Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia ten como obxectivo proporcionar ao alumnado unha primeira aproximación á análise económica de datos no eido da xestión cultural, de xeito que os futuros egresados coñezan as principais fontes e ferramentas dispoñibles para avaliar o impacto socieeconómico dun proxecto cultural. Desta forma, os resultados de aprendizaxe agardados son:
1. Coñecer as principais ferramentas da análise económica.
2. Coñecer as principais fontes de información socieconómica e cultural.
3. Coñecer os distintos tipos de avaliación e as principais ténicas para levalos a cabo.
4. Analizar os custes e beneficios de todo proxecto cultural
5. Avaliar o impacto dun proxecto cultural, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo.
6. Elaborar informes de avaliación.
Esta materia proporcional aos alumnos as ferramentas para poder avaliar dende un punto de vista socieconómico calquera proxecto cultural. A perspectiva fundamental consiste na comparación dos beneficios (económicos e sociais) e os custes (directos e de oportunidade), a partir da información proporcionada por diversos indicadores.
Os contidos son:
1. Principais conceptos: beneficios, custes, custes de oportunidade, impacto económico directo, indirecto e total, impacto social, e criterios de avaliación.
2. Fontes de información estatística.
3. Creación e selección de indicadores.
4. Metodoloxías de avaliación.
5. Elaboración de cadeas produtivas.
6. Elaboración de informes de avaliación.
Asociación de Festivales de Música (2021). Reflexiones sobre la medición del impacto de los festivales de música. Dispoñible en: https://festivalesfma.com/wp-content/uploads/2023/05/Medicion-impacto-f…
Fest Galicia (varios anos): Informes de avaliación de impacto. Dispoñibles en: https://festgalicia.gal/es/informes-impacto/
Krugman, P. (2022): Fundamentos de economía. 5 ª edición. Reverté.
Núñez Alonso, F. J. (2018): De la medición del impacto a la mejora. Metodología de evaluación de eventos culturales. El caso del Festival de Cans. AGADIC.
Roselló i Cerezuela, D. (2017): Diseño y evaluación de proyectos culturales : de la idea a la acción. 10 ª edición. Ariel.
Tarancón, M.A. (2003). Técnicas de Análisis Económico Input-Output. Editorial Club Universitario. Alicante.
RESULTADOS DA APRENDIZAXE:
- Con05: Comparar as distintas políticas culturais poñendo no foco na súa proxección económica e no seu impacto para o desenvolvemento social das comunidades
- Con11: Coñecer os aspectos básicos de planificación, deseño, organización e difusión de proxectos culturais tanto na súa vertente física como dixital
- H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
- Comp07: Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos e eventos culturais
As clases expositivas (24h) consistirán en clases de pizarra en grupo , consistentes basicamente en leccións impartidas polo profesor, adicadas á exposición dos contidos teóricos da materia. Estas sesións estarán destinadas a representar e explicar de maneira simplificada os conceptos, fontes, ferramentas e metodoloxía de avaliación económica, empregando exemplo concretos para unha mellor comprensión.
As clases interactivas (24h) estarán destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios e a analizar casos e exemplos que ilustren os contidos teóricos. Estas sesións tamén servirán para familiarizarse co manexo prácticos das fontes de datos e ferramentas para a súa manipulación (en aula de informática se é posible) e como revisión global dos coñecementos adquiridos que permita a interacción en forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, método e técnicas de análise introducidas nas clases expositivas.
Nas titorías presenciais, das cales 3 horas se programarán en grupo reducido, dáse orientación ao alumno sobre as cuestións discutidas nas clases e sobre traballos ou exercicios que se realicen durante o curso.
Avalíanse todas as competencias e resultados de aprendizaxe da materia.
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do semestre así como a participación activa. A nota final do curso estará composta por un 10% de participación activa, un 75% de avaliación continua e un 15% que corresponderá ao exame final a celebrar nas datas fixadas polo centro. O sistema de avaliación é o mesmo na primeira e na segunda oportunidade, tendo para a segunda a posibilidade de modificar/mellorar parte dos traballos entregados para avaliación continua.
A avaliación continua resultará dos resultados obtidos nas actividades e tarefas realizadas nas clases ou de forma autónoma ao longo do curso e contemplará distintos medios e modalidades de avaliación: exercicios, cuestionarios tipo test, preguntas de resposta curta, entrega e presentación de traballos. Estas cualificacións serán válidas tan só para curso vixente, e non serán gardadas para cursos posteriores. Todos os resultados da apredizaxe sinalados serán avaliados no exame final así como na avaliación continua.
Ao estudantado que lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clase, seguindo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster, avaliarase con un ou máis exames finais específicos que suporán o 100% da cualificación.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou calquera tipo de proba avaliable será de aplicación o recollido na "Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións".
Ademais das horas de traballo presencial, o alumno deberá dedicar 100 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), lecturas, realización de exercicios e traballos, a análise de casos, e a preparación de presentacións orais.
Sería recomendable ter coñecementos de conceptos básicos de economía a nivel de bacharelato e un nivel básico no uso de follas de cálculo.
Recoméndase levar a materia ao día para asimilar correctamente os contidos teóricos e técnicos presentados ao longo do curso e poder avanzar paseniño na realización das tarefas e traballos a avaliar.
Diana Fernandez Mendez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- di.fernandez.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Yago Atrio Lema
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- yago.atrio.lema [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Mércores | ||
| 09:30-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 04.06.2027 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 01.07.2027 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ MENDEZ, DIANA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ATRIO LEMA, YAGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ MENDEZ, DIANA | Galego |