Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia busca proporcionar un marco teórico xeral do xeito en que se inscribe a reflexión filosófico-política sobre a Cidadanía, a Xustiza e a Democracia ante os desafíos do mundo contemporáneo. Da conta tamén de textos clásicos e da investigación máis actual.
· Poñer de relevo a importancia da cidadania, a xustiza e a democracia para o bo funcionamento e estabilidade das democracias.
· Proporcionar conceptos e referencias apropiadas para o desenvolvemento de códigos de ética pública e de programas de educación cívica.
· Examinar as relacións políticas nas sociedades democráticas desde a perspectiva dos cidadáns como actores e destinatarios.
· Comprender as dimensións básicas da cidadanía, a súa constitución histórica e a súa complexidade actual.
· Expoñer as teorías e debates contemporáneos relevantes en torno á xustiza e a democracia.
. Identificar as interrelacións e dimensións da cidadania, a xustiza e a democracia.
1. Introdución: A cidadanía na teoría e na práctica das sociedades actuáis
2. O concepto de cidadanía: Trazos e dimensións
2.1. Dereitos, pertenza e participación
2.2. Os enfoques comprensivo e normativo: que é e como debe ser un cidadán
3. Cidadanía, liberalismo e democracia
4. Cidadanía e Xustiza
4.1. A cidadanía social
4.2. Cidadanía, Xustiza e democracia
5. Teorías da Xustiza social e política
5.1. Dereitos, bens, recursos, capacidades
5.2. Homoxeneidade cívica e diferenza. As demandas de recoñecemento de identidades diversas. Recoñecemento/redistribución. O debate do multiculturalismo
6. Cidadanía, xustiza e democracia: inclusión/ exclusión
6.1. A cidadania como estatus limitado: inclusión e exclusión cívica
6.2. Modelos de democracia
6.3. Xustiza global e Dereitos Humanos
6.4. Cosmopolitismo e cidadania múltiple
Aguila, R. del, et alia, La democracia en sus textos. Madrid, Alianza, 1998
Benhabib, S., Los derechos de los otros. Barcelona, Gedisa, 2005
---Las reivindicaciones de la cultura. Buenos Aires, Katz, 2006
Balibar, E., Ciudadanía. Buenos Aires, Adriana Hidalgo Editora, 2013
De Francisco, A., Ciudadanía y democracia. Un enfoque republicano. Madrid, Los Libros de la Catarata, 2007
Fraser, N., Escalas de la justicia. Barcelona, Herder, 2008
---Dilemas de la justicia en el siglo XXI: género y globalización. Mª A. Carbonero/J. Valdivieso (eds.). Universitat de les Illes Balears, 2011.
---“Sobre la justicia”, en New Left Review, 74 (2012): 37-46
Fraisse, G., Los dos gobiernos: la famillia y la ciudad. Madrid, Cátedra/Feminismos, 2003
Kymlicka, W., La política vernácula. Barcelona, Paidós, 2003
Máiz, R. (Coord.), Teorías políticas contemporáneas. Valencia, Tirant lo blanch, 2009
Marshall, T. H./ Bottomore, T., Ciudadanía y clase social. Madrid, Alianza, 1998
Nussbaum, M., Fronteras de la justicia: consideraciones sobre la exclusión. Barcelona, Paidós, 2007
---Crear capacidades. Propuesta para el desarrollo humano. Barcelona, Paidós, 2011
Peña, J., La ciudadanía hoy: problemas y propuestas. Valladolid, Universidad de Valladolid, 2000
Pogge, Th., Hacer justicia a la humanidad. México, F.C.E., 2009
Quesada, F. (Ed.), Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política. Madrid, Trotta, 2008
Rawls, J., Teoría de la justicia. Madrid, F.C.E., 1979
---Liberalismo Político. Barcelona, Crítica, 1996
Rosas, Joao Cardoso, Concepçoes da Justiça.Lisboa, Ediçoes 70, 2011
Sen, A., La idea de justicia. Madrid, Taurus, 2010
Shiva, Vandana, Manifiesto para una democracia de la tierra: justicia, sostenibilidad y paz. Barcelona, Paidós, 2006
Standing, Guy, Precariado. Una carta de derechos. Madrid, Capitán Swing, 2014
Young, I. M. La justicia y la política de la diferencia. Madrid, Cátedra, 2000
--- Responsabilidad por la justicia. Madrid, Morata, 2011
Riutort, B. (ed.), Indagaciones sobre la ciudadanía. Barcelona, Icaria, 2007
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
(1.1) Que as e os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
(1.2) Que as e os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras.
(1.3) Que as e os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
(1.4) Que as e os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na búsqueda de solucións.
(1.5) Que as e os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestión e susceptibles de ser abordados e resoltos.
