Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
1. Identificar as relacións entre o deseño de software educativo e as teorías de aprendizaxe e ensino que o sustentan.
2. Analizar as condicións de uso que impón un determinado software educativo nunha proposta de e-learning.
3. Analizar as posibilidades formativas dos diferentes tipos de software para o ensino (videoxogos, software de programación orientado ao traballo do pensamento computacional etc.)/ etc.).
4. Desenvolver habilidades para o deseño e a avaliación de materiais educativos multimedia dixitais de diferente tipo: practica e exercitación, titoriais, simulacións etc.
5. Desenvolver habilidades para a indagación, o traballo en grupo e para o traballo autónomo autorregulado.
Contidos
1. A tecnoloxía multimedia: combinación de distintas linguaxes e medios. Evolución do Multimedia educativo. Dos titoriais, programas de exercitación, simulacións e libros multimedia aos multimedia para a construción do coñecemento.
2. Criterios de calidade para o deseño, selección, adaptación e avaliación de multimedia educativo.
3. Deseño de propostas de ensino con obxectos de aprendizaxe. Recursos educativos abertos (REA)Centros de recursos dixitais. Repositorios dixitais abertos e obxectos de aprendizaxe.
4. Videoxogos e educación. Análise crítica e propostas de uso. Serius games para as propostas de formación. Software baseado na gamificación. Credenciais Dixitais.
5. Software para programación e o desenvolvemento do pensamento computacional. Exemplos: Squeak-Etoys, Scratch e MinecraftEdu.
6. Intelixencia artificial e deseño de software educativo: posibilidades e limitacións.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Clares López, J. (2011) Diseño pedagógico de un programa educativo multimedia interactivo (PEMI): guía teórico- práctica. Pscicoeduca
Gros, B. (2014). Análisis de las prestaciones de los juegos digitales para la docencia universitaria. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, (79), 115-128. https://redined.mecd.gob.es/xmlui/handle/11162/112007
Mauri, T., Onrubia, J. y Coll ,C. (2015). La calidad de los contenidos educativos reutilizables: diseño, usabilidad y prácticas de uso. RED. Revista de Educación a Distancia, (50). http://dx.doi.org/10.6018/red/50/8
Mancho, A.C.; López,A.M., Sein-Echaluce, ML. (2019) Modelo para el diseño de un curso abierto sobre creación de materiales digitales educativos: Caso de materiales audiovisuales. V Congreso Internacional sobre Aprendizaje, Innovación y Competitividad (CINAIC 2019). DOI: 10.26754/CINAIC.2019.0105
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Aguaded, J. I. y Medina Salguero, R. (2015). Criterios de calidad para la valoración y gestión de MOOC. RIED-Revista Iberoamericana de Educación a Distancia, 18(2), 119–143. http://rabida.uhu.es/dspace/handle/10272/11237
Ardila-Muñoz, J. Y. (2019). Supuestos teóricos para la gamificación de la educación superior. magis, Revista Internacional de Investigación en Educación, 12(24), 71-84.https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/7768751.pdf
Alemán, L. Y., Sancho-Vinuesa, T. y Gómez Zermeño, M. G. (2015). Indicadores de calidad pedagógica para el diseño de un curso en línea masivo y abierto de actualización docente. RUSC. Universities and Knowledge Society Journal, 12(1), 104-119. http://dx.doi.org/10.7238
/rusc.v12i1.2260
Badilla Saxe, E. y Chacón Murillo, A. (2011). Construccionismo: Objetos para pensar, entidades públicas y micromundos. Actualidades Investigativas en Educación, 4(1). https://doi.org/10.15517/aie.v4i1.9048
Cataldi, Z., Lage, F., Pessacq, R. y García Martínez, R. (1999). Revisión de marcos teóricos educativos para el diseño y uso de programas didácticos. Anales del V Congreso Internacional de Ingeniería Informática. Facultad de Ingeniería. Universidad de Buenos Aires. http://www.fi.uba.ar/laboratorios/lsi/c-icie99- revisionde%20marcosteoriciseducativos.pdf
Ertmer, P. A. y Newby, T. J. (2013). Behaviorism, Cognitivism, Constructivism: Comparing Critical Features From an Instructional Design Perspective. Performance Improvement Quarterly, 26(2), 43-71. https://doi.org/10.1002/piq.21143
Fraga-Varela, F. y Gewerc-Barujel, A. (2005). Una experiencia interdisciplinar en educación primaria mediante el uso de Squeak. Innovación Educativa, 15, 223-233. https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/4422
Gibson, D., Ostashewski, N., Flintoff, K., Grant, S. y Knight, E. (2015). Digital badges in education. Education and Information Technologies, 20(2), 403-410. https://doi.org/10.1007/s10639-013-9291-7
Roig-Vila, R., Mengual Andrés, S. y Suárez Guerrero, C. (2014). Evaluación de la calidad pedagógica de los MOOC. Profesorado. Revista de Currículum y Formación de Profesorado, 18(1), 27-41. http://rua.ua.es/dspace/ha
Comisión Europea (2024). The Digital Economy and Society Index (DESI). https://digital-strategy.ec.europa.eu/en/policies/desindle/10045/37206
Zapata-Ros, M. (2015). El diseño instruccional de los MOOCs y el de los nuevos cursos abiertos personalizados (POOCs). RED-Revista de Educación a Distancia, 4
a) competencias da titulación ás que contribúe a materia
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
b) Competencias específicas da materia
CE2.2 - Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades educativas
CE3.3 - Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos
CE3.5 - Coordinar intervencións educativas con outra profesionais
CE5.2 - Asesorar sobre o uso pedagóxico dos medios e recursos educativos
CE5.3 - Asesorar sobre a integración das Tecnoloxías da información a Comunicación nos procesos educativos e
formativos
c) Competencia Transversais
CT1. Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos (lingüísticos, materiais e tecnolóxicos)
CT2. Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais
CT3. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan
Traballarase cunha multiplicidade metodolóxica, a partir dunha batería de técnicas, procedementos e recursos. É intención que os estudantes aprendan a extraer conceptos e feitos pertinentes de diversas fontes para resolver problemas, pensando de modo integrador as súas diferentes dimensións, con autonomía na iniciación no traballo intelectual.
A proposta está baseada en dous principios:
1- A participación activa en todas as etapas do proceso estimulando o traballo autónomo e independente.
2- A necesidade dunha estreita relación teoría-práctica
Estes principios concrétanse nos seguintes puntos:
1- A combinación de experiencias individuais e grupais. Tanto nas sesións interactivas como nas expositivas exponse a participación activa do estudantado en diferentes actividades.
2- Utilizarase o Campus Virtual da USC para establecer comunicacións co estudantado e tamén a incorporación de material de apoio e entrega de traballos.
3- A combinación de clases expositivas coas interactivas: o estudantado experimentará con diferentes tipos de software e analizarán casos nos que este software está integrado. Nas diferentes sesións interactivas o estudantado desenvolverá diferentes tipos de materiais educativos multimedia e dixitais a partir de todos os elementos traballados na aula.
Entre as posibles modalidades de avaliación en USC e dacordo coa normativa, a materia rexerase por un sistema de avaliación continua, de carácter formativo, baseada no uso de diferentes procedementos para avaliar a actividade do estudantado ao longo do curso.
A avaliación estará presente constantemente durante todo o proceso, coa participación de estudantes e docentes. Utilízanse varias estratexias que permiten realizar cambios a medida que avanza o proceso. Valorarase a participación dos estudantes en todas e cada unha das tarefas involucradas no seguimento continuo da materia.
Para emitir un xuízo de valor sobre o logro das competencias estimarase ponderadamente os seguintes elementos, sendo en todos os casos necesaria unha nota mínima de 4 para ponderar:
1- A presentación de traballos prácticos propostos en clase (60%)
2- Proba final (40%): de entre las diferentes modalidades contempladas na literatura de exame final, nesta materia o estudantado terá que entregar e defender unha proposta formativa partindo de todos os elementos traballados ao longo do curso.
ASISTENCIA. Seguindo o Regulamento aprobado en Consello de Goberno da USC o 25 de novembro de 2024 a asistencia ás clases (CLE e CLIL) é preceptiva para superar a materia. A porcentaxe de presencialidad é dun 80%. Terase en conta a posible xustificación da asistencia nos casos contemplados na normativa.
O estudantado repetidor non terá a obrigación de asistencia, pero deberá poñerse en contacto co profesorado da materia canto antes para aclarar o formato de entrega dos traballos que non fosen avaliadas positivamente no seu día.
O estudantado non asistente (por exemplo, por algún problema de saúde debidamente xustificado), debe poñerse en contacto (telefonicamente ou por e-mail) e reunirse co profesorado da materia para establecer un plan de traballo individual. Neste plan, será preciso seguir o ritmo das clases teóricas e prácticas e realizar as tarefas e actividades propostas na aula virtual de forma individual (desde a que tamén dispoñerán de titoría virtual).
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A efectos evaluativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Seguindo a Normativa da USC sobre avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión da cualificación (aprobada en Consello de Goberno da USC o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017), a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor/a. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Enténdese que o estudantado realiza un traballo independente de estudo en paralelo ao desenvolvemento das clases para: busca e lectura de textos recomendados e complementarios; achegas aos foros da materia; realización dos traballos prácticos asignados. O conxunto implicaralle un total de 96 horas de traballo persoal durante o cuadrimestre.
Dado o carácter teórico-práctico da materia, recoméndase que o estudantado leve os traballos da materia ao día. O que significa que é necesaria a continuidade semanal no estudo.
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
Responsabilidade ambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grazas en lugar de encadernación.
- Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información respecto diso na ligazón: https://prol-assets-usc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho…
Obrigatoriedade de uso da conta de correo RAI.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
Proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías): é un proceso privado e, por tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o profesorado e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade-proteccion-datos
Fernando Fraga Varela
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881812128
- Correo electrónico
- fernando.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 16 (CAMPUS VIDA-Módulo A) - LABORATORIO DE PROCESAMENTO DE DATOS |
27.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
07.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |