Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 12 Total: 38.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumnado:
• Aplica o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade ás persoas atendidas
• Dirixe, avalía e presta os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade
• Ten a capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades para desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría o individuo, a familia e a comunidade.
• Comprende a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde.
• Promove a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identifica os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
• Identifica e analiza a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
• Aplica os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde mais relevantes nunha comunidade.
• Analiza os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
• Educa, facilita e apoia a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
• Basea as intervencións de enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
• Desenvolve aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Módulo I. Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• Evolución, principios, obxectivos e competencias da Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• A especialidade enfermeira.
• A enfermaría comunitaria de ligazón. Coordinación entre niveis asistenciais/continuidade de coidados.
• Metodoloxía enfermeira na Atención Primaria de Saúde.
Módulo II. Modelos de coidados de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• Proceso de Atención en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• Calidade e Seguridade do paciente en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• A consulta de Enfermaría. Modelos e tipos de consulta. Características e obxectivos da consulta. Funcións e actividades. Metodoloxía de traballo na consulta.
• A atención domiciliaria en Enfermaría. Concepto de “Visita Domiciliaria”. Tipos e obxectivos. Etapas da atención domiciliaria. Metodoloxía de traballo na atención domiciliaria.
• A Xestión de Casos nos coidados de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
• Procedementos en Enfermaría Familiar e Comunitaria: Cirurxía menor ambulatoria.
Módulo III. Coidados de Enfermaría á persoa.
• Atención de Enfermaría na infancia e adolescencia.
• Atención de Enfermaría no adulto
• Atención de Enfermaría ás persoas con procesos crónicos.
• Atención de Enfermaría á muller.
• Atención de Enfermaría ás persoas anciás.
Módulo IV. Coidados de Enfermaría á familia.
• Estrutura e dinámica familiar.
• Plan de atención familiar. A prestación de coidados na contorna familiar.
Módulo V. Coidados á comunidade.
• Diagnóstico de saúde comunitaria dende a taxonomía enfermeira.
• Participación comunitaria. Intervencións con diferentes grupos.
• Adaptación da contorna comunitaria e domiciliaria ás situacións de discapacidade. Desenvolvemento da vida cotiá: na vivenda, nos espazos públicos, no transporte, produtos de apoio.
•Básica. - Martínez Riera JR, del Pino Casado, R. Manual práctico de enfermería comunitaria. Barcelona: Elsevier; 2020. - Martín Zurro A, Jodar Solá G. Atención familiar y salud comunitaria: conceptos y materiales para docentes y estudiantes. 2ª edición. Barcelona: Elsevier; 2018. - NNN Consult [Internet]. Barcelona: Elsevier; 2012- . NANDA. Dispoñible en: https://www-clinicalkey-com.ezbusc.usc.gal/student/nursing/login Complementaria. Páginas web especializadas, bases de datos y revistas científicas: - Asociación de Enfermería Comunitaria [Internet]. Valencia: AEC. Dispoñible en: https://www.enfermeriacomunitaria.org/web/ - Federación de Asociaciones de Enfermería Familiar y Comunitaria [Internet]. Madrid: faecap. Dispoñible en: https://faecap.es/ - Pubmed [Internet]. Bethesda: NLM; 1996- . Dispoñible en: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/ - CINAHL [Internet]. EEUU: EBSCO; 1937- . Dispoñible en: https://research-ebsco-com.ezbusc.usc.gal/c/z5afdg/search?defaultdb=cin… - Nodo de la Comunidad de Madrid del Proyecto Adapta GPS para ganar salud.
Versión para todos los públicos de la Guía Participación Comunitaria: Mejorando la salud y el bienestar y reduciendo desigualdades en salud [Internet]. Madrid: MSCBS-IACS-FEMP-RECS; 2019. Dispoñible en: https://vsf-iwsold-pro-01.mscbs.gob.es/areas/promocionPrevencion/entorn… - Ministerio de Sanidad. Acción comunitaria para ganar salud… o cómo trabajar en red para mejorar las condiciones de vida [Internet]. Madrid: Ministerio de Sanidad; 2021. Dispoñible en: https://www.sanidad.gob.es/areas/promocionPrevencion/entornosSaludables…
Nesta materia tentarase contribuír a que o alumnado adquira as seguintes competencias, detalladas na memoria do título de Grao en Enfermaría da USC.
• Básicas
o CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu área de estudo.
o CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
o CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
• Xenerais.
o CG1 - Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
o CG2 - Planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
o CG3 - Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
o CG5 - Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
o CG9 - Fomentar estilos de vida saudables, o autocuidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas.
o CG11 - Establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde.
o CG17 - Realizar os coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
• Transversais.
o CT1 - Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
o CT5 - Capacidade para a resolución de problemas.
o CT7 - Capacidade de análise e sentesis.
o CT8 - Preocupación pola calidade.
o CT9 - Capacidade para a toma de decisións.
o CT14 - Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de diversas fontes).
o CT16 – Habilidades de investigación.
• Específicas. 13, 15, 16
o CE13 - Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
o CE15 - Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade.
o CE16 - Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades para desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría o individuo, a familia e a comunidade. Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional ha de desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas da contorna, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade. Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde mais relevantes nunha comunidade. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
• Docencia expositiva (24 horas)
Explicaranse os contidos da materia con apoio de recursos dixitais. Fomentarase a participación, o debate e a opinión crítica do alumnado na aula
• Docencia interactiva (12 horas)
Promoverase o traballo autónomo do estudantado e fomentarase a participación activa e o pensamento crítico. Contemplarase a implementación de ferramentas metodolóxicas coma a aprendizaxe baseada en problemas e a discusión de casos prácticos mediante a resolución e discusión de casos reais, así como simulacións ou actividades performativas que integren a aprendizaxe dos contidos da materia. Se se dan as condicións oportunas, poderase participar na realización dunha experiencia de Aprendizaxe-Servizo enmarcada no marco curricular e disciplinar da materia. Utilizaranse as ferramentas proporcionadas pola USC para o seguimento da materia e a comunicación co estudantado.
• Titorías (2,25 horas)
O estudantado poderá solicitar titorías individuais, de acordo con o cronograma planeado para esta tarefa neste programa de ensino.
Realizarase de forma continua mediante os seguintes criterios e ferramentas:
• -Docencia expositiva: avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos da materia mediante unha proba obxectiva que representará o 60% da nota final.
-Docencia Interactiva: valorarase a participación activa na aula (5%), a actitude e a capacidade de traballo en equipo, así como a calidade e adecuación dos traballos individuais (10%) e traballos grupais (25%) desenvolvidos.
Para superar a materia será necesario obter, cando menos, 3 puntos na proba obxectiva que se realizará para avaliar a docencia expositiva e, como mínimo, 2 puntos na avaliación da docencia interactiva.
A materia ten unha carga lectiva de 4,5 créditos ECTS. O tempo de traballo autónomo do alumnado por crédito equivale a 16,5 horas, polo que o tempo de estudo e traballo persoal asignado é de 74,25 horas.
• Constancia no estudo e seguimento da materia.
• Manexo da bibliografía recomendada para o estudo dos contidos.
• Uso de titorías.
É obrigatorio o uso das ferramentas dixitais de comunicación proporcionados pola USC, como, por exemplo, o correo electrónico, o campus virtual da materia etc.
Para superar a materia será necesario obter, cando menos, 3 puntos na proba obxectiva que se realizará para avaliar a docencia expositiva e, como mínimo, 2 puntos na avaliación da docencia interactiva.
No caso da docencia interactiva, requírese asistencia á totalidade das sesións. A falta de asistencia repercutirá na non superación da materia. En todo caso, aplicarase a normativa vixente da USC no que respecta á asistencia e avaliación.
Nos casos aprobados polo centro aplicarase a exención de docencia nas aulas expositivas, mais non nas interactivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Observaciones
USO DE DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS EN CLASE
- De acuerdo con el artículo 9.2.a del Estatuto del Estudiante de la USC y el artículo 36 de la Ley de
Organización del Sistema Universitario, en las clases expositivas e interactivas no se permitirá el uso
de dispositivos electrónicos (teléfonos móviles, tabletas, ordenadores, etc.) salvo autorización expresa de la facultad.
RESPONSABILIDAD AMBIENTAL
Se promoverá la entrega de trabajos en formato digital. Si se solicita algún trabajo impreso de la
asignatura, ya sea individual o grupal, se tendrán en cuenta las siguientes indicaciones:
- Evite fundas de plástico u otros envoltorios externos innecesarios.
- Siempre que sea posible, utilizar grapas en lugar de espirales.
- Impresión por ambas caras en calidad "ahorro de tinta".
- No utilizar páginas en blanco como separadores de capítulos o partes.
- Evitar archivos adjuntos que no tengan una referencia directa a los temas tratados en los trabajos.
Para más información visite el enlace https://www.usc.gal/es/usc/institucional/desarrollo-sostenible
PERSPECTIVA DE GÉNERO
De acuerdo con los criterios de igualdad de género en el ámbito universitario, se recomienda utilizar
un lenguaje no sexista tanto en el trabajo cotidiano del aula como en los trabajos académicos
solicitados. Información al respecto se puede obtener en el siguiente enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
_USC.pdf
También se utilizarán otras medidas para aplicar el enfoque de género en la docencia, como el
reconocimiento y consideración de las situaciones particulares de las estudiantes, la promoción de un
clima de interacciones igualitarias, la organización igualitaria de grupos siempre que sea posible, la
exhibición de contribuciones científicas. y técnicas de las mujeres en la asignatura y de los propios
estudiantes, y la introducción del género como categoría de análisis del trabajo de los estudiantes.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSONALES
Se seguirán las normas de privacidad y protección de datos personales disponibles en
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
Paz López Eimil
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- paz.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
María Candelaria Fraga González
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- mariacandelariafraga.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 5 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 5 |
04.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 5 |
03.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 5 |