Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O solo é unha parte esencial dos servizos ambientais e na ordenación do territorio, en tanto que realiza funcións ambientais e produtivas imprescindibles para a vida na Terra e para a sostebilidade das sociedades humanas, constituíndo un recurso non renovable que precisa ser protexido e conservado e, polo tanto, ser tido en conta nos procesos de xestión ambiental e territorial.
Ó longo do curso preténdese que as/os estudantes adquiran coñecementos básicos sobre:
- A composición, organización e propiedades do solo, os diferentes tipos de solos do mundo, os factores e procesos que gobernan a súa formación, distribución e evolución, así como o seu papel no medio ambiente e na ordenación e uso dos recursos.
- Os aspectos metodolóxicos máis importantes para a caracterización dos solos e a súa interpretación.
- As ferramentas máis significativas para á utilización da información de solos para a súa aplicación aos estudios de xestión ambiental e ordenación do territorio proporcionando nocións básicas sobre cartografía e avaliación dos solos.
De forma xeral preténdese espertar o interese das/os estudantes pola ciencia do solo, o seu carácter aplicado e inculcar a necesidade de compromiso coa autoaprendizaxe.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
Clases expositivas (24h)
1. O solo: concepto de solo. O solo como sistema. Funcións produtivas e ambientais do solo. A biota do solo. (2h)
2. A organización do solo: da edafosfera á microestrutura. Pedión, perfil e horizontes. Tipos de horizontes. Nomenclatura dos horizontes do solo. Horizontes de diagnóstico. (3h)
3. Factores de formación do solo. Influencia na formación e características dos solos dos factores ambientais: material de partida, clima, topografía, organismos e tempo. (2h)
4. Compoñentes do solo I. Fase sólida: compoñentes inorgánicos e compoñentes orgánicos. Natureza, composición, propiedades e métodos de estudo. (2h)
5. Compoñentes do solo II. Fases fluídas: a disolución do solo e a atmosfera do solo. Natureza, composición, propiedades e métodos de estudio. (1h)
6. Propiedades do solo I. Propiedades físicas: cor, textura, estrutura, densidade e porosidade. (1h)
7. Propiedades do solo II. Propiedades físico-químicas. A reacción do solo. Cambio iónico e retención de ións. Reaccións de oxidación-redución. (3h)
8. Procesos de edafoxénese. Tipos de procesos de edafoxénese. Horizonación e edafoturbación. Maduración. Meteorización e evolución da materia orgánica. Procesos en medios con hidromorfía: condicións redutoras e alternancia de condicións redox. Transferencias en disolución. Transferencias en suspensión: arxiluviación, podzolización. Metaedafoxénese. (4h)
9. Clasificación de solos. A Base referencial Mundial do Recurso Solo: estrutura, criterios de diagnóstico e grupos de solos de referencia. Taxonomía de solos. Equivalencias. (2h)
10. Os solos do Mundo. Grupos de referencia da Base Referencial Mundial do Recurso Solo: descrición, distribución, uso e manexo. (3h)
Clases interactivas
A docencia interactiva ten como obxectivo fundamental capacitar ao estudantado no coñecemento das técnicas básicas de caracterización morfolóxica e físico-química dos solos, a interpretación e a valoración das súas propiedades e o uso da información de solos para a súa aplicación á interpretación do medio físico e a ordenación do territorio, así como o seu recoñecemento no campo. Para o seu desenvolvemento porase especial énfase nos solos máis representativos da cobertura edáfica de Galicia.
Seminarios (24 h)
-Introdución á mostraxe e descrición de solos (2h)
-Os datos xerais de solos e a súa interpretación (3h)
-Interpretación e clasificación de solos (19h)
Titorías (3h): Orientadas á resolución de dúbidas das/os estudantes.
-Factores de formación e Compoñentes e propiedades do solo (1h)
-Clasificación e interpretación de solos (2h)
Exame (2h)
Básica
PORTA CASANELLAS, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M. y POCH CLARET, R., 2014. Edafología: uso y protección de suelos. 3.ª ed. Madrid: Mundiprensa. Bibl. Bioloxía A TG 292
IUSS Grupo de trabajo WRB, 2015. Base referencial mundial del recurso suelo: un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Actualización 2015. Informes sobre recursos mundiales de suelos, n.º 106. Roma: FAO. Disponible en: http://www.fao.org/docrep/011/a0510s/a0510s00.HTM [Consulta: fecha de acceso].
WHITE, R.E., 2006. Principles and practice of soil science: the soil as a natural resource. 4th ed. Malden: Blackwell Publishing. Bibl. Farmacia A TS 21 B
Complementaria
BOHN, H.L., MCNEAL, B.L. Y O’CONNOR, G.A., 1993. Química del suelo. México: Limusa. Bibl. Bioloxía A TS 37.
DRIESSEN, P.M., DECKERS, J.A., SPAARGAREN, O.C. y NACHTERGAELE, F.O. (eds.), 2001. Lecture notes on the major soils of the world. World Soil Resources Reports, n.º 94. Roma: FAO. Disponible en: https://www.researchgate.net/publication/40120040_Lecture_Notes_on_the_….
EUROPEAN SOIL BUREAU NETWORK, 2005. Soil Atlas of Europe. Luxembourg: European Commission, Office for Official Publications of the European Communities. Disponible en: http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm.
FITZPATRICK, E.A., 1984. Suelos: su formación, clasificación y distribución. México: CECSA. Bibl. Bioloxía TS 34 A.
ORGIAZZI, A., BARDGETT, R.D., BARRIOS, E., BEHAN-PELLETIER, V., BRIONES, M.J.I., CHOTTE, J.-L., DE DEYN, G.B., EGGLETON, P., FIERER, N., FRASER, T., HEDLUND, K., JEFFERY, S., JOHNSON, N.C., JONES, A., KANDELER, E., KANEKO, N., LAVELLE, P., LEMANCEAU, P., MIKO, L., MONTANARELLA, L., MOREIRA, F.M.S., RAMIREZ, K.S., SCHEU, S., SINGH, B.K., SIX, J., VAN DER PUTTEN, W.H. y WALL, D.H. (eds.), 2016. Global Soil Biodiversity Atlas. Luxembourg: European Commission, Publications Office of the European Union. Disponible en: https://esdac.jrc.ec.europa.eu/public_path/shared_folder/Atlases/JRC_gl… [Consulta: fecha de acceso].
HUANG, P.M., LI, Y. y SUMNER, M.E. (eds.), 2012. Handbook of soil sciences: properties and processes. 2nd ed. Boca Raton: CRC Press Taylor & Francis Group. Bibl. Bioloxía TS 274 1
Xerais e Básicas
CX2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CX3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CX4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CX5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CX8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CX9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB2 - Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT7 - Xestionar a complexidade
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
Específicas
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre a terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartograficamente
CE6 - Realizar análises e propostas de xestión territorial
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental
Clases expositivas:
Alternancia de clases maxistrais, que ofrecen a posibilidade de incidir no máis importante de cada tema, con debates e cuestións. Estas clases centraranse na comprensión dos conceptos propios da materia e ofrecerán unha visión global do tema tratado. Actividades apoiadas en medios audiovisuais e informáticos, e con diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia), promovendo a participación. Analizaranse exemplos do medio natural galego relacionados cos temas de estudo. Este proceso de aprendizaxe reforzarase intercalando probas de avaliación ao final de cada bloque; estas probas forman parte da avaliación continua. Tamén se indicarán aqueles recursos máis recomendables para a preparación posterior do tema en profundidade.
Clases interactivas:
Seminarios: traballo do estudantado, de forma individual e/ou en grupos reducidos, baixo a tutela e dirección do profesorado. Neles, propóñense, para a súa resolución, actividades (exercicios, estudos de caso, simulacións, etc.) de aplicación dos coñecementos teóricos na súa resolución, afondando na aplicabilidade dos coñecementos adquiridos na caracterización do medio natural e na comprensión dos procesos ambientais e as súas repercusións territoriais. Estas actividades esixirán dunha participación activa do estudantado. Traballarase especificamente no adestramento na caracterización e clasificación de solos que permitan abordar a resolución de problemas e aspectos aplicados da ciencia do solo.
Os seminarios buscan reforzar a aprendizaxe de conceptos, e desenvolver competencias instrumentais, sistémicas e interpersonais necesarias para a resolución de problemas.
Titorías: individuais ou en grupo moi reducido, para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ó estudantado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias.
Para facilitar a preparación e seguimento de todas as actividades por parte do estudantado, empregarase a aula virtual na plataforma Moodle do campus virtual da USC e MS Teams onde se porán a disposición:
- Guía docente aprobada para a materia.
- Presentacións usadas polo profesorado nas clases expositivas.
- Material para a interpretación e clasificación de solos.
Canles de comunicación co estudantado
MS Teams: na aula da materia, conversas individuais para titorías personalizadas.
Aula Virtual da materia
Correo electrónico (exclusivamente o institucional da USC)
Os coñecementos, competencias e destrezas adquiridos avaliaranse mediante un conxunto de actividades que comprenden un exame final e unha avaliación continua. A avaliación continua levarase a cabo a través de probas periódicas dos contidos tratados (aproximadamente 1 proba cada dous temas impartidos) mediante test multi-resposta, cuestións e/ou preguntas curtas a desenvolver presencialmente na aula ou a través da aula virtual e traballos entregados ou presentados, actividades de seminarios e titorías. Nas actividades de seminarios e campo valorarase a asistencia, a realización das actividades e as achegas asociadas.
a) Avaliación continua (50% da cualificación final). Valorárase en función da asistencia, e participación nas actividades presenciais (10% da cualificación final), as respostas a cuestionarios e problemas que se entregarán aos estudantes a través da aula virtual (20% da cualificación final) e a realización dun traballo individual (20% da cualificación final). O estudantado deberá entregar un traballo que consistirá na interpretación, avaliación e clasificación de solos tipo a partir de fichas de solos reais; que será valorado en función da calidade da memoria, a claridade na presentación dos resultados e a súa correcta interpretación.
b) Proba final (50% da cualificación final). Constará de cuestións sobre o programa de teoría e sobre as actividades interactivas.
Criterios xerais
1ª oportunidade:
Para superar a materia será obrigatorio ter realizadas as actividades correspondentes a avaliación continua (seminarios, probas) acadando en cada unha delas unha puntuación de polo menos 1/3 do seu valor. É necesario obter no exame final unha cualificación mínima de 4 (sobre 10) para que se poidan sumar o resto das cualificacións da avaliación continua, do contrario a cualificación final será a desta proba.
2ª oportunidade:
Haberá que realizar as probas non superadas na primeira opción. Se o estudantado opta por realizar unicamente a proba final, a cualificación máxima só poderá ser de aprobado.
As cualificacións da avaliación continua, en caso de ter superada a puntuación mínima, conservaranse ata o final do seguinte curso académico.
No caso de que sexa concedida oficialmente dispensa de asistencia ás aulas, o estudantado terá que facer un traballo específico (70% da cualificación) e realizar probas asíncronas de avaliación a través da aula virtual (30% da cualificación), acordado co profesorado.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A avaliación das competencias lévase a cabo do seguinte modo:
No exame avalíanse as competencias: CE2, CE3, CT5, CT7, CT8
Coas probas periódicas avalíanse as competencias: CE4, CE6, CE7, CT3, CT7, CT8
Nos seminarios avalíanse as competencias: CE2, CE3, CE7, CT6, CT8
Traballo presencial na aula:
- Docencia teórica en aula: 24h
- Seminarios: 24 h
- Titorías: 3h
- Realización de exame: 2h
Traballo persoal:
- Estudio individual e preparación do exame final: 57h
- Elaboración do traballo individual: 20h
- Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 6h
Asistencia e participación activa nas actividades docentes expositivas e interactivas.
Co obxectivo de fomentar a participación nas clases, recoméndase a realización das actividades requiridas ao longo do curso e, en especial, o traballo coa información subministrada a través da aula virtual, antes das clases expositivas e interactivas.
Uso de bibliografía especializada, non só dos libros de texto, senón tamén de artigos de investigación e de divulgación científica.
Distribuír o traballo persoal (estudio, realización de traballos, lecturas recomendadas, etc.) ó longo do semestre.
Uso das horas de titorías para resolver calquera dúbida que xurda durante o estudio da materia.
Francisco Xabier Pontevedra Pombal
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813238
- Correo electrónico
- xabier.pombal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |
Mércores | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |