Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Afondar nos contidos e técnicas da psicolingüística que permitan:
(a) achegarse ao procesamento neuropsicolóxico da actividade lingüística en seres humanos;
(b) argumentar sobre o carácter mental-individual-diverso das habilidades comunicativas;
(c) estudar a comunicación humana a partir de datos reais en procesos de desenvolvemento típico (en idade infantil) e en situacións anómalas e de disfunción;
(d) describir e sistematizar patróns comunicativos propios dos procesos de bi/plurilingüismo no plano individual;
(f) analizar os procesos de aprendizaxe de segundas linguas (LE/L2);
(g) Psicolingüística e lingüística clínica: o estudo aplicado das disfuncións comunicativas.
TEMA 1. PSICOLINGÜÍSTICA E NEUROLINGÜÍSTICA. A LINGUAXE COMO FUNCIÓN NEUROPSICOLÓXICA.
OBXECTIVOS: Proporcionar unha visión global da linguaxe como función cognitiva (mental) con asento no cerebro. Presentar e valorar distintos modelos de procesamento da linguaxe.
1.1. A natureza neuropsicolóxica da linguaxe. Bases cerebrais e psicolóxicas da lingua. A relación mente-cerebro e a linguaxe como función cognitiva.
1.2. Os modelos de procesamento da linguaxe. Procesamento e tareas de produción, de comprensión, de lectura e de escritura.
1.3. Psicolingüística e Neurolingüística como áreas da Lingüística. Implicacións teóricas e vertentes aplicadas dos estudos sobre o procesamento neuropsicolóxico da lingua.
TEMA 2. PSICOLINGÜÍSTICA EVOLUTIVA. A ADQUISICIÓN DA LINGUA EN IDADE INFANTIL.
OBXECTIVOS: Subliñar o interese da aproximación teórico-descritiva polo desenvolvemento da lingua nos primeiros anos. Destacar os indicadores relevantes no estudo do bi/plurilingüismo individual.
2.1. Concepcións filosóficas sobre a adquisición da linguaxe. A lingua como función (cognitiva) emerxente do cerebro.
2.2. O desenvolvemento comunicativo na ontoxénese. A importancia de estudar a linguaxe peculiar en etapas evolutivas. As 'gramáticas'infantís'.
2.3. A competencia comunicativa en dúas ou más linguas. Tipos de bilingüismo. Bilingüismo e hemisferios cerebrais.
TEMA3. LINGÜÍSTICA APLICADA AOS TRASTORNOS DA COMUNICACIÓN E AO ENSINO/APRENDIZAXE DE SEGUNDAS LINGUAS.
OBXECTIVOS: Constatar a relevancia da perspectiva de estudo lingüístico en casos de disfuncións da linguaxe. Destacar o papel da Lingüística Aplicada na consideración e avaliación das limitacións, e na análise dos procesos de Aprendizaxe e Ensino de segundas linguas.
3.1. As chamadas patoloxías da linguaxe como disfuncións da comunicación. Clasificación dos trastornos da comunicación e criterios lingüísticos.
3.2. Delimitación e ámbito compartido por Lingüística clínica e Logopedia: metodoloxías e criterios de avaliación dos trastornos da comunicativos.
3.3. Aplicacións da Psicolingüística no eido do Ensino/Aprendizaxe de segundas linguas.
Acuña, C. (2024), HOMO LOQUENS. Cómo habita el lenguaje en la mente, Granada:Comares.
Ambridge, B. e E. Lieven (2011), Child Language Acquisition. Contrasting Theoretical Approaches, London:CUP.
Baggio, G. (2022), Neurolinguistics, Cambridge:The MIT Press.
Barrett, L. (2018), How emotions are made: the secret life of the brain, Boston:Mariner.
Bhatia, T. K. e C.R. William (eds.) (2012), The Handbook of Bilingualism and Multilingualism, Oxford:Blackwell.
Castro, J. A. (ed.) (2018), Introducción a la Lingüística clínica. Aproximaciones a los trastornos de la comunicación, Lima: Pontificia Univ. de Perú.
Clark, E. (2003), First Language Acquisition, Cambridge:CUP.
Clark, E. (2016), Language in Children, London:Routledge.
Codesido, A., C. Hernández e V. Marrero (eds.) (2023), Lingüística clínica en el ámbito hispánico: un panorama de estudios, Berlín:Peter Lang.
Crystal, D. (1980), Introduction to Language Pathology, London:Arnold.
De Zubicaray, G. e N. Schiller (eds.) (2019). The Oxford Handbook of Neurolinguistics, Oxford:OUP.
Diéguez Vide, F. (2019), Neuroanatomía funcional del lenguaje, Madrid: Síntesis.
Diéguez Vide, F. e J. Peña Casanova (2012), Cerebro y Lenguaje. Sintomatología neurolingüística, Madrid:Panamericana.
Dijkstra, T. e D. Peeters (2023), The new psychology of language: from body to mental model and back, NY:Routledge.
Eagleman, D. (2023), Incógnito: las vidas secretas del cerebro, Barcelona:Anagrama.
Eagleman, D. (2024), Una red viva. La historia interna de nuestro cerebro en cambio permanente, Barcelona:Anagrama.
Enríquez, I. (2017), Del discurso a la gramática en el habla infantil, Madrid:Arco.
Fernández Pérez, M. (coord.) (2014), Lingüística y déficit comunicativos. ¿Cómo abordar las disfunciones verbales?, Madrid:Síntesis.
Fuchs, T. (2017), Ecology of the Brain, Oxford: OUP.
Fuchs, T. (2021), In defense of the human being: foundational questions of an embodied anthropology, Oxford:OUP.
Garayzábal, E. e A.I. Codesido (2015), Fundamentos de Psicolingüística, Madrid:Síntesis.
Goodluch, H. (2020), Language acquisition by children: a linguistic introduction, Edinburgh:E.U.P.
Grosjean, F. et al. (2013), The psycholinguistics of bilingualism, Oxford: Wiley-Blackwell.
Hatchard, R. (2021), Cognitive Apahsiology. A Usage-Based Approach to Language in Aphasia, Amsterdam:Benjamins.
Horst, J. e J. von Koss (eds.) (2019), International Handbook of Language Acquisition. London:Routledge.
López, L. (2020), Bilingual grammar. Toward an integrated model. Cambridge:CUP.
Paul, R. (2007), Language Disorders from Infancy through Adolescence, St. Louis:Mosby Elsevier.
Rowland, C.F. et al. (eds.) (2020), Current Perspectives on Child Language Acquisition: How children use their environment to learn. Amsterdam:Benjamins.
Sedivy, J. (2019), Language and Mind. An Introduction to Psycholinguistics, Oxford:OUP.
Seung, S. (2012), Connectome. How the Brain’s Wiring Make Us How We Are, New York: Houghton Mifflin Harcourt.
Silva-Corvalán, C. (2014), Bilingual Language Acquisition: Spanish and English in the First Six Years, New York:CUP.
Smith, B. e E. Leinonen (1992), Clinical Pragmatics. Unravelling the complexities of communicative failure, London:Chapman.
Schwieter, J. (2019) (ed), The Handbook of Neuroscience of Multilingualism, Sussex:Wiley Blackwell.
Tomasello, M. (2021), Lo que nos hace humanos. "Una teoría de la ontogenia", Ávila:Dr Buk Ediciones.
(1) Adquirir conciencia reflexiva sobre diversos enfoques, métodos e modelos de aproximación a un mesmo fenómeno de interese (relación linguaxe-cognición, mente-cerebro), e como resultado de diferentes modos de concibir o obxecto de estudo e das distintas formas de fundamentar o coñecemento científico e os seus obxectivos.
(2) Comprender, comparar e aplicar algúns modelos de procesamento psicolingüístico das linguas (produción, comprensión, lectura e escritura).
(3) Exercitarse no manexo de métodos e técnicas de traballo empírico da Lingüística actual que permitan ao alumnado traballar con datos lingüísticos reais procedentes de grandes fontes e inventarios: corpus de fala infantil e corpus de datos de diferentes patoloxías lingüísticas.
(4) Coñecer teorías e tácticas para achegarse ao proceso de adquisición da linguaxe en contextos monolingües e multilingües.
(5) Dominar recursos lingüísticos básicos para analizar as habilidades comunicativas mermadas (en falantes con disfunción) e a súa incidencia nas relacións interpersonais.
(6) Aplicar coñecementos e principios da Psicolingüística nas esferas da Lingüística clínica e da Aprendizaxe e Ensino de segundas linguas.
A asignatura distribuirase en tres horas semanais: dúas sesións expositivas e unha sesión interactiva. De ser o caso, podería programarse unha sesión de titoría en grupo de 3 horas. A súa finalidade é a de guiar o traballo autónomo do alumnado.
* MODALIDADE PRESENCIAL
- PRIMEIRA OPORTUNIDADE: Para superar a materia no 1.º cuadrimestre existen dúas vías alternativas (A e B) excluíntes entre si (debe optarse xa dende o inicio de curso por unha ou outra):
Vía A/ Realización de probas, actividades e traballos programados: ao longo do cuadrimestre proporanse unha serie de exercicios/proxectos para que o estudantado aplique de xeito práctico os contidos e métodos expostos, polo que constitúen unha peza fundamental para a aprendizaxe autónoma.
Os aspectos, criterios e instrumentos de avaliación aparecen reflectidos no seguinte esquema:
ASPECTOS
- Conceptos, métodos e ferramentas aprendidos durante todo o curso a través das explicacións/interaccións profesora-estudantes.
- Aproveitamento das sesións presenciais.
CRITERIOS
- Grao de comprensión dos materiais utilizados e capacidade de síntese.
- Adecuación das análises nas actividades de aplicación.
- Grao de comprensión dos conceptos teóricos e métodos aplicados.
- Calidade académica dos traballos (contido, corrección idiomática, claridade expositiva e adecuación da selección de ideas).
INSTRUMENTOS
- Probas, actividades e traballos -escritos ou orais- entregados e/ou expostos (ben na sesión de clase, ben por medio de ferramentas virtuais de ensino-aprendizaxe do tipo foro).
Vía B/ Proba final única: exame final escrito sobre os contidos tratados nas sesións expositivas e interactivas da materia. Celebrarase na data fixada oficialmente pola Secretaría da Facultade.
Os aspectos, criterios e instrumentos de avaliación aparecen reflectidos no seguinte esquema:
ASPECTOS
- Conceptos, métodos e ferramentas aprendidos durante todo o curso a través das explicacións/interaccións profesorado-estudantes
- Aproveitamento das sesións presenciais.
CRITERIOS
- Dominio dos conceptos teóricos e metodolóxicos da materia.
- Grao de aproveitamento das lecturas.
- Corrección idiomática e claridade expositiva.
INSTRUMENTOS
- Exame escrito de toda a materia ao remate do primeiro cuadrimestre.
** Posto que as dúas vías para superar a materia son excluíntes entre si, na 1.ª oportunidade, quen non supere a avaliación continuada (vía A) non poderá optar pola vía B e deberá examinarse, se o desexa, na 2.ª oportunidade.
- SEGUNDA OPORTUNIDADE: A avaliación para a segunda oportunidade realizarase unicamente mediante un exame -escrito- de todo o programa da materia, que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e interactivas). A proba celebrarase na data fixada oficialmente pola Secretaría da Facultade. Os aspectos, criterios e instrumentos de avaliación son os mesmos que rexen para a avaliación na 1.ª oportunidade-vía B.
* MODALIDADE DISPENSA ACADÉMICA de asistencia a clase: tanto na 1.ª como na a 2.ª oportunidade, para as persoas que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase a avaliación consistirá nun exame único de todo o programa da materia. Esta proba, escrita, incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e interactivas). Nas dúas oportunidades, o exame celebrarase na data fixada oficialmente pola Secretaría da Facultade. Os aspectos, criterios e instrumentos de avaliación son os mesmos que rexen para a avaliación na 1.ª oportunidade-vía B.
* INDICACIÓNS XERAIS PARA TODO O ESTUDANTADO:
1.- Debe terse moi en conta que para superar a materia, ademais de acadar o nivel requirido en canto a contidos e prácticas, será requisito indispensábel amosar na realización das diferentes probas –orais e/ou escritas– un nivel de dominio (exposición e argumentación, redacción e ortografía) conforme coa situación académica.
2.- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións' [https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…]
3.- ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria), organismo da USC encargado de valorar e informar sobre estes casos:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social/inc…
Recoméndase levar a materia ao día, distribuíndo o tempo para as lecturas seleccionadas e para a realización das tarefas e exercicios propostos. Tendo en conta o calendario oficial da USC para o curso 25/26, a distribución das sesións quedaría como segue:
SESIÓNS EXPOSITIVAS: 28 (horas presenciais) + 44 (horas non presenciais) = Total 72 horas
SESIÓNS SEMINARIO: 15 (horas presenciais) + 45 (horas non presenciais) = Total 60 horas
SESIÓNS TITORÍA GRUPO: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = Total 6 horas
SESIÓNS AVALIACIÓN: 3 (horas presenciais) + 9 (horas non presenciais) = Total 12 horas
TOTAL: 51 (horas presenciais) + 99 (horas non presenciais) = Total 150 horas
Asistencia continuada ás sesións expositivas e interactivas.
Aproveitamento comprensivo dos recursos e das lecturas recomendadas.
Realización das tarefas propostas nas sesións interactivas.
Recoméndase ao estudantado unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Campus virtual e correo-e institucional) para un axeitado seguimento dos contidos da materia así como para desenvolver unha autoaprendizaxe guiada e orientada pola profesora.
ATENCIÓN A ESTUDANTES (HORARIO, LUGAR E INFORMACIÓN DE CONTACTO) [*]
Horario: Fixado ao comezo do 1.º semestre
Lugar: Gabinete 122 (FACULTADE DE FILOLOXÍA)
Teléfono: 881 811 776
Correo-e: ana.codesido [at] usc.es (ana[dot]codesido[at]usc[dot]es)
LINGUA VEHICULAR DE DOCENCIA: galego
[*] Para coñecer os horarios de atención a estudantes así como outros aspectos de natureza administrativa, remitimos á información que será proporcionada oportunamente ao inicio do curso académico, tanto na aula como a través do Campus Virtual.
Ana Isabel Codesido García
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811776
- Correo electrónico
- ana.codesido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C05 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C05 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C06 |
13.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
13.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
08.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
08.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |