Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 8 Clínicos EEES: 20 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer as bases conceptuais e históricas da Contactoloxía, así como comprender a súa importancia na compensación óptica das diferentes disfuncións refractivas. Asimesmo, preténdese familiarizar o alumno coa terminoloxía científica no campo das lentes de contacto.Proporcionar os coñecementos das estructuras do segmento anterior e anexos relacionados coa adaptación das lentes de contacto.
2. Facilitar o alumno os coñecementos teóricos dos componentes e propiedades dos materiais empregados na fabricación das lentes de contacto.
3. Introducir os conceptos de diseño, xeometría e óptica das lentes de contacto, así como a súa relación con unha adaptación concreta.
4. Coñecer as solucions de limpeza das lentes de contacto.
5. Concienciar o alumno, como futuro contactólogo, da importancia da boa selección do doente, adaptación da lente máis adecuada, así como das instruccions de uso, coidados e seguimento da adaptación para detectar a tempo as posibles complicacions. Importancia do protocolo de exploración ocular e adaptación das lentes de contacto.
Programa teórico
Capitulo 1. Introducción a la Contactoloxía
Tema 1. Planificación do curso
Tema 2. Concepto e historia da Contactoloxía
Tema 3. Actualidad e perspectivas do futuro
Tema 4. Terminoloxía empleada en Contactoloxía
Capitulo 2. Superficie ocular. Exploración pre-adaptación das lentes de contacto
Tema 5. Córnea
Tema 6. Conxuntiva
Tema 7 Bágoa
Tema 8. Pálpebras
Capitulo 3. Materiais empregados para a elaboración das lentes de contacto
Tema 9. Materiais empregados para a fabricación das lentes de contacto
Tema 10. Propiedades dos materiais
Capitulo 4. Deseño e geometría das lentes de contacto
Tema 11. Métodos de fabricación das lentes de contacto
Tema 12. Deseños e xeometrías das lentes de contacto
Tema 13. Control de calidade e inspección das lentes de contacto
Capitulo 5. Óptica das lentes de contacto
Tema 14. Ventaxas e inconvenientes das lentes de contacto
Tema 15. Óptica das lentes de contacto
Capitulo 6. Limpeza, coidados e desinfección das lentes de contacto. Depósitos
Tema 16. Productos para a limpeza, desinfección e conservación das lentes de contacto
Tema 17. Adherencia de depósitos nas lentes de contacto
Programa práctico
Exploración previa: historia clínica e examen ocular
Exploración previa: biomicroscopía
Exploración previa: película lagrimal
Exploración previa: parámetros oculares
Manexo, limpeza e coidados das LC. Manipulación de LC. Control de LC.
Maniobras de inserción e retirada das LC. Educación do usuario
1. Superficie Ocular y Lentes de Contacto. JM González Méijome y César Villa Collar. Fundación Salud Visual. Barcelona, 2016
2. Contact Lenses. Phillips A. and Speedwell L. 5th Ed. Butterworths. Oxford, 2007.
3. Superficie Ocular y Biomateriales: Lentes de Contacto. Lopez Alemany y cols.
4. Valencia. 2010.
5. Contact Lens Optics & Lens Design. Douthwaite, W.A. Ed. Butterworth-Heinemann. 2005
6. Contact Lens Practice. Nathan Efron. 2nd Ed. Butterworth-Heinnemann. Oxford. 2010.
7. Contactología Aplicada. Raúl Martín Herranz. Imagen y Comunicación Multimedia SL, 2005.
8. Atlas de lámpara de hendidura. González-Cavadas J. Ed. Complutense. Madrid. 2015.
9. Manual de Prácticas de Contactología. Company JL y cols. Universidad de Alicante. 2002.
10. Contact Lens Practice. Ruben M. and Guillon M. Chapman & Hall Medical. London. 1998.
11. Contactología clínica. Saona Santos, Carlos L. Ed. MASSON, 2002.
12. Raúl Martín Herranz. Contactología Aplicada. Imagen y Comunicación Multimedia SL, 2005.
13. Nathan Efron. Contact Lens Practice. 2nd Ed. Butterworth-Heinnemann. Oxford. 2010.
14. Complicaciones de las lentes de contacto. Duran de La Colina, JA. Ed. Tecnimedia Editorial. 1998.
Coñecementos:
• Con_44. Coñecer as propiedades dos tipos de lentes de contacto e das próteses oculares.
• Con_45. Coñecer a xeometría e as propiedades fisicoquímicas da lente de contacto e asocialas coas particularidades oculares e refractivas.
• Con_56. Coñecer as disolucións de mantemento, diagnóstico e tratamento, e asocialas coas características lenticulares e oculares.
Habilidades e Destrezas:
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Óptica e Optometría.
• HyD_29. Empregar protocolos clínicos e instrumentais na exploración asociada á adaptación de lentes de contacto.
Competencias:
• Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o estudantado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no grao dun xeito profesional e sexa competente no plantexamento/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
• Comp_5. Capacidade de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
Clase maxistral, Asistencia a congresos ou outros eventos, Resolución de problemas, Presentación na aula (dun proxecto, exercicio, etc.), Estudo de casos, Debate, Seminario, Prácticas de informática, Prácticas clínicas, Saídas de campo, Prácticas de campo, Aprendizaxe colaborativa, Aprendizaxe por proxectos, Portfolio/dosier, Aprendizaxe-servizo, Metodoloxía baseada na investigación, Pensamento en deseño, Aula de deseño, Estudo de gamificación na aula. traballo, Resolución de problemas independentes, Foros de debate - Traballo en grupo.
Durante o curso realízanse dúas probas, unha correspondente aos coñecementos e habilidades adquiridos durante as prácticas (30%) e outra teórica (70%) sobre os contidos da materia. O exame teórico consta dunha proba de 30-40 preguntas con tres opcions de resposta e resposta única no que as respostas incorrectas teranse en conta para contrarrestar o efecto do azar.
Para ser avaliado na proba teórica é imprescindible a asistencia ás clases (70%). O programa práctico avaliarase mediante avaliación continua segundo os criterios de asistencia, participación e competencias adquiridas no transcurso das prácticas. Así mesmo, realizarase unha proba práctica sobre os aspectos impartidos durante o curso. A nota práctica e a avaliación continua non computarán para o resultado final se non se supera a proba teórica, que será de 5,5/10 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Estudo autónomo individual ou en grupo 40 h
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 4 h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 8 h
Lectura temas correspondientes módulos IACLE 8 h
Preparación de presentacións orais, debates ou similar 4 h
Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas 4 h
Total estudio e traballo persoal do alumno 68 h
Lectura diaria dos temas impartidos na aula para poder solventar as dudas con inmediatez. Complementar os apuntes das clases teóricas coa bibliografía recomendada e os contidos dos módulos da IACLE a disposición do alumnado a través do profesor da materia.
Asistencia a clase: Segundo Normativa de Asistencia a Clase nas Ensinanzas Adaptadas ao Espazo Europeo da Educación Superior (Acordo de Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010. USC)
Os teléfonos móbiles non están permitidos e o uso de terminais de vídeo estará suxeito exclusivamente á manipulación do material complementario facilitado polo profesor.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto no Regulamento de Avaliación do Rendemento Académico do Alumno e de Revisión de Cualificacións.
Javier González Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Teléfono
- 881813504
- Correo electrónico
- javier.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Nery Garcia Porta
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Teléfono
- 881813530
- Correo electrónico
- nery.garcia.porta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Jacobo García Queiruga
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Sofia Rendo Gonzalez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- sofia.rendo.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
19.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
29.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
29.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |