Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12.5 Clase Interactiva: 5 Total: 17.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Capacidade para integrar creativamente os coñecementos para resolver un problema de ámbito profesional.
- Destreza na elaboración de informes.
- Destreza na presentación oral dun traballo, empregando os medios audiovisuais máis habituais.
- Capacidade para estruturar unha defensa sólida dos puntos de vista persoais apoiándose en fundamentos científico-técnicos e en
razoamentos críticos.
Exercicio integrador ou de síntese que permite aplicar as competencias adquiridas nas materias da titulación. Nel efectuarase a realización, presentación e defensa individual ante un tribunal universitario, dun proxecto en calquera dos ámbitos relacionados coa Bioquímica, no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos do Grao.
O traballo fin de grao poderase realizar nalgunha das liñas de investigación ofertadas polos profesores do Grao. O tema de traballo específico será asignado pola comisión académica do grao a cada estudante, tendo en conta as liñas de traballo ofertadas, as preferencias manifestadas polos alumnos e as dispoñibilidades de profesorado.
Para determinar a procedencia ou viabilidade dunha temática para desenvolver como TFG, o/a estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado ante a Comisión do Título de Grao en Bioquímica. Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFG poderá ser elaborado e presentado para a súa defensa pública.
A normativa do TFG da Facultade de Ciencias para esta titulación define os aspectos relativos ao TFG.
No caso de estudantado que desexe obter a Mención en Bioquímica Agroalimentaria, será necesario que o traballo fin de grao realícese en temáticas vinculadas á Mención.
Dependerán do tipo de proxecto que realice o/a estudante e o seu contido.
Con10: Adquirir coñecementos e distinguir as distintas aplicacións dos principais métodos experimentais e de instrumentación.
H/D12: Elaborar, redactar e presentar oralmente un estudo ou proxecto no ámbito da Bioquímica, interpretando críticamente os resultados obtidos e avaliando as conclusións alcanzadas.
H/D13: Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos nas diferentes materias do título para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de liquidalos.
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
Comp08: Ser capaz de comunicar unhas conclusións e coñecementos de forma argumentada a públicos especializados e non especializados con claridade e precisión, tamén en linguas estranxeiras, principalmente en lingua inglesa.
O TFG consiste na realización dun exercicio integrador ou de síntese que permite aplicar as competencias adquiridas nas materias da titulación. Fundamentalmente trátase dun módulo de traballo persoal do estudantado, no que se contemplan ademais as horas de titoría personalizada co profesor-titor do TFG. Para a realización e exposición do TFG a metodoloxía docente de apoio ao estudantado que vai utilizarse será a de titorías individuais, co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de grao que deberá ser un exercicio orixinal e individual. A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre estudante e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do estudantado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A avaliación do traballo fin de grao será levada a cabo por parte dun tribunal universitario segundo os criterios que figurarán na Normativa de TFG.
O estudantado, xunto coa proposta entregará un cronograma no que se detallen as actuacións para acometer, así como a súa distribución temporal, de forma que se xustifiquen as horas totais de traballo necesarias para superar o TFG, 300 horas.
A actividade formativa comprende 12 créditos ECTS, distribuídos da seguinte forma:
-Seminarios e titorías individuais: 17,5 horas presenciais e 42,5 horas de traballo do estudantado.
-Traballo personal do estudantado: 240 horas
-Total: 17,5 horas presenciais e 282,5 horas de traballo do estudantantado (12 créditos ECTS).
Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Natureza do traballo fin de grao: o traballo fin de grao consiste na realización dun proxecto individual que deberá ser un traballo orixinal no que se acrediten os coñecementos e destrezas adquiridas durante os estudos realizados no Grao. Segundo o Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o 10 de marzo de 2016, incluirá, como mínimo, tarefas de procura e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa pública.
Os traballos fin de grao deberán ter un titor que será o que asista na dirección ao estudantado. Tamén poderán nomearse cotutores coas funcións previamente determinadas. A metodoloxía dos traballos será fixada polo titor e cotutores do Traballo, en función do tipo de TFG que o/a estudante vai realizar.
Unha vez finalizado o traballo, o/a estudante deberá realizar unha memoria, que deberá presentar ao tribunal correspondente.
A avaliación do TFG será levada a cabo por parte dun tribunal universitario segundo os criterios da Normativa de TFG e en base á Rúbrica de Avaliación de TFG.
Tanto a normativa como a Rúbrica serán elaboradas pola Comisión Académica do título de acordo co Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster da Universidade de Santiago de Compostela e a guía docente da materia.
Normativa sobre protección de datos e uso de imaxes en traballos académicos e prácticas externas
Segundo o disposto na Resolución Reitoral relativa ao procedemento de avaliación previa dos traballos académicos que impliquen a intervención con persoas, a obtención de mostras ou o tratamento de datos persoais, os Traballos de Fin de Grao (TFG), Traballos de Fin de Máster (TFM), así como as prácticas externas e o Practicum, deberán axustarse estritamente á normativa vixente en materia de protección de datos persoais.
Isto implica que o estudantado deberá:
• Identificar claramente que datos persoais se recollen e con que finalidade.
• Obter os consentimentos pertinentes das persoas implicadas.
• Garantir a confidencialidade e seguridade da información tratada.
• Respectar en todo momento os dereitos das persoas participantes.
En calquera caso, se o traballo ou as prácticas implican o tratamento de datos de carácter persoal, será obrigatorio contar cun informe favorable do Comité de Bioética da USC. Para iso, deberase solicitar previamente a avaliación á Comisión de Avaliación Previa dos Traballos Académicos da Facultade de Ciencias.
Protección da propia imaxe e uso de contido audiovisual
• Está prohibido fotografar ou gravar en vídeo persoas ou instalacións sen contar coa autorización explícita do centro de destino.
• No caso de dispoñer desa autorización, as imaxes ou vídeos non poderán mostrar elementos que permitan identificar menores ou profesionais (por exemplo, deberán tomarse de costas, enfocando mans, etc.).
• Queda terminantemente prohibido difundir en redes sociais ou en calquera outro medio material audiovisual ou información relativa a menores ou centros educativos, fóra do contexto académico e dos traballos ou memorias.
Para máis información sobre as obrigas legais en materia de protección de datos persoais, pode consultarse a política de privacidade da USC en:
https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/secretaria-xeral/prot…