(1.6) Posuir e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desarrollo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(1.7) Que as e os estudantes sepan aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou poco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
(1.8) Que as e os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo imcompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seu coñecementos e xuizos.
(1.9) Que as e os estudantes sepan comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
(1.10) Que as e os estudantes posuan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
(2.1) Coñecer e comprender formulacións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
(2.2) Desarrollar destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
(2.3) Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
(2.4) Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
(2.5) Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuizos, e deliberar consonte a criterios éticos.
(2.6) Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
(3.1) Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
(3.2) Manexar e analizar críticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
(3.3) Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
(3.4) Promover o respecto aos direitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desarrollar valores contra as desigualdades de xénero.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes dous tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa aberta á participación e o debate.
(2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte do alunado dos temas nas distintas sesións. Estas faranse ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas anteriores e de textos complementarios, dispoñíbeis no campus virtual ou achegados nas aulas. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte das alunas ou alunos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto das e dos estudantes terán que formularlles perguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia.
É posible superar a materia mediante avaliación continua ou indo ao exame final
Para a avaliación continua contarán:
(1) -Lecturas e presentacións en clases interactivas
O contido da materia dividirase nas diferentes sesións prácticas nas que o alunado presentará e discutirá este. Neste sentido, as presentacións valoraranse como parte da nota.
(2) -Traballo final
-- Existe a opción de que este traballo sexa común ás materias de formación básicas:
- Cidadanía, Xustiza e Democracia
- O concepto antropolóxico de cultura e da diversidade cultural
En relación con este traballo, cada aluna/aluno elaborará un texto (entre 10-12 páxinas, a 1,5 espazo intelineal e letra 12 TNR) no que se relacionarán contidos do texto traballados durante o curso con unha das dúas materias. O traballo non debe ser un mero resumo do texto. En función da súa orientación, o traballo será avaliado por unha das dúas responsables das materias (aínda que a docente da outra materia sempre terá que estar informada por cada aluna/aluno do traballo que vai facer e de a quen llo entrega para avaliar). A nota do traballo teráse en conta nas dúas materias. Cando menos valerá o 60% da cualificación para a materia, sempre que se cumpra co resto dos requisitos de cada materia.
O contido da materia dividirase nas diferentes sesións prácticas nas que o alunado presentarán e discutirán este. Neste sentido, as presentacións valoraranse como parte da nota.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
O traballo final valoraráse de 0 a 10 puntos, aportará o 60% da calificación. Ademais da entrega en versión dixital pola plataforma, terá que ser exposto de maneira oral. Dos 6 puntos da avaliación 4 serán para o traballo escrito e 2 para a exposición e defensa do mesmo no turno de preguntas. Xunto a esta, a participación activa comentando o traballo realizado sobre os textos na aula aportará o 10%. As presentacións temáticas, o traballo sobre os textos, resúmenes e comentarios o restante 30%.
As/os alunas/os que conforme a este método de avaliación non superen a materia ou que desexes mellorar a nota acadada poderá concorrer ao exame final.
EXAME FINAL
As persoas que concorran ao exame final terán que dar conta do conxunto da materia impartida no curso así como dos textos de lectura obrigatoria e de apoio empregados nas aulas expositivas e interactivas. O exame final consiste nunha proba escrita: un comentario de texto (4 puntos) e dúas cuestións (3 puntos cada unha).
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Quen teña dispensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial, no que se dará conta dos textos de lectura obrigatoria (Comentario de texto dun dos tres obrigatorios; 4 puntos) e das lecturas sobre os temas do programa que serán sinaladas nunha primeira titoría, ao comezo do curso, ca/co aluna/aluno (dúas cuestións: 3 puntos cada unha).
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas
-Horas presenciais semanais: 3 horas (9 horas de docencia expositiva e 12 horas de docencia interactiva) no primeiro bimestre do curso. Aproximadamente, 24 horas no conxunto do semestre. Incluindo 3 horas de titorías.
-Horas non presenciais semanais, recomendadas para o traballo con textos: 1,5 horas. Aproximadamente, 21 horas no semestre.
-Horas de estudo semanais (para alén das non presenciais): 2 horas semanais. Aproximadamente, 30 horas no semestre.
TRABALLO AUTÓNOMO DAS ALUNAS E DOS ALUNOS
(1) Preparación das presentacións nas sesións prácticas.
(2) Leitura de textos e traballo sobre estes.
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
Participación activa e asistencia
A materia require necesariamente da participación activa do alunado. Non se limitará a un grupo reducido de persoas, todo o mundo terá que participar.
RECOMENDACIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA
(1) Participación nas presentacións
(2) Preparación dos temas/textos marcados
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
Faise notar que para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Alberto Jose Franco Barrera
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- albertojose.franco.barrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
16.01.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
16.01.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
20.06.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
20.06.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |