Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer as aplicacións de tecnoloxía lingüística
• Comprender a utilidade e as vantaxes das novas tecnoloxías no estudo e o ensino da lingua
• Coñecer as ferramentas informáticas básicas aplicables ao estudo da lingua galega
• Coñecer os corpus textuais do galego e as súas posibilidades de explotación
• Adquirir destrezas para a documentación, tratamento e análise de datos lingüísticos
1. Introdución ás tecnoloxías lingüísticas
2. Aplicacións, recursos e ferramentas para o tratamento da información lingüística
2.1. Recursos textuais básicos para a elaboración de traballos académicos
2.2. Recursos léxicos
2.3. Recursos para a tratamento da fala
2.4. Recursos para a visualización de datos lingüísticos
2.5. Recursos de xeración e tratamento de linguas
2.6. Corpus lingüísticos: construción e explotación
3. As humanidades dixitais
Bibliografía básica
Barrena García, Manuel. 2020. Word para universitarios. Tutorial para la confección de documentos académicos. Cáceres: Sindéresis. http://dehesa.unex.es/bitstream/10662/11684/6/978-84-09-25217-6.pdf
García Mateo, Carmen & Montserrat Arza Rodríguez. 2012. The Galician Language in the Digital Age. Berlín/Heidelberg: Springer Berlin Heidelberg. https://link.springer.com/book/10.1007/978-3-642-30799-7
Lavid, Julia. 2005. Las nuevas tecnologías y su imparto en la enseñanza de las humanidades. En Julia Lavid (ed.). Lenguaje y nuevas tecnologías. Madrid: Cátedra.
Martí, M. A. 2003. Las tecnologías de la lengua y la sociedad de la información. En M. A. Martí (ed.). Tecnologías del lenguaje, 9–29. Barcelona: Editorial UOC.
Mitkov, Ruslan (ed.). 2014. The Oxford Handbook of Computational Linguistics, 2ª ed. Oxford: OUP.
Rojo, Guillermo. 2021. Introducción a la lingüística de corpus en español. Londres/Nueva York: Routledge. (cap. 1 e 2)
Bibliografía complementaria
Berber Sardinha, Tony. 2004. Lingüística de Corpus. Barueri: Manole.
Briz Gómez, A. & M. Albelda Marco. 2009. Estado actual de los corpus de lengua española hablada y escrita: I+D. En El español en el mundo. Anuario del Instituto Cervantes 2009. Madrid: Instituto Cervantes.
Briz, Antonio & Grupo Val.Es.Co. 2002. Corpus de conversaciones coloquiales. Madrid: Arco Libro.
Domínguez Noya, Eva, María Sol López Martínez & Francisco M. Barcala Rodríguez. 2019. Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA): composición, codificación, etiquetaxe e explotación. Verba, Anexo 79, 179-218. https://www.usc.gal/libros/es/categorias/909-corpus-y-construcciones-28…
Fernández Rei, Elisa & Xosé L. Regueira (ed.). 2008. Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura e Instituto da Lingua Galega.
González Seoane, Ernesto, Antón Santamarina & Xavier Varela (eds.). 2008. A lexicografía galega moderna. Santiago de Compostela: Consello da Cultura e Instituto da Lingua Galega.
Hidalgo Downing, Raquel (ed.). 2025. Tecnologías digitales aplicadas a la enseñanza de lenguas y a la lingüística. Madrid: Guillermo Escolar Editor.
Hoffmann, Sebastian, Stefan Evert, Nicholas Smith, David Lee & Ylva Berglund Prytz. 2008. Corpus Linguistics with BNCWeb-a Practical Guide. Frankfurt: Lang.
Hunston, S. 2002. Corpora in Applied Linguistics.UK: University Press, Cambridge..
Lavid, Julia. 2005. Lenguaje y nuevas tecnologías: nuevas perspectivas, métodos y herramientas para el lingüista del siglo XXI. Madrid: Cátedra.
McEnery, Tony, Richard Xiao & Yukio Tono. 2006. Corpus-based Language Studies. An advanced resource book. Londres: Routledge.
Moreno Sandoval, Antonio. 2019. Lenguas y computación. Madrid: Editorial Síntese
Rojo, Guillermo, María Sol López Martínez, Eva Domínguez Noya & Francisco M. Barcala Rodríguez . 2016. O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA): estado actual e perspectivas. En M. González González (ed.), Lingua, pobo e terra. Estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruíbal. Xunta de Galicia: Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, pp. 445-473.
Sierra Martínez, G. E. 2017. Introducción a los corpus lingüísticos. México: UNAM.
Sinclair, John. 1991. Corpus, Concordance, Collocation. Oxford: Oxford University Press.
• Capacidade para manexar ferramentas e recursos tecnolóxicos para a investigación e o estudo do galego
• Adquisición dos métodos e principais aplicacións das tecnoloxías lingüísticas
• Coñecemento dos diferentes tipos de corpus e a súa clasificación
• Coñecemento dos corpus textuais do galego e as súas aplicacións
• Capacidade para recuperar información dos corpus textuais galegos
Nas sesións expositivas presentaranse os conceptos teóricos e metodolóxicos fundamentais da materia. Ilustraranse as explicacións con lecturas, comentarios e exemplos.
Nas sesións interactivas traballarase co apoio de ordenadores e terán carácter eminentemente práctico. Realizaranse actividades que axuden na aprendizaxe do manexo das ferramentas informáticas, na recuperación de datos lingüísticos e no seu aproveitamento para o estudo da lingua.
A Aula Virtual ofrecerá toda a información relevante do curso, así como o material de lectura e traballo.
I. Sistema presencial
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Os alumnos deben realizar todas as actividades correspondentes ós seguintes elementos:
1. Actividades na aula (20%). Os alumnos deberán realizar nas clases interactivas actividades relacionadas co tratado nas clases expositivas. Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5 no conxunto de actividades.
2. Actividades persoais (30%). Estas actividades son obrigatorias e deben entregarse na data indicada polo profesor. Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5 no conxunto de actividades.
3. Proba escrita (50%). Nesta proba valorarase o coñecemento dos conceptos propios da materia. Terase en conta a claridade na definición dos conceptos e o dominio da lingua escrita.
As actividades non entregadas ou entregadas fóra de prazo cualificaranse con 0. Para superar a materia os alumnos deben obter unha puntuación global igual ou superior a 5. Os alumnos que realicen só dúas ou menos actividades avaliables serán cualificados como non presentados.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os alumnos deben realizar todas as actividades correspondentes ós elementos sinalados para a primeira oportunidade:
1. Actividades na aula (20%). Avaliaranse unicamente as entregadas en prazo para a primeira oportunidade. Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5 no conxunto de actividades.
2. Actividades persoais (30%). Estas actividades son obrigatorias e deben entregarse na data indicada polo profesor. Avaliaranse unicamente as entregadas en prazo para a primeira oportunidade. Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5 no conxunto de actividades.
4. Proba escrita (50%). Nesta proba valorarase o coñecemento dos conceptos propios da materia. Terase en conta a claridade na definición dos conceptos e o dominio da lingua escrita.
En todas estas actividades valorarase a coherencia, a organización e a claridade. As actividades non entregadas ou entregadas fóra de prazo cualificaranse con 0. Para superar a materia os alumnos deben obter unha puntuación global igual ou superior a 5. Os alumnos que realicen só dúas ou menos actividades avaliables serán cualificados como non presentados.
II. Sistema non presencial
Este sistema aplicarase exclusivamente a aqueles alumnos que acrediten o recoñecemento oficial da dispensa de asistencia a clase e ós alumnos repetidores que tamén xustifiquen a súa situación. En todos os casos os estudantes deben concertar unha cita co profesor da materia antes do 30 de setembro (ou non máis de 7 días despois de recoñecida a dispensa).
1. Actividades persoais (30%). Estas actividades son obrigatorias e deben entregarse na data indicada polo profesor. Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5 no conxunto de actividades.
2. Proba escrita (70%). Nesta proba valorarase o coñecemento dos conceptos propios da materia. Terase en conta a claridade na definición dos conceptos e o dominio da lingua escrita.
Os prazos de entrega para as actividades son os mesmos que para o resto do alumnado. As actividades non entregadas ou entregadas fóra de prazo cualificaranse con 0. Para superar a materia os alumnos deben obter unha puntuación global igual ou superior a 5.
Actividades presenciais
Sesións expositivas: 16 horas
Sesións de aula de informática: 32horas
Sesións de titorías programadas: 3 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Total: 54 horas
Actividades non presenciais
Estudo e preparación de actividades programadas nas aulas expositivas: 36 horas
Realización de traballos: 40 horas
Lecturas: 10 horas
Preparación de exames: 10 horas
Total de horas de actividade non presencial: 96 horas
Os estudantes debe ter un dominio do ordenador a nivel de usuario. Non se recomenda o emprego de tabletas para o uso nas aulas, polas restricións que impoñen os seus sistemas operativos e instalación de programas.
1. Os alumnos que conten con tres ou máis cualificacións de tarefas serán avaliados coa nota correspondente (non como non-presentados), independentemente de que non se presenten ó exame final.
2. Nas probas orais e escritas terase en conta a adecuación e corrección lingüísticas e a presentación consonte as convencións de estilo dos traballos académicos.
3. Para superar a materia é requisito imprescindible o dominio da lingua, tanto no nivel oral como no escrito. En consecuencia, na cualificación tanto dos exames como dos traballos repercutirán negativamente as faltas de ortografía (0'2 por cada falta), así como os problemas de redacción, estilo, coherencia, etc.
4. É aconsellable que os alumnos acudan cos seus propios ordenadores á aula. Para o desenvolvemento das actividades é imprescindible que teñan instalada a versión de escritorio de Office 365 (licenza gratuíta vinculada á matrícula) e OneDrive.
Xulio Sousa Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811866
- Correo electrónico
- xulio.sousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Brais Costas Fragueiro
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- brais.costas.fragueiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
14:00-15:00 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D11 |
15.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
15.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C10 |
15.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C10 |
10.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
10.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (M-Z) | C08 |
10.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-L) | C08 |