Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Análise das escolas estilísticas e estéticas relacionadas coas principais técnicas de edición e montaxe audiovisual.
2. Instrución para a conformación de produtos audiovisuais, a partir da sutura de imaxes e sons, en función dos canons narrativos de cada xénero ou estilo.
3. Capacitación no uso das aplicacións que habilitan en distintas técnicas de edición, posprodución, composición e etalonado, destinadas á realización de produtos audiovisuais en función, tanto da súa tipoloxía como da xanela de difusión.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Introdución: A edición audiovisual
1.1 O concepto de montaxe e edición audiovisual. O deseño e a planificación da edición entendidos como realización. A edición na produción e na posprodución
1.2 Unidades da montaxe
1.3 Tipos de transicións
TEMA 2. Evolución histórica da edición
2.1 Pioneiros
2.2 A linguaxe clásica. O raccord: tipos, normas e excepcións
2.3 Rupturas da linguaxe clásica
TEMA 3. Fundamentos e recursos da edición audiovisual
3.1 Onde e por que cortar
3.2 Os elementos da montaxe
3.3 Ritmo interno e externo. Métodos de alteración do ritmo interno. Tipos de ritmo
3.4 O espazo e o tempo. Elipse, analepse e prolepse
3.5 O son
3.6 Tipos de edición
3.7 Principais técnicas de postprodución
TEMA 4. Convencións e montaxe de tipos de secuencias
4.1 Secuencia expositiva
4.2 Secuencia de "montage"
4.3 Montaxe de diálogos
4.4 Montaxe de acción
4.5 Montaxe de terror / thriller
CONTIDOS PRÁCTICOS
TEMA 1. Edición non lineal (ADOBE PREMIERE)
1.1 Deseño, configuración e adecuación do proxecto
1.2 Preparación, captura e organización dos materiais
1.3 Edición: Transicións e efectos
1.4 A liña de tempos, a sincronía
1.5 Ferramentas de transformación e axuste
1.6 Edición de audio
1.7 Edición multicámara
1.8 Procesamento, masterización e empaquetado do produto para a difusión e distribución
TEMA 2. Postprodución (ADOBE AFTER EFFECTS)
2.1 Deseño, configuración e adecuación do proxecto. A interface de usuario
2.2 Importación e administración de elementos de material de arquivo
2.3 Animación e fotogramas chave.
2.4 Incorporación de efectos e modificación das súas propiedades
2.5 Expresións
2.6 Os seguimentos (tracking)
2.7 Métodos de incrustación de elementos gráficos e visuais
2.8 As máscaras
2.9 Técnicas de motion graphics
2.10 Etalonado e tratamento da cor
2.11 Procesamento e exportación
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Grossi, M. (2002). Elementos de montaje cinematográfico. Buenos Aires: CIC.
Marimón, J. (2014). El montaje cinematográfico. Del guion a la pantalla. Barcelona: Ube-ESCAC.
Morales, F. (2013). Montaje audiovisual. Teoría, técnica y métodos de control. Barcelona: Editorial UOC
Sánchez-Biosca, V. (1996). El Montaje cinematográfico: teoría y análisis. Barcelona: Paidós.
Villain, D. (1994). El montaje. Madrid: Cátedra.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Amiel, V. (2005). "Estética del montaje". Madrid: Adaba.
Katz, S. D., Torres, P., & Heras, M. (2020). Plano a Plano: De la idea a la pantalla
Martin, M. (2008). El lenguaje del cine. Barcelona: Gedisa Editorial.
McGrath, D. (2001). Montaje & postproducción. Barcelona: Océano.
Murch, W. (2003). En el momento del parpadeo. Un punto de vista sobre el montaje cinematográfico. Madrid: Ocho y medio.
Peláez Barceló, A. (2022). Montaje y postproducción audiovisual: Curso Práctico:
Pinel, V. (2004). El montaje, el espacio y el tiempo en el film. Paidós.
Reisz, K. (2003). Técnica del montaje cinematográfico. Madrid : Plot.
Sánchez, Rafael C. (2008). El Montaje cinematográfico arte de movimiento. Buenos Aires: La Crujia.
Steven D. Katz ; traducción de Marta Heras ; Actualización de Pilar Torres. Plot.
Técnicas, Soluciones, Efectos y Trucos. Altaria.
Thompson, R. (2001). Manual de montaje : gramática del montaje cinematográfico. Madrid : Plot.
CON.3 - Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.5 - Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
CON.6 - Coñecer as competencias profesionais de produción, distribución e exhibición das obras audiovisuais.
HAB.1 - Transmitir de maneira idónea contidos audiovisuais destinados a públicos especializados e non especializados.
HAB.3 - Dominar o instrumental, as técnicas e rutinas profesionais da cadea de creación e produción audiovisuais.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
HAB.5 - Analizar, mediante diversas metodoloxías, calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.2 - Deseñar e implementar técnicas e tecnoloxías de tratamento e expresión visuais e sonoras aplicadas ás obras audiovisuais.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e postprodución audiovisuais.
COM.5 - Seleccionar e utilizar as técnicas e tecnoloxías máis creativas, innovadoras e adecuadas a cada reto comunicativo.
COM.6 - Exercitar a coordinación e xestión de equipos profesionais na cocreación de produtos audiovisuais.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
As clases maxistrais tratarán exhaustivamente os conceptos, regras, teorías e técnicas nas que se sustenta a edición audiovisual.
Ademais de clases maxistrais haberá estudos de caso e debates, e, en paralelo, iranse aplicando os coñecementos nas prácticas na aula de informática, con apoio docente.
As clases interactivas desenvolveranse nunha aula de informática con Adobe Premiere e Adobe After Effects.
Proporanse exercicios individuais, para resolver na clase ou fóra de ela.
O alumno editará persoalmente os seus produtos a través de aplicacións informáticas da facultade relacionadas especificamente coa edición, composición e posprodución.
Preténdese un seguimento constante do alumno e da súa evolución na materia.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A parte teórica da materia será avaliada mediante unha proba de coñecementos que abranguerá os contidos tratados ao longo do curso. Esta proba representará o 40 % da cualificación final.
A avaliación continua computará un 10%. Avaliará unicamente a asistencia a clase, tanto a expositivas como a interactivas. A asistencia a todas as sesións interactivas é obrigatoria para poder superar a materia.
O outro 50 % corresponderá ás prácticas experimentais, para as cales o alumnado deberá entregar todos os traballos individuais esixidos. Estes incluirán:
- As prácticas periódicas realizadas ao longo das 10-12 semanas lectivas, que consistirán en entregas baseadas nos contidos vistos na aula.
- A elaboración dun vídeo para a promoción dun proxecto persoal, no que se apliquen técnicas de posprodución traballadas na materia: animación, máscaras, color grading, uso de keyframes e tracking.
Será imprescindible aprobar tanto a parte teórica como a práctica para superar a materia. No caso de aprobar só a parte práctica na primeira convocatoria, esta nota conservarase para a convocatoria de xullo, mantendo os mesmos criterios de avaliación.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo co artigo 5.2 da Normativa de permanencia da USC, a mera asistencia, así como a participación nas actividades realizadas durante as clases interactivas, serán obxecto de avaliación. Por tanto, o/a estudante que cumpra estes requisitos non poderá recibir a cualificación de “Non Presentado”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Consideracións sobre a exención de docencia. Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as característicase o funcionamento dos exercicios prácticos.
Segunda oportunidade:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada algunha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
- Docencia teórica: 24 horas
- Docencia interactiva: 24 horas
- Titorización en grupo reducido: 3 horas
- Probas de avaliación: 3 horas
- Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Aconséllase o seguimento continuado das distintas actividades docentes, pois constitúen unha cadea de nocións e de aplicacións prácticas que se van complementando, enlazando ou xustificando unhas ás outras.
Por outra banda, convén que o alumno analice e xulgue todo tipo de produtos nos medios de comunicación na busca dos mecanismos que está a estudar. Ademais de axudarlle a entendelos, facilitaralle o ir forxando un criterio propio sobre a edición audiovisual.
Ha de reflexionar sobre a pertinencia e eficacia dos recursos utilizados polos diversos directores e editores para lograr determinados fins, e valoralas. Deste xeito, poderá construír as súas propias opinións e imaxinar alternativas. Poderá formular as súas propias solucións técnicas e estilísticas, e experimentalas nos seus traballos.
Nas clases interactivas todos os alumnos deben pór en común e cotexar as súas diferentes opinións, versións e métodos resolutivos, para enriquecerse mutuamente.
O seu coñecemento progresará, ademais de pola acumulación de teoría, pola posta en práctica da mesma. As tarefas concretas iranlle imprimindo capacidade creativa e habilidades executivas.
Facilitaranse a través do campus virtual da materia os materiais necesarios para o seguimento teórico e práctico da materia.
Jose Soengas Perez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816541
- Correo electrónico
- jose.soengas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Mendez Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- miguelmendez.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
22.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
22.05.2026 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
29.06.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |