Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta asignatura é entender o funcionamento interno dun computador e dos seus bloques funcionais. Dende o punto de vista do hardware, coñece-la linguaxe máquina do computador e ser capaz de desenvolver códigos nesa linguaxe. Estudaremos en profundidade algúns aspectos da arquitectura para ter a capacidade de desenvolver códigos que aproveiten de forma óptima os recursos hardware dispoñibles no computador. Nesta asignatura tamén faremos un enfoque desde o punto de vista do software. O sistema operativo é un software de sistemas fundamental para os computadores de hoxe en día. Estes sistemas interactúan ente os programas de usuario e o hardware e é importante comprende a interrelación entre o software do sistema operativo e o hardware sobre o que se executa.
Tema 1: Introdución aos computadores e aos sistemas operativos
Tema 2: Tipos de procesadores e sistemas operativos
Tema 3: Planificación de tarefas, procesos e hilos
Tema 4: Representación e almacenamento dos datos
Tema 5: Representación e execución das instrucións
Tema 6: O procesador e a xerarquía de memoria
Tanto a bibliografía básica como complementaria está dispoñible na biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría.
Básica
- Patterson, David A., Hennessy John L. Computer Organization and Design. The Hardware/Software Interface. Morgan Kaufmann MIPS Edition, 2017, ISBN: 978-0128017333 / 5th Edition ISBN: 978-0-12-407726-3 Biblioteca ETSE: códigos A330 70- A-B / C50 711 A-B.
- Wolf, Gunnar et al. Fundamentos de Sistemas Operativos. Mexico City, Mexico: Universidad Nacional Autónoma de México, 2015. Disponible en línea. Disponible en línea.
Complementaria
- McLoughlin, Ian. Computer Systems An Embedded Approach / Ian McLoughlin. First edition. New York, N.Y: McGraw-Hill Education, 2018. Biblioteca ETSE: códigos C50 967 y Disponible en línea.
O estudantado adquirirá en distintos niveis de profundización, as seguintes competencias básicas, transversais e específicas:
CG2: Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade.
CB2: aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5: desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TR1 - Capacidade para comunicar e transmitir os seus coñecementos, habilidades e destrezas.
TR3: capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor.
CE4: coñecer a estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos (computador, sistemas operativos e redes de computadores).
Esta materia ten un enfoque teórico/práctico mediante clases expositivas (teoría) e interactivas (sesións prácticas).
Clases expositivas: nestas clases o profesorado exporá os contidos teóricos que serven de base para a realización de exercicios como parte do traballo persoal do estudantado e para as clases prácticas, buscando un ambiente participativo en clase.
Competencias traballadas: CG2, CB2, CB3, CB5, TR3, CE4.
Clases interactivas: estas clases estarán dedicadas a desenvolver o programa de prácticas da materia e complementar os coñecementos vistos nas clases de teoría. Consistirán na realización de exercicios, prácticas, obradoiros e exposicións. O estudantado será o elemento activo nestas clases e o persoal docente guiará a aprendizaxe ante as cuestións e dúbidas polos alumnos.
Os enunciados das prácticas, así como o material de axuda estarán dispoñibles no campus virtual da disciplina.
Competencias traballadas: CB2, CB3, CB4, CB5, TR1, TR3, CE4.
As titorías poderán ser presenciais (horario acordado co estudantado ou fixado polo centro), e a través de correo electrónico.
A avaliación da materia basarase nunha avaliación continua e na realización dunha proba final obrigatoria. Para que a disciplina se considere aprobada deberase obter unha cualificación de 5 puntos ou máis na media ponderada entre a proba final (50% da nota) e a avaliación continua (50% da nota). Para calcular a nota ponderada da disciplina débese aprobar a proba final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou de teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de cero en ambos os casos.
Avaliación continua
A avaliación continua consistirá na realización por parte do estudantado das prácticas e traballos propostos ao longo do cuadrimestre. Realizaranse unha serie de actividades non obrigatorias consideradas como ponderables sobre os contidos desenvolvidos nas sesións prácticas. Estas actividades terán unha data concreta de entrega e unha avaliación mediante unha proba cunha periodicidade aproximada de dúas semanas. Non se admiten entregas fóra de prazo. Pasada esta data, a práctica será considerada como non realizada e avaliada con cero puntos. Os tipos de probas serán prácticos co ordenador, exames tipo test e exposición dun tema final.
En aplicación do Artigo 1 do Regulamento de asistencia a clase (aprobada en Consello de Goberno o 25/11/2024) a asistencia a clase non terá ningunha valoración na nota final.
Non existe outra modalidade para aprobar a parte da disciplina correspondente á avaliación continua. A nota obtida conservarase para a oportunidade ordinaria e oportunidade extraordinaria de recuperación. Non se garda para o seguinte curso.
Oportunidade ordinaria
Realizarase un exame que incluirá tódolos contidos da materia. A súa valoración será o 50% da nota final. Será condición indispensable para aprobar esta materia superar a proba final cunha nota mínima de 5 puntos.
Oportunidade extraordinaria de recuperación
Mesmos criterios que a oportunidade ordinaria.
Non presentado
A cualificación será "non presentado" cando o alumno/a non realice o exame e non se presentase a máis dunha das probas de avaliación continua.
Estudantado repetidor
Os criterios de avaliación para o estudantado repetidor serán os mesmos que o estudantado que se matricule por primeira vez na disciplina, excepto se se superou a avaliación continua na última convocatoria. Neste caso, o alumno/a deberá poñerse en contacto co profesor.
Estudantado con dispensa
Mesmo criterios de avaliación excepto a asistencia a sesións interactivas que será obrigatoria só naquelas actividades de avaliación que requiran asistencia na aula como exames e avaliacións en grupo.
Estímase que o tempo de traballo do alumno se corresponde con 20 horas de actividade presencial na aula e de 30 no laboratorio de prácticas. Ademais, estímase un esforzo de 99 horas de traballo persoal do estudantado dedicado a consulta de bibliografía, estudo autónomo e desenvolvemento das actividades programadas.
Recoméndase a asistencia a clase de docencia expositiva e estudio continuado da disciplina cun esforzo activo na busca de materiais, realización de exercicios e preparación das prácticas.
Cómpre dispoñer dun equipo portátil para realizar prácticas e/ou exames nas sesións interactivas.
A materia impártese en castelán. A bibliografía e parte do material están dispoñibles en inglés.
Pablo Quesada Barriuso
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881813538
- Correo electrónico
- pablo.quesada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | IA.11 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.11 |
12:00-14:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.11 |
Xoves | |||
09:00-11:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.11 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.11 |
20.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
20.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.01 |
20.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
20.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
20.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.02 |
20.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.02 |
20.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.02 |
20.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.02 |
16.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
16.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.01 |
16.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
16.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |