Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Conceptualización da produción cultural como actividade industrial.
2. Estudo da composición e estrutura do sector das industrias culturais.
3. Análise e avaliación da súa importancia nas sociedades desenvolvidas.
4. Estudo de subsectores, concentración e fenómenos de transnacionalización.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Aproximación á comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais
1.1. Industrias culturais e industrias creativas
1.2. Culturas mediáticas e transnacionalización da cultura
1.3. A cultura no espazo social
Tema 2. Recepción, públicos e industria cultural
2.1. Codificación e decodificación da cultura
2.2. Cultura participativa e comunidades de fans
Tema 3. Modelos económicos das industrias culturais
3.1. Conglomerados mediáticos e concentración empresarial
3.2. Dinámicas do capitalismo de plataforma
Tema 4. Traballo cultural
4.1. Oficios da cultura
4.2. Acceso ao sector laboral da cultura
Tema 5. A tecnoloxía nas industrias culturais
5.1. Tecnoloxía e produción cultural
5.2. Tecnoloxía, distribución e recepción da cultura
Tema 6. Políticas culturais e regulación
6.1. O sector público e a cultura
6.2. O marco legal das industrias culturais
6.3. A propiedade intelectual
CONTIDOS PRÁCTICOS
As sesións interactivas da materia estarán orientadas aos estudos de caso arredor de procesos de produción no ámbito da industria cultural e nas súas marxes, atendendo aos marcos do terceiro sector ou da cultura underground, especialmente no caso galego. Parte das sesións estarán dedicadas á exposición e realización de traballos por parte do alumnado.
Esta materia prevé a realización de prácticas de campo en caso de que se obteña o financiamento necesario.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Adorno, T. & Horkheimer, M. (1994). Dialéctica de la Ilustración. Trotta. Madrid.
Hesmondhalgh, D. (2019). The Cultural Industries. London: Sage Publications.
Srnicek, N. (2018). Capitalismo de plataforma. Buenos Aires: Caja Negra.
Throsby, D. (2011). Economía y Cultura. Cambridge University Press.
Zafra, R. (2017). El entusiasmo. Barcelona: Anagrama.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Booth, P. (ed.) (2018). A Companion to Media Fandom and Fan Studies. Hoboken: John Wiley and Sons.
Bourdieu, P. (2016). La distinción: criterio y bases sociales del gusto. Barcelona: Taurus.
Chang, J. (2017). Generación Hip Hop. Buenos Aires: Caja Negra.
Consello da Cultura Galega (2023). 40 anos de cultura galega en estatísticas. Santiago de Compostela.
Hall, S. (1980). Encoding / decoding.
McGuigan, J. (20006. 'El populismo cultural revisitado'. Guaraguao, 10(22), 31-57. https://www.jstor.org/stable/25596497
Pelly, L. (2025). Mood Machine. The Rise of Spotify and the Costs of the Perfect Playlist. Nova York: Atria/One Signal Publishers.
Reynolds, S. (2024). Futuromanía. Buenos Aires: Caja Negra.
Steyerl, H. (2018). Arte Duty Free: el arte en la era de la guerra civil planetaria. Buenos Aires: Caja Negra.
Thornton, S. (1997). Club cultures: music, media and subcultural capital. Cambridge: Polity Press.
Williams. R. (2005). Culture and materialism: selected essays. Londres: Verso.
CON.1 - Analizar a imbricación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON.2 – Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual.
CON.3 – Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.7 - Coñecer as distintas metodoloxías de análise de cualquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
HAB.5 - Analizar, mediante diversas metodoloxías, calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e posprodución audiovisuais.
COM.4 - Aplicar diversas metodoloxíass á análise, á crítica e á historiografía de calquera obra audiovisual ou multimedia.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dun xeito profesional e ético no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
• Clase maxistral.
• Seminario.
• Debate.
• Estudos de caso.
• Aprendizaxe baseada en proxectos.
• Presentación en aula.
• Prácticas de campo.
• Metodoloxía baseada na investigación.
Probas de coñecementos: 30%
Actividades de avaliación continua: 20%
Prácticas experimentais: 50%
A asistencia a clase non terá ningunha valoración. Porén, as actividades de avaliación continua requerirán o seguimento constante da materia e algunhas das prácticas experimentais realizaranse na aula.
Poderán proporse actividades complementarias para mellorar a nota.
Na segunda oportunidade a avaliación será a mesma que na primeira.
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a utilización de material técnico da facultade e a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
A materia procura un achegamento crítico ao funcionamento das industrias culturais, polo que, para o aproveitamento da mesma, recoméndase a atención a medios especializados nos diferentes ámbitos da industria da cultura (nomeadamente o audiovisual, pero tamén a música, o sector editorial, o mercado da arte, etc.) e a reflexión crítica arredor dos hábitos de consumo cultural e o seu funcionamento no aspecto económico.
As clases impartiranse en galego.
Cibran Tenreiro Uzal
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
18.05.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
18.05.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
23.06.2026 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |