Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Achegar á formación do alumnado ingredientes teóricos propios da antropoloxía social para a comprensión e a análise do mundo global.
Adquirir os elementos conceptuais básicos para definir e analizar os conceptos de patrimonio cultural e identidade, así como a relación que existe entre ambos.
Relacionar o auxe do patrimonio cultural colas características propias da sociedade actual.
Analizar a estrutura social e institucional da que depende a posta en valor de patrimonios.
Desenvolver e afianzar unha actitude crítica respecto aos procesos de patrimonilización e ás diferentes propostas de identificación que implican.
Sensibilizar respecto ao valor da diversidade cultural e xerar actitudes de respecto e tolerancia para o diálogo intercultural.
Contribuír á adquisición de destrezas para a presentación oral e escrita de traballos académicos.
1. Concepcións esencialista e costrutivista do patrimonio cultural e da identidade
2. Tipos de patrimonio. Orientacións terminolóxicas
3. Os museos e a representación da identidade
4. A activación patrimonial e propostas de identificación: axentes de patrimonialización
5. Globalización e patrimonio
6. Galicia e o marco europeo: a patrimonialización do Camiño de Santiago
7. Presentacións de traballos e análise de casos
Bibliografía básica:
Barañano, Ascensión, J.L. García, M. Cátedra, y M.J. Devillard (2007) Diccionario de relaciones interculturales, Madrid, Universidad Complutense.
Barretto, Margarita (2003) “La delicada tarea de programar turismo cultural: un estudio de caso con la germanidad” de la ciudad de Blumenan SC (Brasil), Pasos Revista de Turismo y patrimonio cultural, 1 (1), pp. 51-63.
Blanco Herranz, F.J. (2009) “Algunas reflexiones sobre identidad y actividad turística en tiempos de incertidumbre”, Instituto de Estudos das Identidades del Museo do pobo galego, Foro Turismo e Identidad.
Castells, Manuel (1998) La era de la información vol 2 El poder de la identidad, Madrid, Alianza.
Cátedra, María (1998) “La manipulación del patrimonio cultural: la Fábrica de Harinas de Ávila”, Política y Sociedad, 27: 89-116.
Cruces, F. (1998): “Problemas en torno a la restitución del patrimonio. Una visión desde la antropología”, Política y sociedad, 27, pp. 77-87
García Canclini, N. (1993): “Los usos sociales del patrimonio cultural”, en E. Florescano, El patrimonio cultural en México, F.C.E., México, pp. 41-61.
García Garcia, José Luis (1998) “De la cultura como patrimonio al patrimonio cultural”, Política y Sociedad 27: 9-20.
Hernández i Martí, Gil-Manuel e outros (205) La memoria construida. Patrimonio cultural y modernidad, Tirant lo Blanch, Valencia.
Herrero, Nieves “La atracción turística de un espacio mítico. Peregrinación al cabo de Finisterre”, Pasos. Revista de
Herrero, Nieves e Roseman Sharon R. (2005) The Tourism Imaginary and Pilgrimages to the Edges of the World, Bristol, Channel View Publications.
Prats, Llorens. (1997) Antropología y patrimonio, Madrid, Ariel.
Prats, Llorens (1998) “El concepto de Patrimonio cultural”, Política y sociedad 27 , pp. 63-76.
Bibliografía complementaria:
Barañano, A. 2019 “Las diversidades construidas por el patrimonio cultural inmaterial en la Unión Europea”, Revista de estudios europeos, 73, pp. 73-96.
Canclini, Nestor (2004) Diferentes, desiguales y desconectados: mapas de la interculturalidad, Barcelona, Gedisa.
Hall, S e P. du Gay (2003) Cuestiones de identidad cultural, Buenos Aires, Amorrortu.
Malguesini, Graciella e Carlos Jiménez (2000) Guía de conceptos sobre migraciones, racismo e interculturalidad, Madrid, Libros de la Catarata.
Martiello, Marco (1995) Inmigración y construcción europea: ¿hacia una ciudadanía multicultural de la UE? en Enrique Lamo de Espinosa (ed) Culturas, estados, ciudadanos. Una aproximación al multiculturalismo en Europa, pp. 225-241, Madrid. Xeral R 26596/ C. Arenal P4 437.
Moncusí Ferré, Albert (2005) “La activación patrimonial y la identidad” en Gil-Mauel )Heràndez i Martí y otros: La memoria construida. Patrimonio cultural y modernidad, Valencia, Tirant Lo Blach, pp. 91-121.
Pereiro, Xerardo e Vilar Álvarez, Manuel (2008) "Ethnographic Museums and essentialist representations of Galician identity", International Journal of Iberian Studies, 21, 2: 87-108.
Roseman, Sharon (2007) “O patrimonio cultural como un enfoque crítico na loita pola identidade e a convivencia” en Agora. Papeles de Filosofía 26, pp. 7-26.
Sánchez Carretero, Cristina (Ed.) (2015) Heritage, Pilgrimage and the Camino to Finisterra. Walking to the End of the World, New York, Springer.
Sánchez-Carretero, Cristina, Muñoz Alabaladejo, J., Ruiz-Blanch, A. e Roura Expósito, J. (eds.) El imperativo de la aprticipación en la gestón patrimonial, Madrid, CSIC.
Sierra Rodríguez, Xosé Carlos (1997) “Procesos de patrimonialización en Galicia”, en
Xosé Manuel González Reboredo (Coord.), Galicia. Antropoloxía, (Historia da Antropoloxía.Patrimonio etnográfico), Edicións Hércules. A Coruña, pp. 382-494.
Smith, Laurajane (2006) Uses of Heritage, London, Routledge.
Willet, C. 1998 Theorizing multiculturalism. A guide to the correct debate, Blackwell, Oxford.
Yunis Ahués,Eugenio (2009) “Consideraciones sobre las relaciones entre la identidad y el turismo en las sociedades del siglo XXI” Instituto de Estudos das Identidades del Museo do pobo galego, Foro Turismo e Identidade.
Básicas e xerais
Que os estudiantes sepan aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo
Que os estudiantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
Que os estudiantes podan recoñecer, nos diversos saberes e práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos
Que os estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta e limitada, incluia reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
Que os estudiantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudiando dun xeito que deberá ser en gran medida autodirixido e autónomo.
Transversais
Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación.
Manexar e analizar críticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
Promover o respecto aos dereitos humanos e a diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
Específicas
Coñecer a relación existente entre patrimonio cultural e identidade e as diferentes expresións deste vínculo na sociedade actual.
Recoñecer os diferentes tipos de patrimonio cultural.
Identificar os axentes dos procesos patrimonializadores e os diferentes lóxicas ou modelos que orientas as súas accións.
Expresar e fomentar actitudes de respecto cara as diversas identidades e patrimonios.
A adquisición progresiva e avaliación continua destas competencias terá lugar mediante as actividades que se desenvolven nas sesións de seminario interactivo, titorías individuais e de grupo, preparación do traballo escrito final e o exame final. A consecución das mesmas será avaliada mediante o traballo escrito e o exame final.
Metodoloxía da ensinanza
O traballo na materia combinará as seguintes actividades
1) Clases expositivas: sesións de exposición teórica por parte da profesora para a clarificación e sistematización do marco xeral da materia aportando as conexións e a visión de conxunto.
2) Clases interactivas: sesións de lectura e comentario de textos seleccionados que permitan ao alumnado afondar en aspectos concretos do marco xeral a través do exercicio de lectura e síntese dos mesmos. Nestas sesións intervirá sucesivamente o alumnado responsabilizándose da presentación das lecturas e da progresión do seu traballo mostrando a aplicación dos conceptos estudiados no caso seleccionado para o traballo de campo.
3) Titorías de grupo e individuais: para resolver dúbidas e apoiar a aprendizaxe.
4) Realización dun pequeno traballo de campo: el alumnado deberá presentar a principio da materia un proxecto para a realización dun pequeno traballo de campo sobre un caso de activación patrimonial e identitaria. Preténdese que os elementos teóricos que se van traballando ao longo da materia sirvan de instrumentos para a análise deste caso. Desta maneira preténdese combinar a teoría e práctica e incentivar o traballo autónomo continuado e produtivo. Nas actividades sinaladas en 1) e 2) tomaranse sempre en conta estes casos elixidos pola alumnado para facer achegas para a súa análise a partir dos elementos teóricos abordados. O traballo será primeiro presentado oralmente nas clases e despois entregado por escrito. Esta última versión terá unha extensión máxima de 10 páxinas; incorporará as achegas e correccións que se lle suxiran na presentación oral e seguirá o modelo do TFM servindo, neste sentido, como un exercicio de preparación para este. Favorecerase que o alumnado traballe un tema que lle permita establecer conexións con outras materias, así como coa temática elixida por cada alumno para o seu TFM.
Todas estas actividades serán apoiadas mediante o uso da aula virtual
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Avaliación continua (modalidade preferente)
A avaliación tomará en conta as actividades desglosadas no apartado anterior e estará baseada nos seguintes aspectos:
1) Participación nas clases e presentación de lecturas: 40%. Tomará en conta o traballo continuado do alumnado na materia manifestado na frecuencia e pertinencia das súas intervencións e preguntas. Na presentación de lecturas observarase a claridade expositiva, a identificación das teses e argumentos máis relevantes, así como o establecemento de conexións co marco xeral da materia e o traballo de campo seleccionado.
2) Elaboración e presentación dos traballos: 60%. Presentación oral 25%. Presentación escrita 35%. A avaliación tomará en conta a aplicación do marco teórico da materia ao caso de análise así como as destrezas e requisitos formais propios dos traballos académicos. Isto implica a esixencia dunha elaboración propia e exclúe e penaliza o procedemento de “copia e pega” e a amalgama de información carente de estrutura argumentativa.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”.
A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación.
Nesta materia o alumnado que falte máis de tres veces sen xustificar as súas faltas, ou que non entregue os traballos nos prazos fixados non poderá ser obxecto de avaliación continua.
Avaliación non continua
O alumnado que perda a avaliación continua realizará unha proba final escrita cun valor do 60% e un traballo do 40%.
O alumnado que teña dispensa de asistencia a clase concedida pola facultade poderá optar entre as modalidades de avaliación continua ou a realización de traballo (40%) máis proba final escrita (60%). No primeiro caso deberá apoiar o seu traballo persoal en titorías e nas orientacións facilitadas a través da aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas.
Horas presenciais semanais: 3 horas (cun total de 9 horas de docencia expositiva e 12 horas de docencia interactiva) no segundo bimestre do curso. Aproximadamente 24 horas no conxunto do semestre. Incluíndo 3 horas de titorías.
Horas non presenciais semanais recomendadas para preparación de textos e traballo: 1,5 horas. Aproximadamente 21 horas no semestre.
Horas de estudo semanais (ademáis das non presenciais): 2 horas semanais.
Aproximadamente 30 horas no semestre.
-Detectar desde o principio de curso dificultades e debilidades nas destrezas intelectuais que esixe a comprensión dos contidos e a elaboración do traballo, de cara a deseñar estratexias para a súa superación.
-Facer un seguimento continuado da materia e manter un ritmo de traballo axeitado e constante ao longo do curso.
-Utilizar as titorías para apoiar a aprendizaxe e enfrontar as dificultades que se atopen.
O alumnado debe ter en conta a importancia do aprendizaxe de idiomas na formación universitaria de cara a poder utilizar bibliografía especializada.
Maria Nieves Herrero Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812531
- Correo electrónico
- mnieves.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
Mércores | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
19.01.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Mead (303) |
19.01.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Mead (303) |
05.07.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
05.07.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |