Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 6 Total: 25.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Empregar os coñecementos anatómicos previamente adquiridos para analizar e resolver unha situación clínica.
2. Interpretar e argumentar de maneira razoada distintos aspectos clínicos relacionados coa Anatomía Humana.
3. Adquirir e comprender nocións fundamentais que son esenciais para a práctica médica.
4. Como obxectivo transversal, promover no estudantado o desenvolvemento de habilidades para abordar e presentar casos clínico-anatómicos.
BLOQUE I.- INTRODUCIÓN E XENERALIDADES
BOQUE II.- ANATOMÍA CLÍNICA DA CABEZA E O PESCOZO
BLOQUE III.- ANATOMÍA CLÍNICA DO TRONCO
BLOQUE IV.- ANATOMÍA CLÍNICA DO MEMBRO SUPERIOR
BLOQUE V.- ANATOMÍA CLÍNICA DO MEMBRO INFERIOR
MOORE, K., Anatomía con orientación clínica
ROUVIERE, H. e DELMAS, A., Anatomía humana
NETTER FH, Atlas de Anatomía Humana, Ed. Masson
NETTER FH, Anatomia Clinica, Ed Masson
NETTER FH, Atlas Practico de Anatomia Ortopedica, Ed Masson
TIXA S, Atlas de Anatomía Palpatoria Ed. Masson
GILROY AM, MACPHERSON BR, ROSS LM, SHUNKE M, SCHULTE E, SCHUMACHER U. Prometheus. Atlas de anatomía Humana
LUMLEY, J., Anatomía de superficie. Las bases anatómicas de la exploración clínica, Churchill Livingston
PRO, E.A. Anatomia Clínica, Ed. Medica Panamericana, Madrid
SNELL, R.S. Anatomia Clínica, Ed McGraw Hill, Madrid
Aplicar a anatomía ao contexto clínico, comprendendo a súa utilidade no diagnóstico, tratamento e procedementos médicos.
Interpretar imaxes diagnósticas identificando estruturas anatómicas normais e patolóxicas.
Relacionar a anatomía con signos e síntomas clínicos, integrando coñecementos no razoamento médico.
Empregar correctamente a terminoloxía anatómica en contornas académicas e clínicas.
Desenvolver unha visión integrada do corpo humano, recoñecendo a conexión entre estruturas e sistemas.
Columna e tronco: comprender a súa implicación na patoloxía vertebral e do sistema nervioso.
Membro superior e inferior: analizar a anatomía neuromuscular e articular para recoñecer lesións e disfuncións frecuentes.
Sistemas cardiovascular e respiratorio: interpretar achados clínicos e probas diagnósticas a partir da súa base anatómica.
Aparellos dixestivo, urinario e xenital: aplicar a anatomía á avaliación clínica e cirúrxica dos órganos internos.
Sistema nervioso central e pares craniais: recoñecer a organización e función anatómica para interpretar trastornos neurolóxicos.
Durante o desenvolvemento das clases expositivas destacaranse os apartados máis relevantes de cada tema e ofrecerase unha orientación bibliográfica. Como recursos didácticos empregaranse: a) proxección dos temas en diapositivas de PowerPoint; b) cuestionarios de autoavaliación no Campus virtual; c) aplicacións anatómicas para ordenador e/ou tabletas: ferramentas especialmente útiles para o desenvolvemento da visión tridimensional dos órganos e das súas relacións; d) vídeos anatómicos.
As clases prácticas empregaranse para a realización de traballos.
• Proba test cunha única resposta verdadeira cuxo resultado suporá o 50 % da calificación final.
• Elaboración/Presentación de traballos: 50% da calificación final.
12 horas de clases expositivas.
24 horas de clases prácticas.
9 horas de preparación de titorías
45 horas de preparación de traballos.
Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases, así como o estudo diario dos contidos explicados, que debe ir acompañado dunha autoavaliación da comprensión. Aconséllase tamén a lectura periódica dos contidos nos textos de referencia e o uso das titorías para resolver dúbidas. O estudante debe centrarse na comprensión dos conceptos explicados e na súa posible aplicación no ámbito clínico, sen limitarse unicamente á asimilación de información; por este motivo, recoméndase a elaboración de esquemas organizados nos que se establezan conexións entre coñecementos e conceptos
Para un máximo aproveitamento da materia, é recomendable que o estudantado posúa coñecementos previos básicos de Anatomía Xeral, Anatomía do Aparato Locomotor, Esplacnoloxía, Neuroanatomía, así como de inglés para o manexo da bibliografía e dos recursos didácticos, e competencias no uso das tecnoloxías da información e da comunicación. O alumnado disporá dunha aula virtual da materia na plataforma Moodle, cos recursos e canles de comunicación que esta ofrece. Ademais, poderase empregar como medio de comunicación docente-alumnado a aplicación Microsoft Teams e o correo electrónico.
Juan Antonio Suarez Quintanilla
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812224
- Correo electrónico
- juanantonisuarez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana Isabel Rodriguez Perez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881812464
- Correo electrónico
- anai.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.01 |
27.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.01 |
27.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.02 |
03.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.02 |