Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é proporcionar aos estudantes os coñecementos e habilidades necesarias para desenrolar e avaliar proxectos empresariais baseados na intelixencia artificial. Ao longo do curso, os estudantes aprenderán a deseñar plans de negocios sólidos, partindo dunha idea inicial que se converterá nun proxecto estruturado, analizando aspectos chave como a formación do equipo, a análise do mercado, da competencia, e a definición dunha estratexia competitiva efectiva. Así mesmo, abordarase a análise da viabilidade económica e financeira, permitindo aos estudantes construír modelos de avaliación que faciliten a toma de decisións, aplicando técnicas de análise de escenarios e simulación para xestionar o risco. No ámbito das startups, exploraranse métodos de valoración específicos como os fluxos de caixa descontados, o método Berkus, os múltiplos e o capital risco, adaptados ás distintas etapas do desenvolvemento. Finalmente, a materia afondará nas opcións de financiamento dispoñibles para proxectos innovadores, dende o autofinanciamento e o financiamento non dilutivo, ata as roldas de financiamento mediante capital risco, micromecenado (crowdfunding) e instrumentos de débeda. O estudantado comprenderá como estruturar e negociar roldas de financiamento, xestionando aspectos críticos como a valoración pre e post-money, os termos da "term sheet", o proceso de due diligence e o pacto de socios.
1. O plan de negocio dun proxecto baseado na IA
1.1. O idea do negocio
1.2. O equipo.
1.3. A análise do mercado:
Viabilidade comercial.
Competencia e provedores
Estratexia competitiva: Produto, modelo de negocio prezo, estimación de demanda
1.4. Análise DAFO
1.5. Sustentabilidade
1.6. Estudo técnico
1.7. Plan Operativo
1.8. Plan financeiro
1.9. Modelo do plan de empresa.
2. Análise de viabilidade económica y financeira
2.1. O proceso de avaliación económica y financeira
2.2. La construción dun modelo sinxelo de avaliación paso a paso
2.3. Modelos avanzados de avaliación económico financeira
2.4. Avaliación de proxectos innovadores.
2.5. Análises do risco a través de escenarios.
2.6. Análises do risco mediante simulación
3. Métodos de valoración de startups
3.1. Fases do desenrolo dunha startup
3.2. A valoración de start-ups.
3.3. Criterios de inversión de startups
3.4. Métodos alternativos de valoración: Desconto de fluxos, Berkus, múltiplos y venture capital
3.4 Análises de valoracións por sectores e etapas do desenrolo.
4. La financiación do proxecto
4.1. Ciclo de vida e financiación da startup
4.2. Financiación con Bootstraping
4.2. Financiación non dilutiva.
4.3. Financiación dilutiva: capital risco, crowdfunding y ICO
4.4. Financiación con débeda: Notas convertibles, préstamos participativos, bonos.
5. Financiación mediante roldas de financiación
5.1. Valoración pre-money, postmoney e dilución
5.3. Pasos para levantar unha ronda de financiación
5.3. Term sheet
5.4. Due dilligence
5.5. Pacto de socios
Todo o material necesario para a preparación deste curso estará dispoñible na aula virtual. Para algúns temas proporase bibliografía específica dos seguintes manuais (BB indica manuais xerais de economía da empresa)
Damodaran, A. (2011). The Little Book of Valuation: How to Value a Company, Pick a Stock and Profit. Wiley.
De Toro (2022): Rondas de Financiación: Método para financiar el crecimiento de tu empresa.ISBN: 978-84-18-37284-1
del Barrio, A. G. (2020, 28 octubre). IEDGE – Método de los beneficios descontados. IEDGE Business School. https://www.iedge.eu/aurelio-garcia-del-barrio-metodo-de-los-beneficios…
Díaz-Leante, E. B. (2020). MODELOS DE VALORACIÓN DE STARTUPS. Universidad Pontificia Comillas
Gómez Gras, J.M., et al (2012). “Manual de casos sobre creación de empresas en España”. Ed. McGraw- Hill.
Hoyos Iruarrizaga, J. (2022): “Plan Financiero para Start ups”. ESIC editorial, 2022.
Mendelson, J. Y Feld, B (2015). Como cerrar rondas de financiación con éxito. Wiley.2015.
Montani, D., Gervasio, D., & Pulcini, A. (2020). Startup Company Valuation: The State of Art and Future Trends. International Business Research, 13(9), 31.
Partal Ureña, A. et al (2020): “Introducción a las finanzas empresariales” (3ª ed.). Ediciones Pirámide.
Razgaitis, R.(2003): Valuation and Pricing of Tecnology based intellectual property, John Wiley, 2003
Rodríguez Sandiás, A (2013): Modelos de Análisis y Valoración de Proyectos, ed. Andavira, 2013
Roig, A., & Vicén, C. (2020). Startup Valuation. HEC Paris.
Rouhiainen, L. (2021): “Inteligencia artificial para los negocios”. Social Business.
BÁSICAS E XERAIS:
CG2 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade
CB1 - Que os estudantes demostren ter e comprender coñecementos dunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu eido de estudo
ESPECÍFICAS:
CE9 – Capacidade para definir e interpretar os fundamentos das organizacións, os aspectos básicos da súa organización e xestión, o proceso de innovación e a súa xestión, as diferentes áreas funcionais e o seu contorno socioeconómico.
CE10 - Entender os novos modelos de negocio e innovación no marco das empresas baseadas en IA e as súas tecnoloxías.
CE11 - Capacidade para deseñar e crear modelos de valoración económico-financeira de proxectos utilizando ferramentas informáticas axeitadas.
TRANSVERSAIS:
TR1 - Capacidade para comunicarse e transmitir os seus coñecementos, habilidades e destrezas.
TR3 - Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor.
TR4 - Capacidade para introducir a perspectiva de xénero nos modelos, técnicas e solucións baseadas en IA.
TR6 - Capacidade para integrar os aspectos xurídicos, sociais, ambientais e económicos inherentes á IA, analizando os seus impactos e comprometéndose na busca de solucións compatibles co desenvolvemento sostible.
Sesións expositivas: Lección maxistral. O profesor expón os contidos teóricos e como estes permiten a resolución de problemas ou exercicios. Trátase de transmitir os coñecementos que lles servirán de base para aplicar logo nas clases de laboratorio, procurando unha maior implicación do alumno
Sesións interactivas: Clases tipo seminario ou con ordenador. Estas clases desenrolaranse en grupos máis reducidos e terán como obxectivo na revisión de textos relativos aos contidos de algún dos temas da materia, o desenrolo de casos prácticos en grupo ou a resolución de exercicios empregando como ferramenta de traballo a folla de cálculo.
El sistema de avaliación inclúe dúas partes:
a. AVALIACIÓN CONTINUA: 80% de la cualificación final. Inclúese o desenrolo dun plan de negocio, o modelo financeiro e elaboración dunha presentación. Todas estas actividades iranse detallando na aula e avaliaranse fundamentalmente as competencias específicas. CE10 e CE11 e as competencias transversais. A entrega do plan de negocio, do modelo financeiro e da presentación se realizará na penúltima semana lectiva.
b. EXAMEN: 20% de la cualificación final. O exame será tipo test. Este exame avaliará as competencias básicas e xerais, así como a específica CE9. Para superar a materia hase de obter un mínimo no exame do 40% da puntuación máxima, isto é, 4 puntos sobre 10. No caso de non superar este mínimo non se sumará a nota da parte de avaliación continua e a nota será a do exame.
c. ASISTENCIA A CLASE. E obrigatoria pero non se contempla ningunha valoración na cualificación final asociada a la asistencia.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: O exame terá unha estrutura similar a da 1ª oportunidade, e a conformación da nota final manterase igual para esta oportunidade.
Terase o condición non “NON PRESENTADO” cando non se asista ao exame final, en ningunha das dúas oportunidades, con independencia da nota obtida na avaliación continua.
ALUMNADO REPETIDOR: No caso de haber alcanzado un mínimo de 2,5 (sobre 52) na avaliación continua, esta poderase manter para o curso seguinte.
No caso da realización fraudulenta das actividades prácticas e exames será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Horas presenciais na aula:
Clases expositivas: 20,0 h
Clases interactivas 30,0 h
Titorías 1,0 h
Total 51,0 horas de traballo presencial na aula
Horas traballo do estudante:
Estudo autónomo individual ou en grupo 45h
Realización de tarefas/exercicios/traballos 45h
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 5h
Preparación de presentacións orais, debates ou similar 4h
Total 99,0 horas de traballo persoal do estudante
Asistencia habitual as clases. PUNTUALIDADE.
Manexo básico de MS Office (Windows 365).
Os idiomas empregados nas aulas serán galego e español.
Recoméndase o uso del campus virtual xa que este será o eixo de todas as actividades a realizar na materia, así como de MS Teams si fose preciso para realizar titorías.
Luis Alberto Otero González
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811656
- Correo electrónico
- luis.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martiño Castiñeira Carracedo
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- martino.castineira.carracedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.01 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.01 |
19.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
19.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
19.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
26.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
26.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
26.06.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |