Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral é consolidar as competencias básicas en SIX e desenvolver novas técnicas avanzadas no emprego de ferramentas SIX aplicadas.
Os obxectivos específicos son:
- Reflexionar sobre a produción e gobernanza da cartografía no mundo actual
- Consolidar o coñecemento en bases da arquitectura dun SIX
- Desenvolver un nivel avanzado de representación e tratamento da información xeográfica
- Adquirir novas competencias en materia de cotexo, manipulación e análise de información xeográfica
- Aplicar as ferramentas SIX para a resolución de problemas.
Avances no manexo de SIX aplicado á análise espacial, ambiental e urbana. Elaboración de proxectos: análise de redes, ecosistemas terrestres e mariños, catastro, etc. Avaliación multicriterio mediante SIX.
Estes contidos desenvolveranse nos seguintes temas:
- A gobernanza da cartografía no mundo actual
- A potencialidade dos proxectos SIX en código aberto
- Desenvolvemento de análises multicriterio
- Análise de redes e creación de rutas
- Planificación urbana e catastro: evolución das cidades e lugares de intervención a futuro
- Análises de visibilidade no espazo urbano
- Aplicación de ferramentas SIX no traballo de campo
Bibliografía básica:
- Gazaba, J. (2024): Introducción a los Sistemas de Información Geográfica con QGIS. Dispoñible en aberto en: https://pergamino.ar/descargas/introduccion-a-los-sig-con-qgis.pdf
- Olaya, V. (2013): Sistemas de Información Geográfica. http://volaya.es
- Seinitz, C., 2012. A Framework for Geodesign: Changing Geography by Design E. Press, ed., (ISBN:978-1589483330)
- VVAA (2023): Manual de aprendizaje en QGIS. Dispoñible en liña en: https://docs.qgis.org/3.28/es/docs/training_manual/index.html
Bibliografía complementaria:
- Armstrong, L. et al. eds., 2014. Mapping and Modeling Weather and Climate with GIS, (ISBN: 978-1589483767)
- Borobio Sanchiz, M., 2009. Sistemas de Información Geográfica Infraestructura básica para la planificación y el desarrollo de los asentamientos. Cuardernos Internacionales de tecnología para el desarrollo humano, 08, pp.60–75. (URI http://hdl.handle.net/2099/7377 ISSN1885-8104)
- Bosque, J. (1997): Sistemas de Información Geográfica. Rialp, Madrid.
- Brewer , C. A., 2005. Designing better Maps, A Guide for Gis Users. Redlands (California ): ESRI Press. (ISBN: 978-1589484405)
- Carr, M.H. & Zwick, P.D., 2007. Smart Land-Use Analysis -The LUCIS Model Esri Press, ed., Retlands. California. USA. (ISBN: 9781589481749)
- Lakshmi Steinberg, S. & Steinberg, S.J., 2015. GIS Research Methods: Incorporating Spatial Perspectives, (ISBN: 978-1589483781)
- Harley, J.B. (2005): La nueva naturaleza de los mapas. Ensayos sobre la historia de la cartografía. Fondo de Cultura Económica. México
- Joly, F. (1988): La cartografía. Ariel, Barcelona.
- Mitchell, A. (2005): The ESRI Guide to GIS Analisys, Vol. 2: Spatial measurements and statistics. Redlands (CA)-USA.
- Ojeda, J. (2000): “Andalucía: el conocimiento del territorio andaluz”; en Mapping, nº 59. pp. 40-42.
- Santos Preciado, J.M. (2002): El tratamiento informático de la información geográfica. UNED. Madrid.
- Santos Preciado, J.M. y Cocero Matesanz, D. (2006): Los SIG raster en el campo medioambiental y territorial. Ejercicios prácticos con MiraMon e Idrisi. Cuaderno de Prácticas, UNED. Madrid
Outros recursos
-Fontes de datos oficiais:
- https://inspire.ec.europa.eu/
- https://www.idee.es/es
- https://www.ign.es/web/cbg-area-cartografia
- http://mapas.xunta.gal/portada
- https://www.ine.es/
- Plataformas
- https://qgis.org/
- http://www.arcgis.com/index.html
- https://carto.com/
- https://www.giscloud.com/
- https://www.mapbox.com/
- https://www.google.com/maps/about/mymaps/
- https://umap.openstreetmap.fr/es/
- http://qgiscloud.com/
Webs divulgativas:
- https://mappinggis.com/
- http://www.hec.usace.army.mil/software/hec-ras/
- https://resources.arcgis.com/es/communities/hydro/01vn00000010000000.htm
- https://www.ign.es/web/cbg-area-cartografia
Coñecementos:
Con3: Xeografía humana
Con4: Xeografía física e medio ambiente
Con5: Ordenación do territorio e urbanismo
Con6: Tecnoloxías e sistemas de información geográfica
Con7: Métodos e traballo de campo da disciplina xeográfica
Habilidades:
H/D1: Xestionar a complexidade xeográfica e da ordenación do territorio
H/D2: Entender os problemas xeográficos de forma multidimensional, interrelacionando o medio físico-natural e ambiental coa esfera humana e social
H/D3: Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
H/D4: Buscar, xerar, ordenar e sintetizar información xeográfica
H/D5: Expor e transmitir coñecementos, métodos e resultados xeográficos de forma autónoma
H/D6: Manexar sistemas de información xeográfica
H/D7: Xerar acordos en equipos interdisciplinares en ordenación do territorio, entendendo a linguaxe e as propostas doutros especialistas
Competencias:
Comp1: Coñecer, comprender, analizar e interpretar o territorio, o medio físico-natural, o medio ambiente e a paisaxe
Comp4: Expresar información cartograficamente mediante sistemas de información xeográfica
Comp5: Aprender a coñecer e interpretar directamente o territorio, o medio e a paisaxe a través do traballo de campo
Comp6: Elaborar e interpretar información cuantitativa e cualitativa en Xeografía
Comp7: Explicar a diversidade de lugares, ambientes, cidades e rexións
A docencia teórica e interactiva desenvólvese de xeito presencial, empregando unha aula de informática para a realización do traballo interactivo. As actividades formativas desnenvolveranse a partir dunha serie de proxectos entregables cunha frecuencia de entre unha, dúas ou tres semanas, dependendo da extensión do proxecto. De xeito complementario, ofreceranse titorías tanto individuais como en grupo. O desenvolvemento da materia apoiarase no Campus Virtual como ámbito de coordinación e intercambio de materiais. O traballo técnico desenvolverase fundamentalmente mediante softwares de código aberto. Neste sentido, QGIS será a principal ferramenta de traballo da materia, podéndose complementar co entorno ESRI, así como aplicacións de análise estatística ou numérica. Tamén poderase realizar un achegamento á análise territorial con programación mediante linguaxe R. De existir a posibilidade, realizarase unha saída de campo para practicar e/ou contrastar as aprendizaxes da materia. Aos efectos do Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024 que aprobou o Regulamento de asistencia a clase, a saída de campo considérase unha actividade formativa obrigatoria.
Exercicios, proxectos e participación: 60% da cualificación final. Os entregables consistirán principalmente na entrega de exercicios a través do Campus Virtual da USC. Estes entregables serán habitualmente os produtos finais (mapas, APIs etc.)/ etc.) dunha actividade SIX. O formato de entrega dependerá da natureza do entregable, polo que será indicado, xunto co resto de indicacións, ao comezo da sesión interactiva. Ademais, a introdución de cada entregable constará dunha rúbrica de avaliación para o alumnado.
Exame final: 40% da cualificación final. A nota mínima no exame final para aprobar a materia é un 4/10.
Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na proba ordinaria como na extraordinaria. O alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria deberá repetir a/s parte/s pendente/s na segunda.
Aos/as alumnos/as con dispénsaa concedida polo Centro, seguindo o recolleito na Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, requiriránselles entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e o exame será obrigatorio.
No caso de realizarse a saída de campo, esta avaliarase como unha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Con todo, se alguén non puidese asistir, facilitarase unha entrega alternativa.
Aviso sobre o plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións, que inclúe o uso fraudulento da IA.
Na Universidade de Santiago de Compostela, un crédito ECTS equipárase a 25 horas de traballo do estudante (estas horas contemplan todas as actividades formativas dunha materia: clases maxistrais, clases de seminario e laboratorio, traballo autónomo do estudante, avaliación). Esta equivalencia está de acordo con a norma estatal (obrigatoria en toda España) que regula o crédito ECTS (Real Decreto 1125/2003), que permite un rango entre 25 e 30 horas.
Recoméndase ter superada a materia preliminar en materia de SIX. Un nivel básico en SIX é preciso para seguir axeitadamente o desenvolvemento da materia. Tamén, recoméndase dispor dun dispositivo persoal (portátil ou equipo de mesa) para poder traballar na casa.
Diego Cidras Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 09 |