Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Que o alumnado coñeza os principais cambios fonéticos producidos no paso do latín ás linguas románicas, tanto no plano segmental coma no suprasegmental.
Que o alumnado se decate de que os cambios fonéticos teñen lugar seguindo determinadas regularidades.
Que o alumnado teña coñecemento dos cambios fonéticos que diferencian con claridade a Romania oriental da Romania occidental.
Que o alumnado, a partir da análise dos cambios fonéticos producidos, saiba situar un texto medieval no territorio románico ao que pertence.
Que o alumnado comprenda que por debaixo das regularidades dos cambios hai moitas veces loitas de tendencias distintas.
1. Fonética e fonoloxía históricas. Cuestións metodolóxicas
2. O sistema vocálico. Do latín ao romance
2.1. O sistema vocálico latino
2.2. Os ditongos do latín
2.3. Os trazos suprasegmentais: o acento
2.4. Evolución das vogais tónicas
2.4.1. Constitución dos sistemas vocálicos protorromances
2.4.2. A ditongación
2.5. Evolución das vogais átonas
2.6. A nasalización vocálica
3. O sistema consonántico. Do latín ao romance
3.1. O sistema consonántico latino
3.2. Evolución do sistema consonántico en principio de dicción
3.2.1. As consonantes simples
3.2.2. Os fonemas bilabiais
3.2.3. O fonema labiodental /f/
3.2.4. Os fonemas velares
3.2.5. Os grupos consonánticos
3.3. Evolución do sistema consonántico en en medio de dicción
3.3.1. As consoantes simples
3.3.2. Evolución das consoantes xeminadas interiores
3.3.3. As consoantes xeminadas /nn/ e /ll/
3.3.4. Grupos consonánticos
3.4. Evolución do sistema consonántico en final de dicción
3.4.1. Consonantes primarias (-m,-n, -s, -t, -l, -d, -r, -c)
3.4.2. Consonantes finais secundarias e terciarias
Manuais e estudios
Boissellier, S., Darbord, B., Menjot, D., Martin, G., Molènat, J.-P., & Teyssier, P. (2012). Langues médiévales ibériques : domaines espagnol et portugais. Brepols.
Cardeira, E. (2005). Entre o português antigo e o português clássico. Imprensa Nacional-Casa da Moeda.
Chaussée, F. de la (1974). Initiation à la phonétique historique de l'ancien français, Paris: Klincksieck, 1974.
Duval, F. (2009). Le français médiéval. Brepols.
Englebert, A. (2022-). Phonétique historique du français: https://histolf.ulb.be/index.php/phonetique-historique-du-francais
Ferreiro Fernández, M. (1999). Gramática histórica galega. Santiago de Compostela: Edicións Laiovento.
Gabriel, C., Gess, R. & Meisenburg, T. (2022). Manual of Romance Phonetics and Phonology. Berlin, Boston: De Gruyter. https://doi.org/10.1515/9783110550283
Glessgen, M. (2024). A new companion to the Romance languages. Berlin, Boston: De Gruyter. https://doi.org/10.1515/9783111329338
Lausberg, Heinrich (1985). Lingüística románica, 3.ª reimp., 2 vols., Madrid: Gredos.
Maiden, Martin, Smith, John Charles, Ledgeway, Adam –Eds.– (2011). The Cambridge history of the romance languages, Cambridge: Cambridge University Press.
Mariño Paz, R. (2017). Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega, Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Mariño Paz, R. (2025). "Historical Phonetics and Phonology". X. Sousa & E. González Seoane (Ed.), Manual of Galician Linguistics. Berlin, Boston: De Gruyter, pp. 441-464. https://doi.org/10.1515/9783110417449-021
Penny, R. J. (2006). Gramática histórica del español (2a ed. actualizada). Ariel.
Renzi, Lorenzo, y Andreose, Alvise (2003). Manuale di linguistica e filologia romanza, Bologna: Il Mulino.
Sánchez Miret, Fernando (2001). Proyecto de gramática histórica y comparada de las lenguas romances, 2 vols., München: Lincom Europa.
Sánchez Miret, F. (2007). "Fonética histórica". J.E. Gargallo Gil - M. R. Bastardas (coords.), Manual de lingüística románica, Ariel, pp. 227-250.
Torrens Álvarez, M. (2019). "Evolución diacrónica de los sonidos del español". E. Ridruejo (Ed.), Manual de lingüística española. Berlin, Boston: De Gruyter, pp. 67-95 https://doi.org/10.1515/9783110362084-004
Dicionarios
Bloch, O. & Wartburg, W. von (1975), Dictionnaire étymologique de la langue française. 6è éd., Paris: Presses Universitaires de France.
Cioranescu, A. (1958), Diccionario etimológico rumano, La Laguna: Biblioteca Filológica, Universidad de La Laguna,.
Corominas, J. & Pascual, J.A. (1980 ss.), Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico (DCECH), 6 vols., Madrid: Gredos.
Cortelazzo, M. & Zolli, P. (1979-1988). Dizionario etimologico della lingua italiana, 5 vols, Bologna: Zanichelli.
Holtus, Günter, Metzeltin, Michael, y Schmitt, Christian, Coords. (1998-2005). Lexikon der Romanistischen Linguistik (LRL), 8 vols., Tübingen: M. Niemeyer.
Machado, J.P. (1977), Dicionário etimológico da língua portuguesa, 3 vols.;(1ª ed. 1952-1959), 2ª ed., Lisboa: edit. Confluência.
Meyer-Lübke, W. (3ª ed., 1935), Romanisches Etymologisches Wörterbuch (REW), Heidelberg: Carl Winter). https://www.rew-online.gwi.uni-muenchen.de/?
Wartburg, W. von (1928 ss.), Französisches Etymologisches Wörterbuch. Eine Darstellung des galloromanischen Wortschatzes, Heidelberg & Lichtenhahn e despois: Bonn-Berlin-Basel, 1928; Basel, 1944.
1. O alumnado deberá ser quen de explicar as diferenzas fundamentais existentes entre o latín e o conxunto das linguas románicas no plano suprasegmental.
2. O alumnado deberá ser capaz de distinguir os cambios fonéticos que son continuación de tendencias xa vixentes no latín vulgar dos que se produciron en época máis tardía no interior de cada unha das linguas románicas.
3. Sobre un texto románico concreto o alumnado será capaz de localizar os fenómenos fonéticos que permiten adscribilo á Romania oriental ou á Romania occidental.
4. Coñecido o étimo e o seu resultado regular nunha lingua románica, o alumno estará en condicións de explicar os cambios fonéticos producidos na súa evolución e situalos cronoloxicamente.
5. Coñecido o étimo e un resultado románico, o alumnado será capaz de discriminar se este resultado é un cultismo ou é patrimonial.
6. O alumnado será capaz de localizar espacialmente a vixencia dos resultados de cada un dos subsistemas vocálicos do latín vulgar.
7. O alumnado terá capacidade para explicar as prinicipais innovacións que se produciron no subsistema consonántico das linguas románicas con respecto ao do latín.
Combinaranse sesións expositivas, nas cales a docente presentará e ilustrará as nocións teóricas e a metodoloxía de carácter xeral, con sesións de seminario, que permitirán unha participación máis activa das/dos estudantes. A combinación de ambos tipos de sesións ten por obxectivo que o alumnado poida asimilar e aplicar correctamente as nocións e os contidos teórico-prácticos, así como desenvolver as competencias e habilidades que se agardan do proceso de aprendizaxe.
Estableceranse titorías programadas, coa finalidade de guiar e asesorar no proceso de aprendizaxe e avaliación do alumnado.
Procederase a unha avaliación continua da aprendizaxe baseada en:
1. A participación activa durante o curso a través da satisfactoria realización de lecturas críticas e o comentario filolóxico (do plano fonético e fonolóxico) de textos seleccionados pola docente, mediante os cales a/o estudante poderá progresivamente adquirir e adestrar habilidades e competencias propias da disciplina (ata o 40% da cualificación final).
2. A realización de dous traballos relativos respectivamente ao vocalismo (ata o 30% da cualificación final) e ao consonantismo (ata o 30% da cualificación final). Entregarase unha versión escrita, aínda que os traballos deberán ser presentados e defendidos oralmente en sesións presenciais.
O alumnado que teña recoñecida a dispensa oficial deberá realizar igualmente unha serie de lecturas e comentarios (ata o 40% da cualificación final), e os dous traballos correspondentes aos temas 2 e 3 do programa (ata o 60% da cualificación final).
As/Os estudantes deben redactar e presentar os seus traballos co nivel de corrección esperable no seu grao académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Exame escrito valorado de 0 a 10 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas totais de traballo das/dos estudantes.
Tempo presencial:
Sesións expositivas: 32h.
Sesións de seminario: 16h.
Titorías programadas: 3h.
Tempo de traballo autónomo: TOTAL 96h.
Nocións e contidos teórico-prácticos: 48h.
Traballos de aprendizaxe-avaliación: 51h.
É unha materia que para a maioría das/dos estudantes vai resultar novidosa, e que esixe unha dedicación continuada. Por esta razón, recoméndase levar ao día a materia, participar activamente nas sesións, realizar as lecturas recomendadas e que non se deixe a preparación dos traballos para os días inmediatamente anteriores á entrega.
Debora Gonzalez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- deborah.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D05 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D05 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D01-Seminario |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |