Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecemento das características xerais da Idade Media e das súas diferenzas con respecto a outros períodos históricos.
-Coñecemento da caracterización xenérica e temática da literatura románica medieval e das súas principais diferenzas con respecto a períodos posteriores.
-Caracterización diacrónica de diferentes personaxes da literatura románica medieval e estudo das particularidades da súa adaptación en épocas actuais.
-Análise crítica da recepción destes materiais na cultura contemporánea.
1. Introducción: a Idade Media en Europa.
2. A cristianización de Europa: San Agustín de Hipona. As vías de peregrinación: o Camiño a Santiago de Compostela. A persecución dos infieis: as cruzadas. Hildegard von Bingen e o fenómeno das visións.
3. O nacimento da literatura en vulgar. O rey Arturo e o mundo cabaleiresco. Carlomagno e o seu imperio na épica. Os libros de viaxes: Marco Polo en Asia.
4. Literatura medieval escrita por mujeres: Christine de Pizan.
Alvar, C., El rey Arturo y su mundo. Diccionario de mitología artúrica, Madrid, Alianza Tres, 1991.
Boutet, D., Charlemagne et Arthur ou le roi imaginaire, Paris, Champion, 1992.
Cirlot, V., Figuras del destino. Mitos y símbolos de la Europa medieval, Madrid, Siruela, 1995.
Cirlot, Victoria. La novela artúrica: orígenes de la ficción en la cultura europea. Barcelona, Montesinos, 1995,
Cirlot, Victoria (ed.), Vida y visiones de Hildegard von Bingen. Madrid: Siruela, 2009.
García Gual, C., Historia del rey Arturo y de los nobles y errantes caballeros de la Tabla Redonda: análisis de un mito literario, Madrid, Alianza Editorial, 1983.
Gerritsen, W. P. - van Melle, A. G., Miti e personaggi del Medioevo. Dizionario di storia, letteratura, arte, musica e cinema, Milano, Mondadori, 1999.
Le Goff, J., ¿Nació Europa en la Edad Media?, Barcelona, Crítica, 2003.
Le Goff, J., Héros et merveilles du Moyen Àge, Paris: Éditions du Seuil, 2008.
Le Goff, J., L’imaginaire médiéval, Paris, Gallimard, 1985.
Loomis, R. S., Arthurian Literature in the Middle Ages, Oxford, 1959.
Pizan, Christine de. 1995. La Ciudad de las Damas. Traducido por M. J. Lemarchand. Madrid, Siruela, 1995.
Polo, Marco, Libro de las maravillas del mundo. Traducido por M. Carrera Díaz, Madrid, Cátedra, 2008.
-Adquisición de coñecementos básicos sobre a Idade Media, a literatura románica elaborada nese período e a súa proxección sobre a época contemporánea.
-Adquisición de coñecementos sobre a adaptación dos personaxes da literatura medieval na cultura e na sociedade contemporáneas.
-Capacidade para entender os distintos contextos sociais, culturais e políticos nos que se produce esta recepción.
-Adquisición da capacidade para coñecer o proceso evolutivo, ao longo dos séculos, dos personaxes estudados.
O curso terá como eixo a serie de sesións expositivas e presenciais nas que a profesora impartirá clases con contidos que os alumnos deberán asimilar e demostrar a súa comprensión coa participación activa na clase. A parte interactiva, presencial tamén, basearase en breves exposicións sobre cuestións vistas en clase ou seleccionadas pola profesora relacionadas coa materia
Como alternativa ou complemento, está prevista para esta parte interactiva a realización de exposicións orais sobre puntos do programa.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas fundamentalmente a resolver as dúbidas suscitadas polas explicacións dadas polo profesor ou a preparación dos comentarios, aínda que tamén se poden utilizar para consultar calquera aspecto de interese para o alumno.
A nota da materia procederá nun 90% dos traballos e exposicións, que teña que realizar o alumno de xeito individual ou en grupo, e que se controlarán de forma regular na medida en que a marcha do curso o permita.
As intervencións voluntarias de tipo persoal que teñan interese para o desenvolvemento da materia valoraranse co 10% restante da cualificación final.
Os alumnos que non asistan con regularidade as clases e os que non acadaran unha media de 5 na realización dos diferentes traballos deberán realizar un exame final, na data fixada pola Secretaría da Facultade. O seu valor será o 100% da nota.
A avaliación para os alumnos que teñan dispensa oficial de asistencia realizarase a través dun exame fixado pola profesora (e de acordo cos alumnos) sobre cuestións do programa. No caso de dispensa sobrevida valorarase de forma continua só o período transcurrido ata a obtención da dispensa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sesións presenciais (expositivas e interactivas): 45 horas.
Sesións de titorías personalizadas: 15 horas.
Total sesións: 60 horas.
Horas de traballo non presenciais do alumno (estimativo): 90 horas.
Total: 150 horas.
As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do alumno. A organización desta parte é da enteira responsabilidade do estudante.
Seguir con atención a materia e realizar os traballos de forma persoal.
As clases serán impartidas en español e adaptaráse o contido ao nivel e intereses dos estudantes.
Maria Esther Corral Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- esther.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D01-Seminario |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D14 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |
25.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
29.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
29.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |