puntualidade.
Na primeira oportunidade a avaliación será continua, tendo en conta:
a) O traballo continuado ao longo do curso (30% da cualificación final); para o seu seguimento terase en conta a participación activa nas clases, a entrega de tarefas prácticas e unha proba escrita de tipo argumentativo que se realizará pola tarde (fóra do horario lectivo da materia).
b) A cualificación obtida nun exame escrito (70% da nota final), realizado de forma presencial na data establecida pola Facultade de Filoloxía.
Na segunda oportunidade a avaliación consistirá nun exame escrito (100% da cualificación), realizado de forma presencial na data establecida pola Facultade de Filoloxía.
Para os alumnos/as con dispensa de asistencia acreditada a avaliación consistirá nun exame escrito en ambas oportunidades (100% da cualificación).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ademais das tres horas semanais de clase presencial, calcúlase unha dedicación de cinco horas de traballo persoal cada semana.
É moi recomendable que os estudantes posúan un dominio instrumental avanzado da lingua española (en estudantes non nativos está recomendado un nivel de español B2).
O estudo desta materia presupón coñecementos básicos de gramática española, como os impartidos nas materias Lingua española 1 e Lingua española 2 do grao en Lingua e Literatura españolas.
É necesario que os estudantes lean as lecturas obrigatorias de cada tema para mellorar a comprensión dos contidos e para a realización das actividades prácticas.
Maria Victoria Vazquez Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811813
- Correo electrónico
- victoria.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C11 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | Castelán | D10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | Castelán | D10 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | Castelán | D10 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C10 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C10 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C10 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | C11 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | C11 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | C11 |
29.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-F) | D08 |
29.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
29.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (G-O) | D08 |
29.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 (P-Z) | D08 |