Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Pretendese que o alumno afonde no estudo da morfoloxía, funcionamento e seguridade das máquinas empregadas nos procesos relacionados coa explotación forestal: aproveitamento, repoboacións, e en xeral coas operacións silvícolas.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Custo de utilización das máquinas forestais. Mecanización dos aproveitamentos forestais. Apeo: motoserra, taladoras-apiladoras, colleitadoras. Saca: autocargadores e arrastradores. Biomasa forestal: asteladoras, empacadoras, colleitadoras. Transporte da madeira.
Así mesmo, a memoria contempla como resultados da aprendizaxe o coñecemento da mecanización das tarefas relacionadas coa repoboación forestal e coas operacións silvícolas, en xeral.
Os contidos citados desenvolveranse de acordo co seguinte programa de “aulas maxistrais, seminarios con resolución de problemas e de prácticas”:
A) CLASES EXPOSITIVAS (18 horas presenciais / 18 horas de traballo non presencial)
1. Introdución á mecanización forestal (1 h. - 1h.).
2. O tractor na explotación forestal (2 h. – 2 h.).
3. Maquinaria para a preparación do terreo (4 h. – 4 h.).
4. Maquinaria de plantación, rexeneración e mantemento (2 h. – 2 h.).
5. Maquinaria para corta e aproveitamento (4 h. – 4 h.).
6. Maquinaria para arrastre e extracción (2 h. – 2 h.).
7. Maquinaria para o procesado (2 h. – 2 h.)
8. Maquinaria para carga e transporte (1 h. – 1 h.).
B) SEMINARIOS. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS (6 horas presenciais / 14 horas de traballo non presencial)
1. A transmisión de potencia dende o tractor (2 h. - 6 h.)
2. Problemas de transmisión (2 h. – 6 h.).
3. Criterios de selección e custo de utilización das máquinas forestais (2 h. - 4 h.).
C) PRÁCTICAS DE TALLER E DE CAMPO (12 horas presenciais / 12 horas de traballo non presencial).
1. Ás transmisións mecánicas e hidráulicas (2 h. - 2 h.)
2. Enganches, lastres, elevación e tomas de forza (2 h. - 2h.).
3. Tracción, cadeas e rodas (2 h. – 2 h.).
4. Axustes de máquinas para a preparación do terreo (2 h. - 2h.).
5. Motoserras e desbrozadoras manuais (2 h. - 2h.).
6. Aplicación dos GNSS na mecanización forestal. (2 h. - 2 h.)
D) TITORÍAS EN GRUPO (2 horas).
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas formuladas polo alumnado sobre os problemas expostos nas sesións teóricas e prácticas.
Bibliografía básica:
GIL, J. (2014). Elementos hidráulicos en los tractores y máquinas agrícolas. (3ª Ed.) Madrid, España: Mundi-Prensa.
ORTÍZ-CAÑAVATE, J. Y HERNANZ, J.L. (1988) "Técnica de la mecanización agraria". Ed. Mundi Prensa. Madrid 1988. 641 pp.
MARQUEZ, L. (2004). Maquinaria agrícola. Madrid, España: Blake & Helsey España, D.L.
NIETO, R. (2001) "Manual de mecanización forestal". Ed. Rufino Nieto Ojeda. Jaén.
TOLOSANA, E.; GONZÁLEZ, V.M.; DE LINARES, G. y VIGNOTE, S. (2000). El aprovechamiento maderero. Ed. Mundi Prensa - Fundación Conde del Valle de Salazar. Madrid 2000. 575 pp.
Bibliografía complementaria:
BAYLOT, J. y VAILLEAU, G. (1997). Trois outils portatifs: scie à chaîne, débroussailleuse, taille-haies. Ed, France Agricole, Paris. 165 pp.
ARMEF, CTBA y IDF (1995). Manuel d´exploitation forestière. Tome I. Ed. ARMEF-CTBA, Paris. 442 pp.
CIVIDINI, R. (1983). Tecnologia forestale. Ed. Edagricole, Bolonia. 463 pp.
DRUSHKA, K. y KONTTINEN, H. (1997). Tracks in the forest. The evolution of logging machinery. Timberjack Group Oy, Helsinki. 254 pp. EERONHEIMO, O. y MÄKINEN, P. (1995). Desarrollo de cosecha forestal en las plantaciones de pino radiata en Chile. Instituto de Investigaciones Forestales de Finlandia, Helsinki. 79 pp.
Nesta materia o alumno adquirirá unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral e da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias deseñado para a titulación traballaranse as seguintes:
Competencias básicas:
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúa as competencias que se adoitan demostrar mediante a elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias xerais:
CG6 - Capacidade para medir, inventariar e avaliar os recursos forestais, aplicar e desenvolver as técnicas silvícolas e de manexo de todo tipo de sistemas forestais, parques e áreas recreativas, así como as técnicas de aproveitamento de produtos forestais madeirables e non madeirables.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación. CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva. CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada de coñecementos.
Competencias específicas:
CECF9 - Maquinaria e Mecanización forestais.
Clases maxistrais en grupo grande: Nas clases teóricas empregarase o método da clase maxistral, de xeito que o alumno reciba unha base teórica esencial para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que requiren un nivel mínimo de coñecementos. En calquera caso, este método de ensino non se empregará de forma ríxida, intercalando preguntas para fomentar o razoamento e avaliar o nivel de comprensión da presentación.
A clase teórica debe servir como introdución á aprendizaxe dunha materia específica e non como substituto do seu traballo persoal, que debe acadarse por outros medios.. Competencias: CG6, CT1, CECF9.
Clases interactivas de seminario e prácticas: Nas clases de seminario procederase á resolución de exercicios relacionados co temario, contarase coa participación de todos os membros do grupo, coa utilización da pizarra clásica. Nas prácticas aplicaranse os coñecementos adquiridos nas clases teóricas, que serán complementados co manexo e despece dos elementos mecánicos constitutivos dos motores e máquinas. Para a realización de estas prácticas utilizaranse os equipos existentes na nave de Mecanización Agrícola e Forestal.
Para as horas presenciais non definidas como teóricas, proponse unha metodoloxía de aprendizaxe baseada no traballo en grupo, aplicando o método dialéctico, un método totalmente participativo que leva o alumnado a razoar e formular correctamente preguntas, estimulando unha actitude crítica e demostrando a necesidade de dubidar e cuestionar. Competencias: CB2, CB4, CT1, CT3, CT4, CT6, CECF9.
Os alumnos deberán responder en non menos do 50% das aulas a cuestións breves ou exercicios relacionados cos contidos e a temas propostos polo profesor ó longo curso. Deberán responder a través dunha aplicación informática/app e contrastar súa propia resposta en tempo real na aula. Competencias CG6.- CT2.- CT10.- CT12.
Titorías: Posibilitarán o contacto directo profesorado-alumnado, permiten a orientación sobre calquera tipo de problema relacionado co desenvolvemento da materia. Permiten a orientación individual mellorando a eficacia do traballo persoal do alumnado. Tamén haberá titorías en grupo para cando o problema que formulan se refire ó conxunto do alumnado.
A utilización da plataforma da USC virtual e as novas tecnoloxías como apoio á titoría tradicional, permitirá axilizar o fluxo de información entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno. Competencias: CT1, CT4, CT6, CT10, CECF9.
Probas de avaliación: O alumno realizará probas escritas constituídas por cuestións e exercicios dos temas da materia. Nestas probas, avaliarase tanto os coñecementos teóricos como a resolución de problemas. Competencias: CT1, CT3, CT5, CT6, CT12, CECF9.
Traballo non presencial
O alumno deberá presentar un traballo elaborado da súa asistencia ás prácticas no que se recollan os coñecementos complementarios adquiridos. Competencias: CB2, CB4, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6, CT10, CECF9.
Resolución de cuestións propostas e resoltas nas clases (10%): Competencias CT2.
Proba ou probas escritas de clases expositivas e seminarios (65%): Competencias CB2, CG6, CT3, CT6, CT12 y CECF9.
Aproveitamento das prácticas (25%): Competencias CB4, CG9, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6, CT10 y CECF9.
Para aprobar a materia, é imprescindible completar de forma independente a teoría e os exercicios prácticos. Haberá un exame final obrigatorio, independente do exame teórico, para avaliar as prácticas. Unha vez aprobadas ambas partes, a media ponderada será do 65% para a parte teórica e do 25% para a parte práctica, cun 10% para as preguntas respondidas na clase. As cualificacións aprobadas en teoría ou prácticas validaranse da primeira á segunda oportunidade, pero non para o seguinte curso académico..
As probas escritas consistirán en preguntas de resposta aberta ou pechada (tests), exercicios numéricos similares aos que se resolven nos seminarios, etc. Non están previstos exames parciais durante o curso escolar. Os criterios de avaliación son os mesmos para todo o alumnado da materia, tanto en primeira como en segunda oportunidade, así como para os repetidores..
Para o alumnado ao que se lle concedeu unha exención de asistencia pola Comisión de Título, segundo o disposto no Regulamento de Asistencia ás Clases, a porcentaxe destinada á participación mediante a resolución de cuestións propostas e resoltas nas clases distribuirase proporcionalmente: 5% para probas escritas (70%), e o 5% restante para traballos prácticos (30%)
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Docencia expositiva: 18 horas
Docencia interactiva (seminarios, taller): 18 horas
Titorías en grupo de 10 alumnos: 2 horas
Actividades de avaliación: 4 horas
Lectura e preparación de temas: 18 horas
Realización e resolución de problemas: 16 horas
Preparación das prácticas e trabajo posterior sobre las mesmas: 12 horas
Preparación de probas de avaliación: 24,5 horas
Total: 112.5 horas (4,5 créditos ECTS)
• Asistencia a todas las actividades docentes.
• Consulta de la bibliografía recomendada.
• Facer uso frecuente das titorías.
Jose Manuel Pereira Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- j.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade