Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O deseño de instalacións e procesos industriais ocupa un lugar central na Enxeñaría Química. Esta materia recolle coñecementos e competencias de semestres anteriores para a súa integración aplicada na transformación dunha idea de proceso nunha planta viable e eficiente que teña en conta aspectos técnicos, económicos, ambientais e de seguridade.
Abordarase o ciclo completo dun proxecto industrial: desde a súa formulación inicial ata a posta en marcha, con énfase na selección e deseño de equipos.
Os contidos desta materia segundo a memoria do título son:
Proxecto Básico: Formulación, estudo de mercado, procesos de fabricación, distribución en unidades e edificacións. Avaliación económica. Estrutura organizativa dunha instalación industrial. Proxecto construtivo: Etapas da fase de deseño de detalle, desenvolvemento de cálculos de proxectos. Selección de elementos de máquinas na industria química. Lexislación e Normalización. Deseño mecánico.
____________________________________________
BLOQUE I – FORMULACIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS
TEMA 1. Introdución ao proxecto de enxeñaría
Definición e obxectivos dun proxecto industrial. Tipos de proxectos. Fases do deseño. Estudos de mercado e análises de viabilidade técnica e económica. Consideracións iniciais de seguridade e impacto ambiental.
TEMA 2. Estrutura documental dun proxecto
Composición dun proxecto técnico: Memoria, planos, prego de condicións, orzamento e anexos. Criterios para a redacción, edición e presentación profesional da documentación.
TEMA 3. Avaliación económica de proxectos
Custos de investimento e operación. Estimación e distribución de custos. Análise económico-financeira: fluxos de caixa, indicadores de rendibilidade (VAN, TIR), análise de sensibilidade e toma de decisións.
________________________________________
BLOQUE II – DESEÑO DE INSTALACIÓNS E EQUIPOS
TEMA 4. Materiais de construción e protección fronte á corrosión
Tipos de materiais empregados en enxeñaría. Propiedades relevantes para o deseño. Métodos de selección, estándares técnicos e normativa.
TEMA 5. Deseño de recipientes de proceso e almacenamento
Deseño mecánico de tanques, depósitos a presión e almacenamento. Normativa aplicable. Criterios técnicos e económicos. Estimación de custos.
TEMA 6. Sistemas de transporte de fluídos
Deseño de tubaxes: selección de materiais, normas e estándares. Tipos de válvulas e disposición de sistemas. Deseño e selección de bombas e compresores. Criterios hidráulicos e mecánicos. Estimación de custos.
TEMA 7. Deseño de equipos de separación
Fundamentos de deseño de columnas de separación (destilación, absorción, extracción). Parámetros de operación e construción. Avaliación de custos asociados.
TEMA 8. Intercambio térmico e equipos asociados
Deseño de intercambiadores de calor: tipos, selección e materiais. Deseño térmico e mecánico. Introdución a condensadores, evaporadores, caldeiras e fornos. Aspectos técnicos clave e custos orientativos.
BÁSICA
Sinnott, R. K., and Towler, G P. Chemical Engineering Design. 6th edition, Butterworth-Heinemann, 2020.
Dispoñible como recurso electrónico a través da BUSC: https://www.sciencedirect.com/book/9780081025994/chemical-engineering-d…
Sinnott, R. K., and Towler, G P. Diseño en ingeniería química. Reverté, 2012.
COMPLEMENTARIA
Seider, Warren D., et al. Product and process design principles: synthesis, analysis and evaluation. Fourth edition, Wiley, 2017.
Peters, Max S. Plant Design and Economics for Chemical Engineers, Fifth Edition. 5th ed., McGraw Hill LLC, 2003.
Dispoñible como recurso electrónico a través da BUSC e McGraw-Hill's AccessEngineering
Green, Don W., et al. Perry’s Chemical Engineers’ Handbook. 9th ed., McGraw-Hill Education, 2019.
Dispoñible como recurso electrónico a través da BUSC e McGraw-Hill's AccessEngineering
Hall, Stephen. Rules of Thumb for Chemical Engineers. 5th ed., Butterworth-Heinemann, 2012.
Dispoñible como recurso electrónico a través da BUSC
https://ebookcentral-proquest-com.ezbusc.usc.gal/lib/buscsp/detail.acti…
Moran, Sean, and Maria Ines Cruz. An Applied Guide to Process and Plant Design. 1st edition, Butterworth-Heinemann, 2015.
Dispoñible como recurso electrónico a través da BUSC:
https://www.sciencedirect.com/book/9780128002421/an-applied-guide-to-pr…
En todos os casos son igualmente útiles edicións anteriores
Específicas
CI.7 - Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos
CI.8.- Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
CI.12.- Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
Xerais
CG.1.- Capacidade para a redacción, firma e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría química industrial que teñan por obxecto, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización.
CG.2.- Capacidade para a dirección, das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos no epígrafe anterior.
CG.5.- Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
CG.6.- Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
Transversais
CT.7.- Toma de decisións
CT.11 - Capacidade para comunicarse con expertos de outras áreas
CT.13.- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.14.- Adaptación a novas situacións
CT.17.- Creatividade
A docencia desenvolverase a través de sesión expositivas, seminarios, titorías e traballo autónomo, cunha distribución aproximada das horas por bloques da seguinte maneira:
• BLOQUE I – FORMULACIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS
– Sesión expositivas: 17 horas
– Seminarios: 4 horas
• BLOQUE II – DESEÑO DE INSTALACIÓNS E EQUIPOS
– Sesión expositivas: 20 horas
– Seminarios: 8 horas
Proporase realizar e entregar por escrito un proxecto de deseño básico en equipos. Este proxecto será definido ao comezo do curso. Os equipos contarán co apoio de estudantes do Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos, que colaborarán como supervisores.
Están previstas dúas titorías de grupo: a primeira na 8ª e 9ª semana de curso e a segunda na 11ª e 12ª semana de curso.
Sempre que sexa viable, organizarase unha visita técnica entre as semanas 9ª e 15ª do curso, dependendo da dispoñibilidade do sitio visitado.
Correspondencia entre competencias e docencia expositiva – proxecto de deseño: CI.12, CG.1, CG.2, CG.5, CG.6, CT.7, CT.11, CT.14, CT.17.
Correspondencia entre competencias e seminarios para resolución de problemas: CI.7, CI.8, CG.5, CT.13
Os elementos de avaliación son os seguintes:
- Exame final da materia (50% do total, obrigatorio)
- Proxecto (40% do total). O proxecto realizarase por equipos e debe incluírse un documento de contribucións consensuado polos seus membros.
- Titoría de grupo (5%) e test sobre a visita (5%). De non poder realizarse a visita farase unha actividade substitutiva en titoría co mesmo peso na avaliación.
Débese obter unha cualificación mínima do 35% no exame.
A cualificación de non presentado corresponderá a quen non realice o exame final.
No caso de non superar a materia na primeira Oportunidade, o estudante será novamente avaliado:
- Do exame en todos os casos
- Voluntariamente do proxecto, se non obtivo no mesmo un 50% na primeira oportunidade
As competencias a avaliar son as seguintes:
Proxecto: CI.12, CG.1, CG.2, CG.5, CG.6, CT.7, CT.11, CT.14, CT.17
Exame: CI.7, CI.8, CG.1, CG.5, CT.13
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
Sesións expositivas: Presenciais, 37; Persoal, 45
Seminarios: Presenciais 12; Persoal, 14;
Titorías de grupo: Presenciais, 1; Persoal, 4;
Titorías individualizadas: Presenciais, 2; Persoal, 8;
Exame e revisión: Presenciais, 5; Persoal, 22;
Dado o carácter integrador desta materia é moi importante ter superado, entre outras, as materias de Enxeñaría de Procesos e Fundamentos de máquinas e Resistencia de materiais e recomendable ter superado as de Transferencia de materia, Transmisión de calor, Enxeñaría da reacción química e reactores químicos.
Recoméndase a asistencia a clase e a participación activa.
No caso de discrepancias entre as versións desta guía en diferentes linguas, prevalecerá a versión en galego.
A materia será impartida en galego. A maior parte das fontes bibliográficas e online están en inglés.
Empregarase o Campus Virtual (a plataforma web da USC) como ferramenta de apoio á docencia
Miguel Mauricio Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816800
- Correo electrónico
- miguel.mauricio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A3 |
Martes | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A3 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A3 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula A3 |
Venres | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula A3 |
15.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
15.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
15.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
15.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
15.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
15.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
29.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
29.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A2 |
29.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A2 |