Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os distintos sistemas e técnicas de produción animal nas distintas especies gandeiras co obxectivo de obter produtos animais.
Produción de vacún. Produción porcina. Produción avícola. Produción ovina e caprina. Produción cunícola. Produción doutras especies gandeiras.
Teóricos: Docencia Expositiva (24h) (NP=48h):
I. Introdución: xeneralidades dos Sistemas de Produción Animal (2h) (NP=4h)
II. Produción de vacún de leite e carne (8h) (NP=16h)
III. Produción de porcino (4h) (NP=8h)
IV. Produción avícola (4h) (NP=8h)
V. Produción de ovino (2h) (NP=4h)
VI. Produción de caprino (2h) (NP=4h)
VII: Produción de coellos (1h) (NP=2h)
VIII. Outras producións alternativas (1h) (NP=2h)
Cada grupo temático comprende:
- Censos e producións.
- Localización.
- Razas.
- Sistemas de produción
- Manexo dos reprodutores e reprodutivo.
- Manexo da alimentación.
- Outras operacións de manexo: Instalacións e equipos.
- Benestar animal.
- Produtos animais.
Prácticos: Docencia Interactiva (24h) (NP=48h):
I. Xestión da reprodución de especies gandeiras (3h) (NP=6h)
II. Cálculo de índices técnicos produtivos (5h) (NP=10h)
III. Trazabilidade das especies gandeiras (1h) (NP=2h)
IV. Xestión da alimentación nas distintas especies gandeiras (3h) (NP= 6h)
V. Razas empregadas en Produción Animal (1h) (NP=2h)
VI. Caracterización de produtos gandeiros: leite, carne e ovos (4h) (NP=8h)
VII. Equipo de ordeño: compoñentes do circuíto e funcionamento (3h) (NP=6h)
VIII. Visita activa á Granxa Experimental do Campus Terra "Gayoso Castro" (4h) (NP=8h)
Bibliografía Básica:
BENNET, B. 2011. Guía de la cría de conejos. Ediciones Omega. Barcelona.
BUXADE, C. 1987. La gallina ponedora. Sistemas de explotación y técnicas de producción. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
BUXADE, C. 1998. Ovino de carne. Aspectos clave. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
CALLEJO RAMOS, A. 2009. Cow comfort: el bienestar de la vaca lechera, Ed. Servet, Zaragoza.
CARAVACA, F.P. et al. 2007. Sistemas ganaderos en el Siglo XXI. Universidad de Sevilla.
FEDNA. Tablas de composición de alimentos. Madrid.
LLOYD, L.E.; MCDONALD, B.E.; CRAMPTON, E.W. 1978. Fundamentals of nutrition (No. Ed. 2). WH Freeman and Co..
McDONALD, P.; EDWARDS, R.A.; GREENHALGH, J.F.D.; MORGAN, C.A. 2006. Nutrición animal. Ed. Acribia, Zaragoza.
SAÑUDO, C. 2008. Manual de diferenciación racial. Ed. Servet. Zaragoza.
SAUVANT, D.; PEREZ, J.M.; TRAN, G. 2004. Tablas de composición y de valor nutritivo de las materias primas destinadas a los animales de interés ganadero: cerdos, aves, bovinos, ovinos, caprinos, conejos, caballos y peces. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
SOLTNER, D. 2000. Alimentation des animaux domestiques. Collection Sciences et Tecniques Agricoles. Le Clos Lorelle.
Bibliografía Complementaria:
ABECIA MARTÍNEZ, A.; FORCADA MIRANDA, F. 2011. Manejo reproductivo en ganado ovino. Editorial Servet.
CARBALLO FERNÁNDEZ, J. y LÓPEZ PÉREZ, M. 1998. Ordeño mecánico. Instalaciones y equipos, SEMEGEN, Santiago de Compostela.
CASTELLO, J.A.; PONTES, M.; FRANCO, F. 1989. Producción de huevos. Real Escuela de Avicultura. Areyns de Mar. Barcelona.
CORCY, J.C. 1993. La cabra. Aedos/Mundi-Prensa. Barcelona/Madrid.
FLANDERS, F.; GILLESPIE, J.R. 2015. Modern livestock & poultry production. Cengage Learning.
I.N.R.A. 2007. Alimentation des bovins, ovins et caprins. Tables de l’alimentation des bovins, ovins et caprins. Ed. Quae. Versailles.
JARRIGE, R. (Ed.) 1990. Alimentación de bovinos, ovinos y caprinos. Ed. Mundi Prensa. Madrid.
MANUAL DE PORCINOCULTURA. I.T.P. 1997. Ed. Acribia. Zaragoza.
MINSON, D. 2012. Forage in ruminant nutrition. Elsevier.
POND, W.G.; MANER, J.H.; HARRIS, D.L. 2012. Pork production systems: efficient use of swine and feed resources. Springer Science & Business Media.
ZEA, J.; DIAZ, M.D. 1990. Producción de carne con pastos y forrajes. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
Recoméndase o emprego dos recursos de internet tanto básicos coma complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así coma aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC (https://www.usc.gal/es/servicios/area/biblioteca-universitaria). Tamén, a través de pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://iacobus.usc.gal/discovery/search?vid=34CISUG_USC:VU1), xestionados por BUGalicia, se poderán realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendarán a busca a través de PubMed ou Google Scholar.
BÁSICAS E XERAIS:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG4 - Capacidade para a procura e utilización de normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
TRANSVERSAIS:
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
ESPECÍFICAS:
CEG5 - Capacidade para redactar e asinar estudos de desenvolvemento rural, impacto ambiental e xestión de residuos de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras e espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo.
CEG6 - Capacidade para dirixir e xestionar todo tipo de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, espazos verdes urbanos e / ou rurais e áreas deportivas públicas ou privadas, con coñecemento de novas tecnoloxías, procesos de calidade, trazabilidade e certificación e comercialización e técnicas de comercialización de produtos alimentarios e plantas cultivadas.
CR3 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da produción animal. Instalacións gandeiras.
CR4 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das aplicacións da biotecnoloxía na enxeñaría agrícola e gandeira.
EA1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción animal: Anatomía animal. Fisioloxía animal. Sistemas de produción, protección e explotación animal. Técnicas de produción animal. Xenética e mellora animal.
*MC1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías de produción de plantas e animais: reprodución vexetal; Biotecnoloxía e cría de plantas; Cultivos; Protección dos cultivos; Xardinería e deseño de xardíns. Zonas deportivas.
MC2- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de Nutrición, hixiene e sistemas de produción animal. Biotecnoloxía e Mellora animal. Produtos animais.
Actividades presenciais:
• Leccións maxistrais participativas: Exposición oral por parte dos/as profesores/as dos distintos temas.
Utilización de lousas clásicas
Realización de presentacións mediante ordenador.
Excepcionalmente, as leccións maxistrais presenciais pódense combinar coa ensinanza virtual ata un 10% do total de horas da asignatura.
CX1, CX2, CT10, CR3, CR4, EA1, MC1 e MC2.
Tutorías individualizadas: Atención personalizada ao estudantado para resolver dúbidas e problemas expostos (fundamentalmente de carácter presencial aínda que poderán programarse titorías virtuais respetando as franxas horarias que figuran no horario do curso).
CX1, CX2, CT10, CR3, CR4, EA1, MC1 e MC2.
• Clases prácticas: Constitúen unha aplicación do analizado na teoría, e comprenderán:
a) Análise de casos prácticos.
b) Resolución de problemas e supostos prácticos.
c) Prácticas de laboratorio.
d) Visitas activas.
CX1, CX2, CT10, CR3, CR4, EA1, MC1 e MC2.
Ao final de cada tema ou grupo de temático proporase a resolución de exercicios que serán avaliados.
Durante a realización dos prácticas/seminarios primeiramente resolveranse exemplos e proporasen a realización de novos exercicios/problemas de forma individual que deben resolverse na aula/laboratorio de prácticas durante un tiempo limitado, estes exercicios serán posteriormente avaliados e permitirán a avaliación continuada dos/as alumnos/as.
CX1, CX2, CT10, CR3, CR4, EA1, MC1 e MC2.
Actividades non presenciais:
• Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
• Resolución de Boletíns de problemas e supostos prácticos.
• Preparación da proba de avaliación final.
CX1, CX2, CT10, CR3, CR4, EA1, MC1 e MC2.
Toda a docencia levarase a cabo con apoio das TICs e co emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia.
Asistencia regular ás sesións expositivas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para realizar o exame final é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas.
A avaliación de coñecementos realizarase mediante unha proba final escrita na que se inclúen unha avaliación de coñecementos teóricos mediante probas de valoración obxectiva “miscelánea de preguntas de tipo test e preguntas a desenvolver” (50 % da cualificación do exame) e dunha parte de exercicios prácticos (50% da cualificación do exame). O valor total da proba final 70% da cualificación total da materia, con obligatoriedade de superación numérica (5) de ambas as partes. Competencias avaliadas: EA1, CR3, CR4 e MC2.
A asistencia ás clases teóricas e prácticas (10%) e a realización dos exercicios/resolución de problemas e supostos prácticos nos seminarios (20%) terán unha puntuación adicional do 30% del total da nota final, baseada na asistencia, a participación activa e actitude do estudantado nas mesmas. Empregarase unha ficha de control de asistencia, tanto ás clases teóricas como as prácticas, e outra de control da entrega dos exercicios resoltos previamente propostos. Competencias avaliadas: CG2, CT5, CG4, CT10 e MC2.
Os criterios previstos para a oportunidade ordinaria e oportunidade extraordinaria de recuperación son os mesmos. Aos/ás estudantes repetidores/as non se lles gardarán as calificacións.
Os/as estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que para aprobar a materia as actividades docentes obligatorias e inexcusables poderán ser sustituidas por traballos encomendados aos/ás alumnos/as, que terán unha ponderación similar a das prácticas ás que substitúan.
En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do/a estudante:
Clases expositivas: 24 horas
Clases interactivas: 24 horas
Titorías: 3 horas
Total horas de traballo presencial: 51 horas
Traballo persoal do/a estudante:
Estudo individual: 71 horas
Realización de exercicios/resolución de problemas e supostos prácticos: 25 horas
Realización de exames: 3 horas
Total horas de traballo persoal: 99 horas
Total: 150 horas
Asistencia participativa nas clases de docencia expositiva e interactiva.
Realización dos exercicios/problemas/supostos propostos de forma previa para a súa corrección en clase.
Asistencia ás titorías para clarificar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia.
Recoméndase haber cursado a materia de Zootecnia.
O estudantado disporá da documentación empregada nas clases (presentacións, boletíns de exercicios, etc.) no servicio de reprografía acordado ou ben, seralle remitido por e-mail e/ou posto a súa disposición no Campus Virtual da USC.
Antonio Iglesias Becerra
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- antonio.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Isabel Roca Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Teléfono
- 982822415
- Correo electrónico
- anai.roca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU