Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Antiga
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A presente materia nace da necesidade de crear unhas Ciencias da Antigüedade adaptadas ao século XXI a partir do desenvolvemento dunha aproximación antropolóxica ao estudo das sociedades antigas ou, por simplificar, da elaboración dunha Historia antropolóxica.
Esta procura dunha aproximación entre Historia e Antropoloxía non é unha tendencia exclusiva da Historia Antiga senón que se trata dunha constante xeneralizada, desde hai décadas, dentro dos estudos históricos, aínda que, para o caso da investigación sobre o mundo antigo, en especial do mundo grego, trátase dunha tendencia que conta cunha longa tradición que se pode remontar ao século XIX, con autores como Maine ou Fustel de Coulanges e que alcanzou as súas cotas máis altas a inicios do século XX cos helenistas da “Escola de Cambridge”.
A Historia Antropolóxica, tal e como se concibe na actualidade, foi posible grazas á superación, no último terzo do século XX, da antiga dicotomía existente entre Historia e Antropoloxía, segundo a cal a primeira delas encargábase do estudo das “sociedades quentes” (ou sociedades avanzadas ou históricas), centrándose, fundamentalmente, no estudo e valoración dos acontecementos e das estruturas diacrónicas, e reservaba, á segunda, o estudo das “sociedades frías” (sociedades “primitivas” ou "sen historia") e dunhas estruturas invariables e atemporales.
Ao longo da materia explícase que para que a aproximación antropolóxica ás sociedades antigas sexa posible faise preciso realizar toda unha serie de transformacións no noso modo de ver e considerar o Mundo Antigo:
1.- Liberar aos estudos sobre a Antigüidade da excesiva ancoraxe no clásico que tradicionalmente dificultou calquera tipo de innovación teórica ou metodolóxica.
2.- Comprender que a cultura é o obxecto central de estudo da aproximación histórico-antropolóxica ao mundo antigo e que dita aproximación pasa por unha reformulación do papel que os factores ideolóxicos desempeñaron nas sociedades antigas como elementos constituíntes fundamentais das devanditas culturas e grupos humanos.
3.- Partir da consideración de que a Antigüidade non é unha realidade próxima, facilmente comprensible, evitando a apropiación realizada, desde o século XIX, pola cultura occidental sobre a Antigüedad e que converteu a gregos e romanos nos nosos antepasados e no inicio da nosa historia.
4.- Iniciar, para poñer fin a esa apropiación, un proceso de extrañamiento con respecto á Antigüidade, recuperando a imaxe cas sociedades antigas tiñan de si mesmas e liberándoas dos estereotipos e visións presentistas en que foron encerradas. Comprender a esencia das sociedades antigas implica facer inteligible ao presente o seu universo simbólico, traducir a súa ideoloxía á nosa forma de ver o mundo.
5.- Desenvolver unha maior sensibilidade cara á variedade cultural, buscando aproximacións non etnocéntricas ao estudo das sociedades antigas e fuxindo da consideración da nosa cultura, e dos nosos supostos antepasados, como referencia universal para o resto das culturas.
EXERCICIO DE COÑECEMENTOS DE HISTORIA DE GRECIA (TEST):
Manual para preparación do exercicio:
• Rhodes, P. J., La Antigua Grecia. Una historia esencial. Crítica, Barcelona, 2016.
PRESENTACIÓN.- Historia e Antropoloxía. ¿Por qué unha Historia Antropolóxica do Mundo Antigo?
TEMA 1.- Oralidade e escrita no mundo grego. Tecnoloxía da comunicación e forma de pensamento.
Lecturas obrigatorias:
• Havelock. E.A. La Musa aprende a escribir. Reflexiones sobre oralidad y escritura desde la Antigüedad hasta el presente. Paidós, Barcelona, 1996.
• Svenbro, J. “La Grecia arcaica y clásica. La invención de la escritura silenciosa”. En G. Cavallo, R: Chartier (eds.), Historia de la lectura en el mundo occidental. Taurus, Madrid, 2001. pp. 67-108.
• Hesíodo, Os traballos e os días.
TEMA 2.- Da infancia á idade adulta no mundo grego.
Lecturas obrigatorias:
• Cambiano, G., “Hacerse hombre”, en Vernant, J.-P. (ed.) El hombre griego. Alianza Editorial, Madrid, 1991, pp 101-137.
• Hölscher, T., El nadador de Paestum. Juventud, Eros y mar en la antigua Grecia. Editorial Crítica, Barcelona, 2022.
• Xenofonte, Banquete
TEMA 3.- As actividades do cidadán grego: guerra e política.
Lecturas obrigatorias:
• Garlan, Y., “El militar”, en Vernant, J.-P. (ed.) El hombre griego. Alianza Editorial, Madrid, 1991, pp. 65-99.
• Canfora, L. “El ciudadano”, en Vernant, J.-P. (ed.) El hombre griego. Alianza Editorial, Madrid, 1991, pp. 139-173.
• Aristóteles, A constitución de Atenas.
• Xenofonte, A república dos lacedemonios
TEMA 4.- Vida privada e vida pública na polis: fogar, ágora e teatro.
Lecturas obrigatorias:
• Redfield, J., “El hombre y la vida doméstica”, en Vernant, J.-P. (ed.) El hombre griego. Alianza Editorial, Madrid, 1991, pp. 177-210.
• Segal, C., “El espectador y el oyente”, en Vernant, J.-P. (ed.) El hombre griego. Alianza Editorial, Madrid, 1991, pp. 211-246.
• Murray, O. “El hombre y las formas de sociabilidad”, en Vernant, J.-P. (ed.) El hombre griego. Alianza Editorial, Madrid, 1991, pp. 247-287.
• Sófocles, Antígona.
• Aristófanes, Rás.
TEMA 5.- Mulleres reais e mulleres imaxinadas.
Lecturas obrigatorias:
• Cantarella. E., La calamidad ambigua. Condición e imagen de la mujer en la Antigüedad griega y romana. Ediciones Clásicas, Madrid. 1996, pp. 13-168 (Primera parte. Grecia).
• Lissarrague, Fr. “Una mirada ateniense”, en Schmitt Pantel, P. (ed), La Antigüedad. G. Duby y M Perrot (eds.) Historia de las mujeres en Occidente. Tomo I, Taurus, Madrid, 1991, pp. 183-245.
• Xenofonte, Económico
• Demóstenes, Contra Neera.
Ackerman, R. The Myth and Ritual School J.G. Frazer and the Cambridge Ritualists. Routledge. New York & London, 2002.
Balandier, G. “L’Anthropologie sociale et les sciences de l’Antiquite: questions de méthode”. Bulletin de l’Associatio Guillaume Budé, 2, 1975, pp. 213-220.
Berent, M. “Anthropology and the Classics: War, Violence and the Stateless Polis”. The Classical Quarterly, New Series, 50(1), 2000, pp. 257-289.
Burkert, W. La creación de lo sagrado. La huella de la biología en las religiones antiguas. El Acantiado, Barcelona, 2009.
Burkert, W. Homo necans. Interpretaciones de ritos sacrificiales y mitos de la antigua Grecia, Barcelona, El Acantilado, 2013.
Calame, C. “Interpretación y traducción de las culturas: Las categorías del pensamiento y discurso antropológicos” Synthesis 20, 2013.
Cartledge, P. “The Greeks and Anthropology”, Anthropology Today 10/3, 1994, pp. 3-6.
Conrford, F.M. Principium sapientiae.Los orígenes del pensamiento filosófico griego. La balsa de la Medusa-Visor, Madrid, 1987.
Detienne, M. Comparar lo incomparable. Alegato a favor de una ciencia histórica comparada. Península, Barcelona, 2001.
Detienne, M. Los griegos y nosotros. Antropología comparada de la Grecia Antigua. Akal, Madrid, 2007.
Donato, R. Di. Per una antropologia storica del mondo antico, La Nouva Italia, Florencia, 1990.
Donato, Riccardo di. Per una storia culturale dell’antico. Contributi a una antropología histórica. Edizione ETS, Pisa, 2013.
Dodds, E.R. Los griegos y lo irracional. Alianza Editorial, Madrid, 1983.
Dubuisson, M. “Réflexions sur l’actualité de l’Antiquité Gréco-Romaine”, en M. Dubuisson, Histoire de l’Antiquité. Orient, Grèce, Rome, Liège, 2001. Descargable en: http://www.class.ulg.ac.be/ressources/reflexions.pdf
Ebeling, H. L. “Anthropology and the Classics”. The Classical Weekly, 14/6, 1920, pp. 41-44.
Finley, M.I. “Antropología y estudios clásicos” en M.I. Finley, Uso y abuso de la historia, Crítica, Barcelona, 1977, pp. 156-184.
Frazer, J.G. La rama dorada. Magia y religión. FCE, México, 1991.
Gernet, L. Antropología de la Grecia Antigua. Taurus, Madrid, 1981.
Godelier, M. Lo ideal y lo material. Pensamiento, economía, sociedades. Taurus, Madrid. 1989.
Godelier, M. En el fundamento de las sociedades humanas. Lo que nos enseña la Antropología, Amorrortu, Buenos Aires, 2014.
González García, F.J. A través de Homero. La cultura oral de la Grecia Antigua. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 1991.
Goody, J. La domesticación del pensamiento salvaje. Akal, Madrid, 1985.
Havelock, E.A. Prefacio a Platón. Visor, Madrid, 1994.
Humphreys, S.C. Anthropology and the Greeks. London – Boston, Routledge & Kegal Paul, 1978.
Hunter, V. Classics and Anthropology, Phoenix, 35/2, 1981, pp. 145-155
Iriarte, A. y L. Sancho Rocher (eds.), Los antiguos griegos desde el observatorio de París. Mediterránea nº 15. Ediciones Clásicas-Canales 7, Málaga, 2010.
Kluckhohn, C.K.M. Anthropology and the Classics, Brown University Press, Providence, 1961.
Leach, E. Cultura y comunicación. La lógica de la conexión de los símbolos. Siglo XXI, Madrid, 1985.
Lévi-Strauss, C. El pensamiento salvaje. Fondo de Cultura Económica, México, 1984.
Maret, R.R. (ed.) Anthopology and the Classics. Barnes & Noble, New York, 1873.
Minard, P. et al., “Histoire et Anthropologie, Nouvelles Convergences?”. Revue ’Histoire Moderne et Contemporaine, 49bis, 2002, pp. 81-121
Ong, W. J. Oralidad y escritura. Tecnologías de la palabra. Fondo de Cultura Económica, México, 1987.
Pizarroso López, N. La psicología histórica de Ignace Meyerson. Tesis Doctoral. Universidad Complutense de Madrid. Madrid, 2008. Descargable en: http://eprints.ucm.es/9158/
Payen, P. y E. Scheid-Tissinier (eds.), Anthropologie de l'antiquité. Anciens objets, nouvelles approches Brepols, Turnhout, 2012.
Redfield, J. M. “Classics and anthropology”, Arion 1, pp. 5-23, 1991.
Rodríguez Mayorgas, A. Arqueología de la palabra. Oralidad y escritura en el mundo antiguo. Bellaterra, Barcelona, 2010.
Sahlins, M., Islas de Historia. La muerte del capitán Cook. Metáfora, antropología e historia. Gedisa, Barcelona. 1988.
Siapkas, J. “Classical Others. Anthropologies of antiquity”, Lychnos, 2012, p. 183-203.
Signes Codoñer, J. Escritura y literatura en la Grecia arcaica. Akal, Madrid, 2004.
Verdía Barberá, B. La antropología victoriana y el estudio de la religión griega. Tesis Doctoral. Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2010. Descargable en: http://dspace.usc.es/handle/10347/3010
Vernant, J.-P. Entre mito y política. FCE, México, 2002
Vernant, J.-P. Atravesar fronteras. Entre mito y política II. FCE, México, 2008.
BÁSICAS E XENERAIS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Capacidade para integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Saber comunicar as conclusións alcanzadas e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido ou autónomo.
CX-1 - Demostrar unha comprensión ampla dun campo de estudo e o dominio dos usos científicos e técnicos propios do devandito campo.
CX-2 - Demostrar capacidade de idear, desenvolver e poñer por escrito un ou varios traballos académicos segundo os parámetros e usos propios da disciplina.
CX-3 - Demostrar capacidade para incorporar ideas orixinais a partir da información científica facilitada.
CX-4 - Capacidade para comprender, analizar e criticar textos científicos.
CX-5 - Capacidade para expresarse utilizando un vocabulario técnico preciso e segundo os usos da disciplina.
CX-6 - Capacidade para intercambiar ideas cos seus colegas e coa sociedade en xeral.
CX-7 - Demostrar ao longo da investigación capacidade para establecer relacións mutuas entre os tres eixos principais que configuran o programa: histórico, arqueolóxico-artístico e lingüístico-literario.
CX-8 - Capacidade para relacionar a cultura clásica coa doutros períodos históricos.
CX-10 - Contribuír, coa súa formación avanzada, ao desenvolvemento cultural europeo a través da correcta transmisión e interpretación crítica do patrimonio histórico e cultural do mundo clásico.
TRANSVERSAIS
CT-1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluído o acceso por Internet, sendo conscientes das súas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
CT-2 - Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións.
CT-3 - Potenciar a capacidade de traballo en equipo, en contornas cooperativas, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
ESPECÍFICAS
CE1.- Introducir ao alumnado na terminoloxía e os métodos propios da Antropoloxía.
CE2.- Fomentar a orientación interdisciplinar e a transversalidade entre disciplinas no estudo das sociedades antigas.
CE3.- Favorecer a transferencia de coñecementos e métodos entre distintas disciplinas das Ciencias Sociais e Humanas (Antropoloxía, Historia, Arqueoloxía).
Cada tema do programa desenvólvese como un seminario organizado de acordo ao seguinte esquema:
1.- Breves exposicións teóricas por parte do profesor, ao comezo de cada tema, sobre os contidos do mesmo.
2.- Seminarios de lectura nos que, a partir do debate e comentario das lecturas seleccionadas, póñense en común algúns dos aspectos de cada tema propostos na súa exposición inicial polo profesor.
O alumnado, ademáis, deberá superar un examen tipo test de coñecementos históricos preparado coa axuda do manual que figura no apartado "Coñecementos de Historia de Grecia" da sección "Contidos" da presente guía docente.
Cronograma
Semanas 01-02: Presentación e Tema 1
Semanas 03-04: Tema 2
Semanas 05-06: Tema 3
Semanas 07-09: Tema 4
Semanas 10-12: Tema 5
Non se contempla a realización de prácticas de campo.
A avaliación, continua, realizarase por medio de un exame tipo test de coñecemento histórico da Grecia Antiga (30% da nota final), a asistencia e as achegas do alumnado nas aulas e seminarios (30% da nota final) e un traballo individual (40% da nota final).
O examen consistirá nun test de 30 preguntas.
No traballo individual o alumnado deberá profundar e reflexionar sobre os contidos da materia e os temas tratados nas clases teóricas ou desenvolvidos nos seminarios. O traballo terá unha extensión de 2.500 palabras e consistirá no comentario dun texto proposto polo profesor.
Ao ser a avaliación é continua, a asistencia ás clases é obrigatoria. Unha ausencia reiterada ás aulas, superior ao 20%, implicará que o alumno non poderá ser avaliado.
O seguimento da asistencia ás clases realizarase mediante control de asistencia. O seguimento da actividade do alumnado e do seu aproveitamento das distintas actividades docentes realizarase mediante as Titorías Personalizadas e as Titorías no despacho do profesor ou, en caso de emerxencia sanitaria, mediante Titorías a través de Microsoft Teams.
Convocatoria de xullo: as probas a recuperar serán do mesmo tipo das realizadas no cuadrimestre de desenvolvemento da materia: un test de 30 preguntas e un traballo individual de comentario de 2.500 palabras. Ao alumnado suspenso se lle conservará a cualificación por asistencia e participación (30% da nota final) e deberá superar o exercicio ou exercicios suspensos na anterior convocatoria.
Sistema de avaliación para alumnado con dispensa: realizarase a partir dun exame de coñecemento histórico da Grecia Antiga (test de 40 preguntas) e un traballo individual, de 4.000 palabras de extensión, cuns presupostos e unha finalidades idénticas ás do traballo que ten que superar o resto do alumnado e que equivaldrán, respectivamente, ao 40% e ao 60% da nota final.
Sistema de Cualificación: expresado mediante cualificación numérica de 0 a 10 puntos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS DO ALUMNADO:
Clase maxistral e presentacións......06
Seminario................................... 16
Titorías....................................... 03
TOTAL.........................................25
TRABALLO DO ALUMNADO:
Lecturas.......................................40
Redacción traballo.........................10
TOTAL..........................................50
Recoméndase un traballo continuo. Dado o carácter de seminarios de debate e comentario dunha gran parte das horas presenciais, resulta moi conveniente que o alumnado traballe semanalmente os temas e lecturas previamente marcadas polo profesor.
Queda terminantemente prohibido durante as clases, tanto de docencia expositiva como interactiva, o uso de teléfonos móbiles, tablets, computadores portátiles ou calquera outro tipo de dispositivo electrónico que permita a conexión a internet. O seu uso só estará permitido naquelas actividades docentes nas que, expresamente, así o indique o responsable da materia.
Francisco Javier Gonzalez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Antiga
- Teléfono
- 881812564
- Correo electrónico
- franciscojavier.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:30-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 16 |
12.01.2024 16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
18.06.2024 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03 |