Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Comprender os procesos de adaptación das obras literarias ou de aspectos das mesmas a diversas manifestacións artísticas, particularmente ao cine.
• Entender os factores básicos que interveñen na adaptación dunha obra literaria:
- distintos recursos técnicos;
- distintas linguaxes;
- distintos contextos históricos e culturais;
- distintos modos de produción e distribución;
- distintas implicacións ideolóxicas.
• Aprender a facer comentarios de textos artísticos.
• Acadar unha mellor comprensión dos textos literarios mediante a comparación das súas diferentes versións en varios medios artísticos.
Contidos Xerais:
1.- Estudo da interrelación entre obras literarias e outras manifestacións artísticas, particularmente dos procesos de adaptación das obras literarias ou aspectos das mesmas a outros medios como o cine, a pintura ou a fotografía. Pola súa privilexiada relación coa literatura, prestarase especial atención ao estudio da intertextualidade fílmica e literaria.
2.- Estudo comparativo dos distintos recursos e linguaxes dos diferentes medios artísticos e do seu efecto na adaptación da obra.
3.- Contextualización histórica, política e cultural do texto literario e das súas reinterpretacións noutras manifestacións artísticas.
4.- Análise das implicacións ideolóxicas da interpretación e reescritura producida en contextos socioculturais e históricos distintos dos do texto literario no que se basean.
Contidos Específicos:
Introdución xeral:
- Relación da literatura con outras manifestacións artísticas
- Literatura e cine
- Do texto literario ao cine
- Introdución xeral á linguaxe do cine
Análises de versións en outras expresións artísticas de, entre outras:
· Unha obra de teatro
· Unha novela
· Un relato curto
· Un poema
Bibliografía básica:
Beja, M. (1979). Film and Literature. Longman: New York.
Chatman, Seymour. (1989). Story and Discourse: Narrative Structure in Fiction and Film. Ithaca: Cornell University Press.
Hutcheon, Linda. (2006). A Theory of Adaptation. New York: Routledge.
McFarlane, B. (1996). Novel to Film: An Introduction to the Theory of Adaptation. Oxford.
Costanzo Cahir, Linda (2006) Literature into film: theory and practical approaches. Jefferson, N.C.: McFarland
Zizek, Slavoj, Sophie Fiennes (2005). The Pervert’s Guide to cinema.
Bibliografía complementaria:
Ambler, E. (1956).” Screenwriting: The Novelist and Films”, Journal of the British Film Academy, 8
Aragay, Mireya (2005): Books in Motion. Adaptation, Intertextuality, Authorship. Amsterdam, New York, Rodopi Arnheim, R. (1990). Coming to Terms: the Rhetoric of narrative in Fiction and Film. Ithaca: Cornell University Press..
Bluestone, G. (1957). Novels into Film. University of California Press: Berkeley and Los Angeles. Carmona, R. (1991,2010). Cómo se comenta un texto fílmico. Madrid: Cátedra.
Cohen, K. (1979). Film and Fiction: the Dynamics of Exchange. Yale University Press: New Haven.
Marcus, F. (ed.) (1971). Film and Literature: Contrasts in Media. Chandler Publishers: Scranton. McDougal, S. (1985). Made into Movies: From Literature to Film. Holt Rinehart and Winston: New York.
Peña A., C. (1992). Literatura y cine: una aproximación comparativa. Madrid: Cátedra.
Sánchez Noriega J.L. (2000) De la literatura al cine. teoría y análisis de la adaptación. Barcelona: Paidós
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5
CG1, CG8
Competencias xerais
• Capacidade utilización de coñecementos adquiridos.
• Capacidade para desenvolver unha aprendizaxe autónoma.
• Capacidade para aprender dos seus propios erros.
• Capacidade para desenvolver actitudes de colaboración e respecto.
• Capacidade para facer fronte a situacións multiculturais tendo en conta os principios de igualdade e respecto pola diversidade.
• Capacidade de organización de ideas e de desenvolvemento coherente das mesmas.
• Capacidade de organización e análise de datos.
• Capacidade de argumentación e expresión de ideas.
• Capacidade de debater e dialogar.
• Capacidade de formar un xuízo ético e crítico.
Competencias específicas
• Capacidade de análise comparada das distintas manifestacións artísticas.
• Capacidade de análise das implicacións ideolóxicas da adaptación.
Clases expositivas, seminarios e titorías
As clases combinarán exposicións teóricas e a análise práctica de textos e películas.
1) Método comparativo: a comparación será o recurso heurístico básico para acadar os obxectivos marcados.
2) Debates: distintos aspectos da comparación como a selección de material, a tradución a outros medios con distintos recursos técnicos, as diferenzas entre distintas versións fílmicas.
3) Obradoiros: análise comparativa do texto literario e fílmico, proposta de guións, etc.
A avaliación será continua ao longo de todo o curso
Para superar a materia teránse en conta os seguintes criterios:
- Asistencia e participación activa nas clases. 15% da nota final, sempre que sexan reflectidas no portfolio individual de cada estudante
- Entrega das actividades propostas ao longo do curso: quizzes, reseñas, visionados, feedback, etc. 10%
- Presentacións na clase 30%
- Portfolio: 45%, recollendo todas a actividades realizadas no curso
Este sistema de avaliación aplicarase tamén na convocatoria de xuño-xullo.
ESTUDANTADO CON DISPENSA ACADÉMICA OU QUE REPITEN A MATERIA
Tanto aqueles estudantes que volvan a facer a materia un segundo ano como aqueles que teñen dispensa oficial de asistencia, poñeránse en contacto coa profesora para asignarlles as tarefas a realizar, que nalgún caso poderá ser unha proba ou traballo final en decembro ou en xullo.
IMPORTANTE: A asistencia a clase é obligatoria. O estudantado que acumule MÁS DE CINCO FALTAS inxustificadas ao longo do curso, perderá o valor relativo ás tarefas realizadas ou solicitadas na clase.
As ausencias deberán xustificarse debidamente nun prazo máximo de 5 días a partir da data na que se produciron. As ausencias xustificadas serán as recollidas no REGULAMENTO DE ASISTENCIA A CLASE NAS ENSINANZAS OFICIAIS DE GRAO E MÁSTER DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA do 25 de novembro de 2024, artículo 3
USO DA LINGUA INGLESA
Valoraráse globalmente a corrección no uso da lingua.
A acumulación de erros gramaticais, ortográficos, etc. suporá unha penalización na nota final de ata 3 puntos.
ESTUDIANTES ERASMUS E DE CONVENIOS BILATERAIS
O estudantado de intercambio Erasmus e de convenios bilaterais son benvenidos, sempre e cando teñan un nivel adecuado de lingua inglesa (C1). Los estudiantes de intercambio Erasmus y de convenios bilaterales tendrán el mismo sistema de evaluación y las mismas reglas de asistencia que el resto de estudiantes, sin posibilidad de cambios salvo los que contempla la normativa en vigor.
FRAUDE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/das estudantes e de revisión de cualificacións (artigo 16): "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". Polo tanto, a detección do máis mínimo fraude, tanto de copia e o "cut and paste" (tanto nas presentacións e actividades por escrito coma no examen) serán penalizados cun SUSPENSO na materia, independentemente da nota que se obtivera en calquera outra proba de avaliación. Asimesmo, poderanse tomar as medidas disciplinarias establecidas.
uiA materia abrangue 15 semanas
Xa que esta é unha materia ECTS, calcúlase que o/a estudante necesita 150 horas (entre clases presenciais e traballo autónomo: preparación das actividades, lecturas ou visionados obligatorios, preparación das presentacions e debates) para superala
Clases presenciais: 45 horas (30 expositivas e 15 interactivas)
Titorías programadas: 3 horas
Proba final (Debates): 3 horas
Traballo autónomo: 100 horas
Os estudantes deberán entrar na súa aula virtual con regularidade, xa que se actualizará co calendario da clase, as tarefas e actividades do curso
- Participación activa na aula.
- Lectura dos textos literarios e visionado dos textos fílmicos con suficiente antelación.
- Entrega dos traballos indicados.
COMPUTADORES PORTÁTILES, TABLETAS, TELÉFONOS MÓBILES E DISPOSITIVOS SIMILARES poderán empregarse durante o desenvolvemento das clases SÓ E UNICAMENTE PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS RELACIONADAS COA APRENDIZAXE DA MATERIA ESPECÍFICA QUE SE ESTÁ IMPARTINDO, E EN NINGÚN CASO DEBE PERTURBAR O BO DESENVOLVEMENTO DO ENSINO E A APRENDIZAXE, A XUIZO DO DOCENTE.
NON ESTÁ PERMITIDO CONSUMIR COMIDA NA AULA DURANTE O DESENVOLVEMENTO DAS CLASES.
A USC conta cun servizo de apoio titorial extraordinario para axuda á diversidade (estudantado con necesidades específicas).https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social. E-mail: sepiu.santiago [at] usc.es (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).
Patricia Fra Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811879
- Correo electrónico
- patricia.fra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D15-Seminario |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C02 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C02 |
21.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
21.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
16.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
16.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C05 |