Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer algunhas das modalidades textuais menos atendidas pola historiografía literaria galega.
- Analizar de maneira específica algunhas manifestacións literarias representativas do teatro e o ensaio galegos, así como realizar unha achega a outras formas de prosa non ficcional.
- Identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega contemporánea nos distintos períodos da súa historia e as diferenzas a respecto das literaturas do seu contorno.
- Proporcionar información complementaria sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega contemporánea.
- Entender a literatura como unha produción viva e dinámica, e comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.
1.- A literatura dramática e o teatro
1.1. O teatro no século XIX: dos inicios ao teatro rexionalista. A casamenteira
1.2. A época de preguerra: Rafael Dieste
1.3. O teatro galego no exilio: Luís Seoane
1.4.- A Xeración Abrente: Zardigot, de Eloxio R. Ruibal
1.5.- Os anos 80 e 90. Roberto Vidal Bolaño
1.6.-O século XXI. Vanesa Sotelo
2.- O ensaio e o xornalismo literario
2.1. Problemas de definición
2.2. O nacemento do ensaio. Castelao como síntese do ensaísmo de Nós
2.3. O ensaio da posguerra
2.4. Do ensaio ao xornalismo literario: formas híbridas da prosa non ficcional
a) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Carballo Calero, Ricardo, Historia da literatura galega contemporánea, 1808-1936. Vigo: Galaxia, 1963, 3ª ed.
Pena, Xosé Ramón, Historia da literatura galega, vols. I, II e III. Vigo: Xerais, 2013, 2015 e 2016.
Tarrío Varela, Anxo, Literatura galega (aportacións a unha historia crítica). Vigo: Xerais, 1994.
Tato Fontaíña, Laura, Historia do teatro galego (das orixes a 1936). Vigo: A Nosa Terra, 1999.
Vilavedra, Dolores, Dicionario de literatura galega. Vigo: Galaxia, 1995-2004, vols. 1 (Autores), 3 (Obras) e 4 (Termos e institucións).
Vilavedra, Dolores, Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1999.
Villanueva Prieto, Darío (coord.), Galicia. Literatura. A Coruña: Hércules de Ediciones, 2001-2002.
VV. AA., Historia da literatura galega. Vigo: A Nosa Terra, 1996.
NOTA:
Nesta materia estabelécense ademais as seguintes obras de lectura obrigatoria:
-Antonio Benito Fandiño, A casamenteira
-Rafael Dieste, A fiestra valdeira
-Luís Seoane, A soldadeira
-Eloxio R. Ruibal, Zardigot
-Roberto Vidal Bolaño, Mar revolto
-Vanesa Sotelo, Nome: Bonita
-Castelao, Sempre en Galiza, “Adro” e “Alba de gloria”
-Escolma de textos ensaísticos e xornalísticos proporcionada polo profesorado a través do Campus Virtual da USC
b) BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Axeitos, Xosé Luís, “El teatro gallego en el exilio”. Manuel Aznar Soler (ed.), El exilio teatral republicano de 1939. Sant Cugat del Vallés: GEXEL / Coop d’Idees, 1999, 135–143.
Base de datos do Teatro Galego 1936-1973, https://rptg.gal/busqueda.
Biblioteca Virtual Galega, www.bvg.udc.es.
López Silva, Inma, Resistir no teatro. Cara a unha historia institucional do teatro galego. Santiago: Xunta de Galicia/USC, 2016.
López Silva, Inma e Dolores Vilavedra, Un abrente teatral. Vigo: Galaxia, 2002.
López Silva, Inma e Eloxio R. Ruibal (eds.), El teatro gallego en el exilio republicano de 1939. Sevilla: Renacimiento, 2015.
Monteagudo, Henrique, “Nación/creación. Estética e política no agromar do ensaio galego (1916-1920). Anuario de Estudios Literarios Galegos 1995, 1996.
Nicolás, Ramón. “Unha perspectiva sobre o ensaio galego”. Luís Alonso Girgado (coord.), Actas das I Xornadas de Letras Galegas en Lisboa. Xunta de Galicia, 1998, 249-268.
Ogando, Iolanda, Teatro histórico: construción dramática e construción nacional. A Coruña: Biblioteca–Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor–UDC, 2004.
Poesíagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP/Consello da Cultura Galega, http://www.poesiagalega.org/
Rivas, Manuel, “La educación sentimental de un periodista”. El periodismo es un cuento. Madrid: Alfaguara, 1997, 19-24.
Tato Fontaíña, Laura, “O teatro desde 1936”. Anxo Tarrío Varela (ed.), Galicia. Literatura. XXXIII A literatura desde 1936 ata hoxe: poesía e teatro. A Coruña: Hércules de Ediciones, 2000, 442–511.
Vieites, Manuel Francisco, Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-1995). Vigo: Xerais, 1998.
Vieites, Manuel Francisco, A configuración do sistema teatral galego (1882-1936). Santiago: Laiovento, 2000.
Vieites, Manuel Francisco (coord.), Literatura dramática. Unha aproximación histórica. Vigo: Galaxia, 2007.
VV. AA., Da tinta á pegada dixital. Actas VI Encontro de novos escritores/as. A Coruña: AELG, 2011.
VV. AA., Enciclopedia Historia da Literatura Galega, AS-PG, https://literaturagalega.as-pg.gal/.
- Coñecemento da evolución da literatura galega contemporánea
- Comprensión das particularidades que caracterizan o discurso literario galego contemporáneo nas súas diferentes manifestacións
- Coñecemento de autores e autoras e de obras significativas da literatura dramática, o ensaio e o xornalismo literario contemporáneos.
- Coñecemento das principais claves da literatura galega actual
-Sesións expositivas: dedicadas á explicación de contidos centrais da materia, apoiaranse en lecturas de textos tanto literarios como críticos, presentacións en Powepoint, vídeos e outros recursos da rede.
-Sesións de seminario: aulas interactivas dedicadas ao comentario de producións literarias de distinta natureza, nomeadamente pezas teatrais e textos ensaísticos.
-Traballo autónomo: o alumnado realizará as lecturas obrigatorias indicadas con carácter previo ao desenvolvemento das sesións de seminario en que serán analizadas.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación será continua e levarase a cabo conforme os seguintes puntos:
1. Participación activa do alumnado, tanto nas sesións de clase como nos foros da aula virtual, e realización das actividades que o profesorado propoña ao longo do curso: 30% da cualificación global. Para a avaliación esíxese un mínimo dun 80% de asistencia.
2. Exame na data oficial: 70% da cualificación global.
As persoas con dispensa de asistencia á clase e o alumnado repetidor que así o desexe serán avaliados no punto 1 por traballos complementarios acordados co profesorado da materia.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade, o alumnado terá dúas posibilidades:
a) Solicitar que se lle manteña a cualificación obtida no punto 1 (30% da cualificación global) e realizar o exame na data oficial (70% da cualificación global).
b) Realizar o exame final (100% da cualificación).
OBSERVACIÓNS Á AVALIACIÓN
-Para superar a materia, en todos os casos, a cualificación na parte correspondente ao exame non deberá ser inferior a 5.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), "a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a".
Sesións expositivas: 32 horas
Sesións de seminario: 16 horas
Sesións de titoría programadas: 3 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Horas de traballo autónomo: 96
- Levar ao día as lecturas obrigatorias para un maior aproveitamento das sesións de clase.
- Levar á clase os materiais cos que se está a traballar en cada momento.
- Participar de maneira activa tanto na clase como nos foros.
- É obrigatorio o uso da conta de correo institucional rai para todas as comunicacións relacionadas coa materia. Igualmente, será obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais, nomeadamente a aula do Campus Virtual da USC, onde o profesorado colocará os materiais e lecturas correspondentes a cada tema.
- A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, as alumnas e alumnos poderán solicitar a exención oficial de docencia e beneficiaranse do sistema de avaliación anteriormente especificado para tales circunstancias.
Dolores Vilavedra Fernandez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811884
- Correo electrónico
- dolores.vilavedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Diego Rivadulla Costa
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- diego.rivadulla.costa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | B13-Sala de videoconferencias |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | B13-Sala de videoconferencias |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D11 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C01 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C01 |
19.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C01 |
19.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C01 |
19.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |