Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia constitúe unha aproximación ao ámbito da economía da empresa, polo que se pretende transmitir un conxunto de nocións introdutorias e xerais sobre esta disciplina. O principal obxectivo é coñecer o marco de xestión empresarial conceptual e aplicado, deseñado especificamente para a optimización operativa e estratéxica dos negocios das ópticas.
1) Introdución á actividade económica e empresarial.
2) A administración e dirección da empresa.
3) A xestión da produción.
4) A xestión de persoas
5) A comercialización, conceptos elementais e mercadotecnia
6) A visión financeira da empresa: a información como base para a toma de decisións.
7) A xestión económico-financeira da empresa
8) Empredemento
Básica:
Archel Domench, P., Carrasco del Amo, F., Lizarraga Dallo, F., Sánchez Alegría, S., & Cano Rodríguez, M. (2022). Estados contables: Elaboración, análisis e interpretación. 7ª Ediciones Pirámide.
Llorente, J. (2017). Elaboración y presentación de informes económico-financieros y reporting. Madrid: Centro de Estudios Financieros
Vázquez Suárez, L., & Sánchez Gómez, R. (Directors). (2020). Introducción a la gestión de empresas. Pirámide.
Adicionalmente, a través de Campus Virtual da materia poderá suxerirse material complementario pertinente durante o curso da materia.
Coñecementos:
• Con_75. Coñecer os conceptos básicos de márketing e financias de aplicación ao ámbito da economía da empresa
• Con_76. Coñecer os fundamentos básicos para a análise da contorna que rodea as actividades de márketing, os consumidores, os competidores e o mercado
• Con_77. Coñecer os fundamentos das decisións de investimento e financiamento que conforman a administración dunha empresa.
Habilidades e Destrezas:
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_49. Aplicar os coñecementos necesarios para realizar unha adecuada planificación de márketing.
Competencias:
• Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_3. Que o estudantado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Esta materia desenvolverá os seus contidos en sesións de tipo expositivas e interactivas.
- Para as clases expositivas (referidas á teoría) prevese facer uso de presentacións de diapositivas, vídeos ou lecturas dos conceptos básicos/fundamentais de cada tema.
- Para as clases interactivas (practicas) prevese o uso de presentacións de diapositivas, o desenvolvemento de exemplo prácticos guiados (en lousa) e do uso de Microsoft Excel.
Durante o desenvolvemento do programa intercalaranse as clases teóricas e prácticas de forma que se complementen os contados, poderá ser: teoría, teoría-práctica e/o (só) práctica, segundo o tema da sesión.
Adicionalmente, é importante revisar o Campus Virtual da materia onde estará dispoñible o material utilizado durante o curso e outros materiais adicionais para uso de estudo autonomo
Consideraranse os seguintes criterios para a cualificación final:
- 50% proba teórico-práctica final, dos temas incluídos no programa da materia
- 50% avaliación continua, nota resultante da entrega de traballos, casos e exercicios propostos ao longo do curso e o grao de participación (activa) na aula.
A ponderación do 50% da avaliación continua distribúese en 5 puntos:
- Proba 1 (Tema 1-4): 1
- Proba 2 (Tema 5-8): 1
- Participación en clase ou exercicios: 2
- Tarefas: 1
O sistema de avaliación será independente da condición de persoa repetidora ou non, e da convocatoria á que se presente.
Aqueles estudantes exentos de asistencia por dispensa oficial realizarán un exame na data oficial optando ao 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Horas presencias: 35 h
Horas non presenciais: 74.5 h
Recoméndase ao alumno a asistencia a clase, a atención durante a mesma, e a comprensión e estudo desta ao mesmo ritmo que esta vaise desenvolvendo. Así mesmo, no tempo de estudo individualizado, o alumno deberá reforzar os seus coñecementos coa consulta ao manual ou manuais que elixa e realizar aqueles exercicios que se lle facilitasen para a súa resolución e entrega posterior ao profesorado.
Ante calquera dúbida sobre calquera cuestión (teórica ou práctica), o alumno debe acudir ao profesor no horario de titorías.
Recoméndase o uso continuado do campus virtual, xa que este será o eixo de todas as actividades a realizar na materia; así como de MS Teams si fose preciso para realizar titorías
Sugey De Jesus Lopez Perez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- sugeydejesus.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
23.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
29.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |