Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia introduce aos estudantes no campo da programación imperativa, presentando conceptos básicos como algoritmo, programa, instrución, tipo de dato, variable, operador, estruturas condicional e repetitiva, deseños descendente e ascendente, función ou biblioteca. As actividades propostas deben proporcionar ao alumnado unha base conceptual e tecnolóxica sobre a que desenvolver futuros proxectos de Intelixencia Artificial (IA). Ante a súa grande versatilidade, a súa crecente popularidade e a alta dispoñibilidade de módulos que facilitan a construción de software por aproximación ascendente, faise uso da linguaxe de programación Python.
Paradigma imperativo.
Tipos de datos e variables.
Importación e uso de bibliotecas.
Control do programa.
Agrupacións de datos.
Entrada e saída.
Scripts e proba de programas.
Deseño modular.
Nesta materia non se proporcionan apuntamentos por parte dos profesores.
Bibliografía Básica:
1. MARZAL VARÓ, Andrés, GRACIA LUENGO, Isabel, GARCÍA-SEVILLA, Pedro. Introducción a la programación con Python 3. Universitat Jaume I, 2014. ISBN 9788469711781. DOI http://dx.doi.org/10.6035/Sapientia93. URI http://hdl.handle.net/10234/102653.
2. CUEVAS ÁLVAREZ, Alberto. Python 3. Curso Práctico. Madrid: RA-MA Editorial, 2016. ISBN 9788499643595 (recurso electrónico).
Bibliografía Complementaria:
1. MCKINNEY, Wes. Python for data analysis: data wrangling with Pandas, NumPy, and IPython. 2nd ed. Sebastopol, CA: O'Reilly Media, Inc., 2018. ISBN 9781491957639, 1491957638, 9781491957615, 1491957611 (recurso electrónico).
2. PHILLIPS, Dusty. Python 3 object oriented programming: harness the power of Python 3 objects. 1st ed. Birmingham, UK: Packt Open Source, 2010. ISBN 9786612712487, 9781282712485, 1282712489, 9781849511278, 1849511276, 9781849511261, 1849511268 (recurso electrónico).
Contribuír a obter as seguintes competencias básicas, xerais, específicas e transversais recollidas na memoria do título de Grao en Intelixencia Artificial (GrIA) da USC, a UDC e a UVigo: CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CE3, CE4, CE5, TR2, TR3 e TR6.
Como parte do módulo de Software e Bases de Datos do GrIA, os resultados da aprendizaxe esperados nesta materia son:
- Levar a cabo o proceso que permite, partindo dun alto nivel de abstracción, implementar código de alta calidade.
- Aplicar programación modular para resolver problemas específicos no eido da IA.
- Comprender a sintaxe e máis a semántica da linguaxe de programación utilizada.
- Adquirir competencias para resolver problemas de forma metodolóxica e práctica.
- Identificar e ter a capacidade para seleccionar nun contorno práctico as principais bibliotecas no campo da IA e a Ciencia de Datos.
- Analizar as alternativas para afrontar un problema e identificar que aspectos poden abordarse con técnicas de IA e cales non.
- Manexar técnicas e ferramentas de proba para asegurar a calidade dos resultados.
Aínda que todas as actividades programadas no semestre contribúen conxuntamente á adquisición das competencias sinaladas con anterioridade, de seguido concrétanse as principais relacións entre ambas:
1. Sesións de teoría (competencias CG1, CG4, CB3). Centradas na exposición por parte do profesor dos conceptos básicos da materia, intercalaranse as explicacións teóricas coa proposta e resolución de exercicios de programación de pequeno calibre.
2. Prácticas individuais (competencias CG2, CG3, CB2, TR3, CE2). Os estudantes deberán afrontar na aula de informática a resolución interactiva de cinco boletíns de exercicios de programación de tamaño e complexidade crecentes.
3. Seguimento e realimentación (competencia TR2). Programaranse titorías baixo demanda para a orientación activa do traballo dos estudantes, con especial atención ao desenvolvemento das prácticas propostas na aula de informática. Combinarase a modalidade presencial coa telemática a través de Microsoft Teams.
4. Avaliación mediante exame (competencias CB4, CB5). Á finalización do semestre, os estudantes deberán demostrar individualmente o nivel alcanzado con respecto ás competencias propias da materia por medio dun exame teórico-práctico que se desenvolverá na data oficialmente aprobada.
A programación concreta de actividades publicarase antes do comezo do semestre por medio do Campus Virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na normativa institucional de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Advírtese expresamente aos estudantes de que os programas informáticos entregados para avaliación poderán ser sometidos á análise de ferramentas de calidade contrastada para detección semi-automática de plaxio.
Na primeira oportunidade, a avaliación realizarase de acordo co seguinte reparto de pesos: 30% para o exame final teórico-práctico e 70% para os boletíns de programación. Só teranse en conta os tres últimos boletíns na avaliación continua da materia, os cales haberán de ser entregados logo da sétima, a décima e a duodécima sesión interactiva, respectivamente. A valoración destes boletíns levarase a cabo dun xeito mixto, de maneira que a metade da cualificación procederá da calidade do propio traballo e a outra metade derivarase dunha proba escrita relativa á achega. Por outra banda, faise notar que para superar a materia cómpre acadar unha nota mínima de catro puntos tanto no exame como nas prácticas.
Déixase constancia explícita de que a asistencia ás sesións interactivas desta materia é esencial para a consecución dos seus obxectivos, polo que as ausencias haberán de xustificarse adecuadamente.
Na segunda oportunidade a avaliación basearase nun exame teórico e nunha proba práctica de programación cuxas contribucións á cualificación final serán do 30% e do 70%, respectivamente.
Considerase Non Presentado a quen non desenvolva ningunha das actividades que se realicen ao longo do semestre, nin ás probas de avaliación da segunda oportunidade.
Baixo ningunha circunstancia se conservarán notas entre convocatorias de distintos cursos. En relación co disposto no artigo primeiro, sobre os sistemas de avaliación, do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, faise constar que a asistencia a clase non será tida en conta directamente na avaliación do estudante.
A materia ten asignados 6 ECTS, o que supón unha aportación persoal aproximada de 100 horas ao marxe do traballo presencial na aula.
Non hai ningunha recomendación especial ao marxe da asistencia regular a clase ou da conveniencia de asumir o esforzo necesario para levar a materia ao día. Non se fai ningunha presunción sobre coñecementos previos dos estudantes.
A realización das actividades previstas apoiarase no Campus Virtual da USC (plataforma Moodle) e na aplicación Teams de Microsoft, fundamentalmente.
Polo demais, só se precisa a instalación do intérprete de Python na máquina do estudante. A distribución estándar está dispoñible en https://www.python.org/.
Esta materia impártese en galego e castelán.
Julian Carlos Flores Gonzalez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816456
- Correo electrónico
- julian.flores [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Varela Pet
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- jose.varela.pet [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alejandro González Santos
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- alejandrogonzalez.santos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.11 |
12:00-14:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.12 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.11 |
12:00-14:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | IA.12 |
Xoves | |||
09:00-11:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego, Castelán | IA.12 |
16.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
16.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
16.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.01 |
16.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
16.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.02 |
16.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.02 |
16.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.02 |
16.01.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.02 |
18.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
18.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
18.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.01 |
18.06.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |