Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal do curso é explicar as características e as causas das transformacións económicas e sociais experimentadas no mundo desde a Revolución Industrial ata a actualidade. Búscase que o estudantado:
- Comprenda os conceptos básicos da economía e a súa aplicación a diferentes contextos históricos.
- Aprecie o papel desempeñado polos factores económicos e os factores institucionais nos procesos de desenvolvemento económico.
- Familiarícese con técnicas e instrumentos estatísticos básicos empregados no tratamento das series económicas históricas (números índice, taxas de crecemento, variables nominais e reais, etc.).
- Coñeza as distintas modalidades de empresa xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento.
1. Introdución. O desenvolvemento económico mundial no longo prazo.
2. As economías preindustriais
3. A Primeira Revolución Industrial
4. Primeira globalización, segunda industrialización e gran diverxencia. O desenvolvemento da gran empresa moderna
5. Guerras, crises e desintegración económica internacional (1914-1945)
6. A economía trala Segunda Guerra Mundial: a nova orde internacional e a idade de ouro da economía mundial. A empresa na globalización capitalista
7. O final da idade de ouro do crecemento. Entre as crises económicas e a segunda globalización
Bibliografía básica:
- FELIÚ, Gaspar; SUDRIÁ, Carles (2013). Introducción a la historia económica mundial. Valencia, Universitat de València. https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-4465
- ZAMAGNI, Vera (2016). Una Historia Económica. Europa de la Edad Media a la Crisis del Euro. Barcelona, Crítica.
- TELLO, E. (Ed.) (2012). Cómo hemos llegado hasta aquí. Una introducción a la historia económica global. Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya. http://hdl.handle.net/10609/62305
Bibliografía complementaria:
- ALLEN, R.C. (2017). Historia económica mundial: una breve introdución. Madrid, Alianza Editorial
- CAMPS, E. (2013). Historia económica mundial. La formación de la economía internacional: siblos XVI-XX. Madrid, McGraw Hill-Interamericana.
- CARRERAS, A.; TAFUNELL, X. (2004). Historia económica de la España contemporánea. Barcelona, Crítica.
- COMÍN, F. (2011), Historia económica mundial. De los orígenes a la actualidad. Madrid, Alianza Editorial.
- FRIEDEN, J. A. (2007). Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Barcelona, Crítica.
-KOYAMA, M.; RUBIN, J. (2022): How the world became rich: the historical origins of economic growth. Cambridge, Polity Press.
- MADDISON, A. (2010). Statistics on World Population, GDP and Per Capita GDP, 1-2008 AD, [versión electronica] Recuperado o 9 de decembro de 2018 de: http://www.ggdc.net/MADDISON/oriindex.html
- The Maddison-Project [version electrónica]. Recuperado o 9 de decembro de 2018 de: http://www.ggdc.net/maddison/maddison-project/home.htm 2013 version
- OUR WORLD IN DATA. Recuperado o 9 de decembro de 2018 de: https://ourworldindata.org/
- PALAFOX, J. (Ed.) (2014). Los tiempos cambian. Historia de la Economía. Valencia, Tirant Humanidades.
- ROY, T.; RIELLO, G. (2024; 2º ed). Global Economic History. Londres, Bloomsbury.
- VALDALISO, J.M.; LÓPEZ, S. (2000). Historia económica de la empresa. Barcelona, Crítica
C2. Comprender a contorna socioeconómica, os procesos de desenvolvemento económico, o papel das institucións económicas e o deseño e elaboración de políticas económicas.
C3. Interpretar a contorna histórica, social e institucional da empresa
C5: Identificar as tendencias da economía internacional e o seu impacto na actividade empresarial
HD2. Comunicar oralmente e/o por escrito de forma efectiva, con precisión e claridade, co propósito de transmitir coñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades e solucións
HD5. Desenvolver a creatividade, proactividade e mentalidade emprendedora e innovadora.
CP4. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e/o da súa contorna para tomar decisións no ámbito empresarial.
CP9. Actuar con responsabilidade ética e con respecto polos dereitos e deberes fundamentais, a igualdade de xénero, a diversidade e os valores democráticos.
CP10. Avaliar o impacto social, económico e ambiental da actividade empresarial.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que comprenden o programa da materia, recalcando aqueles aspectos máis relevantes e as relacións existentes entre eles. Empregaranse para actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran unha participación activa do estudantado, e nas que, por tanto, o número de estudantes por grupo non é un factor crítico para o seu desenvolvemento.
As sesións interactivas en grupo reducido dedicaranse a presentar e debater os resultados dos traballos realizados polo estudantado sobre temas previamente suscitados polo profesorado. É dicir, actividades presenciais que buscan ou requiren unha participación activa dos e as estudantes: comentarios de texto, análises interpretativas sobre materiais e datos de carácter histórico escollidos polo profesorado, seminarios, análises de estudos de caso, gamificación en aula, presentacións orais, debates, docencia en aula invertida, etc. As actividades de traballo persoal do estudantado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo persoal docente.
Empregarase o Campus Virtual con material de apoio dispoñible. Esta materia conta con guía docente a disposición do estudantado na Aula Virtual.
A cualificación do estudantado levarase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua. O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo estudantado: participación activa nas actividades expostas (comentarios de texto, análises interpretativas sobre materiais e datos de carácter histórico escollidos polos profesores, debates, análises de estudos de caso, exercicios guiados, tarefas ou cuestionarios, presentación e exposición de traballos, realización do exame de contidos, etc.) e basearase na realización de controis periódicos da evolución do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias.
A avaliación continua incluirá:
a) A participación na clase, as prácticas, traballos e probas realizadas ao longo do semestre (40% da cualificación final). Dentro destas actividades inclúese a superación do curso en “Competencias en información” impartido polo persoal da Biblioteca da USC cun máximo de 0,5 puntos. Nesta parte avalíanse as seguintes competencias: C2, C3, C5, HD2, HD5, CP4, CP9, CP10.
b) Un exame realizado ao final do curso (60% da cualificación final). Nesta parte avalíanse as seguintes competencias: C2, C3, C5, HD2, CP4, CP9, CP10.
Outros aspectos de interese relacionados coa avaliación:
Para aprobar hai que obter unha nota de 4 puntos ou máis no exame final. Así mesmo, cómpre ter realizado o 75% das actividades avaliables ao longo do semestre (parte de continua).
A asistencia non terá incidencia directa na avaliación.
A dispensa de asistencia está regulada polo Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster. O estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase deberá realizar un exame final do programa da materia preparado a partir da bibliografía básica. Este exame suporá o 100% da súa cualificación.
As condicións de avaliación serán exactamente as mesmas nas distintas oportunidades (xaneiro e xuño/xullo).
Así mesmo, unha vez finalizado o curso académico, o estudantado que non supere a materia terá que seguir as normas que se establezan na programación do curso seguinte. Por tanto, non se conservará para cursos posteriores a cualificación de ningunha parte da materia.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supón que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
As probas realizaranse na data e horario establecidos pola Facultade.
Para as probas é obrigatorio presentar un documento de identificación oficial: carné de identidade, tarxeta universitaria, pasaporte, etc.
Outros matices sobre estes criterios básicos facilitaranse ao longo do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na memoria do título establécense 50 horas de traballo presencial do estudantado na aula. Así mesmo, estímanse 99 horas máis para o traballo persoal (estudo autónomo, redacción de exercicios, lecturas, etc.) e 1 hora de titorías para a resolución de dúbidas fóra da aula.
Aínda que esta materia non esixe requisitos previos, considérase moi recomendable un coñecemento básico de informática a nivel de usuario (procesador de texto, folla de cálculo, navegador da internet...).
Luisa Maria Muñoz Abeledo
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881812638
- Correo electrónico
- luisamaria.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Damian Copena Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- damian.copena [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Venres | |||
---|---|---|---|
11:00-12:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
08.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
08.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |