A comunicación de datos persoais ás Administracións e, en concreto, á Universidade debe respectar o equilibrio entre o seu uso para o cumprimento dos fins que lle son propios e o dereito á privacidade das persoas que os facilitan.
O consentimento para o tratamento de datos, as cláusulas informativas, os dereitos das persoas que ceden os seus datos e demais conceptos inherentes á protección dos datos de carácter persoal teñen cabida nesta páxina de información. Nela pódense atopar definicións, modelos de documentos, boas prácticas e aplicacións dos conceptos fundamentais na vida ordinaria da USC, tanto en docencia como en investigación.
Invitamos á comunidade universitaria a que explore esta páxina para coñecer máis sobre protección de datos e, así, poida formarse un criterio acerca dos dereitos que lle asisten e do mellor xeito de comportarse cando é necesario solicitar e tratar datos de carácter persoal.
Migas de pan
Protección de datos persoais
Protección de datos persoais
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2024.