Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 2.6
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Traballo realizado nun contorno real (empresas e/ou institucións do ámbito das TIC) no que se
manifeste a capacidade de aplicar as competencias adquiridas ao longo da titulación en
contornos reais da profesión.
Prácticas en empresas e entidades públicas e privadas como parte da formación académica do
alumnado. Mediante a experiencia directa nunha entidade externa, o alumnado poderá coñecer
as formas de organización do traballo e os condicionantes da profesión tal e como se exerce no
mundo laboral. Preténdese ofrecer ao alumnado unha ampliación do contacto co mundo
profesional como espazo para poñer en práctica as competencias, habilidades e coñecementos
adquiridos durante a súa formación
Non hai
CB2 – Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun
xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e
defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 – Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un
público tanto especializado como non especializado.
CG1 – Capacidade para concibir, redactar, organizar, planificar e desenvolver modelos,
aplicacións e servizos no ámbito da intelixencia artificial, identificando obxectivos, prioridades,
prazos, recursos e riscos, e controlando os procesos establecidos.
CG2 – Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e
creatividade.
TR1 – Capacidade para comunicar e transmitir os seus coñecementos, habilidades e
destrezas.
TR2 – Capacidade de traballo en equipo, en contornos interdisciplinares e para a xestión de
conflitos.
CE17 – Capacidade para adaptar e aplicar no ámbito profesional un conxunto significativo das
competencias adquiridas neste título de grao
Aprendizaxe baseada en proxectos. Integración nun equipo de desenvolvemento ou de I+D nun
contorno empresarial.
O estudantado deberá asistir obrigatoriamente ás actividades programadas para a preparación
de procesos de selección e aos foros de contacto con empresas. A avaliación das prácticas
será realizada polo/a titor/a académico/a, que deberá ter en conta: i) A memoria que deberá
elaborar o alumnado ao finalizar as prácticas. ii) O informe do/a titor/a da empresa ou
institución.
Cuatro horas de trabajo presencial repartidos entre tutorías y evaluación, y 145 horas de
trabajo personal del alumno.