Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir competencias básicas propias de lingüistas que permiten:
(a) Abordar as linguas como persoas usuarias reflexivas e curiosas.
(b) Aproximarse á Lingüística como aprendices de profesionais no campo, tratando de vencellar a descrición técnica coa realidade dos usos e das linguas.
(c) Prover ferramentas para a análise obxectiva da diversidade lingüística dende distintas perspectivas.
(d) Fomentar a capacidade de reflexión sobre a situación social dos grupos lingüísticos arredor do mundo.
(e) Analizar e contrastar a relación entre linguaxe e pensamento mediante o estudo de diferentes teorías, insistindo na necesidade de traballar con datos reais.
(f) Comprobar a importancia dos aspectos anatómicos e fisiolóxicos dos mecanismos que sustentan as producións lingüísticas.
(g) Describir situacións de déficit comunicativo (infantil e adulto), reflexionando sobre as súas incidencias nas relacións interpersoais.
TEMA 1. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA NO PLANO SOCIOCULTURAL DAS LINGUAS: Unidade e variedade das/nas linguas. Discriminación e prestixio lingüísticos.
Nos SEMINARIOS correspondentes ao tema 1 abordaranse asuntos coma os seguintes:
- Explicación do contido dos seminarios e mais do modo como se vai desenvolver e avaliar o traballo ao longo do cuadrimestre.
- Prácticas a partir de materiais relativos á variación intraidiomática cos que se traballará ao longo dos seminarios.
- Avaliación do tema 1 (OUT 2025)
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E LINGUAS DO MUNDO: As linguas arredor do mundo: criterios de clasificación. Linguas en contexto. Aplicacións da Lingüística ao abeiro da diversidade multilingüe.
Nos SEMINARIOS correspondentes ao tema 2 abordaranse asuntos coma os seguintes:
- Presentación e consulta de materiais actualizados relacionados co estudo e a catalogación das linguas do mundo.
- Actividades prácticas sobre distintas aplicacións da Lingüística.
- Avaliación do tema 2 (NOV 2025)
TEMA 3. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA NO PLANO NEUROPSICOLÓXICO: Fundamentos biolóxicos da linguaxe. A adquisición de linguas de inicio e a aprendizaxe de LE/L2. Os trastornos comunicativos. Aplicacións da Lingüística en linguaxe, mente e cerebro.
Nos SEMINARIOS correspondentes ao tema 3 abordaranse asuntos coma os seguintes:
- Visionado de documentos audiovisuais e reflexión sobre os mesmos.
- Traballo práctico con textos sobre adquisición da linguaxe.
- Traballo práctico con mostras reais de fala infantil.
- Traballo práctico con mostras reais de fala disfuncional (infantil e adulta)
- Avaliación do tema 3 (DEC 2025)
TITORÍAS PROGRAMADAS: de ser o caso, o profesorado das sesións interactivas impartiría titorías programadas para completar contidos e/ou garantir o axeitado aproveitamento das clases.
[Marcadas cun * as lecturas básicas]
TEMA 1
AITCHINSON, J. (1991): El cambio en las lenguas: ¿progreso o decadencia? Barcelona:Ariel.
AMORÓS, C. (2021): Didáctica de la Lingüística General, Barcelona:Octaedro.
FERNÁNDEZ PÉREZ, M. (1999): "El interés por la 'variación' en la lingüística actual". En: Homenatge a Tuson. Barcelona:Empúries, 104-125.
*LONGA, V. (ed.) (2015): Representaciones sobre la variación lingüística: lenguaje, prescripción y discriminación. Representaciones. Rev. Estudios sobre Representación en Arte, Ciencia y Filosofía 11/2. Accesible en https://revistas.unc.edu.ar/index.php/repr/issue/view/1183
*MORENO CABRERA, J.C. (2000): "Apéndice A. Cien mitos, prejuicios y tópicos sobre las lenguas". En: La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid:Alianza, 237-265.
MORENO CABRERA, J.C. (2008): El nacionalismo lingüístico: Una ideología destructiva. Barcelona:Península.
*MORENO CABRERA, J.C. (2025): Lengua, dialectos, hablas: crítica de la dialectoideología española. Granada: Hojas Monfíes.
MORENO FERNÁNDEZ, F. (2005): Principios de sociolingüística y sociología del lenguaje. Barcelona:Ariel.
MORENO FERNÁNDEZ, F. (2023): Las variedades de la lengua española y su enseñanza, Madrid:Arco/Libros.
TRUDGILL, P. (1983): On Dialect (Social and Geographical Perspectives). Oxford:Blackwell.
*TUSON, J. (2009): Patrimonio natural. Elogio y defensa de la diversidad lingüística. Barcelona:Ariel.
WIERZBICKA, A. (1999): Emotions Across Languages and Cultures. Cambridge:CUP.
TEMA 2
ABLEY, M. (2006): Aquí se habla… Un recorrido por las lenguas amenazadas. Barcelona:RBA.
*AMORÓS, C. (2014): Las lenguas en la sociedad. Madrid: Síntesis.
BERNÁRDEZ, E. (2016): Viaje lingüístico por el mundo. Madrid:Alianza.
*COMELLAS, P. & C. JUNYENT (2021): Els colors de la neu. Les llengües, les persones i el món, Vic:Eumo.
JUNYENT, C. & C. MUNCUNILL (2010): El libro de las lenguas. Barcelona:Octaedro.
LOUREDA, Ó. & A. SCHROTT (2021): Manual de lingüística del hablar, Berlín:De Gruyter.
MORENO CABRERA, J.C. (2003): El Universo de las lenguas: clasificación, denominación, situación, tipología, historia y bibliografía de las lenguas. Madrid:Castalia.
*MORENO CABRERA, J.C. (2006): “La diversidad lingüística en el siglo XXI”. En F. Martí et al. (eds.): Palabras y mundos. Barcelona:Icaria, 87-132.
MORENO CABRERA, J.C. (2016): Multilingüismo y lenguas en contacto. Madrid:Síntesis.
*MORERO CABRERA, J.C. (2021): La clasificación de las lenguas: introducción a la taxonomía lingüística, Madrid: Síntesis.
*ROMAINE, S. (1996): El lenguaje en la sociedad. Una introducción a la Sociolingüística. Barcelona:Ariel, cap. 1.
TEMA 3
ÁLVAREZ, E. (ed.) (2024): Dos lenguas, un cerebro: el procesamiento lingüístico en hablantes bilingües, Berlín:Peter Lang.
ENRÍQUEZ MARTÍNEZ, I. (2017): Del discurso a la gramática en el habla infantil. Madrid:Arco/Libros.
JOHANSSON, S. (2021): En busca del origen del lenguaje, Barcelona:Ariel.
*LORENZO, G. & V.M. LONGA (2018), El innatismo. Origen, variaciones y vitalidad de una idea, Madrid:Cátedra.
*DUÑABEITIA, J.A. & M.ª C. MÉNDEZ (eds.) (2021): Factores cognitivos y afectivos en la enseñanza del español como LE/L2, Aranzadi:Pamplona.
McENTEE-ATALIANIS, L. (2019): Indentity in Applied Linguistics research, London:Bloomsbury.
*O’GRADY, W. (2010): Cómo aprenden los niños el lenguaje. Madrid: Akal.
TOMASELLO, M. (2010): ¿Por qué cooperamos?, Bs As: Katz editores.
(1) Dominar conceptos, terminoloxía básica e métodos que desenvolvan nos estudantes estratexias de observación dos feitos comunicativos e que lles permitan a reflexión e o estudo lingüísticos.
(2) Emprego de recursos e fontes de información que permitan ao estudantado adquirir coñecementos sobre os feitos lingüísticos autonomamente.
(3) Comprender e explicar textos básicos relacionados coa materia.
(4) Expoñer oralmente as reflexións propias relacionadas cos contidos da materia.
(5) Desenvolver a motivación, a atención e o esforzo para a aprendizaxe, así como actitudes de apertura, participación e responsabilidade perante o traballo académico.
(6) Son requisitos imprescindibles que o estudantado posúa un nivel de expresión escrita (redacción e ortografía) conforme coa súa situación académica, así como habilidades para a lectura e comprensión críticas en varias linguas ademais do galego e do español.
A asignatura distribuirase en tres horas semanais: unha sesión expositiva (1 hora e media) e unha sesión interactiva (1 hora e media). De ser o caso, poderían programarse dúas sesións de titorías de 1 hora e media en grupos reducidos. A súa finalidade é a de guiar o traballo autónomo do alumnado.
Como complemento das sesións expositivas e interactivas, habilitarase unha aula virtual que se utilizará para o depósito dos materiais dixitais que o profesorado vaia preparando ao longo do curso e para difundir calquera tipo de información relacionada coa xestión do curso.
Os textos dos programas que teñen validez legal para o profesorado desta materia son as versións en galego e castelán.
* MODALIDADE PRESENCIAL:
1ª OPORTUNIDADE:
Un 50% da cualificación total (5 puntos) corresponderá ás probas, actividades e traballos programados para as sesións de seminario.
Un 50% da cualificación total (5 puntos) corresponderá ao exame de toda a materia, que versará sobre os contidos das sesións expositivas e que se realizará na data oficial publicada na web da Facultade.
Os aspectos, criterios e instrumentos de avaliación aparecen reflectidos no seguinte esquema:
a) sesións interactivas (valor: 50%):
ASPECTOS
- Conceptos, métodos e ferramentas aprendidos durante todo o curso a través das explicacións/interaccións profesorado-estudantes.
- Aproveitamento das sesións presenciais.
CRITERIOS
- Grao de comprensión dos textos utilizados e capacidade de síntese.
- Adecuación das análises nas actividades de aplicación.
- Grao de comprensión dos conceptos teóricos e métodos aplicados.
- Calidade académica dos traballos (contido, corrección idiomática, claridade expositiva e adecuación da selección de ideas).
INSTRUMENTOS
Probas, actividades e traballos -escritos ou orais- entregados e/ou expostos (ben na sesión de clase, ben por medio de ferramentas virtuais de ensino-aprendizaxe do tipo foro).
b) sesións expositivas (valor: 50%):
ASPECTOS
- Conceptos, métodos e ferramentas aprendidos durante todo o curso a través das explicacións/interaccións profesorado-estudantes.
- Aproveitamento das sesións presenciais.
CRITERIOS
- Dominio dos conceptos teóricos e metodolóxicos da materia.
- Grao de aproveitamento das lecturas.
- Corrección idiomática.
INSTRUMENTOS
- Exame escrito de toda a materia ao remate do primeiro cuadrimestre.
2ª OPORTUNIDADE: A avaliación na segunda oportunidade efectuarase exclusivamente a través dun exame final, escrito, que incluirá cuestións teóricas e prácticas relacionadas cos contidos tratados nas sesións expositivas e interactivas. Esta proba realizarase na data oficial publicada na web da Facultade.
* MODALIDADE ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Aquelas persoas que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase serán avaliadas, tanto na 1.ª coma na 2.ª oportunidade, exclusivamente a través dun exame final escrito que incluirá cuestións teóricas e prácticas relacionadas cos contidos tratados nas sesións expositivas e interactivas. Esta proba realizarase na data oficial publicada na web da Facultade.
INDICACIÓNS XERAIS PARA TODO O ESTUDANTADO:
1.- Debe terse moi en conta que para superar a materia, ademais de acadar o nivel requirido en canto a contidos e prácticas, será requisito indispensábel amosar na realización das diferentes probas –orais e/ou escritas– un nivel de dominio (exposición e argumentación, redacción e ortografía) conforme coa situación académica.
2.- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións' [https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…]
En concreto, o Art. 16, titulado “Realización fraudulenta de exercicios ou probas”, establece que: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
3.- ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria), organismo da USC encargado de valorar e informar sobre estes casos:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social/inc…
Tendo en conta o calendario oficial da USC para o curso 25/26, a distribución da carga docente queda como segue:
SESIÓNS EXPOSITIVAS: 22,5 (horas presenciais) + 55,5 (horas non presenciais) = Total 78 horas
SESIÓNS SEMINARIO: 22,5 (horas presenciais) + 37,5 (horas non presenciais) = Total 60 horas
SESIÓNS TITORÍA GRUPO: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = Total 6 horas
SESIÓNS AVALIACIÓN: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = Total 6 horas
TOTAL: 51 (horas presenciais) + 99 (horas non presenciais) = Total 150 horas
Se ben a Lingüística non debera ser unha materia novidosa para o estudantado de segundo curso na Universidade, os contidos do programa están ordenados e secuenciados para facilitar a aprendizaxe progresiva sen perder de vista o conxunto. Faise, por tanto, imprescindible evitar baleiros de comprensión nos temas, xa que limitarán o avance en estadios posteriores. O traballo constante é o factor clave.
(1) As explicacións detalladas dos contidos do programa na aula facilitan a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento automaticamente coa vantaxe da interacción na dinámica das sesións de seminario.
(2) Sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe, que será guiada nas titorías programadas, é importante; e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autocoñecemento e reflexión crítica.
(3) A posta en práctica dos conceptos e das técnicas de análise é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.
(4) Recoméndase que o estudantado posúa habilidades para a lectura (con capacidade de síntese) e comprensión crítica da información recollida en diferentes soportes.
(5) Tamén convén posuír un nivel medio-alto de comprensión escrita das linguas española, galega e inglesa, xa que os materiais de consulta recomendados así como os empregados nas sesións de clase inclúen textos publicados nestes idiomas.
(*) Para coñecer os horarios de atención a estudantes así como outros aspectos de natureza administrativa, remitímonos á información que será proporcionada oportunamente ao inicio do curso académico.
Ana Isabel Codesido García
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811776
- Correo electrónico
- ana.codesido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Victor Manuel Longa Martinez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811764
- Correo electrónico
- victormanuel.longa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | Galego | C08 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | Galego | C08 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_02 (G-O) | Galego | C11 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | Galego | C08 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | Galego | C11 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | Galego | C08 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | Galego | C07 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | Galego | C11 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | Galego | C11 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C07 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C07 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C07 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C07 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C07 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C07 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C07 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C07 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C07 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C08 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C08 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C08 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C08 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C08 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C08 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C08 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C08 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C08 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C09 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C09 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C09 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C09 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C09 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C09 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C09 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C09 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C09 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C10 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C10 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C10 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C10 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C10 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C10 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C10 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C10 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C10 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C11 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C11 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C11 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C11 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C11 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C11 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C11 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C11 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C11 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | C12 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | C12 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | C12 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | C12 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | C12 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | C12 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | C12 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | C12 |
09.01.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | C12 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | D08 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | D08 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | D08 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | D08 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | D08 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | D08 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | D08 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | D08 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | D08 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | D09 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | D09 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | D09 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | D09 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | D09 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | D09 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | D09 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | D09 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | D09 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 (D-F) | D10 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 (G-L) | D10 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M-O) | D10 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 (P-R) | D10 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 (S-Z) | D10 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 (A-F) | D10 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 (G-O) | D10 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 (P-Z) | D10 |
04.06.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 (A-C) | D10 |