Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal da materia debe ser a análise e deseño de procesos químicos, tendo en conta non só as materias primas implicadas e os produtos obtidos nos mesmos, senón tamén a descrición detallada do propio proceso e a análise das súas variables fundamentais. Na materia levaráse a cabo o estudo detallado dalgúns procesos químicos e enerxéticos. É necesario que o estudantado entenda a importancia e necesidade de que os procesos industriais deben ser seguros, medioambientalmente sostibles e economicamente rendibles.
Os contidos desenvólvense en 4,5 ECTS e son contemplados de forma sucinta no descriptor da materia no plan de estudos do Grao de Enxeñería Química, e son: Análise e deseño de procesos químicos. Estratexia en Enxeñería de Procesos. Integración de procesos. Valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos. Estudo detallado dalgúns procesos químicos e enerxéticos.
Tendo en conta os descriptores arriba sinalados o programa da materia estruturarase da seguinte forma:
Tema 1.- Aspectos xerais da química industrial
Tema 2.- Análise e deseño de procesos de fabricación. Estrutura e síntese de diagramas de fluxo de procesos.
Tema 3.- Heurísticas para síntese de procesos
Tema 4.- Síntese de procesos detallada: sínteses de secuencias de separación, introducción a redes de intercambio de masa e redes de intercambiadores de calor.
Tema 5.- Análise económica dos procesos químicos
Tema 6.- Seguridade en procesos industriais. Métodos de análises de riscos.
BIBLIOGRAFIA BASICA
WARREN D. SEIDER, DANIEL R. LEWIN, J. D. SEADER, SOEMANTRI WIDAGDO, RAFIQUL GANI, KA MING NG Product and Process Design Principles: Synthesis, Analysis, and Evaluation, 4th Edition, EMEA Edition John Wiley and Sons, 2019. ISBN: 978-1-119-63696-0. SINATURA ETSE: Solicitado e-book
SEIDER, W.D., SEADER, J.D. E LEWIN, D.R. Product and Process Design Principles - Synthesis, Analysis and Evaluation, 3ª ed. EE.UU: John Wiley and Sons, 2010 (e anteriores). ISBN 978-0470-04895-5. SINATURA ETSE: A150 10 C
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
TURTON, R., BAILIE, R.C., WHITING, W.B. E SHAEIWITZ, J.A. Analysis, Synthesis and Design of Chemical Processes, 4ª ed. Upper Saddle, NJ, EE.UU: Prentice Hall, 2013 ( e anteriores). ISBN 978-0-13-261812-0. SINATURA ETSE: A151 9
PERRY, R.H. E GREEN, D.W. Perry's Chemical Engineers' Handbook, 7ª ed. EE.UU: McGraw Hill, 1998. ISBN 9780071422949. SINATURA ETSE: 100-3
SINNOTT, R. E TOWLER, G. Chemical Engineering Design, 2ª ed. Elsevier, Oxford, Reino Unido: 2009. ISBN 9780080966595. SINATURA ETSE: A140 11 , A140 16
SMITH, R. Chemical Process, Design and Integration, Wiley & Sons, New York (2010). ISBN
9780471486817. SINATURA ETSE: A151 13
STORCH DE GRACIA, J.Mª., GARCÍA MARTÍN, T., Seguridad industrial en plantas químicas y energéticas, ISE, Díaz de Santos, 2ªEd., 2008. SINATURA ETSE: A145 18, 151.3 9
Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante adquire
Competencias específicas
CQ.1.6. Coñecementos sobre valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
CQ.2.1. Capacidade para a análise e deseño de procesos e produtos.
CQ.2.2. Capacidade para a simulación e optimización de procesos e produtos.
CI.9 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dótelles de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería química industrial.
CG.7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.4 Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.5 Capacidade de xestión da información
CT.7 Toma de decisións
CT.13 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.16 Sensibilidade cara a temas ambientais
A materia ten unha carga lectiva de 4,5 créditos ECTS, distribuídos en 28 horas de clases maxistrais, 9 horas de seminarios e 1 hora de titoría de grupo.
*Clases maxistrais
Empregarase a lección maxistral para desenvolver a maior parte do contido teórico. Antes de abordar cada tema, o profesorado realizará unha introdución xeral, establecendo conexións cos contidos previos para facilitar a comprensión global e destacar a relevancia do novo material. Ao rematar cada tema, farase unha breve recapitulación, incidindo nos aspectos que poidan resultar máis complexos para o alumnado.
*Seminarios
Estas sesións estarán centradas na resolución de problemas e na análise de casos prácticos relacionados cos conceptos teóricos. Fomentarase o uso de ferramentas informáticas e follas de cálculo como apoio para a resolución de exercicios, promovendo así unha aprendizaxe activa e aplicada.
*Titoría de grupo
Dedicarase á exposición e defensa oral do traballo en grupo desenvolvido ao longo do cuadrimestre. Esta actividade será avaliable e obrigatoria para a validación do traballo.
Ademais, empregarase o Campus Virtual (Moodle) como plataforma de apoio á docencia. A través del facilitarase o acceso a materiais complementarios, publicaranse anuncios relevantes e xestionaranse as entregas das actividades.
Tanto nas clases maxistrais como nos seminarios, proporanse situacións e problemas reais co obxectivo de espertar o interese do alumnado e favorecer a comprensión dos contidos. Ao longo do curso, proporanse diversas actividades nas sesións de seminario que poderán requirir a entrega de documentos escritos a través do campus virtual ou a realización de presentacións orais, tanto presenciais como telemáticas. Todas estas actividades serán avaliables.
O/a estudante que non teña realizado algunha das actividades obrigatorias terá a consideración de non presentado.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------
Competencias asociadas á metodoloxía empregada
Clases expositivas: CG.4, CQ.1.6, CQ.2.1, CI.9, CG.3, CG.7 e CQ.2.2
Clases de seminario: CT.1, CT.5, CT.13, CG.7, CQ.2.2 e CT.4
Traballo e titoría en grupo: CG.4, CG.7, CT.1 e CT.2
Realizarase un seguimento do proceso de aprendizaxe do estudantado mediante a realización de actividades, traballos ou resolución de problemas, tanto de forma individual como en grupo. Ademais, o alumnado deberá realizar un exame con cuestións teóricas e problemas prácticos que permitirá individualizar a cualificación final.
Actividades avaliables:
*Seminarios avaliables (15% da nota final). Actividade non obrigatoria pero avaliable.
Os seminarios avaliables desenvolveranse nas horas asignadas a tal fin no calendario oficial da materia, que se publicará detalladamente ao comezo do curso no campus virtual. Estas sesións estarán orientadas á resolución de problemas e á análise de casos prácticos relacionados cos contidos teóricos da materia. Nalgúns deles, proporase unha tarefa avaliable que deberá entregarse ao rematar a sesión.
*Traballo en grupo (15% da nota final). Actividade obrigatoria e avaliable.
Ao inicio do curso asignaranse traballos para desenvolver en grupos de 4 a 5 estudantes, que se realizarán ao longo do cuadrimestre. Estes traballos deberán entregarse en formato PDF na data establecida. O obxectivo será desenvolver as distintas etapas do deseño dun proceso industrial asignado pola profesora.
*Titorías / Informe do profesorado (5% da nota final). Actividade obrigatoria e avaliable.
O traballo será presentado e defendido oralmente nunha titoría de grupo, na data oficialmente establecida no calendario publicado a comezos de curso no campus virtual da materia.
*Exame final teórico-práctico (65% da nota final). Actividade obrigatoria e avaliable.
Requirirase unha cualificación mínima de 3 sobre 10 nesta proba.
No caso de que se acaden os 5 puntos na nota final sen cumprir o mínimo no exame, a cualificación final pasará a ser a da parte na que non se acadou o mínimo esixido.
A asistencia ás clases expositivas non é obrigatoria nin avaliable. A asistencia aos seminarios non é obrigatoria, pero si avaliable. A realización do traballo en grupo e a participación na titoría grupal son obrigatorias e avaliables.
----------------------------------------------------------
Avaliación de actividades e competencias
Competencias desenvolvidas nas clases expositivas e nos seminarios, avaliadas mediante exame: CG.4, CQ.1.6, CQ.2.1, CI.9, CG.3, CG.7 e CQ.2.2.
Competencias avaliadas mediante a entrega do traballo en grupo: CG.7, CT.1, CT.4, CT.5 e CT.13.
Competencias avaliadas na titoría de grupo: CG.4, CG.7, CT.1, CT.2, CT.5, CT.7, CT.13 e CT.17.
------------------------------------------------------------
O sistema de avaliación será o mesmo tanto na primeira como na segunda oportunidade. Na convocatoria extraordinaria (decembro/xaneiro), avaliarase exclusivamente o exame teórico-práctico.
------------------------------------------------------------
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Clases maxistrais: 28,0 horas presenciais; 34,0 horas traballo estudantado; 2,5 ECTS
Seminarios: 9,0 horas presenciais; 11,0 horas traballo estudantado; 0,8 ECTS
Tutorías grupo: 1,0 horas presenciais; 4,0 horas traballo estudantado; 0,2 ECTS
Tutorías individualizadas: 1,0 horas presenciais; 2,0 horas traballo estudantado; 0,1 ECTS
Exame e revisión: 5,0 horas presenciais; 17,5 horas traballo estudantado; 0,9 ECTS
Total: 44,0 horas presenciais; 68,5 horas traballo estudantado; 4,5 ECTS
A materia será impartida en castelán.
Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ó longo do curso e materiais complementarios para o estudo da materia.
Eva Rodil Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816796
- Correo electrónico
- eva.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A3 |
13.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A6 |
13.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
13.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
13.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A6 |
25.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A3 |
25.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
25.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
25.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
25.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
25.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A4 |
25.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
25.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
02.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
02.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
02.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
02.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |