Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos xerais:
- Ofrecer ao estudantado a perspectiva dos Estudos de xénero e o seu impacto nas ciencias, nas artes e na cultura contemporáneas, como contribución ao desenvolvemento do espírito crítico.
- Incidir na perspectiva de xénero como parte dun ideario subalterno (enlazado coas perspectivas de clase e decolonial), que cuestiona o canon académico e permite pensar fora da caixa e desfrutar das artes contemporáneas.
- Destacar a visión complementaria que a perspectiva de xénero implica fronte a outras materias do mestrado e, ao tempo, a súa capacidade de corrixir desviacións e formular innovacións metodolóxicas.
- Aplicar este enfoque a unha lectura crítica dos produtos literarios e artísticos na contemporaneidade.
Obxectivos específicos:
- Relacionar este enfoque metodolóxico co xiro lingüístico, o relativismo cultural e as ideoloxías.
- Avaliar as consecuencias da linguaxe inclusiva e da sociolingüística de xénero na creación e difusión literarias.
- Reflexionar sobre tradución e xénero: a negación do Autor e a súa conversión nun suxeito plural.
- Reformular os esquemas da conversa, o diálogo e a interacción, capturando as súas dinámicas no texto.
- Revisar algúns conceptos da filosofía contemporánea da linguaxe: Dos postulados de Wittgenstein até Derrida e Butler.
Alternando sesións expositivas (de tipo maxistral) e interactivas (aplicadas a autoras contemporáneas e temas concretos de pesquisa), desenvólvense dez temas que sintetizan unha aplicación dos Estudos de xénero á literatura e á cultura verificada no seguinte cronograma:
SESIÓN 1 (expositiva). Panorama actual dos Estudos de Xénero. Enfoque interseccional e decolonial.
SESIÓN 2 (interactiva). A expresión literaria da intimidade na escrita feminina. Debate sobre lectura de Annie Ernaux.
SESIÓN 3 (expositiva). Panorama da filosofía da linguaxe con perspectiva de xénero e a súa impronta na creación artística elaborada con material lingüístico.
SESIÓN 4 (interactiva). Cyborgs, animais de compañía e outros suxeitos literarios inesperados. Debate sobre lectura de Donna Haraway.
SESIÓN 5 (expositiva). Crítica feminista da representación nas artes contemporáneas.
SESIÓN 6 (interactiva). A desafiar os límites do ensaio. Debate sobre lectura de Liv Strömquist.
SESIÓN 7 (expositiva). Cando o activismo se infiltrou na academia: a linguaxe inclusiva.
SESIÓN 8 (interactiva). Vangarda, subalternidade e (in)coherencias. Análise dos usos lingüísticos de Paul Preciado.
SESIÓN 9 (expositiva). Os problemas da tradución desde a perspectiva de xénero.
SESIÓN 10 (interactiva). A tipificación do feminino na novela gótica e noutros xéneros lidos por elas. Debate sobre lectura de Joanna Russ.
Bibliografía básica:
As sesións interactivas esixen a lectura previa dos seguintes textos que, en versión íntegra ou abreviada, serán facilitados no campus virtual.
Ernaux, Annie & Rose-Marie Lagrave (2025): Escribir la intimidad, Altamarea. Trad. esp. Gloria Pérez Rodríguez.
Haraway, Donna (1984): Manifiesto Ciborg. El sueño irónico de un lenguaje común para las mujeres en el circuito integrado. Trad. esp. M. Talens & D. Ugarte.
Strömquist, Liv (2021): No siento nada, Reservoir Books.
Preciado, Paul (2022): Dysphoria mundi, Madrid, Anagrama (caps. selectos).
Russ, Joanna (2026): Alguien me quiere asesinar y creo que es mi marido. El gótico moderno, Madrid, Siruela. Trad. esp. Virginia Maza, prólogo de Layla Martínez.
Bibliografía complementaria
Anzaldúa, Gloria (2016): Bonderlands. La frontera. La nueva mestiza, Madrid, Capitan Swing
Cavarero, Adriana (2024): Cuéntame mi historia. Filosofía de la narración, Madrid, Katz editores
Ciplijauskaité, Biruté (2004): La construcción del yo femenino en la literatura, Univ. de Cádiz.
Fricker, Miranda (2000): “El feminismo en la epistemología: pluralismo sin postmodernismo”, en Feminismo y filosofía de Fricker, Miranda y Hornsby, Jennifer, trad. esp. de Fernández Plat, Olga, Idea Books, Barcelona, 2000.
Golubov, Nattie (2020): La crítica literaria feminista. Una introducción práctica, Univ. Autónoma de México.
Jones, Amelia (2003): The Feminism and Visual Culture Reader, London, Routledge.
Meloni, Carolina (2025): La instancia subversiva. Decir lo femenino, ¿es posible?, Madrid, Akal
Moure, Teresa (2021): Lingüística se escribe con A. La perspectiva de género en las ideas sobre el lenguaje, Madrid, Catarata.
Segarra, Marta y Angels Carabí, eds. (2000): Feminismo y crítica literaria, Barcelona, Icaria.
Tenenbaum, Tamara (2025): Un millón de cuartos propios. Ensayo para un tiempo ajeno, Barcelona, Planeta.
Ademais, proporcionaranse referencias específicas para cada sesión.
- Exploración das novas vías expresivas e dos desafíos que abre a linguaxe inclusiva.
- Reflexión sobre a dimensión política do xénero na existencia e na degustación das producións artísticas.
- Desenvolvemento dunha perspectiva crítica feminista con base ética e posibilidades estéticas.
- Apertura á ideoloxía na propia expresión como artistas ou como públicos.
- Exploración dos espazos subalternos (xénero, clase, raza, lingua ou nación minorizada, indixenismo) na cultura contemporánea.
- Elaboración de argumentos e nocións con que defender as propias ideas a través do debate ou do ensaio.
Seguindo o dictame do Espazo Europeo de Ensino Superior, nesta materia preténdese favorecer unha metodoloxía participativa, de maneira que se sucederán as sesións expositivas con outras claramente interactivas, orientadas ao comentario e á discusión sobre textos facilitados ao grupo desde a primeira sesión e que deben ser lidos antes da data establecida para o debate. Dado que presumibelmente seremos un grupo reducido, a profesora propiciará unha achega dinámica aos conceptos e, sobre todo, un debate continuado e enriquecedor, que asegure a aprendizaxe autónoma do estudantado.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A participación nas sesións interactivas debe ser suficiente para avaliar o estudantado neste nivel. En calquera caso, solicitarase que, para asegurar que a participación sexa realmente activa, cada estudante acuda a eses econtros cun esquema de comentario, a modo de poster, onde se sinteticen as súas principais liñas de intervención. Só cando a participación oral non sexa suficientemente satisfactoria ou abundante, pedirase que, na última sesión, se entreguen eses esquemas para seren considerados (neste suposto, o traballo escrito implicará un 50% da calificación final e o oral o 50% restante).
Entre os criterios de corrección figuran: a) coherencia das argumentacións; b) capacidade de conectar os textos suxeitos a comentario cos conceptos expostos nas sesións teóricas e, tamén, con outras ideas ou autorías; c) a reflexión persoal e a orixinalidade; d) a adecuación formal e estilística e f) a mostra de ter adquirido coñecemento novo e non trivial.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Cada estudante escollerá un mínimo de 2 e un máximo de 3 das lecturas obrigatorias utilizadas nas interactivas para elaborar comentarios persoais (entendidos xa como traballos académicos, non como puros bosquexos para a participación na aula), que serán avaliados cos mesmos criterios indicados para a primeira oportunidade.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA Á CLASE
As persoas que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia á clase serán avaliadas da mesma forma que as que se presenten á segunda oportunidade. Incídese neste caso na necesidade de demostraren ter prestado atención aos contidos da materia expostos na aula virtual.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria), organismo da USC encargado de valorar e informar sobre estes casos: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social https://www.usc.gal/gl/servizos/area/inclusion-participacion-social/inc…
Materia de 3 créd ECTS. 76 h.
Horas presenciais
12 horas expositivas
12 horas interactivas
Horas non presenciais
40 horas (aprox.) de lectura comprensiva dos textos seleccionados para o traballo na aula e dos contidos subidos ao campus virtual para sintetizar as sesións expositivas.
12 horas para a elaboración de comentario escrito dos textos.
Total 76 horas
A materia está pensada para adaptarse con coherencia e rigor aos diversos intereses do estudantado, dando conta dun campo de coñecemento amplo, mais frecuentemente invisibilizado como se se tratase só de "literatura escrita por mulleres". Desde o punto de vista docente, pretende fomentar unha dedicación regular e periódica, que tire proveito de cada sesión. Non se pensa no curso como un trámite burocrático que se pode eludir ou cumprimentar sen atención nin interese. Ao contrario, as sesións están deseñadas como un lugar de encontro onde experimentarmos en colectivo o proceso de aprendizaxe. A profesora será unha guía mais non reproducirá un saber encapsulado para a imitar, senón que ofrecerá interpretacións variadas ou polémicas, suxerirá camiños para a pescuda persoal e tentará provocar un enfrontamento produtivo entre cada estudante e as opcións de coñecemento que a materia brinda. Importa, neste sentido, un traballo equilibrado, realizado desde a primeira sesión e non unha serie de informacións dispersas ou tópicos feministas apañados na última hora.
A materia impártese en galego, lingua propia deste país e desta Universidade. Este aspecto non debe disuadir a quen nos visite: se o alumnado precisar material de apoio noutras linguas ou explicacións adicionais, contará coa axuda da profesora en horario extraordinario de titorías.
Teresa Moure Pereiro
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811992
- Correo electrónico
- teresa.moure [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | C04 |
| 02.05.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | C02 |
| 02.05.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
| 30.06.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | C02 |
| 30.06.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | C02 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Moure Pereiro, Teresa | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Moure Pereiro, Teresa | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Moure Pereiro, Teresa | Galego |