Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecemento global do comportamento do sector público, tanto na vertente de ingresos como de gastos, desde unha perspectiva económica.
- Coñecemento das técnicas orzamentarias.
O SECTOR PÚBLICO: UNHA INTRODUCIÓN
1. CARACTERIZACIÓN, FUNCIÓNS E FORMAS DE ACTUACIÓN DO SECTOR PÚBLICO COMO SUXEITO ECONÓMICO
2. OS SECTORES PÚBLICOS ADMINISTRATIVO E EMPRESARIAL NAS CONTAS NACIONAIS
3. O ORZAMENTO PÚBLICO
AS DECISIÓNS PÚBLICAS. O GASTO PÚBLICO
4. OS BENS PÚBLICOS
5. AS EXTERNALIDADES
6. OS MONOPOLIOS E MERCADOS CONCENTRADOS
7. EFICIENCIA E EQUIDADE DO GASTO PÚBLICO. ANÁLISE CUSTO-BENEFICIO
8. A TEORÍA ECONÓMICA DA POLÍTICA
9. OS SERVIZOS SANITARIOS
10. OS SISTEMAS DE PENSIÓNS
OS INGRESOS PÚBLICOS
11. OS IMPOSTOS EFICIENTES
12. A INCIDENCIA DOS IMPOSTOS
13. A IMPOSICIÓN SOBRE A RENDA PERSOAL
14. A IMPOSICIÓN SOBRE A RENDA DE SOCIEDADES
15. A IMPOSICIÓN SOBRE A RIQUEZA
16. A IMPOSICIÓN SOBRE O CONSUMO
17. DÉBEDA E DÉFICIT PÚBLICO
OUTROS TÓPICOS
18. FEDERALISMO FISCAL E FACENDA DESCENTRALIZADA
19. FACENDA E ORZAMENTOS PÚBLICOS CON PERSPECTIVA DE XÉNERO
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Albi, E. et al. (2017), Economía Pública, I/II, Ariel, Barcelona
Ayala Cañón, L. (coord.) (2024), Economía del Sector Público, Civitas, Madrid.
Instituto Europeo de la Igualdad de Género (EIGE) (2022), La presupuestación con perspectiva de género: herramientas metodológicas, Oficina de Publicaciones de la Unión Europea, Luxemburgo.
Navarro, R. e Paniagua, F.J. (2017), Hacienda Pública (I y II), Pearson Educación, Madrid.
Stiglitz, J.E. e Rosengard, J.K. (2016), La economía del sector público, A. Bosch editor, Barcelona.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Buendía Garcia, L. (ed.) (2023), El papel del Estado en la economía. Análisis y perspectivas para el siglo XXI, Fuhen, Madrid.
Cruz, J.M.N. (2008), Economia e Política: uma Abordagem Dialéctica da Escolha Pública, Coimbra Editora, Coimbra.
Iglesias Caridad, M. (2017), Igualdad y perspectiva de género en el Derecho de la Hacienda pública, Editorial Reus, Madrid.
Pazos Morán, M. (dir.) (2005), Política fiscal y género, colección Estudios de Hacienda Pública, IEF, Madrid.
Rosen, H.S. (2007), Hacienda Pública, Mc.Graw Hill, Madrid.
- Comprender a lóxica económica do comportamento do sector público
- Poder valorar as reformas tributarias e entender basicamente os informes sobre as finanzas públicas.
- Comprender un presuposto público na súa estrutura económica.
- Coñecer os mecanismos de xestión dos gastos e os ingresos dunha Administración Pública.
O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa polo profesor, explicando as cuestións básicas incluídas no programa e a información que posibilite o traballo autónomo do alumno
As clases interactivas destinaranse fundamentalmente a desenvolver actividades de carácter práctico propostas para cada tema (que variarán en función do tema de que se trate), para aprofundar nos conceptos por medio de exemplos, utilizando as técnicas de análise adecuadas.
As titorías servirán de apoio ao proceso de aprendizaxe do alumnado.
Ao longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta materia, na que estará á disposición dos alumnos o material que o profesor estime oportuno subministrarlles por esta canle, e na que se fixarán os traballos a realizar polos alumnos. Xa que logo, o seguimento a través da aula virtual resulta imprescindible para a materia.
Aqueles estudantes matriculados nesta materia poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
En caso de dúbidas sobre o seu funcionamento, poderase adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta.
A organización das titorías para o estudantado comunicarase por cada profesor.
Haberá dúas opcións de avaliación:
Opción 1 (avaliación mixta); basearase en:
a) sistema de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia, a participación activa e colaboradora e, no seu caso, probas de curta duración);
b) exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Avaliación continua....... 30%
Exame final................. 70%
Opción 2 (avaliación única); basearase nun exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia, que terá un peso relativo do 100% na cualificación final da materia.
Esa opción 2 sería a aplicable por defecto cando o alumno non cumpriu os mínimos da avaliación continua ou a partir da primeira convocatoria (sempre que aplicación da avaliación continua prexudicase ao alumno).
Os alumnos que teñan exención oficial de docencia ou dispensa de asistencia serán avaliados 100% no exame final.
(a) Traballo presencial do alumno
- Asistencia a clases expositivas: 30 horas
- Clases interactivas: 15 horas
- Titorías: 5 horas
- Exame final: 3 horas
TOTAL: 53 HORAS
(b) Traballo autónomo do alumno
- Preparación das clases expositivas: 15 horas
- Lecturas recomendadas: 15 horas
- Preparación das clases interactivas (exposicións, realización de exercicios, busca de material de apoio): 40 horas
- Preparación do exame: 30 horas
TOTAL: 100 HORAS
TOTAL: 153 HORAS
. Preparación previa das clases presenciais
. Seguimento das clases presenciais
. Seguimento das clases interactivas
. Realización dos exercicios recomendados
. Lectura da bibliografía recomendada
. Atención á actualidade económica
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Recoméndase evitar o emprego dunha linguaxe sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información no documento de criterios da Oficina de Igualdade de Xénero da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
Jose Caamaño Alegre
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814764
- Correo electrónico
- jose.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Jesus Ferreiro Seoane
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- franciscojesus.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0.2 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 0.2 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | 0.2 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | 0.2 |
02.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
02.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | 2.1 |
03.07.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | 2.1 |
03.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | 2.1 |