Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Tecnoloxía de Alimentos
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e empregar os principios, os tratamentos, os métodos e os equipos propios dos procesos das industrias cárnicas, pesqueiras e extractivas. Capacidade para traballar nas distintas liñas de produción, realizar os controis de proceso e xestionar o aproveitamento de residuos destas industrias. Capacidade para aplicar as políticas de calidade nas Industrias cárnicas, pesqueiras e extractivas.
A memoria modificada do título considera para esta materia os seguintes contidos:
Conceptos relativos á calidade nas Industrias Cárnicas, Pesqueiras e Extractivas. Materias primas. Principalis liñas de produción das Industrias Extractivas: fariñas, azúcre e aceites. Principais liñas de produción das Industrias Cárnicas e Pesqueiras. Xestión e aproveitamento de residuos destas industrias.
Estos contidos desenvolveranse segundo se indica no seguinte temario:
DOCENCIA EXPOSITIVA (18 horas 33,5 horas non presenciais):
1.-Industrias cárnicas (7 horas, 13 horas non presenciais)
• Conceptos básicos e descrición das diferentes especies produtoras de carne.
• Procesos de obtención industrial de carne.
• Cambios post mortem e características da carne.
• Procesos de conservación da carne.
• Procesos de obtención de derivados cárnicos.
2.-Industrias pesqueiras (5 horas, 9,5 horas non presenciais)
• Conceptos básicos e descrición das diferentes especies de produtos pesqueiros.
• Procesos de obtención e manipulación dos produtos pesqueiros.
• Características e vida útil dos produtos pesqueiros.
• Procesos de conservación dos produtos pesqueiros.
• Procesos de obtención de derivados pesqueiros.
3.-Industrias extractivas (6 horas, 11 horas non presenciais)
• Teoría da extracción.
• Procesado de cereais.
• Procesado de sementes oleaxinosas.
• Industrias do azucre.
DOCENCIA INTERACTIVA (18 horas, 39 horas non presenciais):
A docencia interactiva desenvolverase mediante:
• Prácticas de laboratorio (4 horas, 2 horas non presenciais) que terán lugar no laboratorio de Procesado de Alimentos da Facultade de Ciencias. Nestas practicas estudiaranse as características da carne e dos produtos pesqueiros e avaliaranse os cambios ao aplicar diferentes procesos.
• Prácticas de campo A realización de visitas estará condicionada á dispoñibilidade das industrias (dentro do horario de prácticas da materia) e efectuaranse en función da existencia do orzamento necesario para o traslado en autobús dos estudantes ás mesmas. Poderán ser substituídas por visitas virtuais; en leste incluirán visitas polo menos a unha industria cárnica, pesqueira e/o extractiva e actividades relacionadas (6 horas, 6 horas non presenciais).
• Seminarios prácticos (8 horas, 31 horas non presenciais). Incluirán dous tipos de actividades:
- Seminarios interactivos sobre novas tecnoloxías aplicadas nas industrias cárnicas, pesqueiras e extractivas.
- Presentación de traballos. Os estudantes realizarán polo menos un traballo de forma individual. O tema será proposto polo profesorado ou polos estudantes. Estes traballos serán expostos na aula abríndose unha quenda de debate entre os autores do traballo, a profesora e o resto dos estudantes. Trataranse temas de actualidade ou complementarios aos contidos da materia de forma interactiva.
Bibliografía básica
-Boziaris, I.S. (2014). Seafood processing. Tecnology, quality and safety. John Wiley & Sons. Chichester.
- Casp, A. (Coord.). 2014. Tecnología de los alimentos de origen vegetal. Ed. Síntesis. Madrid.
-Delgado Adámez, J. y col. (2019). Tecnología Alimentaria. Ed. Síntesis. Madrid.
- Garrido Álvarez, M. y col. (2020) Procesos tecnológicos en la industria alimentaria. Ed. Síntesis. Madrid.
- Jeantet R. y col. (2010) Ciencia de los alimentos. Bioquímica-Microbiología-Procesos-Productos. Volumen 2. Tecnología de los productos alimentarios. Ed. Acribia. Zaragoza.
- Lonergan, S.M. y col. (2019). The science of animal growth and meat technology. 2nd ed. Elsevier. London.
- Martín Bejarano, S. (coord.) (2001). Enciclopedia de la carne y de los productos cárnicos; 2 volúmenes. Ed. Martín & Macías. Cáceres.
- Guerrero-Legarreta, I. y col (2009) Tecnología de Productos de Origen Acuático. Ed Limusa.
Bibliografía complementaria
- Cummins, E.J., Lyng, J.G. (2017). Emerging technologies in meat processing. John Wiley & Sons. Chichester.
- Hui, Y.H. (ed.) (2012). Handbook of meat and meat processing. 2nd ed. CRC Press. Boca Raton.
- Hamm, W. (2013). Edible oil processing. 2nd ed. John Wiley & Sons. Chichester.
Competencias xerais
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
Competencias transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas (adaptadas á materia):
CEG 1 Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica apropiada produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturase vías rurais), a industriaa groalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais, parques, xardíns, viveiros, arboredo urbano,etc., instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
CEG 2 Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrica e enerxética, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo coa súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
CEG 3 Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificaciones, infraestructuras e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos.
CEG 4 Capacidade para a redacción e sinatura de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que estea destinado o ben moble ou inmoble obxecto delas.
CEG 5 Capacidade para a redacción e sinatura de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo.
CEG6 - Capacidade para a dirección e xestión de toda clase de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, espazos verdes urbanos e/ou rurais, e áreas deportivas públicas ou privadas, con coñecemento das novas tecnoloxías, os procesos de calidade, rastrexabilidade e certificación e as técnicas de márketing e comercialización de produtos alimentarios e plantas cultivadas.
IA1 - Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios da Enxeñaría e tecnoloxía dos alimentos: Enxeñaría e operacións básicas de alimentos. Tecnoloxía de alimentos. Procesos nas industrias agroalimentarias. Modelización e optimización.
A materia consta de 4,5 créditos ECTS. Para abordar os contidos utilizaranse as 18 h de clases expositivas, as 18 h de clases interactivas (prácticas de laboratorio, visitas a industrias e seminarios) e as 2 horas de titorías.
Nas clases expositivas, basicamente, estableceranse os fundamentos da materia en función de todo o descrito nos contidos expostos anteriormente.
Os estudantes poderán realizar un traballo de forma individual. O tema será proposto pola profesora ou polo estudante. Estes traballos serán expostos na aula (nas horas correspondentes aos seminarios) abríndose un debate entre os autores do traballo, a profesora e o resto dos estudantes. O prazo de entrega dos traballos poñerase en coñecemento dos estudantes a través do Campus Virtual.
As clases interactivas constan de prácticas de laboratorio, prácticas de campo (suxeitas a financiamento para o transporte, e dispoñibilidade das industrias dentro do horario de prácticas da materia) e seminarios. A asistencia do estudante a estas sesións interactivas permitiralle completar a formación desta materia. No seu caso, as prácticas de campo poderán ser substituídas por visitas virtuais. Neste último caso incluirán visitas polo menos a unha industria cárnica, pesqueira e/o extractiva e actividades complementarias. Nas titorías, o estudante poderá consultar todas as dúbidas xurdidas ao longo do desenvolvemento da materia. As consultas poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante correo electrónico ou de forma presencial.
Na materia utilizarase o Campus Virtual como apoio á docencia impartida.
- Contidos teóricos (60% da cualificación final): avaliaranse os coñecementos do alumnado mediante unha ou máis probas (cuestionarios, preguntas de resposta curta e/o tipo test, etc.) durante o semestre. As partes da materia non superadas poderán recuperarse no exame final. Os exames finais da 1ª ou 2ª oportunidade só incluirán as partes pendentes.
Para superar a materia os estudantes terán que obter un mínimo de 5 puntos, dos que polo menos 2,4 puntos deben proceder da avaliación da parte teórica (é dicir, unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 na proba de contidos teóricos). Se os puntos obtidos na parte teórica son inferiores a 2,4, dita puntuación non se terá en conta na cualificación final da materia. As competencias avaliadas son: CG1, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7, CT12, CEG1, CGE2, CGE3, CGE4, CGE5, CGE6 y IA1.
- A realización de traballos (20% da cualificación final). Consistirá na presentación oral e escrita dun traballo sobre temas relacionados coa materia. O prazo de entrega dos traballos poñerase en coñecemento dos estudantes a través do Campus Virtual. As competencias avaliadas son: CG1, CT2, CT3, CT6 e CT7.
- Avaliación das prácticas (laboratorio, visitas a industrias, seminarios relacionados con elas) (20% da cualificación final): mediante exame escrito. Será obrigatorio presentarse á devandita proba e obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10. A asistencia as prácticas (laboratorio, viaxes a industrias, seminarios) non é obrigatoria. As competencias avaliadas son: CG1, CT1, CT3, CT4, CT5, CT9, CEG6 e IA1.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións.
Soamente cualificarase como Non Presentado ao alumnado que non realizase ningunha actividade ao longo do curso.
Non é obrigatoria a asistencia a ningunha das actividades da materia para que esta poida ser aprobada, salvo a asistencia ás probas de avaliación. Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia pola Comisión do Título segundo o disposto no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster dá USC” non terán un sistema de avaliación específico.
Non existirán diferenzas no sistema de avaliación entre a 1ª e 2ª oportunidade nin haberá criterios diferentes para alumnos repetidores.
A materia (estruturada en clases expositivas, interactivas e titorías) consta de 4,5 créditos ECTS o que supón 112,5 horas totais (1 crédito equivale a 25 horas).
Del tempo total, 40 horas son presenciais (asistencia a clases expositivas, a clases interactivas, a titorías e ao exame) e as 72,5 horas restantes son as correspondentes ao traballo do alumno. A distribución é a seguinte:
-Clases expositiva en grupo: 18 h, 100% presencialidade.
-Titorías en grupo de 10 alumnos: 2 h, 100% presencialidade.
-Clases interactivas (prácticas e seminarios): 18 h, 100% presencialidade.
-Actividades de avaliación: 2 h, 100% presencialidade.
-Lectura e preparación de temas para o traballo: 25 h, 0% presencialidade.
-Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 14 h, 0% presencialidade.
-Preparación de probas de avaliación: 33,5 h, 0% presencialidade.
As recomendacións para o alumnado son:
-Asistencia ás clases expositivas.
-Asistencia ás clases interactivas.
-Realización de traballos relacionados coa materia.
-Consulta e manexo da bibliografía recomendada e utilización de enlaces on-line de interese.
-Utilización das horas de titorías para resolver dúbidas.
A materia impártese en castelán e galego.
Olga Diaz Rubio
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Tecnoloxía de Alimentos
- Correo electrónico
- olga.diaz.rubio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade