Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Ó completar a materia o estudantado será capaz de confeccionar un informe sobre a situación da empresa para realizar o seu diagnóstico e permitir implementar melloras na mesma.
Análise do entorno
Ferramentas para a análise
Análise da situación financeira a curto e longo prazo
Rendibilidade e risco
Básica:
- ARCHEL DOMENCH, P. y OTROS ( 2018):Estados contables: Elaboración, Análisis e Interpretación. Ed. Pirámide.
- PALOMARES, J. y PESET, M.J. (2015): Estados financieros. Interpretación y análisis. Ed. Pirámide.
- RIVERO TORRE, P. (2012): Análisis de Balances y Estados complementarios. Ed. Pirámide.
BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
TRANSVERSAIS
CT2. Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes.
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización.
ESPECÍFICAS
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE3. Analizar, diagnosticar e tomar decisións nas distintas áreas funcionais da xestión de empresas seleccionando e aplicando as ferramentas tecnolóxicas máis apropiadas.
CE13. Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análises e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropiadas para dar apoio á toma de decisións.
Esta materia non ten asignada docencia por tratarse dun plan de estudos a extinguir. O estudantado deberá preparar a materia de forma autónoma, sendo guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o estudantado no proceso de ensino-aprendizaxe.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior. Os contidos a avaliar correspóndense co último curso no que a materia se ofertou.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades consistirá nunha proba final de contidos na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Representará o 100% da nota. Neste exame final teórico-práctico avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos adquiridos, así como a súa aplicación a casos prácticos. Será necesario alcanzar unha calificación igual ou superior a 5 (sobre 10) para superar a asignatura.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa para a avaliación do rendemento académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
A materia é de 4,5 créditos, polo que as horas totais de traballo son de 112,5 horas.
M. Luisa Lopez Perez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- mluisa.lopez.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
18.05.2026 12:00-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
23.06.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 6 |