Ir o contido principal

Incidentes de seguridade en protección de datos

Un incidente de seguridade que afecte a datos de carácter persoal debe ser comunicado inmediatamente ao CAU da USC para poder tomar as medidas necesarias para conter e mitigar o seu impacto.

Securizar os nosos datos

Que podemos considerar como incidente de seguridade en protección de datos?

Calquera evento que produza o risco de que datos de carácter persoal sufran algunha afectación nas dimensións de seguridade definidas polo Esquema Nacional de Seguridade:

  • Confidencialidade (os datos só deben coñecelos as persoas interesadas e debidamente autorizadas)
  • Integridade (deben estar completos, sen perdas de información)
  • Autenticidade (non deben recoller información falsa)
  • Trazabilidade (deben proceder de fontes identificadas e saberse quen fixo que durante a súa permanencia nos nosos sistemas).
  • Dispoñibilidade (deben estar á disposición das persoas autorizadas)

Exemplos:

  • Enviamos unha notificación coa resolución dun expediente á persoa equivocada, poñendo no seu coñecemento datos persoais do titular da resolución.
  • Enviamos un correo electrónico a un grupo de persoas, algunhas delas de fóra da USC, cos enderezos de correo visibles no campo “Para”.
  • Extraviamos ou róubannos un dispositivo portátil contendo datos persoais.
  • Sufrimos unha intrusión nos nosos sistemas que provoca o borrado, alteración ou copiado de información persoal.
  • Un ataque de encriptación de datos fai que non teñamos acceso a eles.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.11.2024.