Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 20 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é achegar os coñecementos e ferramentas básicas para entender, analizar e valorar as decisións relativas ao ámbito da xestión empresarial. Isto implica ter unha visión da empresa, en xeral, e de todas as súas áreas funcionais, pero tamén das particularidades que presentan as empresas baseadas en tecnoloxías dixitais e de IA. O enfoque da materia é xeneralista, pero poñerase o foco na análise da información económico-financeira como base para a toma de decisións estratéxicas, apoiándose para iso no uso de ferramentas informáticas e tecnoloxías de IA aplicadas á xestión. Así mesmo, analizase o proceso emprendedor e o uso da IA como base para a xeración de novas oportunidades e modelos de negocio.
BLOQUE I. CONTEXTUALIZACION
1. Introdución á actividade empresarial na contorna actual
2. Impacto da IA na actividade empresarial
3. Emprendemento: a IA como oportunidade de negocio
BLOQUE II. DIRECCION E XESTIÓN DA PRODUCCION, DE PERSOAL E COMERCIAL
4. Administración e dirección da empresa.
5. Produción e os recursos humanos
6. Comercialización e márketing.
BLOQUE III. O ÁMBITO DAS DECISIÓNS FINANCEIRAS
7. A información financeira como base para a toma de decisións
8. Análise e decisións de investimento
9. Fuentes e decisións de financiamento
Todo o material necesario para a preparación desta materia poñerase ao dispor na aula virtual. Nalgúns temas propoñerase bibliografía específica dalgún dos seguintes manuais (indícase con BB manuais xenerais sobre Economía da Empresa):
ARCHEL DOMENCH, P. LIZARRAGA DALLO, F. y SÁNCHEZ ALEGRÍA, S. (2008): Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Ed. Pirámide. 2º Ed.
CASTRO ABANCÉNS, I. (2010). “Creación de empresas para emprendedores”. Pirámide.
GARCÍA RODRÍGUEZ, M. et al. (2018). Factoría de Economía de la Empresa. Problemas y test resueltos. Pirámide.
GÓMEZ GRAS, J.M., et al (2012). “Manual de casos sobre creación de empresas en España”. Ed. McGraw- Hill.
(BB) GONZALEZ DOMÍNGUEZ, F.J. y GANAZA VARGAS, J.D. (coord.) (2021). Fundamentos de economía de la empresa, Pirámide.
HOYOS IRUARRIZAGA, J. (2022): “Plan Financiero para Start ups”. ESIC editorial, 2022.
LARRÁN JORGE, M . (2009): "Fundamentos de contabilidad financiera. Teoría y práctica". Ediciones Piramide.
MONTES, R. et al, (2021): “Inteligencia Artificial y Tecnologías Digitales para los ODS”. Real Academia de Ingeniería. Microsite: https://dasci.es/ia4ods/inicio.html
PARTAL UREÑA, A. et al (2020): “Introducción a las finanzas empresariales” (3ª ed.). Ediciones Pirámide.
RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2018): “Fundamentos de Cálculo Financiero con Excel”. Apuntes del GI VALFINAP de la USC.
ROUHIAINEN, L. (2021): “Inteligencia artificial para los negocios”. Social Business.
(BB) VÁZQUEZ SUÁREZ, L. y SÁNCHEZ GÓMEZ, R. (2020): “Introducción a la gestión de empresas”. Pirámide.
BÁSICAS E XERAIS:
CG2 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
ESPECÍFICAS:
CE9 - Capacidade para definir e interpretar os fundamentos das organizacións, os aspectos básicos da súa organización e xestión, o proceso de innovación e a súa xestión, as súas distintas áreas funcionais e a súa contorna socioeconómica.
CE10 - Entender os novos modelos de negocio e innovación no marco das empresas baseadas na intelixencia artificial e as súas tecnoloxías.
CE11 - Capacidade para deseñar e crear modelos de valoración económico-financeira de proxectos empregando ferramentas informáticas apropiadas.
TRANSVERSAIS:
TR1 - Capacidade para comunicar e transmitir os seus coñecementos, habilidades e destrezas.
TR3 - Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor.
TR4 - Capacidade para introducir a perspectiva de xénero nos modelos, técnicas e solucións baseadas en intelixencia artificial.
TR6 - Capacidade para integrar aspectos xurídicos, sociais, ambientais e económicos inherentes á intelixencia artificial, analizando os seus impactos, e comprometéndose coa procura de solucións compatibles cun desenvolvemento sustentable.
Combínanse sesións expositivas, nas que se expoñerán os contidos teóricos do programa, que servirán de base para aplicar logo nas clases de laboratorio, que se desenvolverán en grupos máis reducidos, e terán como obxectivo, en función do tema de que se trate, a resolución de casos prácticos, de forma individual ou en grupo, e de exercicios empregando como ferramenta de traballo a folla de cálculo.
Para o bo desenvolvemento dos contidos organizaranse como actividades complementarias algúns seminarios prácticos aos que debería asistir todo o estudantado, particularmente un de conceptos básicos de finanzas en Excel, que lles permitirá realizar as prácticas dos temas 7, 8 e 9 con maior solvencia.
A asistencia a clase é obrigatoria, establecéndose controis periódicos e esixíndose un mínimo do 80% das horas de asistencia para superar a materia. O sistema de avaliación inclúe dúas partes:
a. AVALIACIÓN CONTINUA: 50% da cualificación final. Inclúense actividades como exercicios e casos prácticos, traballos en grupo, etc. que se irán facendo ao longo do curso, tanto na propia aula, de forma síncrona, como nun determinado prazo de forma asíncrona. Todas estas actividades (entre 3 e 4 entregas) iranse detallando na aula e realizaranse aproximadamente na última semana de cada mes. Estas avaliarán fundamentalmente as competencias específicas CE10 e CE11 e as competencias transversais. Esta parte da avaliación será única para as 2 oportunidades de exame, non habendo posibilidade de recuperación nin de substitución por outras probas.
b. AVALIACIÓN FINAL: 50% da cualificación final. Realizarase mediante un examen de todos os contidos traballados na materia, e que pode incluír tanto cuestións tipo test (teórico-prácticas) como cuestións de resposta breve. Este exame avaliará as competencias básicas e xerais, así como a específica CE9. Para superar a materia tense que obter un mínimo no exame do 40% da súa puntuación máxima, isto é, 4 puntos sobre 10. En caso de non superar este mínimo non se sumará a nota da parte de avaliación continua e a nota final será a nota ponderada do exame.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: O exame terá unha estrutura similar á da 1ª oportunidade, e a conformación da nota final manterase igual para esta segunda oportunidade.
Terase a condición de “NON PRESENTADO” cando non se asista ao exame final, en ningunha das dúas oportunidades, con independencia da nota obtida na avaliación continua.
ALUMNADO REPETIDOR: O alumno/a poderá decidir se desexa manter a cualificación obtida na avaliación continua para o curso seguinte.
En caso de realización fraudulenta das actividades prácticas ou dos exames será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Clases maxistrais (teóricas, exercicios ou problemas): 30 h
Sesións prácticas en aula de informática: 20 h
Tutorización individual do alumnado: 1 h
Avaliación: 4 h
Traballo persoal do alumnado (estudo, realización de exercicios, prácticas, proxectos) e outras actividades (avaliación non presencial) 95 h
TOTAL: 150 H
Asistencia habitual ás clases. Manexo básico de MS Office (word, ppt e excel)
Mª Loreto Fernandez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811623
- Correo electrónico
- loreto.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Bianca Cid Bouzas
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- bianca.cid [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.11 |
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | IA.12 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.11 |
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.12 |
Venres | |||
10:30-12:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | IA.12 |
22.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.01 |
22.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
22.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
22.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |
22.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.02 |
22.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.02 |
22.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.02 |
22.05.2026 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.02 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 | IA.01 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | IA.01 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_01 | IA.01 |
02.07.2026 09:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | IA.01 |