Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese que o alumno adquira un coñecemento axeitado do desenvolvemento prenatal normal das principais especies animais de interese veterinario e das alteracións que conducen ao nacemento de individuos con malformacións conxénitas.
Ao final do curso cada alumno (logros da aprendizaxe medibles e avaliables):
1. Poderá relacionar a configuración postnatal dos diferentes sistemas corporais coa súa orixe embrionaria.
2. Manexará axeitadamente a terminoloxía embriolóxica.
3. Será capaz de identificar as malformacións máis habituais e relacionalas co proceso ontoxénico no que suceden.
4. Haberá tomado contacto cos anexos embrionarios, podendo diferenciar os seus distintos compoñentes.
5. Saberá aplicar as medidas de bioseguridade axeitadas para acceder e traballar na sala de prácticas.
6. Elaborará e defenderá un traballo en equipo, empregando fontes bibliográficas e practicando a comunicación oral efectiva para interactuar co resto de compañeiros e profesores.
PROGRAMA TEÓRICO: desenvólvese en 24 sesións expositivas de 50 minutos e unha titoría grupal ao inicio do curso. Cada tema desenvólvese aproximadamente nunha sesión, excepto os temas 3, 5, 7, 8, 9, 12, 13 e 14 que precisan dúas sesións.
Tema 1. Introdución e Xeneralidades. Etapas e procesos do desenvolvemento. Gametoxénese.
Tema 2. Ovulación. Clases de ovos. Cubertas protectoras. Espermatozoide. Fecundación.
Tema 3. Segmentación, morulación, blastulación e gastrulación.
Tema 4. Anexos embrionarios en aves e mamíferos.
Tema 5. Nidación ou implantación. Placentación.
Tema 6. Contribución das follas embrionarias á formación de órganos. Organoxénese.
Tema 7. Desenvolvemento do aparello locomotor.
Tema 8. Desenvolvemento do aparello gastropulmonar.
Tema 9. Desenvolvemento do aparello uroxenital.
Tema 10. Desenvolvemento do sistema circulatorio.
Tema 11. Desenvolvemento do corazón.
Tema 12. Desenvolvemento do sistema nervioso.
Tema 13. Desenvolvemento de ollo e oído.
Tema 14. Desenvolvemento de cabeza e pescozo.
Tema 15. Desenvolvemento das membranas serosas
Tema 16. Desenvolvemento do sistema tegumentario.
Tema 17. Malformacións conxénitas.
Tema 18. Manipulación embrionaria.
PROGRAMA PRÁCTICO: Desenvólvese en 4 sesións interactivas.
Embrioloxía Veterinaria LB1. Revisión dos xenitais feminino e masculino, con especial atención ás gónadas. Estudo dos gametos feminino e masculino. Malformacións conxénitas mais frecuentes. Duración: 2,5 horas.
Embrioloxía Veterinaria LB2. Estudo da placenta e dos anexos fetais en distintas especies domésticas. Disección de úteros xestantes, fetos e neonatos de diferentes idades. Duración: 3,5 horas.
Embrioloxía Veterinaria LB3. Seguimento do desenvolvemento dos sistemas corporais en seccións de embrións de mamíferos de diferentes idades, con identificación dos seus compoñentes e especial atención á súa evolución. Duración: 2,5 horas.
Embrioloxía Veterinaria LB4. Exposición e defensa dun traballo en equipo como tarefa de prácticas proposta; as instrucións para ela detallaranse no apartado dedicado a tal fin no campus virtual da materia. Duración: 3,5 horas.
Moitos dos textos que se propoñen teñen varias edicións dispoñibles, e calquera delas serve para consulta. Por outra banda, algúns son libros clásicos que xa non se reeditan, pero iso non significa que perderan o seu valor. En canto aos numerosos atlas virtuais e recursos en liña que se atopan facilmente en calquera buscador, é recomendable ser un pouco prudente antes de confiar en materiais que non contan co respaldo dunha editorial, universidade ou asociación científica recoñecida.
Bibliografía básica:
GARCÍA MONTERDE J, GIL CANO F. 2013. Embriología veterinaria. Un enfoque dinámico del desarrollo animal. Intermédica, Buenos Aires.
HYTTEL P, SINOWATZ F, VEJLSTED M. 2010. Essentials of Domestic Animal Embryology. Saunders Elsevier, China.
McGEADY TA, QUINN PJ, FITZPATRICK ES, RYAN MT. 2017. Veterinary Embryology. 2ª ed. Blackwell Publishing, Oxford
NODEN DM, de LAHUNTA A. 1990. Embriología de los animales domésticos. Acribia, Zaragoza.
SADLER TW. Langman Embriología médica con orientación clínica. 8ª ed. Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2000.
http://www.uco.es/organiza/departamentos/anatomia-y-anat-patologica/peq…
Páxina da Universidade de Córdoba con sinxelas explicacións e vídeos sobre o desenvolvemento embrionario de animais domésticos.
Bibliografía complementaria:
BALINSKY BI. 1983. Introducción a la embriología. Omega, Barcelona.
BOYDEN EA. 1933. Laboratory atlas of the 13 mm pig embryo. The Wistar Institute Press, Philadelphia.
CARLSON BM. 1990. Embriología Básica de Patten. Interamericana, México.
CARLSON BM. 2001. Embriología humana y biología del desarrollo. Harcourt, Madrid.
GILBERT SF. 2005. Biología del desarrollo. 7ª ed. Panamericana, Madrid.
KAUFMAN MH. 1998. The atlas of the mouse development. Academic Press, London.
LARSEN WJ. 2003. Embriología humana, Elsevier, Madrid.
MATHEWS WW. 1976. Atlas of Descriptive Embryology. 2ª ed. McMillan, N.York.
MICHEL G, SCHWARZE E. 1970. Compendio de anatomía veterinaria. Tomo VI. Embriología. Acribia, Zaragoza.
MOORE KL, PERSAUD TVN. 2000. Embriología básica. McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
SCHOENWOLF G, WATTERSON RL.1989. Laboratory studies of chick, pig and frog embryos. Guide and atlas of vertebrate embryology. 6ª ed. Macmillan Publishing Company, New York.
SCHWARTZ V. 1977. Embriología animal comparada. Omega, Barcelona.
TUCHMANN-DUPLESSIS H, HAEGEL GD. 1969-70. Embriología, vol. 1, 2, 3, ed. Toray-Masson, Barcelona.
WINTENBERGER-TORRES S, SEVELLEC C. 1987. Atlas du developpement embryonnaire precoce chez les ovins. INRA, Paris.
e-Mouse Atlas https://www.emouseatlas.org/emap/ema/modelsummary/modelsummary.html
De xeito xeral recoméndase a utilización daquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC: "A BUSC EN LIÑA" https://rebusca.usc.gal/inicio
Ademais, é posible realizar búsquedas de revistas científicas e libros electrónicos xestionados por BUGalicia, empregando as credenciais da USC, a través de Iacobus e reBUSCa: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
Acceso gratuíto a libros electrónicos dende a plataforma Access Medicine de McGraw-Hill como usuario de la BUSC https://accessmedicina.mhmedical.com/
Entre outras, algunhas plataformas de anatomía online:
• IVALA Learn | 3D Veterinary Anatomy & Clinical Learning (registro GRATIS para estudiantes): https://www.ivalalearn.com/
• Vídeos de Anatomía del aparato reproductor y Embriología de la Universidad de Murcia: https://www.um.es/web/anatvet/docencia/asigna
Xenéricas do grao en veterinaria:
1. GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
2. GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
3. GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
4. GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma ou en equipo.
Competencias específicas disciplinarias:
CDEVUSC02. Adquirir coñecementos sobre a estrutura e función dos animais sans.
Competencias específicas profesionais:
D1VUSC 03. Executar técnicas básicas de análise e interpretación dos resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
(Na materia adquírense coñecementos necesarios para interpretar resultados clínicos especialmente relacionados coa exploración física, as ténicas de imaxe e, ata certo punto, os precedementos cirúrxicos).
Competencias específicas académicas:
CEAVUSC08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das habilidades profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
CTVUSC02. Capacidade de obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala de forma crítica.
CTVUSC03. Capacidade de elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
Sesións expositivas
Sesións expositivas na aula, con utilización sistemática do Campus Virtual como soporte docente e canle de comunicación directa co alumnado.
A materia ten asignadas 24 horas de sesións expositivas de 50 minutos de duración (ver calendario académico para a cronoloxía exacta), ás que se debe asistir regularmente.
Nos exames avaliarase a habilidade relacionada co obxectivo de aprendizaxe “Coñecemento e uso da linguaxe e terminoloxía axeitadas para a descrición e identificación de estruturas e lesións” da competencia 5 ao día 1 da Federación de Veterinarios Europeos: “Comunicarse de maneira eficaz cos clientes, o público, os colegas profesionais e as autoridades responsables, empregando unha linguaxe axeitada ao público en cuestión e respectando plenamente a confidencialidade e a privacidade”. Eliminatoria.
Sesións interactivas: 12 horas prácticas distribuídas en 4 sesións de entre 2,5 y 3,5 horas de duración; no horario do semestre aparece o detalle cas datas e grupos convocados en cada franxa horaria. Todas as prácticas teñen lugar na sala de disección do pavillón 3, planta soto.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria para poder realizar o exame final da materia e superala.
Durante as prácticas usaranse, como material esencial de apoio, as notas tomadas nas clases expositivas, así como los contidos dispoñibles na aula virtual da materia. Os atlas impresos ou en formato electrónico son moi aconsellables para axudar a resolver dúbidas concretas
Durante as prácticas, os alumnos traballan en equipos reducidos, nos cales deben distribuír as tarefas a realizar en cada sesión, xestionando o tempo dedicado a cada unha co obxectivo de acadar o resultado final das prácticas, con respecto entre os membros e cara ao resto de equipos e o profesorado. Traballarase a utilización correcta da linguaxe e terminoloxía propias da materia. O contido das prácticas será motivo de elaboración dunha tarefa relacionada con algún dos aspectos tratados, e cuxa descrición se detallará na correspondente sección do campus virtual da materia e na titoría. O resultado deste traballo -realizado en equipos dun máximo de 3 persoas- expoñerase na última sesión práctica (Embrioloxía veterinaria LB4) e formará parte da avaliación continua que ten un peso do 30% na nota final. Desta forma, traballarase nas habilidades relacionadas cos obxectivos de aprendizaxe “Coñecemento e uso da linguaxe e terminoloxía axeitadas para a descrición e identificación de estruturas e lesións” e “Distribuír unha tarefa e xestionar o tempo dedicado a ela para un traballo en equipo eficaz” das competencias 5 e 6 ao día 1 da Federación de Veterinarios Europeos (FVE): “Comunicarse de maneira eficaz cos clientes, o público, os colegas profesionais e as autoridades responsables, empregando unha linguaxe axeitada ao público en cuestión e respectando plenamente a confidencialidade e a privacidade” e “Aplicar principios de interacción interpersonal eficaz, incluíndo comunicación, liderado, xestión, traballo en equipo, respecto mutuo e outras habilidades transversais”, respectivamente. Estes obxectivos de aprendizaxe traballaranse en todas as prácticas de Embrioloxía Veterinaria LB1 a LB4 e avaliaranse na práctica de Embrioloxía Veterinaria LB4, constituíndo parte da nota da avaliación continua.
Como parte do traballo práctico, cada equipo debe avaliar un dos traballos realizados e defendidos por outro equipo. Esta valoración basearase nunha rúbrica. Desta forma, traballarase na habilidade relacionada cos obxectivos de aprendizaxe: “Empregar o espírito crítico cun enfoque positivo cara á información recibida” e “Contrastar e avaliar de forma reflexiva a información proporcionada polos compañeiros” da competencia 15 ao día 1 da Federación de Veterinarios Europeos: “Participar en procesos de autoavaliación e avaliación por pares (entre estudantes) de forma regular para mellorar o rendemento”. Estes obxectivos de aprendizaxe avaliaranse na práctica de Embrioloxía Veterinaria LB4, constituíndo parte da nota da avaliación continua.
Acceso á sala de prácticas:
Ademais das medidas de hixiene que puidesen establecer as autoridades, é necesario observar as NORMAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
• Para acceder á sala de prácticas e dadas as características do traballo que se vai desenvolver, é obrigatorio o uso de bata branca de laboratorio, luvas desbotables e botas de goma.
• Para o traballo individual é imprescindible ter un material básico de disección composto por bisturí, pinzas e tesoiras.
• É moi recomendable usar lentes de seguridade e máscara hixiénica de protección facial.
• Asimismo, será de aplicación calquera outra instrucción que o profesorado indique sobre normativa de seguridade e equipos de protección individual.
Tanto no Campus Virtual como á entrada da sala de disección figuran as normas básicas de seguridade que o alumnado debe observar no recinto; calquera dúbida respecto diso será resolta polo profesorado presente en cada sesión práctica.
Como actividade obrigatoria para poder acceder aos materiais das prácticas, así como aos tests de avaliación en liña, e como proba de ter accedido a esa información, é necesario superar un breve cuestionario sobre os conceptos básicos, igualmente dispoñible no campus virtual. Calquera dúbida que poida xurdir respecto diso será resolta polo profesorado presente en cada sesión práctica. Desta forma, traballarase na habilidade relacionada cos obxectivos de aprendizaxe: “Aplicar as medidas de bioseguridade para traballar en diferentes ámbitos de traballo dun veterinario” da competencia 4 ao día 1 da Federación de Veterinarios Europeos: “Promover, vixiar e contribuír ao mantemento da saúde e da seguridade de un mesmo, dos pacientes, dos clientes, dos compañeiros e do medio ambiente no ámbito veterinario; demostrar coñecementos sobre os principios de garantía de calidade; aplicar os principios de xestión de riscos na práctica”. Estes obxectivos de aprendizaxe traballaranse en todas as prácticas: Embrioloxía Veterinaria LB1 a LB4. Non se avalía, actividade formativa
Titorías:
No actual plan de estudos existen dous tipos de titoría: grupal e individual.
Realizaranse dúas titorías grupais para todos os alumnos na aula asignada (ver calendario académico para a cronoloxía exacta). A primeira terá lugar ao comezo do semestre como presentación da materia. A segunda utilizarase para explicar a elaboración, o formato e a temática da tarefa práctica que deberá ser presentada e defendida na última sesión interactiva.
O segundo tipo de titoría, a individual, responde ao o modelo tradicional, moi recomendable para aclarar cantas dúbidas e dificultades poidan xurdir durante o desenvolvemento da docencia. É necesario fixar unha data antes de acudir a esta titoría que terá lugar no despacho do profesor, ou si así se acorda, de xeito virtual a través da plataforma oficial MS Teams.
Asistencia regular ás sesións expositivas e asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
As prácticas son unha actividade OBRIGATORIA polo que non realizalas -salvo causas de forza maior que deberán xustificarse documentalmente- implica non poder presentarse ao exame final en ningunha das oportunidades e, en consecuencia, non superar a materia.
A cualificación obtida na avaliación continua das sesións interactivas -incluída a tarefa- constituirá o 30% da nota final. Terase en conta a implicación e actitude de cada alumno, a destreza adquirida co traballo manual e os coñecementos demostrados durante as sesións. O alumnado debe entregar un traballo (tarefa) de prácticas, defendelo na última sesión de prácticas e avaliar o traballo doutro equipo. Nesta actividade avalíanse tamén as competencias 5, 6 e 15 a día 1 da FVE de forma non eliminatoria (actividade sumativa).
A cualificación obtida no exame final -en calquera das súas dúas oportunidades, cuxas datas oficiais se fixan no calendario académico de cada ano- supón o 70% da nota global. Para aprobar, esixirase un mínimo de 50% de respostas correctas nesta proba (actividade sumativa eliminatoria). No exame final tamén se avaliará a competencia 5 a día 1 da FVE (actividade sumativa eliminatoria).
O exame constará dunha combinación de preguntas curtas, preguntas tipo test con resposta única ou múltiple, afirmacións para identificar como verdadeiras ou falsas, figuras para completar, listas de termos para relacionar segundo un determinado criterio, etc. Informarase ao comezo do exame se hai respostas que descontan.
O exame final é complementario da avaliación continua.
A cualificación obtida nas prácticas, sempre que sexa igual ou superior a 5, gárdase indefinidamente ata a superación da materia.
O alumnado debe superar un breve cuestionario sobre os conceptos básicos das normas de bioseguridade da sala de prácticas como actividade obrigatoria para poder acceder aos materiais das prácticas, así como aos tests de avaliación en liña, e como proba de ter accedido ás normas de bioseguridade dispoñibles no Campus Virtual. Trátase dunha actividade formativa para traballar a competencia 4 a día 1 da FVE.
Non procede a dispensa de asistencia a esta asignatura.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases maxistrais..............................24
Prácticas de laboratorio......................12
Titorías en grupos reducidos.................1,5
Total horas de traballo presencial........37,5
TRABALLO PERSOAL DO/A ESTUDIANTE Horas
Estudo individual................................................27,5
Elaboración de memorias de prácticas e tarefa........4
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc......................4
Realización de exames.........................................2
Total horas de traballo persoal do/a estudante......37,5
TOTAL HORAS DO/A ESTUDANTE.......................75
Asistencia ás sesións teóricas e prácticas. Consultar o material referido na bibliografía básica e aplicada, recomendando encarecidamente o acceso ás páxinas web indicadas.
Non procede a dispensa de asistencia a clases expositivas nin interactivas.
Patricia Fernandez Troconiz Revuelta
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- patricia.troconiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Nuria Vicenta Alemañ Posadas
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- nuria.alemany [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Manuela De Azevedo Gomes
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- anamanuelade.azevedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 2 |
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 2 |
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 2 |
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 2 |
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 2 |
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 2 |
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 2 |
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 2 |
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 2 |
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 2 |
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 2 |
11:00-11:30 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
19.12.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.12.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
19.12.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
16.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
16.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |