Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Saber definir e elaborar mapas conceptuais e mentais co vocablo «Educación ao longo da vida» e toda a rede de termos que se tecen ao seu redor
2. Defender que a educación, formación e a aprendizaxe ao longo da vida é un desafío socioeducativo, económico, técnico e profesional
3. Identificar que se entende por Orientación ao longo da vida
4. Recoñecer e defender a xerontagoxía como unha área emerxente no ámbito da educación
Os contidos a desenvolver en esta materia céntranse nos temas seguintes:
0. Introdución: O sentido da materia no Plan de Estudos.
1. Educación ao longo da vida: De que estamos falando? Bases conceptuais eteóricas da Educación, Formación e Aprendizaxe ao longo da vida
2. Educación Permanente, Educación de Persoas Adultas e Maiores. Rompendo as fronteiras espazo-temporal e de idade con relación ao acceso á educación
3. Orientación ao longo da vida. Educación e orientación procesos que perseguen o desenvolvemento integral e persoal do individuo ao longo do ciclo vital
4. A Pedagoxía Xerontolóxica dende a perspectiva da Educación Permanente. Novos Depósitos de Emprego (NDE) para unha poboación que envellece.
Bibliografía básica
DIZ LÓPEZ, Mª J. (2021). El aprendizaje a lo largo de la vida nexo entre las políticas sociales y de educación y formación en la unión europea. En J. M. Touriñán López, & M.ª E. Olveira Olveira (Coords.) Pedagogía mesoaxiológica y construcción de ámbitos de educación. La función de educar. (Ripeme- 2021) (pp. 471-482). Editorial REDIPE, Red Iberoamericana de Pedagogía.
LÓPEZ-BARAJAS, E & SARRATE, Mª L. (2005). La educación de personas adultas: Reto de nuestro tiempo. Dykinson. REQUEJO OSORIO, A. (2003). Educación de adultos y educación permanente. Ariel.
OLVEIRA OLVEIRA, M. E.; GUTIÉRREZ MOAR, M. C.; REQUEJO OSORIO, A. & RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, A. (2003). Intervención Pedagógica en
Gerontología. Sega Ediciones.
Bibliografía complementaria
CARIDE GÓMEZ. J. A. & TRILLO ALONSO, F. (Dirs.) (2010). Dicionario galego de Pedagoxía. Guías A-Z. Xunta de Galicia e Editorial Galaxia.
COLOM, A. J. & ORTE, C. (Coords.) (2001). Gerontología educativa y social. Pedagogía social y personas mayores. Servei de Publicacions i Intercanvi Científic.
GUTIÉRREZ MOAR, Mª C. (2021). (Re)configuración de la persona desde la Pedagogía Gerontológica y los Programas Universitarios de Mayores (PUM). EL Aprendizaje Emocional en el IV CICLO de la USC. En J. M. Touriñán López, & M.ª E. Olveira Olveira (Coords.) Pedagogía mesoaxiológica y construcción de ámbitos de educación. La función de educar. (Ripeme-2021) (pp. 355-368).
LONGWORTH. N (2005). El aprendizaje a lo largo de la vida en la práctica. Transformar la educación en el siglo XXI. Paidós. LÓPEZ-BARAJAS ZAYAS, E. (Coord.) (2006). Estrategias de formación en el siglo XXI. Ariel.
ORTE, C. (Coord.) (2006). El aprendizaje a lo largo de toda la vida: los programas universitarios de mayores. Dykinson.
PÉREZ CANO, V.; MALAGÓN BERNAL, J. L. & AMADOR MUÑOZ, L. (Dirs.) (2006). Vejez, autonomía o dependencia, pero con calidad de vida. Dykinson. PRATS, LL. (2005): Cine para educar. Belacqua.
RODRÍGUEZ MORENO, M. L. (2000). La orientación profesional de las personas adultas: fundamentos, principios y servicios. En Sobrado, L. (Ed.). Orientación profesional: diagnóstico e inserción sociolaboral. (pp. 5-38). Estel.
SOBRADO, L. & OCAMPO, C. (2000). Evaluación Psicopedagógica y Orientación Educativa. Estel.
NOTA: Cada tema do programa ten a súa bibliografía específica que estará dispoñible na e-aula da materia.
Básicas, Xerais, transversais e específicas do Grao en Pedagoxía ás que contribúe a materia
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CG3 Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG5 Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
CG6 Promover e desenvolver accións de formación e orientación educativa e/ou laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CT2 Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT6 Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto da súa desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
CE6.4 Orientar no deseño de proxectos profesionais.
O proceso de ensinanza terá un carácter continuo, formativo e participativo. Levarase a cabo tendo en conta os diversos obxectivos marcados para o conxunto dos créditos ECTS. Durante o tempo lectivo se proporanse unha serie de actividades integradas:
a) Presentación da materia e explicación do programa
b) Asistencia e participación na aula
c) Clases expositivas: presentación, explicación de temas
d) Clases interactivas: Actividades prácticas -individuais e/ou grupais- dentro e fora da aula
e) Titorías de traballo de curso
f) Realización dunha proba-exame
Abrirase unha e-aula no Campus Virtual da USC na plataforma Moodle e un equipo de Microsoft Teams.
Os materiais da materia (teóricos e prácticos) estarán na aula virtual ao dispor do estudantado.
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Neste caso, a asistencia é preceptiva para superar a materia, sendo necesario acudir, como mínimo, ao 80% das sesións. O estudantado que se ausente ao 20% ou máis das sesións expositivas e/ou interactivas sen causa xustificada, terán que avaliarse mediante a realización do exame cun valor do 100% sobre a cualificación total. Con anterioridade á realización do exame publicarase unha listaxe do estudantado que se atope nesta situación.
As faltas de asistencia só poderán ser xustificadas cando se enmarquen nalgunha das causas establecidas no artigo 3.2. do citado Regulamento.
Concédeselle moita importancia na avaliación aos seguintes ítems:
- desenvolvemento de bos hábitos de traballo e estudo
- utilización correcta do vocabulario e linguaxe pedagóxicas
- participación activa nos debates de clase
- traballo feito a conciencia
- capacidade investigadora e creativa ao estudar os procesos educativos do envellecemento
- reflexión sobre o seu estudo
- análise do seu papel como futuro pedagogo.
Todas estas consideracións primarán sobre outras na avaliación final.
En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias, os obxectivos, os contidos, e a metodoloxía consignados e cos recursos dispoñibles, a avaliación dos/as estudantes estará baseada nas cualificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na súa asistencia, participación e calidade das aportacións nas sesións de clases expositivas e interactivas que se programen.
EXAME ESCRITO: Haberá unha proba que terá un valor máximo do 40% na nota final, pero superar esta proba non implica aprobar a materia.
PRÁCTICAS DE AULA: As prácticas de aula, seminario ou laboratorio terán un valor máximo do 20% na cualificación final. A nota das prácticas será a media das puntuacións das prácticas entregadas que serán individuais e en grupo. A participación activa nas prácticas será imprescindible para a súa avaliación positiva.
TRABALLO GRUPAL: O traballo grupal da materia terá un valor máximo do 30% na cualificación final. Non se aceptarán traballos dos que a docente non teña constancia da súa elaboración e seguimento. Aqueles estudantes que participan en proxectos de innovación está tarefa terá un valor máximo do 20% na cualificación final substituíndo o traballo grupal.
RECENSIÓN: Dunha obra recollida na bibliografía complementaria que que se indicará cada curso. Cunha repercusión na calificación final dun 10%.
Os parámetros indicados anteriormente só se terán en conta cando a asistencia estea por encima do 80% das sesións (expositivas e interactivas).
a) Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
b) Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do estudantado na segunda oportunidade.
c) A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
d) A proba de exame final superada
ESTUDANTADO REPETIDOR E CON DISPENSA DE DOCENCIA
Realizarán unha proba única co valor do 100% preparada a través das referencias documentais básicas que están ao seu dispor na aula virtual e recollidas no programa, non sendo preceptiva a súa asistencia á clase.
ESTUDANTADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
Asiste ás clases interactivas e realiza as actividades prácticas seguindo o mesmo sistema de avaliación xeral.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificacións”.
Todo o estudando está obrigado a seguir as pautas que se dean nas distintas actividades formativas recollidas neste programa.
Na realización do traballo académico da materia (Prácticas, traballos individuais e/ou grupais, recensións, informes,…) seguiranse as Normas da American Psychological Association (APA). 7ª Edición (2020)
Horas de formación presencial na aula (expositivas e interactivas): 37,5 hs.
Traballo persoal dedicado á elaboración de tarefas: 75 hs.
• Asistencia e participación en clase
• Realización dun traballo constante ao longo do cuadrimestre-semestre para acometer, segundo as normas da acción formativa,
e entregar toda a actividade discente nos prazos que se fixen.
• Solventar as dúbidas na aula e nas titorías.
Nas primeiras sesións de clase atendendo a calendarización de realización e entrega de traballos establecéranse as datas limite para a recollida das tarefas indicadas.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
CONTA RAI
É obrigatorio que o estudantado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas f acilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/po litica-privacidad- proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento
académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
María Del Carmen Gutierrez Moar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813887
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Julia Diz Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813745
- Correo electrónico
- mariajulia.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
21.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
02.07.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |